Información pública. Expediente IN407A 514/2008

Ficha de esta disposición

Título:
Información pública. Expediente IN407A 514/2008
Nº de Disposición:
514/2008
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 289
Fecha Disposición:
17/12/2008
Fecha Publicación:
17/12/2008
Órgano Emisor:
XUNTA DE GALICIA
Ós efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n° 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n° 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo Social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 - A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Curramontes.

Situación: A Coruña Características Técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, de 886 m de lonxitude en condutor RHZ1 de 240 mm2 Al, coa orixe e final na L.M.T.S. existente entre C.S. Augas Coruña e avda. de Monelos 229, pasando polo novo C.T. tipo subterráneo con dous trafos de 630 kVA c/u en r/Curramontes-Eirís. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071-A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de novembro de 2008

O delegado provincial