Cédula do 30 de setembro de 2009, do Departamento Territorial da Consellería de Traballo de Ourense, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador incoado por infracción da normativa vixente na orde social.
Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de correos ó resultar imposible a súa práctica, mediante esta cédula notifícaselle á empresa Lucianogar, SC, a resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense o día 11 de setembro de 2009, e recaída no expediente que a continuación se referencia:
Sancións e recursos Expediente n.º: RL 2009/0076-3. Acta de infracción n.º: 000014170/2009/3/T. Empresa: Lucianogar, SC. Domicilio: Polígono Industrial San Cibrao das Viñas 3, Porta Parc. 19.
Localidade: San Cibrao das Viñas (San Cibrao das Viñas). Precepto infrinxido: art. 4.2.F) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995.
Preceptos sancionadores: art. 5.1 e 39.2 do RDL 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social.
Sanción imposta: 2.502,00 . A precitada resolución contén o seguinte ditame: Confirmala sanción proposta na acta de infracción número I322009000014170 (expediente núm. 76/09) correspondente á empresa Lucianogar, SL e sancionala cunha contía de dous mil cincocentos dous euros (2.502,00 ).
Fáiselle saber que contra a dita resolución poden formular un recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun (1) mes, contado dende o seguinte día ó da súa notificación, segundo o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma disporá do prazo establecido na lexislación vixente para aboa-la multa mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar neste departamento territorial, noutro caso, procederase á exacción pola vía de constrinximento ante o departamento de Facenda correspondente.
E para que así conste e lle sirva de notificación á empresa, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula en Ourense, o 30 de setembro de 2009. O xefe territorial.
Asdo.: José Selas Souto.
