Resultando primeiro: Que con data 07/10/2011 (R/E número 16593 - Xerencia de urbanismo) dona Bibiana Carolina Álvarez Martínez, presenta solicitude de transmisión de licenza municipal de apertura/actividade, outorgada no seu dia a favor de dona Rosabel Fuenmayor Otero, para o exercicio da actividade de 2.7.2 Café-Bar (Epígrafe 673.2: outros cafés e bares), na instalación situada na rúa San Roque, 32-baixo, asignándoselle o expte. nº 2010/30-Licenza Actividades Clasificadas.
Resultando segundo: Que con data 18/05/2011 (R/S nº 5472 - Xerencia de urbanismo), requiríuselle a dona Bibiana Carolina Álvarez Martínez, para que adoptara unha serie de medidas correctoras detectada na inspección realizada pola Policía Local con data 29/04/2010 e, unha vez adoptadas debería comunicalo por escrito a este Concello acompañado da documentación acreditativa e, coa advertencia que en caso de que o expediente estivera paralizado por causa imputable ao interesado/a, produciríase a caducidade do mesmo co arquivo das actuacións, de conformidade ao disposto polo art. 92 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro. O devandito requerimento notificouse á interesada con data 24/05/2010. Resultando terceiro: Que con data 10/10/2011 a Policía Local informa que a instalación situada na rúa San Roque, 21-baixo, denominado "PAN DE MEIGA", da que é titular dona Bibiana Carolina Álvarez Martínez, se atopa pechado ao público.
Resultando cuarto: Que ata o día da data non consta que a Sra. Álvarez Martínez, comunicara por escrito a este Concello a subsanación das deficiencias acompañando a documentación xustificativa.
Considerando primeiro.Que o art. 87.1 Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, dispón que poñerán fin ó procedemento a resolución, o desistimento, a renuncia ó dereito en que se funda a solicitude, cando tal renuncia non estea prohibida polo ordenamento xurídico e a declaración de caducidade.
Considerando segundo.Que o art. 92.1 Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, dispón que nos procedementos iniciados a solicitude do/a interesado/a, cando se produza a súa paralización por causa imputable ó mesmo, a Administración advirtiralle que, transcorrido tres meses producirase a caducidade do mesmo. Consumido este prazo sen que o/a particular requirido/a realice as actividades necesarias para reanudar a tramitación, a Administración acordará o arquivo das actuacións, notificándollo ó/á interesado/a.
En atención ó anteriormente exposto esta Alcaldía ten a ben facer a seguinte:
RESOLUCIÓN
Primeiro: Declarar a caducidade do expediente a que fai referencia o resultando primeiro desta resolución e, consecuentemente declarar concluso o procedemento e que se proceda ao arquivo do 2010/30-Licenza Actividades Clasificadas.
Segundo: Dar traslado da presente Resolución aos interesados, ós efectos oportunos.
O mando e asino en Vilagarcía de Arousa, a 18 de novembro de 2011O Alcalde-Presidente, Javier Fole Díaz.A Secretaria, Rosa Losada-Suárez.
