"ORDENANZA Nº 5 REGULADORA DO IMPOSTO MUNICIPAL DE VEHÍCULOS.
O artigo 4 bis queda redactado da forma seguinte:
Exencións:
Para poder obter as exencións a que se refiren os parágrafos e) e g) do apartado 1, do artigo 93 do citado RD Lexislativo, os interesados deberán estar empadroados no Concello de Vilalba e instar a súa concesión todos os anos e dentro do primeiro trimestre de cada ano, agás no caso de primeira adquisición do vehículo polo discapacitado ou de recoñecemento posterior da discapacidade dentro do mesmo ano, debendo acompañar á solicitude de exención a documentación requerida para o efecto, que será, para o caso de solicitar por primeira vez, a que se detalla a continuación:
Vehículos conducidos por personas con discapacidade:
a) Certificado do grao de discapacidade expedido pola Consellería de Asuntos Sociais, en que conste o grao e a clase de discapacidade padecida.
b) D.N.I. do discapacitado.
c) Ficha técnica do vehículo.
d) Permiso de conducción a nome do discapacitado (anverso e reverso).
e) Permiso de circulación a nome do discapacitado.
f) Póliza de seguro do vehículo na que figure o discapacitado como tomador do seguro, conductor e propietario do vehículo, e recibo actualizado.
g) Declaración de uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da edención.
Vehículos destinados ao transporte de discapacitados:
a) Certificado do grao de discapacidade expedido pola Consellería de Asuntos Sociais, en que conste ademáis do grao e a clase de discapacidade padecida, se o discapacitado ten necesidade de asistencia de terceira persoa.
b) D.N.I. do discapacitado e do conductor habitual do vehículo.
c) Ficha técnica do vehículo.
d) Permiso de conducción do conductor habitual do vehículo.
e) Permiso de circulación a nome do discapacitado.
f) Póliza de seguro do vehículo na que figure o discapacitado como tomador do seguro e como propietario do vehículo, agás nos casos de menores ou incapacitados xucidialmente, e como conductor o habitual, e recibo actualizado.
g) Declaración de uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.
E para o caso de sucesivas solicitudes, en calquera dos dous supostos, para persoas con discapacidade ou para transporte de discapacitados, unicamente a documentación seguinte:
a) Certificado do grao de discapacidade nos termos expresados nos parágrafos anteriores descritos.
b) Permiso de circulación a nome do discapacitado.
c) Póliza de seguro do vehículo nos termos expresados nos parágrafos anteriormente descritos e recibo actualizado.
A notificación da resolución da concesión da exención servirá de documento acreditativo da súa existencia.
A presente modificación da ordenanza nº 5 reguladora do imposto municipal de circulación de vehículos de tracción mecánica, entrará en vigor a partir da súa publicación no B.O.P. e será de aplicación a partir do 1/01/08, e permanecerá vixente ata a súa modificación ou derogación expresa..
Vilalba, 17 de abril do 2008.- O ALCALDE, Xerardo Criado Guizán.
