Información pública da solicitude de autorización dun aproveitamento do manancial de auga mineral natural Cabreiroá 3,n.º86,en Verín

Ficha de esta disposición

Título:
Información pública da solicitude de autorización dun aproveitamento do manancial de auga mineral natural Cabreiroá 3,n.º86,en Verín
Nº de Disposición:
0
Boletín Oficial:
BOP-OURENSE 63
Fecha Disposición:
18/03/2010
Fecha Publicación:
18/03/2010
Órgano Emisor:
CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA
O Departamento Territorial de Economía e Industria de Ourense, en cumprimento do artigo 13 decreto 402/1996 de 31 de outubro, da Comunidade Autónoma de Galicia, comunica que Aguas de Cabreiroá, SLU solicitou a autorización de aproveitamento do manancial de auga mineral natural Cabreiroá-3 n.º 86, sito no Concello de Verín (Ourense), cuxo perímetro de protección máis amplo, que inclúe a zona de restricións mínimas, está determinado pola unión dos seguintes vértices expresados en coordenadas UTM:

Vértice; UTMX; UTMY

1i; 630.669; 4.643.703

2i; 632.634; 4.643.703

3i; 632.634; 4.642.120

4i; 630.669; 4.642.120

As actividades que condiciona o perímetro nas súas respectivas zonas son as que se sinalan no Decreto 116/2001, do 10 de maio (DOG 28-05-01) que modifica o Decreto 402/1996, do 31 de outubro (DOG 19-11-96).

O que se publica, para que os interesados e en particular os propietarios dos terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro poidan alegar no prazo de 20 días o que lle conveña para os seus intereses a partir da última publicación nos boletíns oficiais.

Ourense, 23 de febreiro de 2010. O xefe territorial. Asdo.: Gabriel Diéguez Domínguez.

7566659.pdf