Notificación a Don José A. Gómez Simes do acordo da Xunta de Goberno Local de data 21/11/11 polo que se toma coñecemento da comunicación do cambio de titularidade de licenza de apertura de local con destino bar no baixo do inmoble sito na rúa de San Xulián, nº 14, en Pontevedra. (Expediente Nº 14456/10)

Ficha de esta disposición

Título:
Notificación a Don José A. Gómez Simes do acordo da Xunta de Goberno Local de data 21/11/11 polo que se toma coñecemento da comunicación do cambio de titularidade de licenza de apertura de local con destino bar no baixo do inmoble sito na rúa de San Xulián, nº 14, en Pontevedra. (Expediente Nº 14456/10)
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-PONTEVEDRA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
PONTEVEDRA
Intentada a notificación do acordo da Xunta de Goberno Local de data 21/11/11 a don José a. Gómez Simes, e ao non resultar posible a súa práctica efectiva, de acordo co previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese a notificar mediante a publicación no BOP e no taboleiro de anuncios do concello no seu último domicilio o texto íntegro do devandito acto administrativo:

"Visto escrito presentado no Rexistro Xeral deste concello, con número 14456/10, en data 20/04/10, por don José a. Gómez Simes (NIf 52.499.775-K), no que comunica o cambio de titularidade ao seu favor da licenza de apertura de local con destino a bar do local sito na rúa de San Xulián, nº 14, en Pontevedra,

Resultan acreditados os seguintes feitos:

Primeiro.a Xunta de Goberno Local en sesión de data 22/03/04, acordaba concederlle a don José a. Gómez Simes (NIf 52.499.775-K), "licenza de apertura de local con destino a bar, no baixo do inmoble situado na rúa San Julián, nº 14, esquina coa rúa arco", en Pontevedra, quedando suxeito tal acto administrativo a unha serie de condicións que se relacionaban.

Segundo.a Tenencia de alcaldía, mediante resolución de data 23/06/05, tomaba coñecemento da comunicación de cambio de titularidade e conseguinte transmisión a favor de don Ángel Reboredo fernández (NIf 77.400.953-L) da referida licenza de apertura, quedando suxeito tal acto administrativo a unha serie de condicións que se relacionaban.

Terceiro.a Xunta de Goberno Local en sesión de data 27/10/08, acordaba tomar coñecemento dos sucesivos cambios de titularidade da "licenza de apertura con destino a bar do local sito na rúa de San Xulián, nº 14, no concello de Pontevedra, dentro do centro histórico da cidade en solo clasificado polo vixente PXOM como solo urbano, isto é, de don Ángel Reboredo fernández (NIf 77.400.953-L) a favor de dona yolanda García Picallo (NIf 77.402.848-M) e desta última a favor de don Pablo Bea González (NIf 53.119.756-Z)", quedando suxeito tal acto administrativo a unha serie de condicións que se relacionaban.

Cuarto.a Xunta de Goberno Local en sesión de data 24/05/11, acordaba corrixir o erro material advertido no acordo da Xunta de Goberno Local de data 27/10/08 respecto aos apelidos do novo titular da licenza de apertura que é don Pablo Bea Pazos (NIf 53.119.756-Z), mantendo e ratificándose os restantes extremos daquel acto administrativo, especialmente todos os condicionantes.

Quinto.No expediente non figura xustificante do ingreso da autoliquidación da taxa correspondente á presente instancia.

considéranse de aplicación os seguintes fundamentos xurídicos:

Primeiro.de conformidade co disposto no artigo 13 do Regulamento de servizos das corporacións Locais, aprobado por decreto de 17 de xuño de 1955 [BOE 196, de 15 de xullo], "as licenzas relativas ás condicións dunha obra, instalación ou servizo serán transmisibles, pero o antigo e o novo construtor ou empresario deberán comunicalo por escrito á corporación, sen o cal quedarán ambos os dous suxeitos a todas as responsabilidades que se derivaren para o titular".

No presente suposto, á vista da documentación achegada, pode entenderse correctamente formalizada a comunicación referida.

Segundo.as previsións contidas nos artigos 15 e 16 do citado regulamento de servizos das corporacións Locais, de xeito que "as licenzas relativas ás condicións dunha obra ou instalación terán vixencia mentres subsistan aquelas" e "as licenzas quedarán sen efecto se se incumprisen as condicións ás que estiveran subordinadas".

Terceiro.a competencia para a resolución do presente expediente atribúese á Xunta de Goberno Local, de conformidade co disposto no artigo 127.1. e) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificada pola Lei 57/03, do 16 de decembro, e no artigo 21.1.g) do Regulamento orgánico do goberno e da administración do concello de Pontevedra.

Xa que logo, proponse á Xunta de Goberno Local, por se o estima procedente e sen prexuízo de criterio mellor fundado, a adopción do seguinte Acordo

Primeiro.Tomar coñecemento da comunicación do cambio de titularidade e conseguinte transmisión a favor de don José a. Gómez Simes (NIf 52.499.775-K), da licenza de apertura do local con destino a bar (epígrafe nº 2.7.2. Bar, café-Bar. do catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas aprobado polo decreto 160/2005) no baixo do inmoble sito na rúa de San Xulián, nº 14, en Pontevedra, en solo clasificado como solo urbano segundo o vixente PXOM dentro do centro históricoartístico da cidade, outorgada inicialmente a don José a. Gómez Simes (NIf 52.499.775-K) mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 22/03/04 e posteriormente transmitida, tras diversos cambios de titularidade, a don Pablo Bea Pazos (NIf 53.119.756-Z) mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 27/10/08, considerando pois ao citado Sr. Gómez Simes como o actual titular.

advírteselle expresamente que a licenza se transmite ao novo suxeito titular en idénticos termos cós que foi concedida inicialmente de xeito que este queda suxeito ao seu estrito cumprimento en particular ao de todas as condicións impostas no acto administrativo do seu outorgamento e sucesivos de transmisión.

Recórdaselle que as licenzas de apertura constitúen autorizacións de tracto sucesivo, de modo que a actividade autorizada deberá acomodarse á nova normativa reguladora que vaia entrando en vigor sen necesidade de requirimento previo e sen prexuízo da necesidade de solicitar e obter as correspondentes autorizacións municipais para tal finalidade.

asemade, indícaselle que a efectividade da presente transmisión está supeditada a que o local en cuestión se atope e permaneza acondicionado tal e como se reflicte nos planos e restante documentación técnica que serviu de base á concesión da licenza de apertura inicial e cumpra todos os condicionamentos aos que quedara suxeita a autorización existente porque tal e como se indicou as licenzas relativas ás condicións dunha obra ou instalación terán vixencia mentres subsistan aquelas e as licenzas quedan sen efecto se se incumpren as condicións ás que estiveran subordinadas.

Segundo.dar conta deste acordo ao Servizo Municipal de Xestión Tributaria e Outros Ingresos de dereito Público para os oportunos efectos, facéndolle constar expresamente que non consta xuntado o xustificante do ingreso da autoliquidación da taxa correspondente á presente solicitude.

Terceiro.comunicar o presente acordo a todos os suxeitos interesados.

cuarto.comunicar o presente acordo á Oficina Técnica de Inspección co fin de garantir o seguimento e control do local en cuestión consonte co indicado nos parágrafos tres e catro do punto primeiro da parte dispositiva deste acto."

RECURSOS PROCEDENTES CONTRA O PRESENTE ACTO ADMINISTRATIVO

contra o precedente acordo, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer ben o REcURSO POTESTaTIVO dE REPOSIcIÓN perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á da súa notificación, ao abeiro do establecido no art. 116-1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das administracións Públicas e do Procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira, ou ben directamente o REcURSO cONTENcIOSO adMINISTRaTIVO perante o Xulgado do contenciosoadministrativo de Pontevedra no prazo de dOUS MESES, contados a partir do día seguinte á da súa notificación, consonte ao disposto nos artigos 8-1 e 46-1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Regulamentadora da Xurisdición contencioso-administrativa.

de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no art. 117-2 da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade có establecido no art. 43-2 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, podendo entón o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de SEIS MESES contados desde o día seguinte de aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte ao establecido no art. 46-1) e 4) da Lei 29/1998, Regulamentadora da Xurisdición contenciosa-administrativa. No entanto, o interesado tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime procedente consonte a dereito.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Pontevedra, a 30 de xaneiro de 2012.O Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo, antonio Louro Goyanes.