Mis Leyes

Ficha de esta disposición

Título :
Resolución do 21 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que eso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudio de impacto ambiental do parque eólico de Moeche-Outeiro, no concello de Moeche, na provincia da Coruña (expediente: IN661A 2011/19-1)
Nº de Disposición :
Boletín Oficial :
BOP-CORUNA 129
Fecha Disposición :
21/06/2012
Fecha Publicación :
09/07/2012
Órgano Emisor :
XUNTA DE GALICIA. CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA
En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, sométese a información pública a solicitude presentada pola empresa Fenosa Wind, S.L. para as instalacións que se describen a continuación:

Solicitante: Fenosa Wind, S.L.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 - A Coruña

Denominación do proxecto: parque eólico Moeche-Outeiro

Municipios afectados: Moeche (A Coruña)

Potencia a instalar: 15 MW.

Presuposto total: 18.236.164,52

Localización (área de afección):

Vértice polígono

Parque eólico de Moeche-Outeiro

Coordenadas entorno poligonal (UTM, huso 29, edición 1950)

X

Y

A

580.500

4.823.000

B

580.500

4.824.500

C

586.000

4.824.500

D

586.000

4.823.000

N.º aeroxerador

Parque eólico de Moeche-Outeiro

Coordenadas (UTM, huso 29, edición 1950)

X

Y

1

581.222

4.823.450

2

582.585

4.823.797

3

582.761

4.823.258

4

584.445

4.823.807

5

585.215

4.824.103

ESTACIÓN ANEMOMÉTRICA

Coordenadas UTM (Datum ED50, huso 29)

X

Y

583.041

4.823.204

Características técnicas das instalacións:

5 aeroxeradores de 3000 kW de potencia nominal unitaria con xerador síncrono, montados sobre fuste tubular metálico cunha altura de 85 m e un diámetro de rotor de 82 m.-

5 centros de transformación de potencia unitaria 3.500 kVA e con relación de transformación de 0,4/20 kV, instalados no interior de torre de aeroxerador coa seu correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.-

Rede eléctrica soterrada a 20 kV de interconexión entre os centros de transformación 0,4/20 kV dos aeroxeradores e a subestación transformadora do parque, composta por 2 circuítos con conductor tipo RHZ1 OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al.-

Subestación transformadora 20/132 kV composta por un parque de intemperie de 132 kV, equipada con transformador de 18 MVA (ONAF) e relación de transformación 132/20 kV, celas de media tensión 20 kV aloxadas no edificio de control, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección, telemando e control.-

1 torre anemométrica de 85 m. de altura, equipada cun conxunto de sensores meteorolóxicos e un sistema de adquisición de datos programable.-

Obxecto da información pública:

- A autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública das instalacións. Esta declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/2007, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

- O estudo de impacto ambiental.

- O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo desta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examinar o expediente, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, sita no edificio administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, n.º 2, 15071 A Coruña, e presentar as súas alegacións no prazo de trinta días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación ou da notificación individual.

Para idénticos efectos e no prazo de 30 días que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, o estudo de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Moeche poderase examinar nesta Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, así como no concello Moeche e na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Así mesmo, poderase examinar o proxecto de execución e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal no concello de Moeche e nas dependencias desta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña.

Unha vez finalizado o prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación cos interesados que sexan descoñecidos, ou cando se ignore o lugar ou o medio da notificación ou ben, se intentada a notificación, non se puidese realizar, as dilixencias relativas ao expediente entenderanse co Ministerio Fiscal nos supostos previstos no artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 de expropiación forzosa.

A Coruña, 21 de xuño de 2012.

A xefa territorial

Susana Vázquez Romero

Ver Anexo

2012/8515