ORDENANZA REGULADORA DA INSTALACIÓN DE TERRAZAS DE HOSTELERÍA EN ESPAZOS PÚBLICOS.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.
O Artigo 2 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais sinala que os bens das entidades locais se clasifican en bens de dominio público e bens patrimoniais. A renglón seguido o artigo 3 do mencionado texto legal califica como bens de uso público local entre outros ós camiños, plazas e calles. A utilización destes bens de dominio público aparece regulada na sección primeira do Capítulo IV do mencionado texto legal.
Cada vez é máis frecuente sobre todo na época estival a demanda de autorizacións municipais por parte do sector da hostelería para instalar na vía pública, na Plaza de Santa María e noutros espacios de titularidade pública complementos da súa actividade en forma de terrazas, cubertas ou non con elementos provisionais como sombrillas, parasois, toldos ou de outro tipo.
A presente ordenanza ten por obxecto garantir unha utilización racional e ordeada do espacio público garantindo a correcta circulación peatonal e respetando os dereitos e bens tanto dos usuarios como das persoas e actividades afectadas, sendo un complemento á regulación da utilización dos bens de dominio público contida no Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
TÍTULO I. OBXECTO.
Artigo 1. Fundamento e natureza.
Co fin de regula-lo réxime xurídico a que debe someterse o aproveitamento temporal de terreos de dominio público municipal con mesas, sillas, sombrillas, toldos ou outros elementos que se autoricen con finalidade lucrativa, relacionados coa actividade de terrazas ou veladores, aprobase a presente ordenanza na que se establece unha serie de medidas tendentes a buscar un aproveitamento sostible dos espacios públicos, ó amparo do disposto no artigo 84 da Lei 33/2003, de 3 de novembro de Patrimonio das Administracións Públicas, no artigo 77 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de Xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e nas Normas Subsidiarias Municipais do Concello de O Valadouro.
A presente Ordenanza non será de aplicación ós actos de ocupación da vía pública que sendo de carácter hostaleiro se realicen con ocasión de feiras, festexos, actividades deportivas ou análogas, os cales se suxeitarán a súa normativa específica.
Artigo 2. Deficinións.
A efectos da presente Ordenanza entendese por:
Terraza. A ocupación de espacios de uso público dun conxunto de mesas coas súas correspondentes cadeiras que poden ir acompañadas de elementos auxiliares como sombrillas, toldos, estufas e xardineiras. A terraza debe ser unha instalación anexa ou depedente dun establecemento hostaleiro ubicado nun inmoble.
Veladores. Será a unidade de elementos configuradores da terraza. Como norma xeral estará composta por unha mesa e as súas correspondentes cadeiras. O conxunto de veladores, xunto con outros elementos auxiliares, dun establecemento formarán unha terraza.
Sombrilla. Elementos de cubrición e protección da incidencia soar de espacios abertos, construido de tea natural ou sintética e anclado o solo por un só pe ou base metálica ou de madeira.
Toldo. Elementos de cubrición e protección da incidencia soar de espacios abertos, construidos de tea natural ou sintética e anclado ó solo por mais dun pe ou base metálica ou de madeira. Tamén se entenderá por toldo a cuberta de similares características, anclada a fachada dunha edificación.
Establecemento de hostalaría. Ós efectos da presente Ordenanza entenderase por establecemento de hostalaría aquel que proporcione alimentos e/ou bebidas para o consumo no propio establecemento, ben sexa no interior ou en terraza habilitada e debidamente autorizada. Expresamente se consideran establecementos de hostalaría os bares, restaurantes, cafeterías, heladerías, pastelerías e similares.
As terrazas de veladores só poderan realizar a mesma actividade e expender os mesmos productos que o establecemento do que dependen.
As ocupacións a que se refire a presente ordenanza non poderán autorizarse cando o establecemento e a terraza estén separados por calzada transitable por vehículos a motor.
En plazas ou medianas susceptibles de ocupación exceptúase o réxime establecido no apartado anterior
Artigo 3. Ámbito temporal.
Considerase tempada para a instalación de mesas, veladores, sillas e elementos análogos a comprendída entre o 1 de abril ó 15 de outubro de cada ano natural.
TÍTULO II. AUTORIZACIÓNS.
Artigo 4.- Natureza das autorizacións.
Toda ocupación de espazos públicos con veladores ou terrazas requerirá a previa autorización municipal.
As autorizacións ou licencias para a ocupación con terrazas terán vixencia temporal. O período de ocupación será o determinado na correspondente autorización na que se expresará a data inicial e final da mesma e as súas condicións particulares.
A competencia para a concesión de autorizacións de espazos públicos con terrazas e estructuras auxiliares corresponde ó Sr. Alcalde-Presidente, previo os informes dos Servicios Técnicos Municipais, debendo axustarse a autorización ó disposto nesta Ordenanza.
As autorizacións concederanse a título de precario e estarán suxeitas ás modificacións que poida decidi-lo Concello, que se reserva o dereito a deixa-las sen efecto, limita-las ou reduci-las en calquera momento se sobrevisen causas que así o aconsellen e que deberán ser explicitadas no acordo que se adopte ó respecto. Non se autorizarán terrazas ou veladores en espacios nos que a súa instalación leve implícito algún peligro para os peatóns, para o tráfico e para os usuarios da mesma.
A licencia deberá conter como mínimo os seguintes aspectos:
Titular da autorización.
Actividade económica vinculada.
Dirección da actividade económica vinculada.
Ubicación autorizada.
Metros cadrados autorizados.
Número de mesas e cadeiras autorizadas.
Outros elementos autorizados: sombrillas, estufas, etc
Vixencia da autorización.
O exercicio da actividade desenvolverase a risco e ventura dos interesados. A licencia non poderá ser arrendada, subarrendada, nen cedida directa ou indirectamente, en todo ou parte.
Artigo 5. Concepto de interesado a efectos de solicitude.
Poderán solicitar licencia para levar a cabo ocupacións de espazos públicos con sillas e cadeiras quenes conten coa correspondente licencia municipal de funcionamento para calquera das actividades definidas no artigo 1 da presente Ordenanza ou o correspondente cambio de titularidade do establecemento e conten con fachada exterior a unha ou varias vías úrbanas.
Artigo 6.- Carencia de dereito preexistente.
En virtude das notas de inalienabilidade e imprescritibilidade dos bens de dominio público, a mera concurrencia dos requisitos necesarios para que a ocupación poida ser autorizada non outorga dereito algún á obtención da licencia. O Concello, considerando todas a circunstancias reais ou previsibles, terá plena liberdade para conceder ou denega-la licencia, facendo prevalecer o interese xeral sobre o particular.
Artigo 7.- Solicitudes.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Municipal do Concello con alomenos 30 días de antelación á data de inicio da ocupación, a fin de que a mesma poida ser resolta no prazo establecido ó efecto na Lei 9/2002, de 30 de decembro de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia.
Artigo 8.- Documentación.
Toda solicitude de aproveitamento especial das vías públicas en calquera dos supostos regulados nesta Ordenanza irá acompañada da seguinte documentación:
1) Documentación Xeral. Descrición da superficie a ocupar expresada en metros cadrados e periodo de tempo de a) ocupación solicitado. Descrición do mobiliario a ubicar con indicación do número de sillas e cadeiras e outros b) elementos a instalar. Plano de ubicación da terraza a escala mínima 1:100, no que se detallará a lonxitude da fachada c) do establecemento; ancho da beirarúa ou lugar da vía pública onde se pretende a instalación así como a ubicación de tódolos accesos a vivendas ou locais colindantes con indicación das súas dimensións e a distribución do mobiliario a instalar debidamente acotado. Fotocopia da licencia municipal de funcionamento para a actividade ou cambio de titularidade d) do establecemento que deberá figurar ó mesmo nome que o solicitante. Certificado da Axencia Tributaria de situación de alta na actividade económica correspondente e) que necesariamente será de hostalaría. Xustificante de pago das taxas establecidas na Ordenanza Fiscal número 1 Reguladora da Taxa f) pola utilización privativa ou aproveitamento especial de bens e instalacións de dominio público municipal, aprobada polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria celebrada o día 26 de setembro de 2008 No suposto de solicitar estufas ou outros elementos de calefacción, deberá presentarse informe g) suscrito por técnico competente sobre as características do elemento a instalar, homologación e medidas de seguridade que se adopten. 2) Documentación adicional. No caso de solicitar a instalación de toldos solicitará licencia urbanística con inclusión dos h) seguintes documentos: Memoria descritiva da instalación que se pretende redactada por técnico competente na que se incluirá plano de situación a escala 1:1000; planos de definición e detalles de anclaxes e suxeccións que garantan a provisionalidade da instalación e o seu posible uso para instalacións futuras así como características técnicas e de seguridade. No caso de que o toldo se solicite con posterioridade á solicitude de terraza, copia da autorización da terraza á que servirá a instalación. Justificante que acredite a cobertura de riscos da instalación frente a accidentes a terceiros, mediante póliza de responsabilidade civil que cubra os posibles riscos que poidan derivarse de dita instalación (e en calquer caso cunha cobertura mínima de 18.000,00) euros), podendo incluirse dita cobertura na actividade principal do establecemento.
Cando se trate de renovación, modificación ou ampliación das autorizacións, non será necesario aportar os documentos a que se refiren ós apartados c), d), g) e h). Non obstante o Concello poderá requerir a aportación da demáis documentación en calquera momento para verificar que se seguen cumprindo as condicións da autorización.
TÍTULO III. CARACTERÍSTICAS E REQUISITOS DAS TERRAZAS.
Artigo 9.- Terreos susceptibles de ocupación.
A efectos de obter a oportuna autorización, se considera espacios de uso público municipal con posibilidade de ser ocupados os que reúnan as seguintes condicións
a) Beirarúas cunha anchura mínima de 4 metros, ampliándose a 5 metros no caso de que se solicite a instalación de toldos
b) Calles peatonais. No suposto de calles exclusivamente peatonais a ocupación realizarase dende a línea de mediana do vial á línea de fachada do establecemento deixando, como mínimo, 1,50 metros para paso de peóns e, en todo caso, libres de accesos a portais de edificios ou locais
c) Prazas. A ocupación con terrazas de prazas estudiarase en cada caso concreto, dependendo da morfoloxía específica de cada un destes espacios; das características das calzadas que os circundan e tráfico que transite por elas, así como calquera tipo de circunstancia que poidera incidir no funcionamento e seguridade da instalación. Só terán opción de solicitar a ocupación con veladores nos lugares indicados os titulares de establecementos de hostalería con fachada ás prazas referenciadas
d) Vías públicas non peatonais. Como norma xeral non será autorizable a ubicación de terrazas en espacios abertos ó transito rodado. Non obstante, previo informe dos Servicios Técnicos Municipais, poderá autorizarse excepcionalmente a ubicación de terrazas en zonas de aparcamento das vías públicas abertas ó tránsito rodado cando garantan unha adecuada protección do tráfico mediante a ubicación de elementos de barreira. Asímesmo, cando a terraza esté ubicada contigua a unha beirarúa deberá instalarse unha tarima que iguale a altura da terraza coa beirarúa, de forma que non exista separación entre o bordillo e a tarima. En tódolos caso os elementos instalados deberán ser desmontables e asegura-la evacuación de augas pluviais. En ningún caso a instalación da terraza sobrepasará os límites do aparcamento. Ós efectos, entenderase por elementos de barreira aqueles que aíslen físicamente a zona de transito rodado coa zona de terraza. Poderán ser de material metálico, vidro de seguridade, de madeira ou combinación de eles. En calquera caso os Servicios Técnicos Municipais determinaran a idoneidade da instalación pretendida. A estos efectos requerirase idéntica documentación que para a instalación de toldos.
Artigo 10. Requisitos para as instalacións.
Con carácter xeral, a autorización para a instalación de mesas e cadeiras en vías públicas limitarase á ocupación da zona da vía pública que confronte coas fachadas dos locais cuia titularidade corresponda ós solicitantes de aquela.
Non obstante o disposto no apartado anterior nos casos en que a fachada do local teña unha anchura inferior a 6,50 metros lineais poderase autorizar a ubicación de mesas frente ás fachadas inmediatamente colindantes sempre que non obstaculicen ó acceso ós portais e en calquera caso coa autorización escrita do ou dos propietarios e/ou inquilinos do inmoble colindante.
Asimesmo e de maneira excepcional, por razón de dinamización de determinados entornos urbáns debidamente motivadas, poderase autorizar a instalación en lugares cercanos ó establecemento solicitante. Cando entren en conflicto dous solicitudes para a ocupación do espazo público terá preferencia o preexistente ou o que o solicitara con anterioridade. O Concello reservase a facultade de facer a distribución que crea oportuna nos espazos públicos, atendendo ás necesidades dos veciños, usuarios e titulares dos locais.
No caso de beirarúas a ocupación máxima será igual á lonxitude de fachada do local, reducido en 75 cm. para cada lado, en caso de terrazas contiguas e unha amplitude máxima do 50% do ancho da beirarúa existente frente frente a fachada do establecemento, ubicada paralela ó bordillo e a 50 cm. da arista exterior do mesmo co fin de facilitar o acceso ós vehículos estacionados e a terraza. En caso de calles peatonais a ocupación máxima será igual á lonxitude de fachada do local, reducido en 50 cm. para cada lado, en caso de terrazas contiguas e unha amplitude máxima do 50% do ancho da calle existente frente a fachada do establecemento. En calquera caso deberá permitir o acceso a un vehículo de emerxencías.
No caso de plazas estarase ó disposto polos Servicios Técnicos Municipais dacordo co establecido no artigo 9.c) da presente Ordenanza.
Artigo 11. Características dos elementos autorizados.
Os toldos estarán construidos preferentemente a base de estructura metálica, de aluminio ou ferro galvanizado, con lona de tela ou material sintético con tratamento especial sen que a altura sexa superior a 3,50 metros.
As xardineiras no caso de autorizarse serán de carácter trasladable e cunhas dimensións que non superen os 50 cm. de anchura e os 90 cm. de altura, debidamente autorizadas co resto de mobiliario instalado.
Asimesmo o mobiliario e estructuras que se instalen na vía pública deberán ser móviles, é decir, de fácil manexo e desmontable. Con carácter xeral, queda terminantemente prohibido perforar o pavimento ou anclar en el calquera elemento que compoña a terraza e poida ser causa de deterioro do mesmo. Non obstante o anterior, permitiranse estas operacións, cando as mesmas estén debidamente xustificadas e se realicen baixo a supervisión dos Servicios Técnicos Municipais, previa constitución polo solicitante da correspondente fianza como garantía para a reposición do solo público ó estado anterior á instalación de ditos toldos, que se actualizará anualmente. O Concello de O Valadouro queda facultado para requerir mobiliario de características especiais cando así o impoña o entorno do espacio público no que se instale, así como para determinar o color dos elementos a ubicar ou instalar en cada caso.
Artigo 12. Horario das terrazas.
Os establecementos poderán exercer a súa actividade na zona de terraza autorizada dacordo cos horarios establecidos na normativa para o establecemento principal e sempre cumprindo a normativa vixente en materia de horarios de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos.
O Concello poderá restrinxir o horario establecido segundo o apartado anterior, en zonas concretas ou por periodos do ano determinados ou de forma xeral.
Artigo 13. Limitacións, Condicionamentos e Prohibicións.
a) A autorización outorgada poderá quedar suspendida temporalmente no suposto de celebración de actividades festivas, culturais ou de outra índole organizadas, promovidas ou autorizadas polo Concello, no suposto de coincidencia co emplazamento autorizado e durante o periodo de celebración
b) Deberán manterse a zona ocupada en perfecto estado de salubridade, limpeza e ornato para o cal se disporá de papeleiras ou outros instrumentos adecuados. Ó peche do establecemento procederase ó adecentamento do espacio ocupado
c) Non poderá colocarse elemento algún que impida ou dificulte o acceso a edificios, locais comerciais ou de servizos; paso de peóns debidamente sinalizados, saidas de emerxencias e vados autorizados por este Concello nen a visibilidade das sinais de circulación
d) Deberán quedar libres para a súa inmediata utilización se fose preciso, os seguintes elementos de servizos públicos: 1. Bocas de rego e hidrantes
. 2. Rexistros de alcantarillado
. 3. Saídas de emerxencia
. 4. Paradas de transporte público
. 5. Arquetas de rexistro de servizos
. 6. En xeral, todo mobiliario urbán de uso e servizos
e) Queda prohibido: A ocupación do dominio público con mostradores ou vitrinas expositoras, elementos obxecto de venta no propio establecemento, máquinas expendedoras de refrescos, tabacos ou outros artigos, arcóns frigoríficos, maquinas recreativas ou de azar así como barra. A colocación na zona autorizada para terrazas de altofalantes ou calquera outro difusor de son, ainda que estivesen autorizados no interior do establecemento do que dependen. Almacenar ou apilar na vía pública productos ou materiais obxecto da instalación.
TÍTULO IV. DEREITOS E OBRIGACIÓNS.
Artigo 14. Dereitos da persoa autorizada.
O titular autorizado terá dereito a exercer as actividades nos termos da respectiva licencia e con suxección ás prescricións desta ordenanza e demais preceptos legais aplicables. Non obstante o establecido no artigo anterior, cando xurdiran circunstancias imprevistas ou sobrevidas de urbanización, así como de implantación, supresión ou modificación de servizos públicos, o Concello mediante resolución motivada poderá revogar a licencia concedida sen dereito a indemnización a favor do interesado.
Deberán figurar a disposición dos usuarios e dos servizos municipais, as listas de prezos, o título habilitante para o exercicio da actividade e a licencia na que conste a superficie de ocupación autorizada, o número de veladores, sillas e outros elementos autorizados. En todo caso os servizos técnicos municipais delimitarán con marcas viais ou de pintura a zona de ocupación.
Artigo 15. Deberes da persoa autorizada.
Será obrigación do titular da terraza:
Manter ésta e cada un dos elementos que a forman nas debidas condicións de ornato, salubridade e seguridade.
Evitar ruidos e molestias de forma rigurosa a veciños do entorno, dando bo uso da zona ocupada ó ser responsable único da mesma.
Evitar invadir espazos non autorizados nas calzadas ou outras zonas de beirarúas, pasos e accesos a edificios de vivendas ou establecementos.
TÍTULO V. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
Artigo 16. Instalacións sen licencia.
Corresponden ós Servizos Técnicos Municipais velar polo cumprimento da presente Ordenanza, desenvolvendo, a tal efecto, as labores de inspección e control que resulten pertinentes.
As instalacións suxeitas a esta Ordenanza que se implanten sobre terreos de dominio público municipal sen a preceptiva licencia deberán ser retiradas de modo inmediato sen prexuizo da instrucción do correspondente expediente de reposición da legalidade urbanística tramitado de conformidade coa Lei 9/2002, de 30 de decembro de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.
Artigo 17.- Infracciones.
As accións ou omisións que contraveñan o disposto na presente Ordenanza constitúen infraccións á mesma, que se clasifican en leves, graves e moi graves.
Son infraccións leves
a) A falta de exposición en lugar visible para os usuarios, veciños e axentes da autoridade do documento de licencia
b) Almacenar ou apilar productos, envases ou residuos na zona de terraza ou en calquera outro lugar da vía pública
c) O incumprimento de calquera outra obrigación prevista nesta ordenanza que non sexa constitutiva de infracción grave ou moi grave.
Son infraccións graves
a) A comisión de tres infraccións leves no prazo de 6 meses
b) O incumprimento do horario de peche en menos de duas horas
c) A instalación de elementos de mobiliario da terraza non previstos na licencia ou en número maior dos autorizados
d) A ocupación de superficie maior á autorizada
e) A instalación de instrumentos ou equipos de audio ou video
f) O incumprimento da obrigación de retirar ou recoller e apila-lo mobiliario da terraza ó finalizar o seu horario de funcionamento
g) A falta de ornato e limpeza nas instalacións e área de influencia.
Son infraccións moi graves
a) A comisión de tres infraccións graves no prazo de 6 meses
b) A instalación de terrazas sen autorización ou fora do periodo autorizado
c) A cesión da explotación da terraza a persoa distinta do titular
d) O incumprimento das medidas de restauración da legalidade que se adopten
e) A celebración de espectáculos ou actuacións non autorizados de forma expresa
f) O incumprimento do horario de peche en máis de dúas horas
g) O incumprimento da obrigación de retira-lo toldo, así como do resto do mobiliario, concluido o período de vixencia da licencia.
Artigo 18. Sancións.
As accións ou omisións que contraveñan o disposto na presente Ordenanza serán sancionadas con multas, cuia contía e gradación se axustará ó establecido nos apartados 2 e 3 do presente artigo, respectivamente. As contías das multas por infracción da presente Ordenanza serán as seguintes: Infraccións leves: Multa ata 150,00 euros. Infraccións graves: Multa de 150,01 euros ata 450,00 euros. - Infraccións moi graves: Multa de 450,01 euros ata 1.000,00 euros.
Para a gradación das respectivas sancións valoraranse conxuntamente as seguintes circunstancias: Para a graduación da sanción teranse en conta as seguintes circunstancias
a) A existencia de intencionalidade do infractor
b) A reincidencia por comisión no termo dun ano de máis dunha infracción da mesma natureza, cando así fose declarada por resolución firme
c) A gravidade e natureza dos danos causados
d) O beneficio económico obtido da actividade infractora.
Cando se aprecie algunha das circunstancias anteriores como agravante imporase a sanción na metade superior ó grado mínimo. Se concurrisen dúas ou máis circunstancias agravantes, imporase a sanción en grado máximo.
Artigo 19. Órgano competente.
Ó Alcalde-Presidente do Concello é ó órgano competente para sanciona-las infraccións leves e graves, sendo competencia do Pleno da Corporación a sanción das infraccións moi graves.
En todo caso corresponde a incoación dos expedientes ó Alcalde-Presidente ou, no seu caso previa delegación, o concelleiro competente na materia.
Artigo 20.- Procedemento.
O procedemento para a tramitación dos expedientes será o previsto na vixente normativa de procedemento administrativo común.
Serán sancionadas pola comisión de infraccións as persoas físicas ou xurídicas que resulten responsables das mesmas aínda a título de mera inobservancia.
Con independencia da sanción que se lles impoña, os infractores serán obrigados a reparar o dano causado, podendo o Concello, se procede, exercita-las facultades de execución subsidiaria previstas na Lei.
Os prazos de prescrición das infraccións e das sancións serán os previstos na vixente normativa xeral de procedemento administrativo común.
O prazo para a resolución dos expedientes sancionadores será dun ano, que se contará dende a súa incoación.
Artigo 21. Concurrencia de sancións.
Incoado un procedemento sancionador por dúas ou máis infraccións entre as cales exista unha relación de causa-efecto imporase únicamente a sanción que resulte máis elevada.
DISPOSICIÓN FINAL.
Esta Ordenanza entrará en vigor, unha vez aprobada definitivamente e publicada íntegramente no Boletín Oficial da Provincia, unha vez transcurrido o prazo ó cal se refire o artigo 65.2 en relación co artigo 70.2 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local.
SOLICITUDE DE INSTALACIÓN DE TERRAZAS DE HOSTALARÍA
Ver Anexo