Información pública: aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Santiago de Compostela

Ficha de esta disposición

Título:
Información pública: aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Santiago de Compostela
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Información pública: aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Santiago de Compostela

INFORMACIÓN PÚBLICA: APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACION DA ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

O Pleno da corporación do Concello de Santiago de Compostela na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xaneiro de 2012, aprobou inicialmente a modificación da Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, sométese ao trámite de información pública e audiencia aos interesados por un prazo de 30 días, para os efectos de presentación de reclamacións ou suxestións. De non habelas, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.

O texto da ordenanza estará exposto no taboleiro de anuncios da Casa do Concello (Praza do Obradoiro, s/n) e no da Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego (rúa Isaac Díaz Pardo, 2 - 4 (Zona de Galeras), así como na páxina web do concello www.santiagodecompostela.org (normativa municipal en tramitación).

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012

O Alcalde,

Xerardo Conde Roa

2012/1397