"Por medio do presente oficio poño no seu coñecemento que respecto da súa solicitude de licenza de apertura de local con destino a bar no baixo do inmoble sito na rúa de Isabel II, nº 25, na cidade de Pontevedra, que se tramita baixo o número de expediente 21629/02, non consta ditada a día de hoxe resolución expresa.
Non obstante, constátase que baixo o número de rexistro 3682/03 foi concedida unha nova licenza de apertura de local con destino a bar no baixo do inmoble sito na rúa de Isabel II, nº 25, en Pontevedra.
Xa que logo, ao abeiro do establecido nos artigos 84 e 87 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, outorgáselle un prazo de audiencia e vista no expediente de dez días hábiles (contados dende o día seguinte ao da notificación do presente oficio), co fin de que poida examinalo e presentar as alegacións que estime procedentes en defensa dos seus dereitos e intereses con carácter previo á resolución do seu arquivo ao resultar improcedente a súa continuación como consecuencia da existencia dunha licenza de apertura do ano 2005 a favor doutra promotora."
Pontevedra, a 30 de xaneiro de 2012.O Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo, antonio Louro Goyanes.
