Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles

Ficha de esta disposición

Título:
Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles
Nº de Disposición:
0
Boletín Oficial:
BOP-LUGO 81
Fecha Disposición:
29/04/2008
Fecha Publicación:
29/04/2008
Órgano Emisor:
VILALBA
Elevándose a definitivo, por non presentarse reclamacións o mesmo, e dispoñelo así o acordo de aprobación provisional de data 9 de novembro do 2007 de modificación da ordenanza fiscal nº 1, reguladora do imposto sobre bens inmobles municipais, publicase o texto íntegro desta modificación, en cumprimento do establecido no el art. 17.4 do R.D. Legislativo 2/2004 de 5 de marzo por lo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

O texto íntegro desta ordenanza será o seguinte:

A tenor das facultades normativas outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e o artigo 106 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local sobre potestade normativa en materia de tributos locais e de conformidade así mesmo ao establecido nos artigos 15 e seguintes, así como do Título II, e artigos 61 e seguintes, todos eles do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004 de 5 de marzo e artigos 6, 7 e 8 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario aprobado por Real Decreto Legislativo 1/2004 de 5 marzo, e as modificacións de ditos textos introducidas pola Lei 16/2007 de 4 de xullo, Disposición Adicional Sétima e Décima, logo do pronunciamento do Tribunal Supremo en sentencia de 30 de maio de 2007 pola que declara nulo e expulsa do ordenamento xurídico parte da redacción do artigo 23 do Regulamento de desenrolo da Lei do Catastro Inmobiliario aprobado por Real Decreto 417/2006 de 7 de abril, regulase mediante a presente ordenanza fiscal o Imposto sobre Bens Inmobles coas excepcións que se conteñen máis adiante e conforme as tarifas que se inclúen na presente ordenanza.

Artigo 1º.-Feito impoñible.

1. O feito impoñible do Imposto sobre Bens Inmobles está constituido pola titularidade dos seguintes dereitos sobre os bens inmobles rústicos, urbanos e sobre os inmobles de características especiais:

a) Dunha concesión administrativa sobre os propios inmobles ou sobre os servizos públicos aos que estean afectos.

b) Dun dereito real de superficie.

c) Dun dereito real de usufruto.

d) Do dereito de propiedade.

A realización do feito imponible que corresponda de entre os definidos no apartado anterior pola orde establecida no mesmo, determinará a non suxeición do inmoble urbano o rústico as restantes modalidades no mesmo previstas. Nos inmobles de características especiáis aplicarase esta mesma prelación, salvo cando os dereitos de concesión que podan recaer sobre o inmoble non esgoten a súa extensión superficial, suposto no que tamén se realizará o feito imponible polo dereito de propiedade sobre a parte do inmoble non afectada por unha concesión.

Teñen consideración de bens inmobles de naturaza urbana, rústicos e bens inmobles de características especiais, os definidos como tales nas normas que regula o Catastro Inmobiliario: os comprendidos nos seguintes grupos:

1. Os destinados á producción de enerxía eléctrica e gas e ao refino de petróleo e as centráis nucleares.

2. As presas, saltos de auga e embalses, incluindo o seu lecho ou vaso, excepto as destinadas exclusivamente ao rego.

3. As autoestradas, estradas e túneles de peaxe.

4. Os aeroportos e pontos comerciáis.

E coas especificacións contidas no artigo 23 do Regulamento de desenrolo do Catastro Inmobiliario aprobado por Real Decreto 417/2006 de 7 de abril, na súa redacción dada pola sentenza do Tribunal Supremo de 30 de maio de 2007.

O carácter urbano ou rústico do inmoble dependerá da naturaza do solo.

Artigo 2º. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos, a título de contribuíntes, as persoas naturais e xurídicas, e as entidades as que se refiere o artigo 35.4 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeneral Tributaria, que ostentan a titularidade do dereito que, en cada caso, sexa constitutivo do feito imponible deste imposto.

No caso de bens inmobles de características especiáis, cando a condición de contribuínte recaia en un ou varios concesionarios, cada un deles o será pola súa cota, que se determinará en razón á parte do valor catastral que corresponda á superficie concedida e á construcción ou parte do inmoble directamete vinculada a cada concesión.

Para esa mesma clase de inmobles de características especiáis, cando o propietario teña a condición de contribuínte en razón da superficie non afectada polas concesións, actuará como substituto do mesmo Ente ou Organismo público ao que se refire o parágrafo segundo do núm. 1 do artigo 63 do Texto Refundido de Facendas Locais de 5 de marzo de 2004 na súa redacción dada pola Lei 16/2007, o cal non poderá repercutir no contribuínte o importe da débeda tributaria satisfeita.

O disposto no apartado anterior será de aplicación, sen prexuízo da facultade do suxeito pasivo de repercutir a carga tributaria soportada conforme as normas de dereito común.

As administracións públicas e os entes ou organismos considerados suxeitos pasivos, repercutirán a parte da cota líquida do imposto que corresponda, en quen, non reunindo a condición de suxeitos pasivos, fagan uso mediante contraprestación dos seus bens demaniais ou patrímoniais, os cales estarán obrigados a soportar a repercusión, que se determinará en razón á parte do valor catastral que corresponda á superficie utilizada e á construcción directamente vinculada a cada arrendatario ou cesionario do dereito de uso.

Artigo 3º. Responsables

1. Responden solidariamente das obrigacións tributarias todas as persoas que sexan causantes dunha infracción tributaria ou que colaboren en cometela.

2. Os coparticipantes ou cotitulares das Entidades jurídicas ou económicas a que se refire a Lei Xeral Tributaria responderán solidariamente en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias destas Entidades.

3. No suposto de sociedades ou entidades disoltas e liquidadas, as súas obrigas tributarias pendentes transmitiranse aos socios ou partícipes no capital, que responderán délas solidariamente e ata o límite do valor da cota de liquidación que se lles houbese adxudicado.

4. A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e de acordó co prodecemento previsto na Lei Xeral Tributaria.

Artigo 4º. Exencións e afecciones reais

1.- Exencións directas de aplicación de oficio: as comprendidas no Texto Refundido da Lei de Facendas Locais de 5 de marzo de 2004.

2.- Exencións directas de carácter rogado: as comprendidas con tal carácter no Texto Refundido da Lei de Facendas Locáis de 5 de marzo de 2004.

3.- Exencións potestativas: Gozarán así mesmo de exención os seguintes inmobles:

a) Os bens inmobles de naturaza urbana, sempre que a cota líquida resultante da aplicación dos beneficiarios fiscais, sexa inferior a 6 euros.

b) Os bens de naturaleza rústica, no caso de que, para cada suxeito pasivo, a cota líquida que corresponde á totalidade dos bens rústicos, poseídos no termo municipal sexa inferior, despois de terse aplicados os beneficios fiscais, a 3 euros.

4.- Con carácter xeral, a concesión de exencións terá efecto a partir do exercicio seguinte á data da solicitude e non pode ter carácter retroactivo. Porén, cando o beneficio fiscal se solicita antes de que a liquidación sexa firme, concederase se na data de devengo do tributo concurren os requisitos esixidos para o seu disfrute.

5.- Afección real na transmisión e responsabilidade solidaria na cotitularidade, De acordo ao artigo 64 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais de 5 de marzo de 2004, nos supostos de cambio, por calquera causa, na titularidade dos dereitos que constitúen o feito imponible deste imposto, os bens inmobles obxecto de ditos dereitos quedarán afectos ao pago da totalidade da cota tributaria, en réxime de responsabilidade subsidiaria, nos termos previstos na Lei Xeral Tributaria. A estes efectos, os notarios solicitarán información e advertirán expresamente aos comparecentes nos documentos que autoricen sobre as débedas pendentes polo Imposto sobre Bens Inmobles asociadas ao inmoble que se transmite, sobre o prazo dentro do cal están obrigados os interesados a presentar declaración polo imposto, cando tal obriga subsista por non terse aportado a referencia catastral do inmoble, conforme ao apartado 2 do artigo 43 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario e outras normas tributarias, sobre a afección dos bens ao pago da cota tributaria e, así mesmo, sobre as responsabilidades en que incurran pola falta de presentación de declaracións falsas, incompletas ou inexactas, conforme ao pevisto no artigo 70 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario e outras normas tributarias.

6.- Responden solidariamente da cota deste imposto, e en proporción as súas respectivas participacións, os copartícipes ou cotitulares das entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeral Tributaria, si figuran inscritos como tales no Catastro Inmobiliario. De non figurar inscritos, a responsabilidade esixirase por partes iguales en todo caso.

Artigo 5º. Base imponible.

A base imponible está constituida polo valor catastral dos bens inmobles, que se determinará, notificará e será susceptible de impugnación conforme as normas reguladoras do Catastro Inmobiliario.

A base imponible dos bens inmobles de características especiáis non terá reducción de forma xeral, salvo o disposto no artigo 67.2 do TRLHL na súa redacción dada por Lei 16/2007.

Estes valores poderán ser obxecto de revisión, modificación ou actualización nos casos e do xeito que a Lei prevea.

Artigo 6º. Reduccións.

1.- A reducción da base imponible será aplicable a aqueles bens inmobles, urbanos e rústicos, que se atopen nalgunha destas dúas situacións:

a) Inmoble cuxo valor catastral se incremente como consecuencia de procedementos de valoración colectiva, de carácter xeral, en virtude da aplicación do novo velatorio total de valor aprobado con posterioridade ao 1-1-1997 ou por aplicación de sucesivos relatónos totais de valores que se aproben unha vez transcorrido o período de reducción establecido no artigo 67 e seguintes do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais de 5 de marzo de 2004.

b) Cando se aprobe un relatorio de valores que dará lugar á aplicación de reducción prevista, como consecuencia da aplicación prevista anteriormente e cuxo valor catastral se altere antes de finalizar o prazo de reducción por:

1. Procedemento de valoración colectiva de carácter xeral.

2. Procedemento de valor colectiva de carácter parcial.

3. Procedemento simplificado de valoración colectiva.

4. Procedemento de inscrición mediante declaracións, comunicacións, solicitudes e subsanación de discrepancia e inspección catastral.

2.- A reducción será aplicable de oficio coas normas contidas nos artigos 67, 68, 69 e 70 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais de 5 de marzo de 2004.

Estas reduccións, en ningún caso serán aplicables aos bens inmobles de características especiáis, salvo as establecidas anteriormente e contidas en dito texto legal.

Artigo 7º. Base liquidable

1.- A base liquidable será o resultado de practicar, no seu caso, na imponible as reduccións que legalmente se establezcan.

2.- A base liquidable, nos bens inmobles de características especiáis, coincidirá coa base imponible, salvo as específicas aplicacións que prevea a legislación.

3.- A base liquidable notificarase conxuntamente coa base imponible nos procedementos de valoración colectiva. Dita notificación incluirá a motivación da reducción aplicada mediante a indicación do valor base do inmoble así como o importe da reducción, no seu caso, e da base liquidable do primeiro ano de vixencia do valor catastral.

4.- O valor base será a base liquidable conforme as normas do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario aprobado por Real Decreto Legislativo 1/2004 de 5 de marzo e regulamentos de desenrolo.

5.- A competencia nos distintos procedementos de valoración será a estabecida no Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2004 de 5 de marzo e regulamentos de aplicación.

Artigo 8º. Tipo de gravame e cota.

O tipo de gravame será:

a. Para os bens inmobles de naturaleza urbana: 0.50%

b. Para os bens inmobles de naturaleza rústica: 0.44%

c. Para todos os grupos de bens inmobles de características especiáis: 1.3%

Artigo 9º. Bonifícacións

1. Gozarán dunha bonificación do 90% na cota do imposto os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria, tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e que non figuren entre os bens do seu inmobilizado.

O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá desde o periodo impositivo seguinte a aquel en que comecen as obras ata o posterior ó seu remate, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres periodos impositivos. A solicitude da bonificación débese formular antes do comezo das obras, entendendo por tal o momento de outorgamento da licenza por parte da Administración municipal.

Para disfrutar da citada bonificación, os interesados deberán presentar o documentación seguinte:

a) Acreditación de que a empresa se dedica á actividade de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria, mediante a presentación dos estatutos da sociedade.

b) Acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación non forma parte do inmobilizado, mediante certificación do administrador da sociedade, ou fotocopia do derraderio balance presentado ante a axencia estatal da Administración tributaria, para os efectos do Imposto sobre Sociedades.

c) Copia da solicitude de licenza de obra, se non se presenta simultáneamente.

2. As vivendas de protección oficial, e as equiparables a estas segundo a Lei de Comunidade Autónoma, disfrutaran dunha bonificación do 50% durante o prazo de 3 anos, contados desde o exercicio seguinte ó do autorgamento da cualificación definitiva. Esta bonificación terá que solicítala o interesado en calquera momento anterior á terminación do prazo de 3 anos e terá efectos desde o periodo seguinte ó da solicitude.

Ó longo dos catro exercicios seguintes ó periodo citado, as vivendas de protección oficial disfrutarán dunha bonificación do 50% na cota integra do imposto, sempre que se manteña a titularidade do inmoble e este constitúa a residencia do titular.

Esta bonificación deberá solicitarse en calquera momento anterior á terminación dos catro periodos, tendo efectos, en todo caso, desde o periodo seguinte ó da solicitude.

Os solicitantes presentarán a cédula de cualificación definitiva como vivenda de protección oficial do inmoble e a documentación acreditativa da titularidade do devandito inmoble.

3. Os suxeitos pasivos que ostentan a condición de titulares de familia numerosa disfrutarán dunha bonificación na cota integra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual, e na que estea empadroado, coas seguintes características, segundo a Ley 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas:

 
Categoría de

Porcentaxe bonificación

Porcentaxe bonificación

familia numerosa

Para unidades familiares

Ingresos de máis de 3 veces

con ingresos de

o S.M.I e que non superen

ata 3 veces o S.M.I.

5.5 veces o dito S.M.I

Xeral

50%

25%

Especial

90%

60%

Para aplicar as bonificacións será requisito imprescindible a súa solicitude polo interesado, quen deberá acreditar:

a) O empadroamento na vivenda obxecto de solicitude

b) A condición e categoría de familia numerosa, por medio do titulo oficial.

c) Xustificante da declaración da renda do último exercicio anterior ó periodo da imposición.

Non se poderá aplicar a bonificación a máis dunha vivenda por unidade familiar.

4. Gozarán dunha bonificación do 95% da cota os bens de naturaza rústica das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra.

Os solicitantes presentarán o certificado sobre a condición de cooperativas agrarias ou de explotación comunitaria da terra, que emitiu a Administración correspondente

5. As bonificacións, despois do informe dos departamentos municipais que correspondan, serán concedidas ou denegadas pola Xunta de Goberno Local.

6. As bonificacións que se contemplan nos puntos 2.3 e 4 deste artigo serán compatibles, sen que en ningún caso poidan exceder do 90% da cota integra, de forma acumulativa.

Artigo 10º. Periodo impositivo e acreditación do imposto

1. O período impositivo é o ano natural

2. O imposto acreditase o primeiro día do ano.

3. As variacións de orde físico, económico ou xurídico, incluíndo as modificacións de titularidade, teñen afectividade a partir do ano seguinte a aquél no que se producen.

4. Cando o Concello coñeza a conclusión das obras que orixinen unha modificación de valor catastral, respecto ao que figura no seu Padrón, liquidará o IBI na data na que o Catastro lle notifique o novo valor catastral.

5. A liqudación do imposto comprenderá a cota correspondente aos ejercicios meritados e non prescritos, entendendo por estes os comprendidos entre o seguinte a aquel no que se van a finalizar as obras que originaron a modificación de valor e o presente ejercicio.

6. No seu caso, deducirase da liquidación correspondente a este exercicio e aos anteriores a cota satisfeita por IBI a razón de outra configuración do inmoble, diferente da que tivo na realidade.

Artigo 11º. Réxime de declaración e ingreso

1. Aos efectos previstos no artigo 76 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais de 5 de marzo de 2004, os suxeitos pasivos, están obrigados a formalizar as declaracións de alta, no suposto de novas construcións, as declaracións de modificación de titularidade en caso de transmisión do ben, así como as restantes declaracións por alteracións de orde físico, económico ou xurídico nos bens inmobles que teñan transcendencia a efectos deste imposto.

2. Sendo competencia do Concello o recoñecemento de beneficios fiscais, as solicitudes para acollerse deben ser presentadas á administración municipal, ante a cal debemos indicar, así mesmo, as circunstancias que originan ou xustifican a modificación do réxime.

3. Sen prexuízo da obligación dos suxeitos pasivos de presentar as modificacións, alteracións e demais, o Concello, sen menoscabo das facultades do resto das Administracións Públicas, comunicará ao Catastro a incidencia dos valores catastrais ao outorgar licenza ou autorización municipal.

4. As liquidacións tributarias son practicadas polo Concello, tanto as que corresponden a valores recibo como as liquidacións por ingreso directo, sen prexuízo da facultade de delegación da facultade de xestión tributaria.

5. Contra os actos de xestión tributaria, competencia do Concello, os interesados poden formular recurso de reposición, previo ao contencioso administrativo, no prazo dun mes a partir da notificación expresa ou da exposición pública dos padróns correspondentes.

6. A interposición de recurso non paraliza a acción administrativa para o cobro, a menos que dentro do prazo previsto para interpoñer o recurso o interesado solicite a suspensión da execución do acto impugnado e acompañe a garantía polo total da débeda tributaria.

Porén, en casos excepcionais, a alcaldía pode acordar a suspensión do prodecemento, sen prestación de ningún tipo de garantía, cando o recorriste xustifique a imposibilidade de préstala ou ben demostra de xeito concluínte a existencia de erros materiais na liquidación que se impugna.

7. O período de cobro para os valores recibo notificados colectivamente determinarase cada ano e anunciarase conforme oa Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario de 5 de marzo de 2004.

As liquidacións de ingreso directo deben ser satisfeitas nos períodos fixados polo Regulamento Xeral de Recadación, que son:

a) Para as notificadas dentro da primeira quincena do mes, ata o día 5 do mes natural seguinte.

b) Para as notificadas dentro da segunda quincena do mes, ata o día 20 do mes natural seguinte.

8. Transcurridos os períodos de pago voluntario sen que a débeda se teña satisfeito, iniciarase o periodo executivo segundo o establecido art. 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 12º. Xestión por delegación.

No caso de xestión delegada, as atribucións dos órganos municipais se entenderán ejercidas pola Administración convida ou delegada.

Para o procedemento de xestión e recadación non establecido nesta ordenanza deberá aplicarse o establecido pola legislación vixente.

Artigo 13º. Data de aprobación e vixencia

Esta ordenanza aprobada polo Pleno en sesión celebrada o día 9/11/07, comezará a rexer o día 1 de xaneiro de 2008 e continuará vixente mentras non se acorde a modificación ou derogación expresa.

Disposición adicional

As modificacións producidas pola Lei de Presupostos Xerais do Estado ou outra norma de rango legal que afecten a calquera elemento deste imposto, serán de aplicación automática dentro do ámbito desta ordenanza.

A presenta modificación da ordenanza número 2 reguladora do imposto sobre bens inmobles municipais, entrará en vigor a partir da súa publicación do Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do 1.1.2008, e permanecerá vixente a a súa modificación ou derrogación expresa.

Vilalba, 17 de abril do 2008.- O ALCALDE, Xerardo Criado Guizán.







Cerrar