O interesado deberá facer efectiva a sanción dentro dos 15 días hábiles seguintes á data da súa firmeza, coa advertencia de que, de non facelo, procederase ó seu cobro pola vía executiva, incrementando a sanción cos recargos establecidos no art. 28 da Lei xeral tributaria e, no seu caso, cos correspondentes intereses de demora (art. 21 do R. D. 320/94 de 25 de febreiro, polo que se aproba o Reglamento del procedimiento sancionador en materia de tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridad vial).
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interponer recurso potestativo de reposición ante esta alcaldía no prazo dun mes, ou recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado Contencioso Administrativo de Vigo no prazo de dous meses, contados ambos a partir do día seguinte ó da poblicación deste anuncio, sen perxuicio de que o interesado poida exercitar calquera outro recurso que estime procedente.
Ver Anexo
