Notificación edital sobre imposición de multa coercitiva

Ficha de esta disposición

Título:
Notificación edital sobre imposición de multa coercitiva
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
BOIMORTO
Notificación edital sobre imposición de multa coercitiva.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo común de 26 de novembro de 1992 modificada pola Lei 4/1999, faise público (intentada a notificación ao afectado no último domicilio coñecido sen que poidese ser practicada) que pola Alcaldía do Concello de Boimorto, foi ditada a resolución de data 07/12/2011 na que se acorda a imposición de multa coercitiva a D. José Manuel Miras García para execución forzosa da orde de execución desta Alcaldía recollida en decreto 109 de 2010, outorgando ao interesado para o trámite de audiencia 15 días hábiles (que contarán a partir da publicación deste edito no BOP de A Coruña) prazo durante o que poderá formular as alegacións e presentar a documentación que estime oportuna en defensa dos seus intereses e en aplicación do artigo 84 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

O expediente figura a disposición do interesado para o seu coñecemento íntegro na Secretaría do Concello de Boimorto.

Contra a resolución da Alcaldía poderá interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o Sr. Alcalde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente no BOP de A Coruña (artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común de 26 de novembro de 1992 modificada pola Lei 4/1999), ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o correspondente Xulgado do Contencioso Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente no BOP de A Coruña de conformidade co establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998 reguladora da xurisdicción contencioso administrativa.

Sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

Boimorto, 2 de febreiro de 2012

A alcaldesa en funcións

Asdo.- Ana Ledo Fernández

2012/1431