Mis Leyes

Ficha de esta disposición

Título :
RESOLUCIÓN de 7 de febrero de 2008, de la Dirección General de Calidad Ambiental de la Consejería de Medio Ambiente y Desarrollo Rural, por la que se anuncia la licitación por el sistema de subasta, procedimiento abierto, tramitación anticipada para la adquisición de una compactadora de residuos, destinada al centro de tratamiento de Almagro, en la provincia de Ciudad Real. (Expte. 08/RS/CR/07) (SyC 27/2007). El presente suministro se cofinanciará en un 70% por el fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
Estado :
Vigente
Nº de Disposición :
0
Boletín Oficial :
BOE 45/2008
Fecha Disposición :
07/02/2008
Fecha Publicación :
21/02/2008
Órgano Emisor :
COMUNIDAD AUTÓNOMA DE CASTILLA-LA MANCHA
Art. 1.4.12. Condicións dos proxectos

SECCIÓN SEXTA. PROXECTO DE ACTIVIDADES (PROXECTO DE INSTALACIÓN DE ACTIVIDADES)

Art. 1.4.13. Definición

TÍTULO II. INTERVENCIÓN MUNICIPAL NA EDIFICACIÓN E USO DO SOLO, E INCIDENCIA DO PLANEAMENTO SOBRE AS SITUACIÓNS EXISTENTES

CAPÍTULO 1. ACTOS SUXEITOS A LICENCIA MUNICIPAL

Art. 2.1.1. Actuacións suxeitas a licencia

Art. 2.1.2. Procedemento e réxime xurídico das licencias

Art. 2.1.3. Ordenanzas Municipais

Art. 2.1.4. Prazos para o cumprimento dos deberes urbanísticos.

CAPÍTULO 2. DEBERES DE USO, CONSERVACIÓN e REHABILITACIÓN

SECCIÓN PRIMEIRA. DEREITOS E DEBERES DA PROPIEDADE DO SOLO.

Art. 2.2.1. Supeditación ao planeamento urbanístico

Art. 2.2.2. Aproveitamento urbanístico

Art. 2.2.3. Deberes básicos dos propietarios

Art. 2.2.4. Dereitos básicos dos propietarios.

Art. 2.2.5. Dereitos de realoxo e retorno

SECCIÓN SEGUNDA. DEBERES DE USO

Art. 2.2.6. Destino dos terreos e construccións

Art. 2.2.7. Determinación do uso dos terreos e construccións

Art. 2.2.8. O réxime dos usos

SECCIÓN TERCEIRA. DEBER DE CONSERVACIÓN

Art. 2.2.9. O deber de conservación

Art. 2.2.10. Contido do deber de conservación

Art. 2.2.11. Condicións mínimas de seguridade, salubridade e ornato

Art. 2.2.12. Ordes de execución

Art. 2.2.13. Conservación específica do patrimonio cultural

Art. 2.2.14. Destino provisional de soares non edificados

CAPÍTULO 3. INCIDENCIA DO PLANEAMENTO SOBRE AS SITUACIÓNS EXISTENTES

Art. 2.3.1. Edificios fora de ordenación

Art. 2.3.2. Clases de situacións de fora de ordenación

Art. 2.3.3. Réxime de obras e de usos nos edificios en situación de fora de ordenación

Art. 2.3.4. Réxime transitorio das edificacións en construcción ou con licencia concedida á entrada en vigor do planeamento desconformes con este.

Art. 2.3.5. Edificacións existentes en solo de núcleo rural e solo rústico

TÍTULO III. RÉXIME URBANÍSTICO DO SOLO

CAPÍTULO 1. DIVISIONS URBANÍSTICAS Do SoLO

Art. 3.1.1. Por razón da clasificación do solo

Art. 3.1.2. Por razón da súa consideración como terreos dotacionais

Art. 3.1.3. Por razón da cualificación do solo

Art. 3.1.4. Por razón do planeamento aplicable

CAPÍTULO 2. RÉXIME DO SOLO URBANO

SECCIÓN PRIMEIRA. DETERMINACIÓNS XERAIS

Art. 3.2.1. Definición

Art. 3.2.2. Delimitación

Art. 3.2.3. Aproveitamento real e aproveitamento susceptible de apropiación

CAPÍTULO 3. RÉXIME DO SOLO DE NÚCLEO RURAL

SECCIÓN PRIMEIRA. DEFINICIÓN E DELIMITACIÓN

Art. 3.3.1. Definición

Art. 3.3.2. Delimitación

SECCIÓN SEGUNDA. RÉXIME DO SOLO

Art. 3.3.3. Réxime dos núcleos rurais

Art. 3.3.4. Dos Plans Especiais de Protección, Rehabilitación e Mellora do Medio Rural

Art. 3.3.5. Regulación dos Plans Especiais de Protección, Rehabilitación e Mellora do Medio Rural.

CAPÍTULO 4. RÉXIME DO SOLO URBANIZABLE

SECCIÓN PRIMEIRA. DEFINICIÓN E DELIMITACIÓN

Art. 3.4.1. Definición

Art. 3.4.2. Delimitación

SECCIÓN SEGUNDA. RÉXIME DO SOLO URBANIZABLE

Art. 3.4.3. Réxime

Art. 3.4.4. Desenvolvemento do solo urbanizable delimitado

Art. 3.4.5. Aproveitamentos tipo e patrimonializable

Art. 3.4.6. Reservas de solo para dotacións

Art. 3.4.7. Alcance das determinacións particulares

Art. 3.4.8. Conexión dos sectores cos sistemas xerais

CAPÍTULO 5. RÉXIME DO SOLO RÚSTICO

SECCIÓN PRIMEIRA. DEFINICIÓN, DELIMITACIÓN E RÉXIME XERAL

Art. 3.5.1. Definición e delimitación

Art. 3.5.2. Réxime xeral

SECCIÓN SEGUNDA. RÉXIME DO SOLO RÚSTICO DE ESPECIAL PROTECCIÓN

Art. 3.5.3. Réxime do solo rústico de especial protección SREP

Art. 3.5.4. Solo Rústico de Protección Agropecuaria (S.R.P.A.)

Art. 3.5.5. Solo Rústico de Protección Forestal (S.R.P.F.)

Art. 3.5.6. Solo Rústico de Protección de Augas (S.R.P.AU.)

Art. 3.5.7. Solo Rústico de Protección de Espacios Naturais (S.R.P.N.)

Art. 3.5.8. Solo Rústico de Protección Paisaxística (S.R.P.PA.)

Art. 3.5.9. Solo Rústico de Protección de Patrimonio (S.R.P.P.)

Art. 3.5.10. Solo Rústico de Protección de Infraestructuras (S.R.P.I.)

CAPÍTULO 6. RÉXIME DOS SISTEMAS XERAIS E AS DOTACIÓNS LOCAIS

SECCIÓN PRIMEIRA. RÉXIME DOS SISTEMAS XERAIS

Art. 3.6.1. Adscrición dos sistemas xerais

Art. 3.6.2. Orzamento da execución

Art. 3.6.3. Programación

Art. 3.6.4. Execución material

Art. 3.6.5. Sistema Xeral viario

SECCIÓN SEGUNDA. RÉXIME DAS DOTACIÓNS LOCAIS

Art. 3.5.6. Definición de dotacións locais

Art. 3.5.7. Modos de obtención das dotacións locais en solo urbano

Art. 3.5.8. Modos de obtención das dotacións locais en solo urbanizable

TÍTULO IV. CONDICIÓNS DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO, NATURAL E DO MEDIO-AMBIENTE

CAPÍTULO 1. A PROTECCIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO

SECCIÓN PRIMEIRA. PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

Art. 4.1.1. Determinacións xerais

SECCIÓN SEGUNDA. PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO

Art. 4.1.2. Normas xerais

Art. 4.1.3. Catálogo de protección e normas de aplicación

CAPÍTULO 2. CONDICIÓNS ESPECIAIS DO RÉXIME DE OBRAS

Art. 4.2.1. Condicións de caracter xeral

Art. 4.2.2. Condicións particulares

Art. 4.2.3. Condicións para as obras

Art. 4.2.4. Obras admitidas conforme ao nivel de protección

Art. 4.2.5. Declaración de ruína e demolición

Art. 4.2.6. Condicións especiais dos usos en edificios catalogados

Art. 4.2.7. Modificacións do Catálogo

Art. 4.2.8. Intervención en inmobles catalogados

CAPÍTULO 3. A PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE URBANO

Art. 4.3.1. Obxecto

Art. 4.3.2. Competencia dos controis ambientais no desenvolvemento do Plan

SECCIÓN PRIMEIRA. ESTUDIO DE INCIDENCIA AMBIENTAL PARA INSTRUMENTOS DO PLANEAMENTO

Art. 4.3.3. Planeamento de aplicación

Art. 4.3.4. Contido xeral do Estudio de Incidencia Ambiental

Art. 4.3.5. Procedemento

CAPÍTULO 4. REGULACIÓN DOS NIVEIS SONOROS AMBIENTAIS

SECCIÓN PRIMEIRA. DETERMINACIÓNS XERAIS

Art. 4.4.1. Obxecto

Art. 4.4.2. Ámbito de aplicación

Art. 4.4.3. Criterio de valoración

SECCIÓN SEGUNDA. ÁREAS RECEPTORAS

Art. 4.4.4. Definición e clases de áreas receptoras

Art. 4.4.5. Usos comprendidos en cada tipo de área receptora

SECCIÓN TERCEIRA. LÍMITES DOS NIVEIS SONOROS AMBIENTAIS

Art. 4.4.6. Límites de niveis sonoros ambientais

Art. 4.4.7. Zonas de actuación acústica

SECCIÓN CUARTA. COMPATIBILIDADES ENTRE USOS COLINDANTES

Art. 4.4.8. Ámbito de aplicación

Art. 4.4.9. Definición

Art. 4.4.10 Zona de servidume acústica

TÍTULO V. CONDICIÓNS DOS USOS

CAPÍTULO 1. DISPOSICIÓNS XERAIS

Art. 5.1.1. Definición.

Art. 5.1.2. Clasificación dos usos globais

Art. 5.1.3. Interpretación.

Art. 5.1.4. Locais en soto.

Art. 5.1.5. Diferentes usos nun mesmo edificio.

Art. 5.1.6. Situación dos usos.

Art. 5.1.7. Actividades permisibles.

CAPÍTULO 2. USO GLOBAL RESIDENCIAL.

Art. 5.2.1. Definición.

Art. 5.2.2. Pormenorización.

Art. 5.2.3. Vivendas con protección oficial.

Art. 5.2.4. Condicións de habitabilidade das vivendas.

Art. 5.2.5. Programa mínimo da vivenda.

Art. 5.2.6. Estudios.

Art. 5.2.7. Dimensións das pezas.

Art. 5.2.8. Vivenda exterior.

Art. 5.2.9. Aparcamentos obrigatorios.

Art. 5.2.10. Programa das vivendas de edificación colectiva

CAPÍTULO 3. USO GLOBAL INDUSTRIAL.

Art. 5.3.1. Definición.

Art. 5.3.2. Actividades.

Art. 5.3.3. Pormenorización.

Art. 5.3.4. Condicións da industria en xeral.

Art. 5.3.5. Condicións dos talleres domésticos.

CAPÍTULO 4. USO GLOBAL DE SERVICIO TERCIARIO.

Art. 5.4.1. Definición

Art. 5.4.2. Pormenorización

Art. 5.4.3. Hospedaxe

Art. 5.4.4. Comercio

Art. 5.4.5. Oficinas

Art. 5.4.6. Salas de reunión:

Art. 5.4.7. Residencia comunitaria:

CAPÍTULO 5. USO GLOBAL DE GARAxE-APARCAMENTO

Art. 5.5.1. Definición.

Art. 5.5.2. Clasificación.

Art. 5.5.3. Condicións.

Art. 5.5.4. Accesos.

Art. 5.5.5. Prazas de aparcamento.

Art. 5.5.6. Aseos.

Art. 5.5.7. Escaleiras.

Art. 5.5.8. Construcción.

Art. 5.5.9. Ventilación.

Art. 5.5.10. Calefacción.

Art. 5.5.11. Iluminación.

Art. 5.5.12. Instalacións contra incendios.

Art. 5.5.13. Desaugues.

Art. 5.5.14. Establecementos anexos aos garaxes-aparcamentos.

Art. 5.5.15. Instalación de engraxe e lavado.

Art. 5.5.16. Carga de baterías.

Art. 5.5.17. Estacións de proba de motores.

Art. 5.5.18. Subministradores de gasolina.

Art. 5.5.19. Prescricións de explotación.

Art. 5.5.20. Depósitos de vehículos usados.

Art. 5.5.21. Condicións para a apertura e posta en servicio.

Art. 5.5.22. Instalacións existentes.

CAPÍTULO 6. USO GLOBAL AGROPECUARIO

Art. 5.6.1. Definición:

Art. 5.6.2. Clasificación:

Art. 5.6.3. Condicións do uso agropecuario.

Art. 5.6.4. Aplicación de abonos.

CAPÍTULO 7. USO GLOBAL DOTACIONAL.

Art. 5.7.1. Definición:

Art. 5.7.2. Pormenorización.

Art. 5.7.3. Aplicación.

Art. 5.7.4. Compatibilidade de usos.

Art. 5.7.5. Equipamento.

Art. 5.7.6. Condicións do equipamento educativo.

Art. 5.7.7. Condicións do equipamento deportivo.

Art. 5.7.8. Condicións do equipamento relixioso.

Art. 5.7.9. Condicións doutros equipamentos.

Art. 5.7.10. Servicios urbanísticos

Art. 5.7.11. Condicións dos prazas e centros de comercio básico

Art. 5.7.12. Condicións dos servicios da Administración

Art. 5.7.13. Condicións doutros servicios urbanísticos

Art. 5.7.14. Condicións dos servicios urbanísticos.

Art. 5.7.15. Condicións dos Cemiterios.

Art. 5.7.16. Servicios infraestructurais

Art. 5.7.17. Condicións específicas das infraestructuras para o fornecemento de enerxía eléctrica.

CAPÍTULO 8. USO GLOBAL DE ESPACIOS LIBRES E ZONAS VERDES.

Art. 5.8.1. Definición.

Art. 5.8.2. Acceso aos edificios desde os parques e xardíns.

TÍTULO VI. CONDICIÓNS XERAIS DA EDIFICACIÓN

CAPÍTULO 1. DETERMINACIÓNS XERAIS

Art. 6.1.1. Definición

Art. 6.1.2. Clases de condicións

CAPÍTULO 2. CONDICIÓNS DA PARCELA EDIFICABLE

Art. 6.2.1. Parcela edificable e parcela mínima

Art. 6.2.2. Lindeiros

Art. 6.2.3. Aliñacións

Art. 6.2.4. Mazá

Art. 6.2.5. Soar

CAPÍTULO 3. CONDICIÓNS DE POSICIÓN E OCUPACIÓN DOS EDIFICIOS NA PARCELA.

Art. 6.3.1. Liña de edificación

Art. 6.3.2. Superficie ocupada

Art. 6.3.3. Ocupación máxima de parcela

Art. 6.3.4. Espacio libre privado

Art. 6.3.5. Rasantes e cotas de referencia

Art. 6.3.6. Recuamentos e separacións aos lindeiros

Art. 6.3.7. Separación entre edificios

Art. 6.3.8. Fondo edificable

Art. 6.3.9. Edificación illada

Art. 6.3.10. Edificación pareada

Art. 6.3.11. Edificación agrupada

Art. 6.3.12. Edificación cerrada.

Art. 6.3.13. Edificación aberta.

CAPÍTULO 4. CONDICIÓNS DE VOLUME.

Art. 6.4.1. Altura da edificación

Art. 6.4.2. Altura total e número de plantas

Art. 6.4.3. Altura de pisos

Art. 6.4.4. Altura libre de pisos

Art. 6.4.5. Planta

Art. 6.4.6. Sotos

Art. 6.4.7. Semisotos

Art. 6.4.8. Planta baixa

Art. 6.4.9. Entreplantas

Art. 6.4.10. Planta de piso

Art. 6.4.11. Superficie edificada por planta.

Art. 6.4.12. Superficie edificada total.

Art. 6.4.13. Coeficiente de edificabilidade

Art. 6.4.14. Patios interiores

Art. 6.4.15. Paramentos o descuberto

Art. 6.4.16. Voos de balcóns e corpos voados pechados

Art. 6.4.17. Construcción mínima

Art. 6.4.18. Voos de bordos

Art. 6.4.19. Galpóns e construccións auxiliares

CAPÍTULO 5. CONDICIÓNS DE CALIDADE DOS EDIFICIOS

Art. 6.5.1. Illamento térmico e acústico.

CAPÍTULO 6. CONDICIÓNS DE SEGURIDADE NOS EDIFICIOS

Art. 6.6.1.Protección contra incendios.

CAPÍTULO 7. CONDICIÓNS HIXIÉNICAS DOS EDIFICIOS

Art. 6.7.1. Local.

Art. 6.7.2. Local exterior.

Art. 6.7.3. Peza habitable.

Art. 6.7.4. Ventilación e iluminación de pezas habitables.

Art. 6.7.5. Patio.

Art. 6.7.6. Dimensións dos patios.

Art. 6.7.7. Medición da altura dos patios.

Art. 6.7.8. Dimensión dos patios de parcela pechados.

Art. 6.7.9. Dimensión dos patios de parcela abertos.

Art. 6.7.10. Patios mancomunados.

Art. 6.7.11. Construccións nos patios.

Art. 6.7.12. Chemineas de ventilación.

Art. 6.7.13. Portais.

Art. 6.7.14. Escaleiras

Art. 6.7.15. Cubertas dos edificios

CAPÍTULO 8. CONDICIÓNS DE DOTACIÓN DE SERVICIOS NOS EDIFICIOS

Art. 6.8.1. Auga potable.

Art. 6.8.2. Enerxía eléctrica.

Art. 6.8.3. Combustibles líquidos.

Art. 6.8.4. Telecomunicacións.

Art. 6.8.5. Servicios postais.

Art. 6.8.6. Evacuación de augas pluviais.

Art. 6.8.7. Evacuación de augas residuais.

Art. 6.8.8. Evacuación de residuos sólidos.

Art. 6.8.9. Aparatos elevadores.

Art. 6.8.10. Aparcamentos obrigatorios.

CAPÍTULO 9. CONDICIÓNS ESTÉTICAS

Art. 6.9.1. Xeneralidades

Art. 6.9.2. Cubertas

Art. 6.9.3. Bordos

Art. 6.9.4. Materiais e cores autorizados:

Art. 6.9.5. Protección dos ambientes urbanos.

Art. 6.9.6. Invariantes da arquitectura tradicional.

Art. 6.9.7. Edificios a conservar.

Art. 6.9.8. Portadas e escaparates.

Art. 6.9.9. Marquesiñas e toldos.

Art. 6.9.10. Mostras e banderíns.

Art. 6.9.11. Axardinamento de patios.

CAPÍTULO 10 CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADe

Art. 6.10.1. Supresión de barreiras arquitectónicas e urbanísticas

Art. 6.10.2. Condicións de acceso ao edificio

Art. 6.10.3. Espacios libres de parcela de acceso público

Art. 6.10.4. Portais e accesos

Art. 6.10.5. Escaleiras

Art. 6.10.6. Ramplas

Art. 6.10.7. Ascensores

Art. 6.10.8. Espacios de circulación interior

Art. 6.10.9. Sinalización

Art. 6.10.10. Prevención de incendios

Art. 6.10.11. Prevención de caídas

CAPÍTULO 11. CONDICIÓNS DOS PECHES

Art. 6.11.1. Características de posición.

Art. 6.11.2. Ríos e regatos.

Art. 6.11.3. Chafráns.

Art. 6.11.4. Tipo de peche admitido en todos os casos.

TÍTULO VII. PROCEDEMENTO

CAPÍTULO 1. CONDICIÓNS DE AUTORIZACIÓN

Art. 7.1.1. Licencias.

Art. 7.1.2. Procedemento para a solicitude de licencias de obras de nova planta.

Art. 7.1.3. Procedemento para as solicitudes de licencias de obras menores.

Art. 7.1.4. Procedemento para as solicitudes de licencias de parcelación ou reparcelación.

Art. 7.1.5. Procedemento para as solicitudes de licencias de derribo.

Art. 7.1.6. Valado de obras.

Art. 7.1.7. Beirarrúas.

Art. 7.1.8. Empates á rede de auga.

Art. 7.1.9. Empates ás redes de sumidoiros.

Art. 7.1.10. Derrubes.

Art. 7.1.11. Condicións.

Art. 7.1.12. Caducidade.

Art. 7.1.13. Execución das obras.

Art. 7.1.14. Licencia de primeira ocupación.

Art. 7.1.15. Medidas de policía.

Art. 7.1.16. Ruína.

Art. 7.1.17. Responsabilidade e sancións.

TÍTULO VIII. CONDICIÓNS PARTICULARES DA EDIFICACIÓN EN SOLO URBANO. ORDENANZAS.

CAPÍTULO 1. CONSIDERACIÓNS xerais

Art. 8.1.1. Definición.

Art. 8.1.2. División en zonas.

CAPÍTULO 2. ZONA 1ª: Residencial UNIFAMILIAR ILLADA.

Art. 8.2.1. Ordenanza de residencial unifamiliar illada

CAPÍTULO 3. ZONA 2ª. residencial UNIFAMILIAR APEGADA

Art. 8.3.1. Ordenanza de residencial unifamiliar apegada.

TÍTULO IX. CONDICIÓNS PARTICULARES DA EDIFICACIÓN EN SOLO DE NÚCLEO RURAL. ORDENANZAS.

CAPÍTULO 1. PRELIMINARES

Art. 9.1.1. Definición e ámbito

Art. 9.1.2. Regulación urbanística de Núcleo Rural

CAPÍTULO 2. ORDENANZA DO SOLO DE NÚCLEO RURAL.

Art. 9.2.1. Ámbito de aplicación:

Art. 9.2.2. Clasificación en grados

Art. 9.2.3. Usos permitidos.

Art. 9.2.4. Usos prohibidos.

Art. 9.2.5. Condicións Xerais.

Art. 9.2.6. Condicións da edificación

Art. 9.2.7. Planeamento en Núcleo Rural.

TÍTULO X. REGULACIÓN Do SOLO URBANIZABLE

CAPÍTULO 1. preliminares

Art. 10.1.1. Delimitación e ámbito

Art. 10.1.2. Aproveitamento medio e patrimonializable

Art. 10.1.3. Criterios de ordenación para o solo urbanizable

CAPÍTULO 2. CONDICIÓNS DE DESENVOLVEMENTO DO SOLO URBANIZABLE DELIMITADO

Art. 10.2.1. Regulación dos sectores de solo urbanizable delimitados

Art. 10.2.2. Desenvolvemento do solo urbanizable delimitado.

TÍTULO XI. REGULACIÓN DO SOLO RÚSTICO

CAPITULO 1. PRELIMINARES

Art. 11.1.1. Definición e ámbito

Art. 11.1.2. Regulación urbanística do solo rústico

Art. 11.1.3. Construcción e instalacións permitidas en calquera clase de solo rústico

CAPITULO 2. REGULACIÓN DO SOLO RÚSTICO

Art. 11.2.1. Delimitación e ámbito do solo rústico de protección

Art. 11.2.2. Solo Rústico de Especial Protección Agropecuaria

Art. 11.2.3. Solo Rústico de Especial Protección Forestal

Art. 11.2.4. Solo Rústico de Especial Protección de Augas

Art. 11.2.5. Especificacións relativas ao uso do dominio publico hidráulico

Art. 11.2.6. Solo Rústico de Especial Protección de Espacios Naturais

Art. 11.2.7. Solo Rústico de Especial Protección Paisaxística

Art. 11.2.8. Solo Rústico de Especial Protección de Patrimonio (arqueolóxico e arquitectónico)

Art. 11.2.9. Solo Rústico de Especial Protección de Infraestructuras

Art. 11.2.10. Condicións xerais das edificacións en Solo Rústico de Protección

Art. 11.2.11. Condicións adicionais que deben cumprir as edificacións destinadas a usos residenciais vinculados ás explotacións agrícolas ou gandeiras.

Art. 11.2.12. Condicións adicionais para outras actividades constructivas non residenciais.

Art. 11.2.13. Condicións adicionais para as edificacións afectadas polos fitos paisaxísticos e polas concas visuais paisaxísticas

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS E INSTRUMENTOS DE DESENVOLVEMENTO DO PLAN XERAL

CAPÍTULO 1. DISPOSICIÓNS XERAIS

Art. 1.1.1. Obxectos e base para a redacción do Plan Xeral

Este Plan Xeral ten por obxecto a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Toques, co fin de substituír ao vixente documento de ordenación municipal constituído pola Delimitación de Solo Urbano de 1994 e a adaptación ás determinacións das leis 9/2002 de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004 e 6/1998 de 13 de abril, sobre Réxime do Solo e Valoracións.

O Plan Xeral atende ao obxecto establecido no artigo 2 da Lei 9/2002 e polo tanto determina o réxime urbanístico do solo e a regulación da actividade administrativa con el relacionada.

O Plan xeral integra as facultades que o artigo 3.1 da Lei 9/2002 outorga ao planeamento urbanístico, e o carácter, obxecto, natureza, contido e alcance outorgadas nos artigos 52 e 53 da mesma Lei.

Art. 1.1.2. Ámbito territorial de aplicación

O ámbito de aplicación do presente Plan Xeral, é o territorio que comprende o termo municipal de Toques.

O Plan Xeral constitúe a revisión plena da ordenación urbanística no ámbito municipal e substitúe todo o planeamento e instrumentos urbanísticos anteriormente vixentes nos termos que se recollen na presente Normativa.

Art. 1.1.3. Vixencia do Plan Xeral

A entrada en vigor do Plan Xeral queda condicionada ao cumprimento do estipulado no artigo 92 da Lei 9/2002 modificada pola lei 15/2004.

A súa vixencia será indefinido mentres non se modifique ou se revise ao amparo das disposicións da lexislación vixente.

Art. 1.1.4. Efectos da aprobación do Plan Xeral

A entrada en vigor do Plan Xeral outórgalle os efectos de publicidade, executoriedade e obrigatoriedade previstos na lexislación urbanística.

A executividade do Plan Xeral implica a declaración de utilidade pública das obras nel comprendidas e da necesidade de ocupación dos terreos a efectos da mesma, aos fins de expropiación ou imposición de servidume, en especial polo que se refire ás que integran a infraestructura do territorio ordenado.

A obrigatoriedade do Plan Xeral afecta a calquera actuación ou intervención sobre o territorio, xa sexa de carácter provisional ou definitivo e significa o deber legalmente esixible do cumprimento exacto de todas e cada unha das súas determinacións, tanto pola Administración Pública en calquera das súas esferas e graos, como polos particulares administrados, xa sexan persoas físicas como xurídicas. A vixilancia e control da súa observancia obriga por igual á Administración Pública e aos particulares.

Art. 1.1.5. Circunstancias xustificativas da Revisión

De conformidade co articulo 93 da Lei 9/2002 modificada pola lei 15/2004 enténdese por revisión do Plan Xeral a adopción de novos criterios respecto da estructura xeral e orgánica do territorio ou da clasificación do solo, motivada pola elección dun modelo territorial distinto.

O Plan Xeral deberá revisarse ou adaptarse, no que proceda, cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

- Trocos na lexislación urbanística que establezan imperativo legal de revisión total ou parcial do Planeamento Xeral.

- Aprobación do planeamento de ámbito supramunicipal e/ou de rango supralocal que conteña mandato explícito de revisión total ou parcial do planeamento xeral.

- Cando, en desenvolvemento de Plans Especiais de Protección, Rehabilitación e Mellora do Medio rural, se executen operacións de caracter integral en áreas de expansión dos núcleos rurais, das indicadas no artigo 72.2 da Lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004, cunha superficie total máxima do 5% do total da superficie das áreas de expansión delimitadas, e dicir 5,33 Ha

Xustificarán a revisión deste Plan Xeral, previo o estudio correspondente:

1. O transcurso de oito anos de vixencia do mesmo.

2. A concorrencia de circunstancias de poboación, actividade ou outras que modifiquen substancialmente a Estructura Urbana e/ou os sistemas xerais previstos polo Plan.

Art. 1.1.6. Modificación do Plan Xeral

En calquera momento poderanse alterar as determinacións e elementos do Plan Xeral. Esta alteración, que encaixará na forma de Modificación Puntual do Plan Xeral, atopa, como limite último da súa capacidade de reforma do Plan Xeral, a necesidade de manter a coherencia das previsións e a ordenación daquel. A tal efecto, o proxecto de modificación deberá xustificar a necesidade da reforma proposta, así como o mantemento da coherencia interna das previsións e elementos do Plan Xeral que se modifica.

As modificacións de planeamento atópanse reguladas nos artigos 93 e 94 da lexislación do solo vixente.

Art. 1.1.7. Documentación do Plan Xeral e o seu contido

O Plan Xeral componse dos seguintes documentos:

1. MEMORIA, que define os obxectivos xerais, as conclusións da información urbanística, a xustificación do modelo territorial elixido e describe as características e previsións de futuro que establece o Plan.

2. ESTUDIO DO MEDIO RURAL que serve de base para o establecemento das medidas tendentes á conservación e mellora das súas posibilidades intrínsecas.

3. MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL no que a través das fichas análizase a estructura de cada núcleo rural do concello e as súas peculiaridades a nivel de topografía, parcelario, edificacións, usos, etc.

4. ESTUDIO DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO

5. PLANOS DE INFORMACIÓN, que reflicten o estado actual do territorio, as características xeográficas e usos do medio natural, as infraestructuras e servicios existentes e o estado e situación da edificación.

5. PLANOS XERAIS DE ORDENACIÓN, onde se definen os elementos fundamentais da estructura xeral e orgánica do territorio, a clasificación e cualificación de usos globais do solo, os sistemas xerais e as grandes infraestructuras de servicios de urbanización.

6. PLANOS DE ORDENACIÓN DETALLADA, que reflicten a división do territorio, definen a cualificación específica dos usos pormenorizados, establecen o réxime normativo concreto do solo e fixan as aliñacións do solo finalista.

7. NORMAS URBANÍSTICAS, que definen as condicións xerais e particulares de cada clase e categoría de solo e recollen o catálogo de protección.

8. ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDIO ECONÓMICO, de acordo co establecido no artigo 60 da Lei 9/2002 modificada pola lei 15/2004

9. CATÁLOGO, dos elementos que hai que protexer ou recuperar.

Art. 1.1.8. Interpretación do Plan Xeral.

1. As Normas deste Plan Xeral interpretaranse atendendo ao seu contido e con suxeición os obxectivos finais expresados na Memoria.

2. En caso de discrepancia entre os documentos gráficos e escritos, outorgarase primacía ao texto sobre o debuxo.

3. En caso de discrepancias entre documentos gráficos, terá primacía o de escala mais detallada, salvo que do texto se desprendera unha interpretación contraria.

4. Cada un dos documentos do Plan Xeral predomina sobre os demais no que respecta aos seus contidos substantivos específicos, detallados no artigo correspondente destas Normas.

5. Na interpretación do Plan prevalecerán como criterios aqueles mais cercanos á menor edificabilidade, á maior dotación para espacios públicos e á maior protección ambiental.

Art. 1.1.9. Afeccións sectoriais

O presente Plan Xeral está vinculado xerarquicamente, en todo caso, á lexislación sectorial de aplicación vixente en cada caso, ás directrices de ordenación do territorio así como ós demais instrumentos establecidos pola Lei 10/1995 de ordenación do territorio de Galicia.

Art. 1.1.10. Prazos para o cumprimento dos deberes urbanísticos

1. Os prazos para o cumprimento dos deberes urbanísticos son os seguintes:

a) En solo urbanizable:

a.1) Para a redacción e inicio da tramitación do planeamento parcial: catro anos dende a entrada en vigor do PXOM.

a.2) Para o cumprimento dos deberes de urbanización, cesión e equidistribución, o prazo será de catro anos desde a aprobación do Plan parcial, salvo que se establezan prazos inferiores no programa de actuación.

a.3) Os prazos fixados nos apartados precedentes rexerán cando non se establecesen outros distintos nos Plans de etapas do planeamento de desenvolvemento.

2. O prazo para a iniciación das obras de edificación será de seis meses e o de terminación de dous anos, computables ambos, desde a data de notificación do outorgamento de licencia ao peticionario, non podendo interromperse as obras por termo superior a seis meses.

3. En todo caso, dos prazos indicados descontarase o tempo para a realización daqueles actos e trámites que dependan da Administración, sendo sempre posible a súa prórroga cando xustificadamente se acorde.

4. De forma xenérica o prazo para a execución das obras contadas a partir da notificación da licencia será de dous anos podendo solicitarse unha prórroga da metade do período inicial debidamente motivada.

En caso de contravimento dos prazos estarase no disposto na lexislación de réxime xeral aplicable e os regulamentos que a desenvolvan.

CAPÍTULO 2. INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN

Art. 1.2.1. Obxecto

Os instrumentos de ordenación teñen por obxecto a regulación urbanística do solo a través de:

1. Instrumentos de planeamento

2. Instrumentos complementarios

Art. 1.2.2. Instrumentos de planeamento

Teñen a consideración de instrumentos de planeamento:

1. Os Plans parciais en solo urbanizable delimitado

2. Os Plans Especiais, para o solo urbano ou cos obxectivos particulares que en cada caso poidan concorrer, en calquera clase de solo.

3. Plans especiais de protección, rehabilitación e mellora do medio rural

4. Os Estudios de Detalle, para completar, adaptar ou concretar as determinacións do Plan Xeral no Solo Urbano e dos Plans parciais no solo urbanizable.

Para todo o que se refira ao contido e tramitación destes instrumentos estarase ao disposto na lexislación aplicable.

Art. 1.2.3. Instrumentos complementarios.

Os instrumentos de planeamento anteriormente relacionados poderán complementarse mediante a redacción de:

1. Normas especiais de protección, naqueles casos en que non considerándose necesaria a redacción dun Plan Especial precisase regular a conservación ou mellora de edificios, conxuntos ou elementos urbanos ou espacios naturais, acompañándoas dos catálogos dos elementos afectados.

2. Ordenanzas especiais, constituídas por todas aquelas disposicións de carácter xeral e competencia municipal que regulan aspectos relacionados coa aplicación do planeamento urbanístico, usos do solo, actividades, obras, etc., que aprobe o Concello no exercicio das competencias que lle outorga a lexislación.

3. Catálogos.

a) Cando os Plans parciais ou os Plans especiais contivesen determinacións relativas á conservación, mellora ou, en xeral, especial protección de edificios, monumentos, xardíns, parques naturais, paisaxes ou outros bens concretos, estes relacionaranse no correspondente Catálogo que se formará e aprobará co Plan.

b) Os catálogos rexistrarán os dados necesarios, literais e gráficos, para a identificación individualizada dos bens inscritos e reflectirán na inscrición as condicións de protección que a cada un deles lle corresponda por aplicación do Plan que complementen.

CAPÍTULO 3. INSTRUMENTOS DE XESTIÓN

Art. 1.3.1. Modos de xestión

A xestión das determinacións urbanísticas contidas no presente Plan Xeral poderase realizar:

1. Mediante a previa delimitación de polígonos de actuación ou sectores, para o solo urbanizable, previa ou simultánea aprobación do planeamento mais preciso, cuio desenvolvemento se realizará de acordo coas disposicións reguladoras do sistema de actuación en cada caso elixido.

2. Mediante actuacións illadas en solo urbano ben para a execución directa do Plan Xeral ou ben para a obtención de terreos dotacionais por expropiación ou ocupación directa.

Art. 1.3.2. Delimitación de áreas de reparto

O Plan Xeral delimita no solo urbanizable delimitado, as áreas de reparto para a distribución equitativa de cargas e beneficios que aparecen grafiadas nos planos de ordenación correspondentes.

Art. 1.3.3. Delimitación de polígonos de actuación

1. A execución do presente Plan Xeral, salvo os supostos de actuacións en solo urbano ou de núcleo rural de licencia directa, realizarase mediante os polígonos delimitados ou que se delimiten para o cumprimento conxunto dos deberes de cesión, equidistribución e urbanización.

2. A delimitación de polígonos conterase nos instrumentos de planeamento correspondentes, segundo a clase de solo de que se trate, suxeitándose ao procedemento de formulación dos mesmos.

Art. 1.3.4. Sistemas de actuación

1. A xestión do planeamento mediante os polígonos que se delimiten, levarase a cabo por algún dos sistemas de actuación previstos pola lexislación urbanística.

2. O Concello determinará o sistema de actuación atendendo ás determinacións que ao respecto sinala o presente Plan, e cando este non o indicara fixarase segundo as condicións e circunstancias que concorran en cada caso.

CAPÍTULO 4. INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN

SECCIÓN PRIMEIRA. DISPOSICIÓNS XERAIS

Art. 1.4.1. Clases de proxectos

1. A execución material das determinacións do Plan Xeral e dos seus instrumentos de desenvolvemento realizarase mediante proxectos técnicos ou memorias, os cales, segundo o seu obxecto, se inclúen en algunhas das seguintes clases:

a) De urbanización

b) De obras ordinarias

c) De edificación

d) Outras actuacións urbanísticas

e) De actividades

Art. 1.4.2. Condicións xerais dos proxectos técnicos

1. A efectos do exercicio da competencia municipal sobre intervención das actuacións públicas ou privadas sobre o solo, será necesario un proxecto técnico salvo o previsto no regulamento municipal de procedemento e réxime xurídico de licencias urbanísticas, subscrito por facultativo competente, visado polo Colexio Oficial correspondente, co contido e detalle que requira o seu obxecto, axustado ás prescricións establecidas nestas Normas e demais disposicións municipais ou supramunicipais de aplicación.

2. O proxecto técnico, unha vez concedida a correspondente licencia, quedará incorporado a ela como condición material da mesma. As alteracións que pretendan introducirse durante a execución das actuacións autorizadas, requirirán aprobación municipal, salvo cando se trate de meras especificacións constructivas.

3. En todos os casos deberá xustificarse que o proxecto se axusta ás disposicións reguladas vixentes sobre Accesibilidade e Eliminación de Barreiras Arquitectónicas, e en particular á Lei 8/1997, de 20 de agosto e o regulamento que a desenrola de 29 de febreiro de 2000, ademais de toda a normativa sectorial aplicable segundo o proxecto de que se trate.

SECCIÓN SEGUNDA. PROXECTOS DE URBANIZACIÓN

Art. 1.4.3. Definición e características xerais

1. Os Proxectos de Urbanización son proxectos de obras que teñen por finalidade executar os servicios e dotacións establecidos no planeamento así como a execución de sistemas xerais. Teñen por obxecto detallar e programar, coa precisión necesaria para que podan ser executadas por técnico distinto do seu autor, as obras de urbanización para levar á práctica todas as determinacións previstas neste Plan Xeral para o solo urbano e cuio desenvolvemento se realizará a través de polígonos, así como a execución integral de todas as determinacións que se conteñan nos Plans Parciais, Plans Especiais e no seu caso dos Estudios de Detalle, en relación coas determinacións correspondentes a viarios e espacios libres e para a execución dos sistemas xerais.

2. Os Proxectos de Urbanización conterán todas as obras de urbanización, ou soamente algunhas delas, cando as mesmas constitúan todas as que estivesen previstas no instrumento de planeamento que ditos proxectos desenvolvan e executen.

3. Os Proxectos de Urbanización non poderán conter determinacións sobre ordenación, réxime do solo ou edificación, nin poderán modificar as previsións do planeamento que desenvolvan, sen prexuízo de que poidan efectuar as adaptacións esixidas pola execución material das obras. Cando as adaptacións supoñan alteración que desvirtúe as determinacións sobre ordenación ou réxime do solo afectado, deberá aprobarse previa ou simultánea a correspondente modificación do planeamento.

Art. 1.4.4. Urbanización e edificación simultánea

Para a urbanización e edificación simultánea en polígonos estarase ao establecido pola Lexislación do Solo e o Regulamento de Xestión Urbanística.

SECCIÓN TERCEIRA. PROXECTOS DE OBRAS ORDINARIAS DE URBANIZACIÓN

Art. 1.4.5. Definición

Son aqueles Proxectos Técnicos que teñen por obxecto:

a) A execución de sistemas xerais.

b) A execución pola Administración das obras non incluídas en polígonos de actuación, estean ou non previstas no planeamento.

c) A adecuación das vías públicas e os servicios públicos.

SECCIÓN CUARTA. PROXECTOS DE EDIFICACIÓN

Art. 1.4.6. Definición

Entendese como Proxecto de Edificación o conxunto de documentos que definan as actuacións que se van realizar con suficiente detalle para permitir á Administración coñecer o obxecto das mesmas e decidir se é axustado ou non á normativa urbanística aplicable e en particular ás condicións de aproveitamento previstas, á seguridade, á salubridade, á habitabilidade e á accesibilidade.

A redacción destes proxecto técnicos cumprirán o especificado ao respecto no Regulamento de Disciplina Urbanística de Galicia.

Art. 1.4.7. Clases de obras de edificación

As obras de edificación intégranse nos grupos seguintes:

a) Obras nos edificios

b) Obras de demolición

c) Obras de nova edificación

Art. 1.4.8. Obras nos edificios

1. Son aquelas que se efectúan sobre edificios, sen alterar as posicións das súas fachadas e cubertas, que definen o volume da edificación, excepto as salvedades que se indican en cada tipo de obras respecto á súa capacidade para variar algún de ditos elementos. Segundo afecten a todo o edificio ou parte do mesmo, terán carácter xeral, parcial ou puntual.

2. A efectos destas Normas e para delimitar o alcance dos diferentes tipos de obra, defínese como morfoloxía dun edificio ou características morfolóxicas, a composición volumétrica xeral do edificio, os accesos e núcleos de comunicación vertical, a disposición da estructura xeral e a configuración das súas plantas. Así mesmo, entenderase que a envolvinte dun edificio está constituída por todas as súas fachadas e cubertas.

3. Inclúense, dentro das obras nos edificios os seguintes tipos, que poderán presentarse individualmente ou asociados entre si:

a) Obras de restauración: teñen por obxecto a restitución dun edificio, ou de parte do mesmo, ás súas condicións ou estado orixinal. Dita situación ou estado orixinal atoparase suficientemente documentado. Poderá comprender, así mesmo as obras complementarias que coadxuden a dito fin.

b) Obras de conservación: son aquelas cuia finalidade é a de manter ao edificio en correctas condicións de salubridade, habitabilidade, confortabilidade e ornato, sen alterar as súas características morfolóxicas ou distribución.

c) Obras de consolidación: son aquelas que teñen por obxecto o afianzamento, reforzo ou substitución de elementos danados para asegurar a estabilidade do edificio, con posibles alteracións menores da súa estructura e distribución.

d) Obras de rehabilitación: serán consideradas como rehabilitación todas aquelas intervencións sobre un edificio que melloren as súas condicións de salubridade, habitabilidade, confortabilidade, seguridade e ornato, ou modifiquen a súa distribución ou alteren as súas características morfolóxicas e distribución interna. Comprendidas dentro da rehabilitación atópase:

d.1) Obras de acondicionamento: son aquelas que melloran as condicións de habitabilidade dun edificio ou de parte do mesmo mediante a introducción de novas instalacións, a modernización das existentes ou a redistribución do seu espacio interior, non podendo variar o número de vivendas ou locais existentes nin intervir sobre as características morfolóxicas ou estructura portante, nin alterar a envolvinte do edificio.

Poderá autorizarse a apertura de novos ocos e a modificación dos existentes, sempre que así o contemple a normativa específica de aplicación.

d.2) Obras de reestructuración: son aquelas que afectan ás súas condicións morfolóxicas, podendo variar o número de vivendas ou locais existentes, e poden ser:

- Reestructuración Parcial: aquelas obras que inclúen algún de los seguintes puntos:

- Trocos na distribución mediante a apertura puntual de ocos de paso en muros.

- O cumprimento da Normativa contra incendios mediante a construcción de pasos e vías de evacuación.

- A instalación de ascensores.

- Construcción de entreplantas.

- Cobertura e forxado de patios pechados de dimensións inferiores ao cincuenta por cento das establecidas na norma de aplicación.

- Demolición e nova construcción de núcleos de comunicación vertical.

- Apertura de patios ou incremento do espacio libre de parcela, de acordo coas dimensións establecidas pola ordenanza de aplicación para edificios non catalogados.

A execución destas obras queda sempre condicionada ao cumprimento das condicións específicas de catalogación e a non aumentar a edificabilidade máxima permitida.

- Reestructuración Xeral: terán este carácter todas aquelas obras nos edificios que excedan anteriormente exposto, sendo consideradas de reestructuración total no caso de valeiramento do edificio con mantemento de fachada recainte á vía ou a espacio libre de uso público.

As obras de Reestructuración Xeral someterase ás condicións de obra de nova edificación.

e) Obras exteriores: son as obras que afectan, de forma puntual ou limitada, ás fachadas e cubertas dos edificios, modificando a súa configuración exterior sen afectar á volumetría. Comprende a modificación de ocos, ritmos, tratamentos ou materiais, a substitución dos elementos de peche ou ós seus materiais, a implantación de elementos fixos exteriores con ou sen afectación estructural, mostras, marquesiñas e escaparates.

Art. 1.4.9. Obras de demolición

Son aquelas que se realizan para facer desaparecer un edificio ou parte do mesmo polo que se dividen en:

a) Demolición total: cando supoña a desaparición completa dun edificio, aínda que na parcela sobre a que estivese implantado permanezan outros edificios, sempre que estes poidan seguir funcionando independentemente.

b) Demolición parcial: cando soamente se elimine parte dunha edificación.

Art. 1.4.10. Obras de nova edificación

1. Comprenden os seguintes tipos de obra:

a) Obras de substitución: son aquelas nas que se derriba unha edificación existente e no seu lugar constrúese unha nova.

b) Obras de nova planta: son aquelas mediante as cales se edifica un soar libre de edificación.

c) Obras de ampliación: son aquelas nas que se incrementa a ocupación ou o volume construídos.

d) Obras especiais: son aquelas obras de características particulares que só se poden realizar no caso de que sexan esixidas pola propia Normativa aplicable, establecéndose dous grupos:

d.1) Obras de reconstrucción: son as que teñen por obxecto a reposición mediante nova construcción dun edificio preexistente no mesmo lugar e posición, total ou parcialmente desaparecido, reproducindo fielmente as súas características morfolóxicas. Só se contemplan este tipo de obras en edificios sometidos a algún réxime de protección que as esixa, ficando exentas do cumprimento das condicións de nova planta que as imposibiliten, aínda que non das de seguridade.

d.2) Obras de recuperación tipolóxica: son aquelas obras de nova edificación que deben realizarse de acordo cun modelo tipolóxico preestablecido polo planeamento. Estas obras virán impostas na normativa correspondente, segundo casos específicos.

SECCIÓN QUINTA. PROXECTOS DE OUTRAS ACTUACIÓNS URBANÍSTICAS

Art. 1.4.11. Definición e clases

Ós efectos destas Normas, enténdese por outras actuacións urbanísticas aquelas outras construccións, ocupacións, actos e formas de afectación do solo, do voo ou do subsolo, que non estean incluídas nas seccións anteriores.

Estas actuacións urbanísticas que, segundo os casos, poderán estar definidas mediante proxecto técnico ou memoria, intégranse nos seguintes subgrupos:

1. Actuacións estables: cando a súa instalación haxa de ter carácter permanente ou duración indeterminada. Comprenden este subgrupo, a título enunciativo, os conceptos seguintes:

a) Movementos de terra non afectos a obras de urbanización ou edificación, incluídas a construcción de piscinas e a apertura de pozos.

b) O acondicionamento de espacios libres de parcela e a execución de vaos de acceso de vehículos.

c) Pechamentos exteriores de terreos ou modificación dos existentes.

d) Tala de árbores e a plantación de masas arbóreas.

e) Instalacións lixeiras de carácter fixo, propias dos servicios públicos ou, actividades mercantís na vía pública, tais como cabinas, quioscos, puntos de parada de transporte, postes, etc.

f) Recintos e outras instalacións fixas propias de actividades ao ar libre recreativas, deportivas, de acampada, etc., sen prexuízo dos proxectos complementarios de edificación ou urbanización que, no seu caso, requiran.

g) Soportes publicitarios exteriores, incluídos todos os que non estean en locais pechados.

h) Instalacións exteriores, propias das actividades extractivas, industriais ou de servicios, non incorporadas a proxectos de edificación.

i) Vertedoiros de residuos ou escombros. Definidos mediante memoria.

j) Instalacións de depósito ou almacenamento ao ar libre, incluídos os depósitos de auga e de combustibles líquidos e gasosos, e os parques de combustíbeis sólidos, de materiais e de maquinaria.

k) Usos e instalacións ou construccións que afecten ao voo das construccións do viario ou dos espacios libres, tais como tendidos aéreos de cables e conduccións, antenas, teleféricos, ou outras montaxes e instalacións sobre os edificios alleos ao servicio normal de estes e non previstos nas seus proxectos orixinarios.

2. Actuacións provisionais: entendendo por tais as que se acometan ou establezan por tempo limitado ou en precario, e a título enunciativo as seguintes:

a) Valados de obras e soares. Definidos mediante memoria.

b) Sondaxes de terreos. Definidos mediante memoria.

c) Apertura de zanxas e catas.

d) Instalación de maquinaria, estadas e apeos. Definidos mediante memoria.

e) Ocupación de terreos por feirais, espectáculos ou outros actos comunitarios ao ar libre. Definidos mediante memoria.

f) Implantación de alpendres prefabricados ou desmontables e similares. Definidos mediante memoria.

g) Ocupación para aparcamentos provisionais en soares vacantes.

Art. 1.4.12. Condicións dos proxectos

Os proxectos a que se refire esta sección ateranse, ás especificacións requiridas polas regulamentacións técnicas específicas da actividade de que se trate e aos contidos destas Normas.

SECCIÓN SEXTA. PROXECTO DE ACTIVIDADES (PROXECTO DE INSTALACIÓN DE ACTIVIDADES)

Art. 1.4.13. Definición

Enténdense por proxecto de actividades aquel documento técnico que, de acordo co regulado nas presentes Normas Urbanísticas e demais disposicións municipais e da Xunta vixentes, contén as determinacións suficientes para resolver a instalación das actividades, referidas ás características técnicas das instalacións previstas para o desenvolvemento das actividades.

TÍTULO II. INTERVENCIÓN MUNICIPAL NA EDIFICACIÓN E USO DO SOLO, E INCIDENCIA DO PLANEAMENTO SOBRE AS SITUACIÓNS EXISTENTES

CAPÍTULO 1. ACTOS SUXEITOS A LICENCIA MUNICIPAL

Art. 2.1.1. Actuacións suxeitas a licencia

Están suxeitos a licencia urbanística todos aqueles actos recollidos na lexislación estatal e autonómica vixente, en especial os indicados no artigo 10 do Regulamento de Disciplina Urbanística de Galicia e, en xeral, calquera actuación sobre o solo, o voo ou o subsolo regulado neste Plan e que non se exclúa da necesidade de licencia.

Art. 2.1.2. Procedemento e réxime xurídico das licencias

O procedemento e réxime xurídico das licencias urbanísticas de toda clase adecuarase os contidos da lexislación do solo vixente así como do Regulamento de Disciplina Urbanística de Galicia e será obxecto de regulación detallada polas normas de tramitación establecidas nas Ordenanzas Municipais.

Art. 2.1.3. Ordenanzas Municipais

Ós efectos desta Normativa considéranse Ordenanzas Municipais as disposicións de carácter xeral e de competencia ordinaria municipal que regulan aspectos relacionados coa aplicación do planeamento urbanístico e usos do solo, as actividades, as obras e os edificios. Inclúense neste concepto:

1. As Ordenanzas Municipais complementarias definidas nestas Normas.

2. As que se atopan aprobadas polo Concello no que non se opoña ao establecido nesta Normativa.

3. As que poida aprobar o Concello no exercicio das competencias que a lexislación outorga.

Art. 2.1.4. Prazos para o cumprimento dos deberes urbanísticos.

De conformidade co contido da lexislación do solo, os prazos para o cumprimento dos deberes urbanísticos son os seguintes:

1. No Solo de Núcleo Rural, nos supostos de redacción do Plan especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural:

- Para o cumprimento dos deberes de cesión, urbanización e equidistribución, o prazo será de catro anos desde a delimitación do polígono.

- Para a solicitude de licencia de edificación, o prazo será de catro anos, prorrogable por outros dous por causas xustificadas, desde a recepción das obras e servicios urbanísticos polo Concello

2. En Solo Urbanizable:

- Para a redacción do planeamento parcial e o inicio da tramitación o prazo será de catro anos dende a entrada en vigor do PXOM

- Para o cumprimento dos deberes de urbanización, cesión e equidistribución, o prazo será de catro anos desde a aprobación do Plan Parcial.

- Os prazos fixados nos parágrafos anteriores rexerán cando non se establecesen outros prazos inferiores nos Plans de etapas de planeamento parcial.

O prazo para a iniciación das obras de edificación será de seis meses desde a data de notificación do outorgamento de licencia ao peticionario.

En todos os casos, dos prazos indicados descontarase o tempo para a realización daqueles actos ou trámites que dependen da administración.

Todo iso sen prexuízo de prazos menores fixados na lexislación vixente.

CAPÍTULO 2. DEBERES DE USO, CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN

SECCIÓN PRIMEIRA. DEREITOS E DEBERES DA PROPIEDADE DO SOLO.

Art. 2.2.1. Supeditación ao planeamento urbanístico

A utilización do solo, en especial a súa urbanización e edificación, e o exercicio das facultades urbanísticas da propiedade inmobiliaria, produciranse con amaño ao contido da lexislación urbanística e demais normativa aplicable, e de conformidade coas determinacións do Plan Xeral e dos instrumentos urbanísticos que o desenvolvan ou complementen.

A ordenación do solo non confire dereitos indemnizatorios, de acordo coa lexislación vixente, salvo se se dese algún dos supostos seguintes: dispor de licencia, estar afectado por vinculación singular ou tratarse de gastos incorridos no cumprimento de deberes urbanísticos.

Art. 2.2.2. Aproveitamento urbanístico

Con amaño ao disposto na lexislación urbanística, cada parcela só é susceptible do aproveitamento que determina o Plan Xeral ou, en virtude do mesmo, os instrumentos de planeamento que o desenvolvan.

O Solo Rústico carece de aproveitamento urbanístico, sen prexuízo das obras ou actuacións que sobre el puidesen autorizarse en función do establecido nos artigos correspondentes da lexislación do solo ou neste Plan.

Os Solos Urbanizables delimitados terán o aproveitamento que lles correspondese en función das determinacións de planeamento e da área de reparto en que estean incluídos.

Son requirimentos indispensables para a consolidación do aproveitamento urbanístico:

- A aprobación definitiva do instrumento de planeamento que deba desenvolver ao Plan Xeral.

- O cumprimento dos deberes de cesión, equidistribución e urbanización que fosen aplicables en cada caso concreto.

Art. 2.2.3. Deberes básicos dos propietarios

Os propietarios de toda clase de terreos e edificacións deberán cumprir as condicións de uso, seguridade, salubridade e ornato público establecidas na lexislación do solo.

Os propietarios de terreos aos que o Plan Xeral atribuíse aproveitamento urbanístico, deberán incorporarse ao proceso urbanizador e edificatorio nas condicións definidas polo planeamento e, no seu caso, quedan suxeitos aos seguintes deberes:

- Costear e, no seu caso, executar a urbanización.

- Ceder os terreos destinados a dotacións públicas.

- No seu caso, ceder os terreos en que se localice o aproveitamento correspondente ao Concello.

- Solicitar licencia de edificación, previo cumprimento dos deberes urbanísticos correspondentes.

- Edificar de acordo cos contidos fixados na licencia.

Os deberes dos propietarios de solo ou edificacións inclúen, en calquera clase de solo:

- Destinar os predios aos usos previstos no planeamento, con exclusión de todo uso prohibido, incompatible ou non autorizado.

- Conservar as construccións, terreos e plantacións nas debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato público.

- Respectar as servidumes establecidas para todo tipo de infraestructura e outros elementos básicos.

- Cumprir as normas sobre protección do medio ambiente e/ou patrimonio histórico, arquitectónico ou cultural.

Art. 2.2.4. Dereitos básicos dos propietarios.

As facultades urbanísticas do dereito de propiedade relativas ó uso do solo, subsolo e voo, e en especial a súa urbanización e edificación, exerceranse dentro dos límites e co cumprimento dos deberes establecidos na lexislación do solo e no presente planeamento, de acordo coa clasificación urbanística dos predios, asegurando que se utilice en congruencia coa utilidade pública e función social da propiedade, garantindo o cumprimento das obrigacións e cargas legalmente establecidas e coordinadamente coa lexislación sectorial.

Art. 2.2.5. Dereitos de realoxo e retorno

Cando a execución do planeamento requirise o desaloxo dos habitantes legais dun inmoble que constitúa a súa residencia habitual estarase no regulado na lexislación do solo vixente, sen prexuízo dos demais dereitos ou condicionantes que, en cada caso, resultasen aplicables en función da propia Lei do Solo, da Lei de Expropiación Forzosa ou demais Normativa aplicable.

SECCIÓN SEGUNDA. DEBERES DE USO

Art. 2.2.6. Destino dos terreos e construccións

Os propietarios de toda clase de terreos e construccións deberán destina-los efectivamente ao uso en cada caso establecido polo Plan.

Art. 2.2.7. Determinación do uso dos terreos e construccións

O uso dos terreos e construccións está determinado nos planos C-01 a C-19 de "Clasificación Xeral do solo e Sistemas Xerais" así como nos planos pormenorizados tanto do solo urbano como dos núcleos rurais, correspondente ás distintas clases e categorías de solo.

Art. 2.2.8. O réxime dos usos

O réxime dos usos virá determinado:

1. En calquera caso, pola lexislación directamente aplicable

2. No seu defecto, polas condicións xerais sobre os usos contidas nas presentes Normas:

a) No solo urbano polas ordenanzas.

b) En solo de núcleo rural pola presente Normativa ou polos Plans Especiais de Protección Rehabilitación e Mellora do Medio Rural.

c) En Solos Urbanizables, polos Plans Parciais

d) En solo rústico, pola Lei do Solo, polas presentes Normas e polos Plans Protección, Rehabilitación e Mellora do Medio Rural.

SECCIÓN TERCEIRA. DEBER DE CONSERVACIÓN

Art. 2.2.9. O deber de conservación

1. Os propietarios de edificacións, urbanizacións, terreos e instalacións permanentes ou temporais de calquera tipo teñen o deber de conservación conforme se establece no artigo 9 da LOUPMRG e no 24 do Regulamento de Disciplina Urbanística.

2. Para a conservación e rehabilitación dos elementos sometidos a algún réxime de protección estarase ao disposto no Título IV destas Normas e na lexislación aplicable.

Art. 2.2.10. Contido do deber de conservación

1. Considéranse contidas no deber de conservación:

a) As actuacións que teñan por obxecto manter os terreos, urbanizacións, edificios, e instalacións en estado de seguridade, salubridade e ornato público. En tais actuacións incluiranse, en todo caso, as necesarias para asegurar o correcto uso e funcionamento dos servicios e elementos propios das construccións e a reposición habitual dos compoñentes de tais elementos ou instalacións.

b) As obras en edificios que, sen exceder no seu custe de execución do cincuenta por cento do valor actual do inmoble, excluído o valor do solo e sempre que o mesmo non se atope en situación de fora de ordenación absoluta, repoñan as construccións e instalacións ás súas condicións preexistentes de seguridade e/ou salubridade, reparando ou consolidando os elementos danados que afecten á súa estabilidade ou sirvan ao mantemento das súas condicións básicas de uso, e igualmente aquelas que teñan por obxecto dotar ao inmoble das condicións mínimas de seguridade, salubridade e ornato definidas nas presente Normativa.

2. En tanto a urbanización non sexa recibida definitivamente polo Concello, a súa conservación, mantemento e posta en perfecto funcionamento das instalacións e servicios urbanísticos, serán de conta e con cargo á entidade promotora daquela ou, no seu caso corresponderá aos adquirintes dos terreos.

3. O mantemento e conservación dos espacios privados interiores corresponderá aos propietarios das parcelas ás que fiquen vinculados.

Art. 2.2.11. Condicións mínimas de seguridade, salubridade e ornato

1. En urbanizacións cuio mantemento e conservación corresponda aos propietarios, estes serán responsables do mantemento das acometidas de redes de servicio en correcto estado de funcionamento, así como das calzadas, beirarrúas, redes de distribución e servicio, da iluminación e dos restantes elementos que configuren a urbanización.

2. En construccións:

a) Condicións de seguridade: as edificacións deberán manterse, nos seus pechamentos e cubertas estancas ao paso da auga, contar coa protección da súa estructura fronte á acción do lume e manter en bo estado os elementos de protección contra caídas. Os elementos da súa estructura deberán conservarse de modo que garantan o cumprimento da súa misión resistinte, defendéndoos dos efectos da corrosión e axentes agresores, así como das filtracións que poidan lesionar as cimentacións. Deberán conservarse, así mesmo, os materiais de revestimento de fachadas, cubertas e pechamentos de modo que non ofrezan risco ás persoas e aos bens.

b) Condicións de salubridade: deberá manterse o bo estado das redes de servicio, instalacións sanitarias, condicións de ventilación e iluminación, de modo que se garanta a súa aptitude para o uso a que estean destinadas e o seu réxime de utilización. Manterán tanto o edificio como os seus espacios libres con un grao de limpeza que impida a presencia de insectos, parasitos, roedores ou animais vagabundos que poidan ser causa de infeccións ou perigo para as persoas. Conservarán en bo estado de funcionamento os elementos de reducción e control de emisións de fumes e partículas.

c) Condicións de ornato: a fachada das construccións deberá manterse adecentada, mediante a limpeza, pintura, reparación ou reposición dos seus materiais de revestimento.

3. En soares non edificados:

a) Valado: todo soar deberá estar pechado mediante un vao dos determinados nas presentes Normas e que en todo caso estará carente de elementos punzantes, cortantes ou outros que poidan causar dano a persoas ou animais.

b) Tratamento da superficie: protexeranse ou eliminarán os pozos, desniveis, así como todo tipo de elementos que poidan ser causa de accidentes.

c) Limpeza e salubridade: o soar deberá estar permanentemente limpo e en condicións de salubridade.

Art. 2.2.12. Ordes de execución

En aplicación da lexislación do solo, o Concello poderá dictar ordes de execución para o cumprimento do deber de conservación. O seu contravimento carreará a execución substitutoria e imposición de sancións legais.

Art. 2.2.13. Conservación específica do patrimonio cultural

A declaración dun inmoble ou dalgún dos seus elementos como Ben de Interese Cultural, ou a súa inclusión no catálogo do Plan Xeral, comporta para os seus propietarios a obriga da súa conservación, protección e custodia para asegurar a súa integridade e evitar a súa perda, destrucción ou deterioro.

O custe das obras necesarias para o cumprimento do deber de conservación do patrimonio cultural é imputable aos propietarios, posuidores e demais titulares de dereitos reais, e á administración na parte que, no seu caso, lle corresponda.

Art. 2.2.14. Destino provisional de soares non edificados

1. En todos os terreos que teñan a consideración de soar, ata o momento en que para o mesmo se outorgue licencia de edificación, poderá autorizarse, con carácter provisional, os usos de carácter público que se indican a continuación:

a) De descanso e estancia de persoas.

b) De recreo para a infancia.

c) De esparexemento con instalacións provisionais de carácter desmontable.

2. O Concello poderá igualmente autorizar ao propietario a destinar o soar a aparcamento de vehículos, previo a súa preparación para tal uso.

3. O propietario poderá concertar con outras persoas o destino do soar, con carácter provisional, para os fins expresados nos apartados anteriores. Ao efecto dos usos de descanso e expansión alá sinalados, poderanse situar quioscos de bebidas, aparellos de feira e calquera outras instalacións provisionais de tipo similar.

4. A dedicación do soar a estes usos provisionais non impide a aplicación ao mesmo do réxime legal de edificación forzosa.

5. Tais usos e instalacións haberán de demolerse cando o acordara o Concello sen dereito a indemnización, e a autorización provisional aceptada polo propietario deberá inscribirse no Rexistro da Propiedade.

CAPÍTULO 3. INCIDENCIA DO PLANEAMENTO SOBRE AS SITUACIÓNS EXISTENTES

Art. 2.3.1. Edificios fora de ordenación

Os edificios existentes erixidos con anterioridade á Aprobación Definitiva do planeamento urbanístico que resultaren desconformes co mesmo, serán cualificados como fora de ordenación de acordo coa lexislación do solo.

Art. 2.3.2. Clases de situacións de fora de ordenación

O presente Plan Xeral, aos efectos de determinar o réxime de obras permisibles, diferencia dous graos para a situación de fora de ordenación:

1. Fora de ordenación absoluta: que terá lugar naqueles edificios que ocupen solo afecto a dotacións públicas, de carácter xeral ou local, desconformes coas mesmas ou en aqueles nos que o uso característico e compatible ou a tipoloxía edificatoria non se contemplan na ordenanza de aplicación correspondente.

2. Fora de ordenación relativa: que terá lugar naqueles edificios nos que a desconformidade se produce por causas distintas das sinaladas no apartado precedinte.

Art. 2.3.3. Réxime de obras e de usos nos edificios en situación de fora de ordenación

1. Nos edificios existentes en situación de fora de ordenación absoluta:

a) Nos edificios que se atopen en situación de fora de ordenación absoluta suxeitaranse ao réxime de obras directamente disposto na lexislación do solo, non establecéndose réxime alternativo algún no presente Plan Xeral.

b) As actividades existentes poderán manterse ata que se produza a expropiación, demolición ou substitución da edificación. Non se concederán licencias para unha nova implantación, ou cambio de actividades ou reinicio de expedientes de licencias anteriormente caducadas.

2. En edificios existentes en situación de fora de ordenación relativa:

a) Ademais das obras directamente admitidas pola lexislación aplicable, poderanse realizar as obras nos edificios permitidas na ordenanza correspondente, salvo as de reestructuración que afecten a mais do cincuenta por cento da superficie edificada do edificio.

b) As obras de nova edificación deberán someterse ás condicións establecidas na normativa aplicable.

c) Salvo determinación en contra da ordenanza correspondente, admítese a nova implantación e mudo de usos ou actividades.

3. En ambos casos permitiranse as obras directamente dirixidas a eliminar as causas determinantes da situación de fóra de ordenación.

Art. 2.3.4. Réxime transitorio das edificacións en construcción ou con licencia concedida á entrada en vigor do planeamento desconformes con este.

En solo urbano as edificacións que á entrada en vigor do presente planeamento se achasen aínda en construcción ou non a iniciasen, e sexan desconformes co presente planeamento atoparanse en réxime de fóra de ordenación transitoria, segundo o cal serán permitidas as obras para as cales foi concedida a licencia no seu día. Ó remate das mesmas, en caso de que a edificación resultante fose desconforme coa ordenanza prevista, pasará a estar englobada nun dos réximes de fora de ordenación antes expostos. O prazo máximo para o remate das obras será o fixado na correspondente concesión de licencia ou no seu defecto polo indicado na LOUPMRG, transcorrido o cal a licencia quedará sen efecto. Estas obras deberán iniciarse, rematarse ou non interromperse nos prazos máximos fixados, de tal xeito que a caducidade da licencia concedida implicará a non aplicación do presente artigo.

En solo rústico e de núcleo rural estarase ao disposto na lexislación do solo vixente.

Art. 2.3.5. Edificacións existentes en solo de núcleo rural e solo rústico

As edificacións existentes en solo de núcleo rural e solo rústico rexeranse integramente polo disposto na Lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004.

TÍTULO III. RÉXIME URBANÍSTICO DO SOLO

CAPÍTULO 1. DIVISIONS URBANÍSTICAS DO SOLO

Art. 3.1.1. Por razón da clasificación do solo

1. O Plan Xeral divide o territorio municipal, dependendo da súa incorporación ou non ao proceso urbanístico e da situación de feito concorrente, nas seguintes clases de solo:

a) Solo urbano. O solo urbano aparece delimitado nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais" e CU-1 e CU-2 "Ordenación do Solo Urbano" e se regula no Capítulo 2 do presente Título III.

b) Solo de núcleo rural, delimitado polo Plan Xeral nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais" así como nas fichas correspondentes do modelo de asentamento poboacional e de ordenación dos núcleos rurais, regulase no Capítulo 3.

c) Solo Urbanizable, delimitado polo Plan Xeral nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais" e C-Z "Sectores e áreas de solo urbanizable delimitado e non delimitado", regulase no Capítulo 4.

d) Solo rústico, no que se distinguen as seguintes categorías:

- Solo Rústico de Protección Agropecuaria (S.R.P.A.)

- Solo Rústico de Protección Forestal (S.R.P.F.)

- Solo Rústico de Protección de Augas (S.R.P.AU.)

- Solo Rústico de Protección de Espacios Naturais (S.R.P.N.)

- Solo Rústico de Protección Paisaxística (S.R.P.PA)

- Solo Rústico de Protección de Infraestructuras (S.R.P.I.)

- Solo Rústico de Protección del Patrimonio (S.R.P.PT.)

A delimitación xeral do solo rústico aparece fixada nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais". O solo rústico se regula no Capítulo 5 deste Título III.

Art. 3.1.2. Por razón da súa consideración como terreos dotacionais

1. Teñen consideración de terreos dotacionais aqueles elementos da ordenación urbanística que se atopen ao servicio das necesidades da poboación e que poidan ser encadrables en calquera dos dous apartados seguintes:

a) Sistemas xerais: son os terreos dotacionais que, como elementos fundamentais da ordenación urbanística do termo municipal, integran a estructura xeral e orgánica do territorio.

Os sistemas xerais son:

- Espacios libres (ELX)

- Zonas Verdes (ZVX)

- Administrativo (ADX)

- Cemiterio (CEX)

- Comercial (CMX)

- Deportivo (DPX)

- Docente (DCX)

- Relixioso (REX)

- Sanitário-asistencial (SAX)

- Servicios (SRX)

- Socio-cultural (SCX)

O réxime xurídico do solo de sistemas xerais é o regulado no capítulo 6 do presente título.

b) Dotacións locais: son os terreos dotacionais que non forman parte da estructura xeral e orgánica do territorio e que se atopan ao servicio do sector, polígono, parroquia ou ámbitos territoriais equivalentes.

Os sistemas locais son:

- Espacios libres (ELL)

- Zonas Verdes (ZVL)

- Cemiterio (CEL)

- Deportivo (DPL)

- Docente (DCL)

- Relixioso (REL)

- Socio-cultural (SCL)

O réxime xurídico das dotacións locais é o regulado no Capítulo 6 deste Título III.

Art. 3.1.3. Por razón da cualificación do solo

1. Mediante a cualificación do solo, o Plan Xeral determina a asignación zonal dos usos urbanísticos e regula o réxime destes con carácter global para todas as clases de solo e con carácter pormenorizado para as áreas en solo urbano e núcleo rural de ordenación directa.

A pormenorización dos usos nos solos urbanizables suxeitos ao desenvolvemento da ordenación, é función propia do planeamento parcial e especial correspondinte.

2. Por razón da súa aptitude urbanística diferéncianse os seguintes usos:

a) Usos cualificados

b) Usos non cualificados

3. As definicións e clasificación dos usos, as condicións particulares dos usos cualificados, o réxime dos usos compatibles, a contemplación dos usos en función da súa natureza o réxime de relación entre eles aparecen regulados no Título V das presentes Normas.

4. A delimitación das zonas e o sinalamento especial dos usos figuran para o solo urbano nos planos e CU-1 e CU-2 "Ordenación do Solo Urbano".

Art. 3.1.4. Por razón do planeamento aplicable

1. Tanto nas diferentes clases de solo suxeitas ao proceso de desenvolvemento urbano, como no solo de sistemas xerais, se diferencian as seguintes situacións e o planeamento aplicable ás mesmas:

a) No solo urbano, ordenado de modo directo cuio desenvolvemento ven posibilitado pola aplicación das determinacións tanto básicas como de detalle fixadas polo Plan Xeral para a zona de que se trate.

b) No solo de núcleos rurais: Delimítanse os solos de núcleos rurais establecendo as condicións para a redacción do planeamento especial.

c) No solo urbanizable delimitado: sectores de solo urbanizable pendentes de desenvolvemento por medio dos Plans Parciais correspondentes, de iniciativa pública ou concertados coa iniciativa privada.

CAPÍTULO 2. RÉXIME DO SOLO URBANO

SECCIÓN PRIMEIRA. DETERMINACIÓNS XERAIS

Art. 3.2.1. Definición

1. Teñen a consideración de solo urbano:

a) Aqueles terreos que o Plan Xeral así clasifica por contar con acceso rodado público e cos servicios de fornecemento de auga, evacuación de augas residuais e subministro de enerxía eléctrica, proporcionados mediante as correspondentes redes públicas con características axeitadas para servir á edificación existente e á permitida polo planeamento. A estes efectos, os servicios construídos para a conexión dun sector de solo urbanizable, as vías perimetrais dos núcleos urbanos, as vías de comunicación entre núcleos, as estradas e as vías da concentración parcelaria non servirán de suporte para a clasificación como urbanos dos terreos adxacentes, salvo cando estean integrados na malla urbana.

b) Que, aínda carecendo de algúns dous servicios citados no apartado anterior, estean comprendidos en áreas ocupadas pola edificación, alomenos nas dúas terceiras partes dos espacios aptos para ela, segundo a ordenación que o Plan xeral estableza.

Art. 3.2.2. Delimitación

A delimitación de solo contense nos planos CU-1 e CU-2 "Ordenación do Solo Urbano".

O Solo Urbano regulase polas correspondentes Ordenanzas contidas na presente normativa.

No caso dunha parcela ubicada entre dúas cualificacións, para as cales rexen condicións distintas de parcela mínima, edificabilidade e ocupación, serán de aplicación aqueles parámetros da zona onde se ubica a edificación.

Art. 3.2.3. Aproveitamento real e aproveitamento susceptible de apropiación

1. O aproveitamento real ou permitido polo planeamento é o que se deriva da aplicación directa e inmediata da ordenación urbanística, isto é, a superficie edificable que resulta da aplicación das determinacións que sobre cantidade ou intensidade dun uso e tipoloxía establece o planeamento para un terreo determinado. O Plan Xeral define este aproveitamento mediante algún destes sistemas:

a) Índice de edificabilidade por superficie de parcela

b) En función de ordenación específica directa

c) Por aplicación de parámetros formais limitativos ou outros.

2. O aproveitamento susceptible de apropiación ou patrimonializable por un propietario é aquel que lle recoñece a lei en función do dereito de propiedade que ostenta sobre unha parcela determinada, independentemente do aproveitamento real que o Plan Xeral establece para a mesma.

CAPÍTULO 3. RÉXIME DO SOLO DE NÚCLEO RURAL

SECCIÓN PRIMEIRA. DEFINICIÓN E DELIMITACIÓN

Art. 3.3.1. Definición

Constitúen o solo de núcleo rural os terreos que serven de suporte a un asentamento de poboación singularizado en función das súas características morfolóxicas, tipoloxía tradicional das edificacións, vinculación coa explotación racional dos recursos naturais ou de circunstancias doutra índole que manifesten a imbricación racional do núcleo co medio físico no que se sitúa e que figuren diferenciados administrativamente nos censos e padróns oficiais, así como as áreas de expansión ou medra destes asentamentos.

Art. 3.3.2. Delimitación

Integran o solo de núcleo rural aqueles terreos delimitados nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais" e nas delimitacións incluídas no "Estudio do Medio Rural e Modelo de Asentamento Poboacional", así como nos planos de ordenación pormenorizada de cada núcleo rural.

Dentro das delimitacións de Núcleo Rural defínense dous tipos de ordenanza: de núcleo rural tradicional e de núcleo rural disperso (área de expansión), as cales se definen no título correspondente a Ordenanzas do Solo de Núcleo Rural.

SECCIÓN SEGUNDA. RÉXIME DO SOLO

Art. 3.3.3. Réxime dos núcleos rurais

Os terreos incluídos nas áreas delimitadas como núcleos rurais de poboación, deberán ser destinados a usos relacionados coas actividades propias do medio rural e coas necesidades propias da poboación residente.

Non se poderá autorizar ningunha clase de edificacións de nova planta se non estivese resolvida de forma integral, por medios propios ou mediante o sistema de cesión de viais a dispoñibilidade, cando menos, dos servicios de acceso rodado por vía pública, saneamento, fornecemento de auga e enerxía eléctrica. Cando o uso a que se destine a edificación ou o terreo así o requiren, esixirase a dotación de aparcamento suficiente.

Cando se pretenda reformar as edificacións existentes, os materiais e tratamentos exteriores deberán ser adecuados á súa condición de edificacións propias do medio rural no que se emprazan, ficando prohibidas as que son características das zonas urbanas.

Os terreos que o Plan Xeral inclúe como núcleos rurais de poboación serán destinados aos uso relacionados coas actividades propias do medio rural e coas necesidades da poboación local residente de ditos núcleos.

Os propietarios desta clase de solo teñen dereito ao seu uso e edificación nas condicións establecidas na lexislación do solo.

Cando se pretenda construír novas edificacións ou substituír as existentes, os propietarios deberán cederlle gratuitamente ao concello os terreos necesarios para a apertura ou regularización do viario preciso e executar, ao seu cargo, a conexión cos servicios existentes no núcleo.

Para edificar no ámbito dos núcleos rurais, incluída a súa área de expansión, deberá executarse a conexión coas redes de servicio existentes no núcleo rural ou nas súas proximidades. De non existir, deberán resolverse por medios individuais con cargo ao promotor da edificación e co compromiso de conexión cando se implanten os servicios. Unha vez aprobado definitivamente o plan especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural, deberán implantarse as redes de servicios e as instalacións que resulten necesarias para a subministración de auga e de enerxía eléctrica e para a evacuación e depuración das augas residuais e, se é o caso, realizarse a conexión coas redes existentes no núcleo rural ou nas súas proximidades.

No suposto de execución de Plans especiais de protección, rehabilitación e mellora do medio rural que prevexan actuacións de carácter integral nos núcleos rurais e delimiten polígonos, os propietarios de solo están obrigados a:

a) cederlle gratuitamente ao concello os terreos destinados a viais, equipamentos e dotacións públicas.

b) costear e executar as obras de urbanización previstas no Plan especial.

c) solicitar a licencia de edificación e edificar cando o Plan especial así o estableza.

Art. 3.3.4. Dos Plans Especiais de Protección, Rehabilitación e Mellora do Medio Rural

Os Plans especiais terán por finalidade a protección, rehabilitación e mellora dos elementos mais característicos da arquitectura rural, das formas de edificación tradicionais, dos conxuntos significativos configurados por elas e dos núcleos rurais.

O ámbito de cada Plan especial abranguerá os terreos comprendidos nun ou en varios núcleos rurais completos, así como os terreos clasificados como solo rústico pertencentes a un ou varios termos municipais. Non obstante, poderá redactarse o plan especial coa exclusiva finalidade de desenvolver unha operación de carácter integral sobre unha área de expansión do núcleo rural que constitúa unha unidade urbanística homoxénea e completa. Neste caso, o plan especial deberá garantir a integración da actuación coa morfoloxía, a paisaxe, os servicios e as características do núcleo rural, conter as determinacións sinaladas pola lexislación vixente e prever as reservas de solo para dotacións públicas e para aparcamentos, na proporción mínima establecida para o solo urbano non consolidado e urbanizable.

A súa competencia e tramitación adaptarase á lexislación dó solo vixente.

De cara a non inviabilizar a redacción dos Plans Especiais prohíbense as segregacións ou divisións das parcelas na área de expansión dos núcleos rurais delimitados en tanto non se redacten os mencionados Plans.

De acordo co sinalado no artigo 56.7 da LOUPMRG será obrigatoria a redacción do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Mellora do Medio Rural nos seguintes casos:

- Cando se poña de manifesto a perda de calidade de vida nun determinado ámbito e sexa preciso rexenerar os asentamentos mediante a creación de dotacións e servicios, fomento da rehabilitación de vivendas tradicionais e en xeneral fomento de medidas integrais tendentes a mellora-la calidade dos asentamentos.

- A apertura de viais non previstos nos núcleos rurais

- A consolidación edificatoria dos núcleos rurais. Para iso e tendo en conta o expresado na memoria do presente Plan Xeral, na cuantificación das capacidades de uso residencial, así como no estudio de sostibilidade ambiental e impacto paisaxístico, considérase que se supera a consolidación edificatoria prevista cando se supere a capacidade do 50% das áreas de expansión dos núcleos rurais, equivalentes a 294 vivendas (589 x 0,50)repartidas por parroquias segundo o seguinte cadro:

 

PARROQUIA

Nº viv. Existentesen áreas de expansión

Nº viv. máximo

BRAÑAS

35

71

CAPELA

2

4

MANGOEIRO

11

22

MONTE (S. XIAO)

3

6

MONTE (STA. EUFEMIA)

6

12

OLEIROS

25

51

ORDES

16

32

PARADELA

21

43

VILAMOR

23

47

VILOURIZ

3

6

TOTAL

145

294

Art. 3.3.5. Regulación dos Plans Especiais de Protección, Rehabilitación e Mellora do Medio Rural.

O Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Mellora do Medio Rural conterá as seguintes determinacións:

1. Estes Plans especiais terán por finalidade a protección, rehabilitación e mellora dos elementos mais característicos da arquitectura rural, das formas de edificación tradicionais, dos conxuntos significativos configurados por elas e dos núcleos rurais.

2. O ámbito de cada Plan especial abranguerá os terreos comprendidos nun ou varios núcleos rurais completos, así como os terreos clasificados como solo rústico pertencentes a un ou varios termos municipais.

3. O Plan especial conterá as seguintes determinacións:

a) Delimitación das áreas xeográficas homoxéneas en razón á morfoloxía dos asentamentos de poboación, tipoloxía das edificacións, valores e potencialidades do medio rural merecedoras de protección e outras circunstancias relevantes.

b) Estudio das parroquias e delimitación das áreas xeográficas homoxéneas en razón á morfoloxía do asentamento de poboación, tipoloxía das edificacións, valores e potencialidades do medio rural merecedoras de protección e outras circunstancias relevantes.

c) Delimitación dos núcleos rurais incluídos no seu ámbito.

d) Determinación das condicións de volume, forma, tipoloxía, características estéticas, materiais a empregar e técnicas constructivas, condicións de implantación e aquelas outras que se estimen necesarias para garantir a conservación e preservación das características propias do medio.

e) Identificación dos elementos que deban ser obxecto de protección específica para a súa conservación e recuperación, que haberán de se incluír no correspondente catálogo, así como aqueles cuia demolición ou eliminación sexa procedente.

f) Actuacións previstas para a conservación, recuperación, potenciación e mellora dos asentamentos tradicionais e o seu entorno.

g) Calquera outras determinacións necesarias para o cumprimento dos seus fins.

h) Previsión das áreas en que sexa necesaria a realización de actuacións de carácter integral, para as que deberán delimitarse os correspondentes polígonos. Nestes casos, a densidade máxima non poderá superar as 25 vivendas por hectárea, sen prexuízo do cumprimento obrigado das condicións de uso e edificación establecidas na lexislación do solo.

i) No suposto de execución de plans especiais que desenvolvan operacións de carácter integral sobre unha área de expansión do núcleo rural, os propietarios do solo estarán obrigados a cederlle obrigatoria, gratuitamente e libre de cargas á administración municipal o solo correspondente ao 10% do aproveitamento urbanístico da dita área. A administración actuante non terá que contribuír aos custos de urbanización dos terreos nos que se localice o dito aproveitamento, que deberán ser asumidos polos propietarios.

CAPÍTULO 4. RÉXIME DO SOLO URBANIZABLE

SECCIÓN PRIMEIRA. DEFINICIÓN E DELIMITACIÓN

Art. 3.4.1. Definición

Constitúen o solo urbanizable os terreos que non teñan a condición de solo urbano, de núcleo rural, nin rústico e poidan ser obxecto de transformación urbanística nos termos establecidos neste Plan.

Art. 3.4.2. Delimitación

Integran o solo urbanizable aqueles terreos delimitados como tal nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais", e CZ "Sectores e áreas de solo urbanizable delimitado e non delimitado".

SECCIÓN SEGUNDA. RÉXIME DO SOLO URBANIZABLE

Art. 3.4.3. Réxime

1. Os propietarios de solo clasificado como urbanizable terán dereito a usar, gozar e dispor dos terreos da súa propiedade de acordo coa natureza rústica dos mesmos, debendo destinalos a fins agrícolas, forestais, gandeiros ou similares.

Ademais, terán o dereito de promover a súa transformación solicitando ao concello a aprobación do correspondente planeamento de desenvolvemento, de conformidade co establecido no presente Plan así como na lexislación do solo vixente.

2. O transformación do solo urbanizable a través do Plan parcial poderá ser tamén promovida pola Administración municipal ou autonómica.

3. No solo urbanizable delimitado, en tanto non se aprobe a correspondente ordenación detallada, non poderán realizarse obras nin instalacións, salvo as que vaian a executarse mediante a redacción de Plans especiais de infraestructuras e as de carácter provisional.

Art. 3.4.4. Desenvolvemento do solo urbanizable delimitado

1. O solo urbanizable desenvolverase mediante os Plans Parciais correspondentes aos sectores delimitados nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais" e CZ "Sectores e áreas de solo urbanizable delimitado e non delimitado", que deberán ser desenvolvidos nos prazos previstos nesta normativa.

Previamente á redacción dos Plans Parciais, e cando non haxan de dificultar a execución do planeamento, poderán autorizarse as construccións provisionais a que se refire o artigo 102 da Lei 9/2002 modificada pola lei 15/2004 coas garantías e condicións que o mesmo prevé en orde á súa demolición. Poderán así mesmo permitirse, aquelas obras que respondan á redacción de Plans especiais de infraestructuras.

2. Os Plans Parciais e as súas ordenanzas reguladoras non poderán establecer determinacións contrarias ao disposto no presente título, nin nas condicións establecidas nestas Normas e na lexislación urbanística vixente, nin poderán desvirtuar as condicións reguladas na presente normativa do Plan Xeral. A división en polígonos que estableza o Plan Parcial deberá garantir o desenvolvemento de unidades integradas de entidade suficiente.

3. Os Plans Parciais deberán referirse a sectores completos. O Plan Xeral adscribe ademais, solo de sistemas xerais exteriores a sectores concretos de solo.

4. Os Plans Parciais cumprirán nos diferentes sectores as determinacións e condicións que para o seu desenvolvemento particular exprésanse nos apartados correspondentes de cada un deles.

5. En todo caso, os Proxectos de Urbanización cumprirán o establecido no Título I.

Art. 3.4.5. Aproveitamentos tipo e patrimonializable

1. O Plan Xeral establece o aproveitamento tipo para cada área de reparto do solo urbanizable delimitado, en metros cadrados edificables de uso característico por cada metro cadrado de solo, incluídos os sistemas xerais incluídos ou, no seu caso, adscritos ao mesmo.

2. O Plan Xeral establece os coeficientes de ponderación relativa entre o uso característico, ao que se lle asigna o valor da unidade, e os restantes cualificados aos que corresponden valores superiores ou inferiores.

3. O aproveitamento patrimonializable que nesta clase de solo corresponde a cada finca é, o resultado de aplicar á súa superficie a porcentaxe legal do aproveitamento tipo da área de reparto.

Art. 3.4.6. Reservas de solo para dotacións

As reservas de solo para dotacións fixaranse de acordo coa lexislación sectorial aplicable, respectándose en todo caso os mínimos esixidos na lexislación aplicable.

Art. 3.4.7. Alcance das determinacións particulares

As determinacións particulares contidas na presente normativa teñen o alcance que a continuación se sinala:

1. Delimitación e superficie: será a fixada nos correspondentes planos e fichas da presente normativa, sendo a referencia principal para posíbeis axustes en función dunha medición mais precisa no momento do seu desenvolvemento.

Os plans parciais poderán reaxustar, por razóns xustificadas, a delimitación dos sectores e das áreas de reparto, sempre que o axuste non afecte a solo rústico de especial protección nin a dotacións públicas e que non supoña unha alteración igual ou superior ó 5% do ámbito delimitado polo Plan Xeral. En todo caso, será necesaria a previa audiencia ós propietarios afectados.

A superficie dos sistemas xerais exteriores do sector constitúe unha cifra inalterable salvo que ditos sistemas se refiran a unha finca ou ámbito concreto de solo, en cuio caso no momento da redacción do Plan Parcial se procederá a ser avaliada con precisión e o seu resultado será valido a todos os efectos.

A suma das superficies do sector, máis a dos sistemas xerais exteriores ao mesmo suporá a nova cifra de "superficie bruta do sector".

A partir desta nova superficie reelaborarase o cadro orixinario de condicións xerais do sector, para o cal, mantendo inalterábeis a edificabilidade total do área de reparto á que pertence, os coeficientes de ponderacións correspondentes e as porcentaxes medias utilizadas na situación orixinaria, recalcularase o novo aproveitamento tipo resultante.

2. Marxes de edificabilidade de usos lucrativos:

a) En ningún caso se poderá superar a edificabilidade total, que será a orixinaria no caso de mantemento da superficie total ou, en caso contrario, a resultante do proceso exposto no apartado 1.

b) O número de vivendas constitúe unha cifra de referencia que será vinculante para supostos de ordenacións en tipoloxía de vivenda unifamiliar cando así o indique a ficha correspondente.

Art. 3.4.8. Conexión dos sectores cos sistemas xerais

Para a ubicación e delimitación dos sectores de solo urbanizable tívose en conta e foi debidamente valorada a capacidade dos sistemas xerais e as infraestructuras que ha de soportar a nova edificación. Non obstante, nos casos en que se prevexa necesaria a ampliación ou reforzo dos existentes como consecuencia do desenvolvemento destas actuacións, indicaranse as actuacións exteriores de reforzo de sistemas xerais que han de asumir os propietarios de solo como previo para afrontar o seu desenvolvemento.

En todo caso, e aínda non estando especificado neste documento, sempre será obriga dos propietarios de solo urbanizable, asumir o custe das conexións ou reforzo dos sistemas xerais aos que se conecte o sector a desenvolver, que serán especificados polo Concello en cada caso.

CAPÍTULO 5. RÉXIME DO SOLO RÚSTICO

SECCIÓN PRIMEIRA. DEFINICIÓN, DELIMITACIÓN E RÉXIME XERAL

Art. 3.5.1. Definición e delimitación

1. Constitúen o Solo Rústico os terreos que haxan de ser preservados dos procesos de desenvolvemento urbanístico e, en todo caso, os seguintes:

a) Os terreos sometidos a un réxime específico de protección incompatible coa súa urbanización, de conformidade coa lexislación de ordenación do territorio ou coa normativa reguladora do dominio público, as costas, o medio ambiente, o patrimonio cultural, as infraestructuras e doutros sectores que xustifiquen a necesidade de protección.

b) Os terreos que, sen estar incluídos entre os anteriores, presenten relevantes valores naturais, ambientais, paisaxísticos, productivos, históricos, arqueolóxicos, culturais, científicos, educativos, recreativos ou outros que os fagan merecedores de protección ou cuio aproveitamento deba someterse a limitacións específicas.

c) Os terreos que, tendo sufrido unha degradación dos valores enunciados no apartado anterior, deban protexerse a fin de facilitar eventuais actuacións de recuperación de ditos valores.

d) Os terreos ameazados por riscos naturais ou tecnolóxicos, incompatíbeis coa súa urbanización, tais como asolagamento, erosión, afundimento, incendio, contaminación ou calquera outro tipo de catástrofes, ou que simplemente perturben o medio ambiente ou a seguridade e saúde.

e) Os terreos que o plan xeral ou os instrumentos de ordenación do territorio consideren inadecuados para o desenvolvemento urbanístico en consideración aos principios de utilización racional dos recursos naturais ou de desenvolvemento sostible.

2. Os propietarios de terreos clasificados como solo rústico terán o dereito a usar, gozar e dispor deles de conformidade coa natureza e destino rústico dos mesmos. A estes efectos, os propietarios poderán levar a cabo:

a) Accións sobre o solo ou subsolo que non impliquen movemento de terras, tais como aproveitamentos agropecuarios, pastoreo, roturación e desecamento, así como valados con elementos naturais ou de sebes.

b) Accións sobre as masas arbóreas, tais como aproveitamento de leña, aproveitamento madeireiro, entresacas, mellora da masa forestal, outros aproveitamentos forestais, repoboacións e tratamento fitosanitario, de conformidade coa lexislación aplicable en materia forestal.

Ademais, poderán levar a cabo as actuacións complementarias e imprescindibles para o aproveitamento madeireiro, tales como a apertura de vías de saca temporais, os cargadoiros temporais de madeira e o estacionamento temporal de maquinaria forestal, sempre que os propietarios se comprometan a repoñer os terreos ao seu estado anterior no prazo que se determine. Para estes efectos, o concello poderá esixir a prestación das garantías necesarias.

c) Outras accións autorizadas nos termos previstos na lexislación do solo.

2. Os propietarios de solo rústico deberán:

a) Destina-los a fins agrícolas, forestais, gandeiros, cinexéticos, ambientais ou a outros usos vinculados á utilización racional dos recursos naturais dentro dos limites que, no seu caso, establezan a lexislación do solo, o planeamento urbanístico e os instrumentos de ordenación do territorio.

b) Solicitar autorización da Comunidade Autónoma para o exercicio das actividades autorizables nos casos previstos na lexislación do solo, sen prexuízo disposto na lexislación sectorial correspondente.

c) Solicitar, nos supostos previstos na lexislación urbanística, a oportuna licencia municipal para o exercicio das actividades contempladas na lexislación do solo.

d) Realizar ou permitir realizar á administración competente os traballos de defensa do solo e a vexetación necesarios para a súa conservación e para evitar riscos de asolagamento, erosión, incendio, contaminación ou calquera outro risco de catástrofe ou simple perturbación do medio ambiente, así como da seguridade e saúde públicas.

2. Os terreos que constitúen o solo rústico aparecen reflectidos nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais", distinguíndose as categorías seguintes:

1. Solo Rústico de Protección Agropecuaria.

2. Solo Rústico de Protección Forestal.

3. Solo Rústico de Protección de Augas.

4. Solo Rústico de Protección de Espacios Naturais

5. Solo Rústico de Protección Paisaxística

6. Solo Rústico de Protección do Patrimonio.

7. Solo Rústico de Protección de Infraestructuras

Art. 3.5.2. Réxime xeral

O réxime urbanístico do solo rústico fica sometido ás disposicións correspondentes contidas nas presentes Normas e na lexislación do solo.

SECCIÓN SEGUNDA. RÉXIME DO SOLO RÚSTICO DE ESPECIAL PROTECCIÓN

Art. 3.5.3. Réxime do solo rústico de especial protección SREP

1. O ámbito deste solo é o recollido nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais".

2. Baseándose no interese especial de carácter natural dos ámbitos referidos, considéranse usos compatíbeis os usos propios do mantemento de dito carácter especial, non permitíndose outros usos que alteren o mesmo.

3. As determinacións relativas aos distintos tipos de solo rústico de especial protección son:

Art. 3.5.4. Solo Rústico de Protección Agropecuaria (S.R.P.A.)

É o constituído polos terreos de alta productividade agrícola ou gandeira, posta de manifesto pola existencia de explotacións que a avalen ou polas propias características ou potencialidade dos terreos ou das zonas onde se enclaven. En calquera caso será o reflectido nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais".

O réxime dos solos rústicos de protección agropecuaria, sen prexuízo do establecido na súa lexislación reguladora, ten por obxecto, preservar os terreos de alta productividade agrícola ou gandeira que deban ser protexidos.

Art. 3.5.5. Solo Rústico de Protección Forestal (S.R.P.F.)

É o constituído polos terreos destinados a explotacións forestais e os que sustenten masas arbóreas que deban ser protexidas por cumprir funcións ecolóxicas, productivas, paisaxísticas, recreativas ou de protección do solo, e igualmente por aqueles terreos de monte que, aínda cando non sustenten masas arbóreas, deban ser protexidos por cumprir as ditas funcións. En calquera caso será o reflectido nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais".

O réxime dos solos rústicos de protección forestal, sen prexuízo do establecida na súa lexislación reguladora, ten por obxecto, preservar os terreos que sustentan masas forestais que deban ser protexidas e igualmente aqueles cuia reforestación sexa de interese xeral.

Art. 3.5.6. Solo Rústico de Protección de Augas (S.R.P.AU.)

É o constituído polos terreos, situados fora dos núcleos rurais e do solo urbano, definidos na lexislación reguladora das augas continentais como leitos naturais, ribeiras e marxes das correntes continuas ou descontinuas de auga e como leito ou fondo das lagoas e encoros, terreos asolagados e zonas húmidas e a zona de servidume. Igualmente terán dita consideración os terreos situados fora dos núcleos rurais e do solo urbano con risco de asolagamento, e aqueles baixo os cales existan augas subterráneas que deban ser protexidas. En calquera caso será o reflectido nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais".

O réxime xeral do solo rústico de protección de augas, sen prexuízo do establecida na súa lexislación reguladora en materia de augas, ten por obxecto preservar o dominio público hidráulico e o seu entorno.

Art. 3.5.7. Solo Rústico de Protección de Espacios Naturais (S.R.P.N.)

Solo rústico de protección de espacios naturais está constituído polos terreos sometidos a algún réxime de protección por aplicación da Lei 9/2001, de conservación da natureza, ou da lexislación reguladora dos espacios naturais, a flora e a fauna. Igualmente teñen dita consideración os terreos que os instrumentos de ordenación do territorio, as normas provinciais de planeamento ou o planeamento urbanístico estimen necesario protexer polos seus valores naturais, ambientais, científicos ou recreativos. En calquera caso será o reflectido nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais".

O réxime do solo rústico de protección de espacios naturais, sen prexuízo do establecido na súa lexislación reguladora específica, ten por obxecto preservar os valores naturais, ecolóxicos, ambientais, paisaxísticos, científicos ou recreativos que xustifican a súa protección.

Art. 3.5.8. Solo Rústico de Protección Paisaxística (S.R.P.PA.)

De acordo coa lexislación vixente atópase constituído polos terreos que determina o planeamento urbanístico coa finalidade de preservar as vistas panorámicas do territorio, do mar, do curso dos ríos ou dos vales, e dos monumentos ou edificacións de singular valor.

No termo municipal de Toques atópase constituído polos montes do Bocelo e O Careón e outras zonas altas do concello.

Art. 3.5.9. Solo Rústico de Protección de Patrimonio (S.R.P.P.)

Comprende aquelas áreas delimitadas como tal nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais" e no tomo correspondente a Catálogo de protección.

Estes solos quedan sometidos á lexislación especifica de protección que lles resulta de aplicación, e a súa regulación queda especificada no Título IV de Protección do Medio Ambiente e do Patrimonio.

Art. 3.5.10. Solo Rústico de Protección de Infraestructuras (S.R.P.I.)

De acordo coa lexislación vixente atopase constituído polos terreos destinados á localización de infraestructuras e ás súas zonas de afección non susceptíbeis de transformación, como son as de comunicacións e telecomunicacións, as instalacións para fornecemento, saneamento e depuración de auga, as de xestión de residuos sólidos, as derivadas da política enerxética ou calquera outra que xustifique a necesidade de afectar unha parte do territorio.

O uso normal deste solo é o agropecuario, o forestal e o vinculado coa construcción do sistema xeral viario ou de tratamento de residuos.

CAPÍTULO 6. RÉXIME DOS SISTEMAS XERAIS E AS DOTACIÓNS LOCAIS

SECCIÓN PRIMEIRA. RÉXIME DOS SISTEMAS XERAIS

Art. 3.6.1. Adscrición dos sistemas xerais

1. O Plan Xeral, distingue os seguintes tipos de sistemas xerais:

a) Sistemas xerais incluídos en solo urbano ou de núcleo rural.

b) Sistemas xerais adscritos a solo urbanizable delimitado.

c) Sistemas xerais en solo rústico.

2. Os sistemas xerais incluídos en solo urbano e de núcleo rural obtéñense da forma establecida na lexislación vixente.

Art. 3.6.2. Orzamento da execución

A execución dos sistemas xerais ou dalgúns dos seus elementos levarase a cabo, ben directamente, se estivesen suficientemente definidos ou ben mediante a aprobación dos correspondentes Plans especiais.

Cando sexa necesaria unha actuación expropiatoria para a execución dos sistemas xerais, esixirase a aprobación previa do correspondente Plan Especial.

Art. 3.6.3. Programación

A execución das obras e instalacións nos sistemas xerais deberá levarse a cabo de acordo coa programación e prazos previstos no Plan Xeral e esixirá a efectiva coordinación das actuacións e investimentos públicos e privados, segundo os casos, en consonancia coas previsións que neste sentido establece o Plan.

Art. 3.6.4. Execución material

A execución das obras ou instalacións dos sistemas xerais será acometida, en todo caso, de acordo coas previsións do Plan e con base nas seguintes determinacións:

a) Pola Administración Pública, de acordo coas súas competencias e nos termos que se regula pola lexislación de Réxime Local e Urbanística.

b) Polos particulares, concesionarios das correspondentes concesións administrativas.

c) Pola Administración Pública e os particulares, de acordo coas determinacións que ao respecto conteña o Plan Xeral ou nos convenios urbanísticos que a tal efecto poidan subscribirse.

Art. 3.6.5. Sistema Xeral viario

O sistema viario comprende o conxunto de vías de dominio e uso público destinadas ao movemento e circulación dos peóns, automóbiles e medios de transporte rodado, así como ao estacionamento de vehículos.

Ós efectos do presente Plan Xeral se distingue:

a) O sistema xeral Viario.

Comprende as infraestructuras e terreos destinados á comunicación e transporte rodado de persoas e mercancías, afectos á estructura xeral da ordenación do territorio que se establece neste Plan Xeral.

b) O sistema local viario.

Comprende as infraestructuras e terreos que completan o acceso rodado e peonil público desde o sistema xeral viario aos edificios e terreos.

Segundo as súas características dentro do presente Plan distínguense as seguintes categorías de sistema xeral viario:

- Vías Tipo II: Estradas Rede Provincial

No concello de Toques atopase formada por:

Tipo II-1: Estradas provinciais, rede primaria: CP-4604 e CP-8002

Serán de dominio público os terreos adquiridos por título lexítimo pola administración titular da estrada para a construcción da mesma e dos seus elementos funcionais.

A zona de servidume consistirá en dúas franxas delimitadas interiormente pola liña de dominio público e exteriormente por dúas liñas paralelas a dito limite a unha distancia de dous metros medidos desde o limite exterior da zona de dominio público. Este solo, segundo a lexislación vixente ficará clasificado como Solo Rústico de Protección de Infraestructuras.

As zonas de afección consistirán en dúas franxas de terreo a ambos lados da estrada delimitadas interiormente pola zona de servidume e exteriormente por dúas liñas paralelas a aresta da explanación a unha distancia de 30 m medidas desde as citadas arestas.

A liña limite de edificación situase ás distancias que se indican a continuación, medidas horizontalmente a partir da aresta exterior da explanación correspondente ás calzadas previstas e aos seus elementos funcionais e perpendicularmente ao eixo da calzada mais próxima:

- Estradas da rede primaria provincial: 9,5 m.

- Estradas da rede secundaria provincial: 7 m.

As liñas de peche situaranse como mínima á maior destas dúas distancias: 2 m. desde a liña de dominio público ou 8 m. do eixo da vía para estradas da rede primaria provincial e 7 para estradas da rede secundaria provincial.

En todo caso e para calquera tipo de vía, nas zonas clasificadas como solo urbano con trazado de aliñacións ou de núcleo rural con frontes edificados consolidados pola edificación en máis das súas dúas terceiras partes, autorizaranse construccións á distancia fixada en cada caso pola aliñación ou o fronte consolidado correspondente.

O resto de viario aterase ó disposto ó respecto na presente normativa ademais da lexislación sectorial vixente e como mínimo o disposto na lexislación do solo vixente.

SECCIÓN SEGUNDA. RÉXIME DAS DOTACIÓNS LOCAIS

Art. 3.5.6. Definición de dotacións locais

1. As dotacións locais son os terreos dotacionais que non forman parte da estructura xeral e orgánica do territorio.

2. As condicións particulares do uso dotacional aparecen reguladas no Título V das presentes Normas.

3. Os códigos de cada clase de dotación local, son os seguintes:

a) Espacios libres (ELL)

b) Equipamentos

- Relixioso (REL)

- Cemiterio (CEL)

- Sociocultural (SCL)

- Deportivo (DPL)

- Docente (DCL)

Art. 3.5.7. Modos de obtención das dotacións locais en solo urbano

1. Os terreos destinados a dotacións locais pendentes de obtención incluídos en polígonos, obteranse coa aprobación en vía administrativa dos instrumentos redistributivos de beneficios e cargas que conleva o sistema de actuación aplicable á xestión do polígono.

2. Os terreos destinados a dotacións locais pendentes de obtención non incluídos en polígonos, obteranse por expropiación ou ocupación directa.

Art. 3.5.8. Modos de obtención das dotacións locais en solo urbanizable

A obtención dos terreos dotacionais en solo rústico apto para urbanizar queda vinculada á súa inclusión en polígonos, determinando a aprobación en vía administrativa dos correspondentes instrumentos redistributivos de beneficios e cargas a cesión en favor do Concello.

TÍTULO IV. CONDICIÓNS DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO, NATURAL E DO MEDIO-AMBIENTE

CAPÍTULO 1. A PROTECCIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO

SECCIÓN PRIMEIRA. PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

Art. 4.1.1. Determinacións xerais

Será de aplicación a normativa vixente ao respecto e en concreto o Decreto 199/1997 DE 10 de xullo que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia

Este catálogo inclúe a enumeración propiamente dita de bens a protexer e as súas respectivas delimitacións en función dos restos conservados e a alteración de estes.

Estas delimitacións inclúen tres tipos distintos de protección:

- Grao I. Ben de Interese Cultural B.I.C. Protección Integral en bens Arqueolóxicos. Corresponde nos planos C-01 a C-19 coas clasificación do Solo Rústico de Protección do Patrimonio afecto a bens arqueolóxicos.

- Grao II-1. Protección Integral en bens Arqueolóxicos. Corresponde nos planos C-01 a C-19 coas clasificación do Solo Rústico de Protección do Patrimonio afecto a bens arqueolóxicos.

- Grao II-2: Área de achados arqueolóxicos.

- Grao II-3. Área de cautela en bens Arqueolóxicos.

As delimitacións foron realizadas por arqueólogo autorizado pola D.X. de Patrimonio.

O catálogo, en todo caso é un documento aberto, e no caso de producirse altas ou baixas de elementos no mesmo deberase tramitar o oportuno expediente na Consellería de Cultura.

SECCIÓN SEGUNDA. PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO

Art. 4.1.2. Normas xerais

O patrimonio histórico foi obxecto de análise específico a fin de establecer o adecuado nivel de planeamento e normativa en cumprimento das esixencias da normativa vixente:

- Lei 16/1985, de 25 de Xuño, do Patrimonio Histórico Español

- Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.

- Decreto 449/1973, do 22 de febreiro, sobre protección dos "hórreos" e "cabazos".

- Decreto 571/1963 de 14 de marzo, sobre protección de escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico-artístico.

- Decreto de 22 de abril de 1949 sobre protección de castelos españois.

Art. 4.1.3. Catálogo de protección e normas de aplicación

A efectos de conseguir unha adecuada protección dos valores históricos e artísticos que aínda se conservan, o Plan crea un Catálogo de Protección que contén unha relación dos edificios e elementos etnográficos protexidos clasificados en tres niveis en función dos valores a protexer:

a) Niveis de protección:

- Nivel I. Protección Integral en bens Arquitectónicos.

- Nivel II. Protección Estructural en bens Arquitectónicos.

En todo caso calquera actuación sobre un ben catalogado requirirá informe previo favorable da Consellería de Comunicación Social e Turismo.

b) Área de respecto:

De acordo coas Normas Subsidiarias Provinciais, naqueles ámbitos non clasificados como solo urbano, fixase para este tipo de bens unha área de respecto dentro da cal será necesario o informe da comisión provincial de patrimonio, que estará constituída por unha poligonal cunha profundidade de 50 m, medida desde o elemento mais exterior do ben que se protexe, para elementos etnográficos, cruceiros e petos, inventariados e de 100 m cando se trate de elementos de arquitectura relixiosa, arquitectura civil e arquitectura militar. A efectos de autorizacións estas zonas clasificaranse como solo rústico de protección do patrimonio afecto a elementos arquitectónicos, sendo o réxime de aplicación o correspondente para cada unha das clasificacións reflectidas nos planos correspondentes, coas excepcións indicadas no presente título.

Esta franxa tomarase desde o vestixio mais exterior do ben que se protexe.

En conxuntos formados por Pazos, edificacións auxiliares e muros de peche, o vestixio mais exterior estará constituído por ese muro de peche.

Estas franxas aparecen convintemente reflectidas nos planos de ordenación, sendo en todo caso vinculante o debuxo sobre o número.

Inclúese no correspondente tomo o listado de Elementos Catalogados e as súas correspondentes fichas.

Independentemente do grao de protección con que conten os elementos catalogados, calquera intervención que se pretenda levar a cabo nun ben catalogado ou na súa área de respecto, precisarase autorización da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

CAPÍTULO 2. CONDICIÓNS ESPECIAIS DO RÉXIME DE OBRAS

Art. 4.2.1. Condicións de caracter xeral

A fin de conquerir plenamente os obxectivos de conservación do patrimonio histórico, as obras que afecten aos edificios contidos no Catálogo estarán suxeitas ás condicións das obras definidas no artigo 1.4.8. coas seguintes precisións:

1. Obras de restauración: Atópanse definidas no apartado 3.a) do artigo 1.4.8. da presente normativa.

a) Serán sempre obrigatorias nas fachadas dos edificios, así como nas outras zonas que se determinen nos planos e ficha correspondentes.

b) Os materiais a empregar axustaranse aos que presenta o edificio ou que presentaba antes de intervencións que os alterasen.

c) A introducción de elementos orixinais non existentes deberá documentarse, así como a recuperación de ocos e ritmos.

d) Cando sexa precisa a intervención sobre elementos estructurais ou mesmo substitución dalgúns, deberán utilizarse materiais e solucións constructivas similares aos orixinais.

e) As texturas, técnicas e cores dos acabados, especialmente dos exteriores, serán os orixinais dos edificios.

f) Será obxecto de especial estudio e autorización a conservación de elementos introducidos en anteriores etapas, a fin de determinar se son coherentes coa calidade e o respecto ás características orixinais do edificio.

2. Obras de conservación: Atópanse definidas no punto 3.b) do artigo 1.4.8. da presente normativa.

a) Non poderán alterar os acabados do edificio, que o caracterizan e particularizan.

b) Deberán utilizar os mesmos materiais existentes en orixe ou en todo caso substituílos por outros de iguais características, calidades, cor, forma e aspecto.

3. Obras de consolidación: Atópanse definidas no punto 3.c) do artigo 1.4.8. da presente normativa. Utilizaranse materiais cuia función estructural sexa semellante á orixinal, de forma que a súa introducción non altere o funcionamento da estructura existente que se manteña.

4. Obras de rehabilitación: Atópanse definidas no punto 3.d) do artigo 1.4.8. da presente normativa.

Para toda obra de rehabilitación deberá existir un estudio previo sobre o estado e patoloxía do edificio con catas, ensaios, probas de carga, etc. que xustifiquen plenamente a posibilidade de execución das obras proxectadas así como das técnicas a empregar.

A realización destas obras obriga a respectar as condicións que a normativa fixe para a nova edificación nas zonas sobre as que se actúe.

Ademais destas condicións de carácter xeral, deberanse cumprir as seguintes de carácter particular:

a) Para as obras de acondicionamento:

a.1) Deberanse conservar todos os elementos interiores de importancia, ficando condicionada a nova compartimentación do edificio a que sexa respectuosa con ditos elementos (artesoados, molduraxes, solados, etc.).

a.2) Respectarase o trazado, disposición e tratamento dos elementos comúns do edificio e non poderá alterarse o seu aspecto exterior.

b) Para as obras de reestructuración:

b.1) Ficarán limitadas aos edificios en que se permitan, tratando co máximo respecto ao edificio e alterando na menor medida posible as súas características morfolóxicas.

b.2) Utilizaranse materiais adecuados aos orixinais.

b.3) Non poderán modificarse as fachadas nin as solucións de cuberta, nin os materiais de ambas.

b.4) Deberá respectarse o fondo máximo que o planeamento determine en cada caso.

5. Obras exteriores: Atópanse definidas no punto 3.e) do artigo 1.4.8. da presente normativa.

a) As intervencións, en caso de ser permitidas pola normativa ou a ficha de catálogo, deberán ser coherentes cos materiais do edificio e coa súa morfoloxía, non admitíndose intervencións puntuais que distorsionen a disposición ou a composición exterior.

b) Non se permitirá a utilización de materiais non tradicionais.

6. Obras de reconstrucción: Atópanse definidas no punto d.1 do artigo 1.4.10. da presente normativa.

a) A execución de obras de reconstrucción non será facultativa se non que virá imposta polo órgano competente a fin de recuperar aqueles elementos orixinais que por unha ou outra razón desaparecesen.

b) A reconstrucción reproducirá fielmente os volumes, materiais, disposición e decoración do edificio a reconstruír.

Art. 4.2.2. Condicións particulares

1. O réxime de obras autorizables nun edificio ou en calquera dos seus elementos, fica limitada en función da súa catalogación e ten por obxecto a preservación e posta en valor das características que singularizan ou fan digno de conservación o edificio ou elemento en cuestión.

En calquera caso terase en conta as precisións que no artigo anterior se sinalan para cada tipo de obra.

2. Nas parcelas ou edificios catalogados poderán imporse condicións específicas para as obras, distintas ás que se sinalan para cada nivel en particular, recolléndose na ficha correspondente estas condicións e as limitacións correspondentes.

Art. 4.2.3. Condicións para as obras

1. Recuperación de características morfolóxicas

En todos os edificios catalogados serán autorizables aquelas obras tendentes a recuperar as características orixinais nas zonas afectadas por calquera intervención autorizada nun edificio.

2. Eliminación de impactos negativos

A execución de obras de carácter xeral diferentes ás de conservación e consolidación sobre edificios con nivel de protección integral e estructural, ficará condicionada á supresión dos impactos negativos existentes no edificio, debendo contemplarse as obras de remodelación precisas.

3. Condicións para as obras de ampliación

Fica prohibida a ampliación nos edificios catalogados nos niveis integral e estructural, salvo que a ficha de catalogación o permita.

4. Construcción de garaxes-aparcamentos

Prohíbese, con carácter xeral, nos edificios de nivel integral de protección, a execución de obras para a construcción ou ampliación de plantas inferiores á baixa destinadas a garaxe-aparcamento, baixo as zonas edificadas.

Para os edificios en nivel estructural, poderán autorizarse con carácter excepcional, sempre que se cumpran as condicións impostas pola normativa que se aprobe ao respecto.

5. Tratamento das plantas baixas

Fica prohibida, con carácter xeral, a alteración das plantas baixas dos edificios catalogados. Non se autorizarán mais alteracións que as encamiñadas á recuperación da composición orixinal.

Art. 4.2.4. Obras admitidas conforme ao nivel de protección

1. Grao I; Grao II-1. Protección Integral en Bens Arqueolóxicos. Solo Rústico de Especial Protección de Patrimonio afecto a bens arqueolóxicos.

Nesta área só se permitirán as actuacións estrictamente arqueolóxicas, encamiñadas á investigación, conservación, posta en valor e rentabilización social do xacemento.

2. Grao II-2 e II-3. Área de achados arqueolóxicos e Área de cautela en Bens Arqueolóxicos

2.1 Grao II-2 e II-3 superpostos a solo rústico en calquera das súas clasificacións

Esta área superponse con outras clasificacións do solo rústico cuias determinacións serán as que rexan sobre ese tipo de solo independentemente das seguintes limitacións:

- Autorízanse os usos agrícolas e forestais sempre que non supoñan alteración ou destrucción dos posibles restos arqueolóxicos.

- Prohíbense a construcción de naves de calquera tipo ou conduccións de todo tipo.

- Prohíbense os vertidos de calquera tipo e os recheos e vertedoiro.

- Prohíbense as actividades de movemento e desmonte, roturacións, aterrazamento e cubro de terras.

En calquera caso calquera obra a realizar nestas áreas tanto de protección integral como de respecto de bens arqueolóxicos deberán recibir informe favorable do organismo competente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, sendo a súa resolución vinculante.

2.2 Grao II-2 e II-3 superposto a solo de núcleo rural ou solo urbano

Esta área superponse con clasificacións de solo de núcleo rural e/ou solo urbano cuias determinacións serán as que rexan sobre ese tipo de solo independentemente das seguintes limitacións:

- Calquera tipo de obra ou instalación das enumeradas no regulamento de disciplina urbanística como obxecto de licencia, permitida pola ordenanza particular correspondente en función do tipo de solo de que se trate, deberá contar con autorización do organismo competente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

- Para a realización de calquera tipo de obra que implique movemento de terras será necesario unha intervención arqueolóxica por arqueólogo autorizado polo organismo autonómico competente

- A materialización dos usos ou instalacións permitidas en base á ordenanza correspondente quedará condicionada á resolución do organismo competente da Consellería de Cultura, que terá en conta a valoración dos vestixios arqueolóxicos que puideran aparecer.

3. Nivel I. Protección Integral en bens Arquitectónicos

a) Obras permitidas. En edificios con Protección Integral autorizaranse con carácter preferente, obras de consolidación, restauración e conservación, tanto se afectan á totalidade como a parte do edificio.

Fican prohibidas todo tipo de obras e actuacións que, afectando ao conxunto do edificio, non se encadren nas definicións anteriores.

b) Usos. A inclusión dun edificio no nivel de Protección Integral supón o mantemento dos usos existentes.

4. Nivel II. Protección estructural en bens arquitectónicos.

a) Obras permitidas. Non se autorizará o derrube da edificación, considerándose obras preferentes as de conservación, restauración, consolidación e rehabilitación, debendo manter as súas fachadas e formación de cuberta así como os seus elementos estructurais (estructura, forxados, formación de cuberta, escaleiras e outros elementos de interese). Prohíbese o baleirado do edificio. A Administración municipal poderá autorizar, en casos debidamente xustificados, trocos parciais na utilización de materiais para os elementos que conformen a estructura.

b) Aproveitamento. Manterase o volume construído na edificación principal que se protexe.

c) Aliñacións da edificación. A obrigatoriedade de manter o edificio determina a conservación das aliñacións exteriores e interiores existentes, así como as tapias e pechamentos das zonas non edificables.

d) Usos. A inclusión dun edificio no nivel de Protección Estructural supón, en xeral, o mantemento dos usos existentes.

Non obstante, permitirase a transformación de usos nas seguintes situacións, debendo cumprirse en todo caso as condicións que se determinen no Plan Xeral.

b.1) Usos privados non residenciais cando se trate de transformar a usos públicos dotacionais ou non dotacionais e a todos aqueles de uso privado residencial.

b.2) Usos privados residenciais cando se trate de transformar a usos públicos dotacionais ou non dotacionais e a todos aqueles de uso privado residencial.

b.3) Usos privados residenciais cando se trate de transformar a usos públicos dotacionais.

b.4) Usos privados residenciais cando se trate de transformar a usos privados vinculados ao uso de servicio terciario.

b.5) Usos públicos cando se trate de os permutar entre si.

b.6) Usos públicos non dotacionais cando se trate de transformar en usos públicos dotacionais.

5. Área de respecto. Solo Rústico de Protección de Patrimonio afecto a elementos arquitectónicos.

Atopase definido como tal nos apartados precedentes. Esta área superponse con outras clasificacións do solo rústico, de núcleo rural e solo urbano, cuias determinacións serán as que rexan sobre ese tipo de solo independentemente das seguintes limitacións:

- As construccións a realizar terán en conta o entorno no que se atopan, procurando en todo caso un tratamento dos volumes e materiais axeitado, en base a pór en valor o ben que se protexe.

- Os pechamentos serán en todo caso de materiais tradicionais, permitíndose como excepción ao anterior a colocación de peches rústicos constituídos por portes e arame.

- Calquera actuación suxeita a licencia ubicada nun destes solos contará coa preceptiva autorización da comisión provincial de patrimonio.

Art. 4.2.5. Declaración de ruína e demolición

1. A declaración en estado de ruína dun inmoble catalogado implica o cese do deber de conservación a cargo da propiedade, con independencia da adopción das medidas de seguridade que sexan precisas para evitar danos a terceiros que corresponde asumir á Administración competente.

2. As declaracións de ruína e demolicións de elementos catalogados deberán ser informadas pola Consellería de Cultura.

3. A demolición total ou parcial dun edificio catalogado declarado en estado de ruína non resulta implícita desta declaración. Dita demolición requirirá de pronunciamento expreso acordándoa conforme á lexislación vixente ou, no seu defecto, mediante o outorgamento de licencia de demolición.

4. Non poderán ser obxecto de orde ou licencia de demolición os edificios catalogados nos niveis integral e estructural de protección, salvo en caso de ruína inminente. Nestes supostos a Administración deberá arbitrar os medios precisos para sufragar o custe das obras de conservación necesarias. No caso de edificios propiedade dalgunha Administración pública, os custes de conservación necesarias corresponden á titular do inmoble.

5. Os inmobles incluídos dentro destes niveis de protección (integral e estructural) considéranse de interese xeral, polo que poden ser consolidados e rehabilitados coas axudas públicas que se establezan para este fin. O intento de demoler un edificio protexido con esta catalogación, salvo no caso de ruína inminente declarada, facultará á Administración para a imposición de multa coercitiva e, no seu caso, levar a cabo as obras necesarias mediante a acción subsidiaria, cuio custe poderá ser previamente exaccionado pola vía de apremio e de conformidade cun orzamento que aprobe a Administración, salvo que decida a expropiación total do inmoble.

6. A autorización de demolición dos edificios catalogados nos restantes niveis de protección que se declaren en estado de ruína, deberá sinalar a obriga de manter, na nova edificación que se erga no mesmo soar, os elementos que motivasen aquela protección, salvo que se demostre a imposibilidade, grave dificultade constructiva ou custe desproporcionado que a conservación poida supor. Neste último caso deberase establecer a obriga de que a nova edificación conservará as características do entorno axustándose ás normas de composición da edificación de nova planta en zonas protexidas.

7. Todo o anterior entendese sen prexuízo das facultades que para acordar a demolición por razóns de seguridade corresponden ó concello en caso de ruína inminente, cuio acordo de declaración deberá especificar qué partes do edificio deben ser demolidas pola súa perigosidade, preservando os elementos catalogados da súa destrucción no que fora posible mediante o procedemento que en dito acordo se determine.

Art. 4.2.6. Condicións especiais dos usos en edificios catalogados

1. Serán admisibles nos edificios catalogados os usos autorizados como cualificados ou compatibles pola ordenanza de aplicación, sempre que a súa instalación non supoña a alteración das súas calidades fundamentais ou signifiquen a desaparición dalgún elemento protexido.

2. Serán así mesmo admisibles todos aqueles usos que supoñan a recuperación dos orixinais do edificio e para os que foi proxectado ou construído, sempre que se xustifique esta circunstancia, aínda que non os contemple a ordenanza.

3. En edificios incluídos con niveis integral e estructural de catalogación, a ficha de catálogo pode impor determinados usos obrigatorios en razón de ser imprescindibles para conseguir o obxectivo específico da protección asignada ao edificio. Isto non impedirá que poida estudiarse e concederse a implantación doutros usos, se non dificultan a consecución de dito obxectivo.

4. Os usos dotacionais de equipamento público ou privado ubicados en edificios destes niveis de protección, non poderán mudar de actividade nin categoría, salvo que se demostre que non supoñen mingua ou deterioro nos valores que xustifican a súa catalogación e as obras necesarias para a súa transformación están contempladas entre os autorizadas para o grao de protección.

Art. 4.2.7. Modificacións do Catálogo

O Catálogo de Elementos e Edificios Protexidos poderá ser modificado para a inclusión ou exclusión doutros elementos ou edificios no mesmo, seguindo o procedemento previsto na lexislación do solo para tramitar as modificacións dos Plans. Ademais estas modificacións deberán contar co preceptivo informe da Consellería de Cultura.

Art. 4.2.8. Intervención en inmobles catalogados

Ós efectos previdos no artigo 52 da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, calquera intervención nun ben inmoble catalogado precisará autorización previa da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico.

CAPÍTULO 3. A PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE URBANO

Art. 4.3.1. Obxecto

Regúlanse no presente capítulo as condicións que, para a conservación e mellora do medio ambiente urbano e da calidade de vida dos cidadáns, establécense no Plan Xeral.

Art. 4.3.2. Competencia dos controis ambientais no desenvolvemento do Plan

A competencia para a aprobación ou sanción dos distintos tipos de control ambiental establecidos no Plan Xeral corresponde ao Concello.

SECCIÓN PRIMEIRA. ESTUDIO DE INCIDENCIA AMBIENTAL PARA INSTRUMENTOS DO PLANEAMENTO

Art. 4.3.3. Planeamento de aplicación

Naqueles instrumentos de desenvolvemento do Planeamento e en modificacións do Plan Xeral e que pola súa entidade se xustifique, o Concello poderá esixir a inclusión dun Estudio de Incidencia Ambiental.

Art. 4.3.4. Contido xeral do Estudio de Incidencia Ambiental

O Estudio de Incidencia Ambiental, deberá conter as seguintes determinacións:

a) Descrición da actividade

b) Características do emprazamento e do entorno

c) Repercusións ambientais con expresa referencia ás seguintes que sexan de aplicación en cada caso e valorando os posibles efectos aditivos:

c.1) Ruído, vibracións, luminosidade e emisións á atmosfera

c.2) Incidencia na mobilidade e tráfico na zona

c.3) Demanda de aparcamento (dotación, ubicación e réxime)

c.4) Incidencia na interrelación con outros usos

Axustaranse ó cumprimento da normativa sectorial que lle sexa de aplicación en cada caso

d) Medidas correctoras

Art. 4.3.5. Procedemento

O Estudio de Incidencia Ambiental deberá ser informado polos servicios municipais competentes con carácter previo á concesión da licencia, que se tramitará conxuntamente para obras e actividades, polo que se someterá ao preceptivo trámite de información pública.

CAPÍTULO 4. REGULACIÓN DOS NIVEIS SONOROS AMBIENTAIS

SECCIÓN PRIMEIRA. DETERMINACIÓNS XERAIS

Art. 4.4.1. Obxecto

O presente capítulo ten por obxecto establecer os criterios necesarios para controlar a contaminación acústica en ambiente exterior e remite a regulación de limites e procedementos de medida para o seu control á Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano que se redacte no seu desenvolvemento.

Art. 4.4.2. Ámbito de aplicación

1. As normas aquí establecidas serán de aplicación a:

a) Os niveis sonoros existentes no ambiente exterior da cidade orixinados pola súa propia actividade sen que se poida determinar a fonte sonora concreta que os orixina, así como os orixinados polo tráfico ou outra fonte variable de titularidade múltiple.

b) Os niveis de predicción para zonas de novo desenvolvemento urbano.

Art. 4.4.3. Criterio de valoración

1. Os niveis sonoros ambientais expresaranse mediante o nivel sonoro continuo equivalente de presión acústica determinado durante un período de tempo establecido, e expresado en decibelios ponderados mediante a rede de ponderación a, (Leq dBA).

A efectos da presente valoración, o día divídese en dous períodos; o diúrno, constituído por 12 horas continuas de duración e comezo ás 8,00 horas e o nocturno, constituído polas restantes 12 horas comezando ás 20,00 h.. Un e outro delimitarán os niveis ambientais de día e noite.

2. As posibles correccións por compoñentes impulsivos e tonais, estableceranse na Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano.

3. De igual forma establecerase na citada ordenanza o sistema de medida e valoración dos niveis sonoros ambientais.

SECCIÓN SEGUNDA. ÁREAS RECEPTORAS

Art. 4.4.4. Definición e clases de áreas receptoras

1. Defínese como área de recepción acústica, aquela zona onde existen edificacións ou espacios que polo seu uso actual ou futuro, requiren condicións acústicas homoxéneas, respecto ao ruído procedente de emisores acústicos exteriores. Trátase de ámbitos destinados a un mesmo uso cualificado desde o Plan Xeral ou desde os seus instrumentos de desenvolvemento.

2. O solo urbano e urbanizable clasificase, en función das esixencias acústicas, en:

a) Tipo I: área de silencio

b) Tipo II: área ruidosa

c) Tipo III: área tolerablemente ruidosa

d) Tipo IV: área moi ruidosa

e) Tipo V: área especialmente ruidosa

Art. 4.4.5. Usos comprendidos en cada tipo de área receptora

1. Os usos cualificados adecuados para cada tipo de área receptora, ordenados de maior a menor esixencia acústica son os que se indican a continuación, debendo cumprir as limitacións que para a súa área se establecen na Disposición Transitoria ao final do presente Título IV.

a) Área de silencio:

a.1) Uso dotacional de equipamento na categoría de saúde

a.2) Uso dotacional de equipamento na categoría de benestar social

b) Área ruidosa:

b.1) Uso residencial en todas as súas clases

b.2) Uso dotacional de equipamento na categoría de educativo

b.3) Uso dotacional de equipamento na categoría de cultural

b.4) Uso dotacional de equipamento na categoría de relixioso

b.5) Uso dotacional de zonas verdes

c) Área tolerablemente ruidosa:

c.1) Uso terciario de hospedaxe

c.2) Uso terciario de oficinas

c.3) Uso dotacional na súa clase de Servicios de Administración Pública

c.4) Uso terciario comercial

c.5) Uso dotacional deportivo

c.6) Uso terciario recreativo en todas as súas categorías, a excepción de actuacións ao ar libre

d) Área moi ruidosa:

d.1) Uso dotacional de servicios públicos

d.2) Uso industrial

d.3) Uso dotacional de servicios infraestructurais

d.4) Uso dotacional para o transporte

e) Área especialmente ruidosa:

e.1) Uso dotacional para transporte nas categorías de ferrocarril, centro de transporte de mercancías, e grande superficie de aparcamento.

e.2) Uso terciario recreativo na categoría de actuacións ao ar libre

2. Os usos complementarios e alternativos ao cualificado dunha área determinada deberán cumprir as limitacións referentes ao ruído que se establezan na Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano.

3. Os usos autorizables con independencia do obrigado cumprimento das Normas que se establezan na Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano, deberán, previamente á súa instalación, e a través dun estudio de incidencia ambiental, demostrar a súa compatibilidade acústica co cualificado.

4. Dos usos constituíntes de áreas receptoras, excluíuse o uso dotacional de vía pública, por recibir tratamento de emisor acústico.

SECCIÓN TERCEIRA. LÍMITES DOS NIVEIS SONOROS AMBIENTAIS

Art. 4.4.6. Límites de niveis sonoros ambientais

Os limites dos niveis sonoros ambientais en solo urbano, núcleo rural e urbanizable serán os que estableza a Ordenanza Municipal correspondente.

Art. 4.4.7. Zonas de actuación acústica

1. Todos aqueles ámbitos de solo urbano cuxos niveis sonoros ambientais sexan superiores aos que fixe a Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano, serán declaradas Zonas de Actuación Acústica.

2. O Concello establecerá para estas zonas medidas correctoras encamiñadas a garantir o cumprimento dos niveis sonoros ambientais regulados no presente capítulo. De non ser estas tecnicamente viables, desenvolveranse programas especiais para lograr que no interior dos locais non se superen os limites da Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano.

SECCIÓN CUARTA. COMPATIBILIDADES ENTRE USOS COLINDANTES

Art. 4.4.8. Ámbito de aplicación

O regulado na presente sección de aplicación a todos os ámbitos de planeamento de desenvolvemento do Plan Xeral, a excepción daqueles localizados en solo urbano que xustifiquen a imposibilidade de cumprilo.

Art. 4.4.9. Definición

Desde o punto de vista acústico, son áreas receptoras con colindancia compatible cunha determinada, aquelas que, na orde establecida no artigo 4.4.4. a anteceden ou precédena.

Art. 4.4.10 Zona de servidume acústica

Naqueles casos nos que non sexa posible evitar que dous usos incompatibles colinden entre si, será necesario establecer unha zona intermedia de servidume acústica ou de transición, de anchura suficiente para que, por efecto de distancia, se consigan os niveis establecidos para o uso mais restrictivo.

No seu defecto, adoptaranse outras medidas correctoras como apantallamento ou illamento de fachadas.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS RELATIVAS AOS LIMITES DOS NIVEIS SONOROS AMBIENTAIS

1. No solo urbanizable os limites dos niveis ambientais serán:

 

Área receptora

Leq dBA

Diúrno

Nocturno

Tipo I

Hasta 50

hasta 40

Tipo II

Hasta 55

hasta 45

Tipo III

Hasta 65

hasta 45

Tipo IV

Hasta 70

hasta 65

Tipo V

70

65

2. No solo urbano e de núcleo rural os limites serán os seguintes:

 

Área receptora

Leq dBA

Diúrno

Nocturno

Tipo I

Hasta 60

hasta 50

Tipo II

hasta 65

hasta 55

Tipo III

hasta 70

hasta 60

Tipo IV

hasta 75

hasta 75

Tipo V

75

75

3. Ningunha nova fonte sonora que emita en zonas de solo urbano poderá incrementar os niveis sonoros ambientais existentes nas mesmas en mais de 3 dBA, e en ningún caso, superar os valores establecidos na seguinte táboa:

 

Área receptora

Leq dBA

Diúrno

Nocturno

Tipo I

hasta 55

hasta 45

Tipo II

hasta 60

hasta 50

Tipo III

hasta 65

hasta 60

Tipo IV

hasta 75

hasta 70

Tipo V

75

70

TÍTULO V. CONDICIÓNS DOS USOS

CAPÍTULO 1. DISPOSICIÓNS XERAIS

Art. 5.1.1. Definición.

Son as condicións que han de satisfacer as actividades para ser desenvolvidas nas situacións contempladas polo P.X.O.M. Toques.

Art. 5.1.2. Clasificación dos usos globais

Os usos contemplados no Plan Xeral, clasifícanse do seguinte modo:

- Residencial.

- Industrial.

- Terciario.

- Garaxe-aparcamento

- Agropecuario

- Dotacional.

Cada un destes usos globais ten as pormenorizacións que se inclúen a continuación.

O Plan Xeral nos solos urbanos ordenados por este e nos solos de núcleo rural determina a través das ordenanzas a pormenorización e compatibilidade de usos.

En solo urbano non consolidado pendente de plan especial e en solo urbanizable delimitado fixa a cuantía de cada uso global asignado, tomando o principal como característico e os outros como compatibles, quedando estes usos globais pendentes de pormenorización a través da redacción da figura de planeamento de desenvolvemento correspondente.

Art. 5.1.3. Interpretación.

Os usos incluídos nos seguintes apartados deberán entenderse como relación indicativa, non excluinte, podéndose incluír aquelas que polas súas características sexan similares aos enunciados nos apartados correspondentes dos usos das distintas zonas de edificación.

Art. 5.1.4. Locais en soto.

Non poderá establecerse actividade algunha en planta de soto con excepción de:

1. Actividades complementarias para a dotación ao servicio do edificio.

2. Aquelas actividades que se permitan nas Condicións Particulares das zonas, vinculadas a un local situado na planta superior.

3.- As especificadas na Ordenanza de garaxes e aparcamento.

Art. 5.1.5. Diferentes usos nun mesmo edificio.

1. Cando nun mesmo edificio coexista un uso compatible co uso principal, cada un deles cumprirá as especificacións do uso que lle fosen de aplicación.

2. Para a definición das condicións de edificación que corresponderan ao edificio que as albergue, terase en conta o uso que tivese maior superficie útil.

Art. 5.1.6. Situación dos usos.

O sinalamento de compatibilidade de usos, co característico de cada Zona, efectuase fixando a situación do uso compatible, en relación á súa situación no edificio.

Art. 5.1.7. Actividades permisibles.

Soamente poderán instalarase nos solos urbanos as actividades que pola súa propia natureza ou por aplicación das medidas correctoras adecuadas, resultaren permisibles segundo o disposto no Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, e cumpran as normas da Ordenanza Xeral de Seguridade e Hixiene no Traballo, debendo satisfacer, en todo caso as condicións que se establecen nestas Normas Urbanísticas.

CAPÍTULO 2. USO GLOBAL RESIDENCIAL.

Art. 5.2.1. Definición.

É o que serve para proporcionar aloxamento permanente a persoas, co comportamento habitual das familias, teñan ou non relación de parentesco.

Art. 5.2.2. Pormenorización.

Distínguense as seguintes clases:

A. Residencial unifamiliar: Cando na unidade parcelaria, se edifica unha soa vivenda.

B. Residencial colectiva: Cando na unidade parcelaria, se edifica mais dunha vivenda, con acceso común.

Art. 5.2.3. Vivendas con protección oficial.

As vivendas con Protección Oficial, estarán suxeitas en canto a programa e proxecto se refire, ás disposicións específicas que as regulen, que serán de obrigado cumprimento para canto non fose regulado para o uso residencial nestas Normas.

Art. 5.2.4. Condicións de habitabilidade das vivendas.

No referente ás condicións de habitabilidade das vivendas estarase, ao estipulado no Decreto 311/1992, de 12 de novembro (D.O.G. 227 de 20 de novembro de 1.992) sobre supresión da cédula de habitabilidade, do que se recollen a continuación as súas consideracións mais sobresaintes:

Art. 5.2.5. Programa mínimo da vivenda.

A vivenda familiar constará como mínimo dun cuarto capaz para estar, comer e cociñar, un dormitorio de 10 m2 como mínimo, e un cuarto de aseo composto de inodoro, lavabo e baño.

Art. 5.2.6. Estudios.

Poderán disporse estudios compostos por unha estáncia-comedor-cociña, que tamén poderá ser dormitorio e un cuarto de aseo completo, totalmente independente ou ao que se acceda a través dun vestíbulo perfectamente diferenciado. A súa superficie útil, non será inferior a vinteseis metros cadrados.

Art. 5.2.7. Dimensións das pezas.

As pezas que compoñan a vivenda cumprirán as seguintes condicións:

1. Estáncia-comedor :Terá unha superficie útil, en función do número de dormitorios da vivenda de:

14 m2 para vivendas de 1 dormitorio.

16 m2 para vivendas de 2 dormitorios.

18 m2 para vivendas de 3 dormitorios.

20 m2 para vivendas de 4 dormitorios ou mais.

Na planta da estáncia-comedor, poderase inscribir un circulo de tres metros de diámetro, sendo a distancia mínima de paramentos enfrontados de 2,50 metros.

2. Cociña: A súa superficie non será menor de sete metros cadrados, que se poderá dividir en 5 m2 de cociña e 2 m2 de lavadeiro-tendal. Disporá de fregadeiro.

3. Estáncia-comedor-cociña: Terá unha superficie non menor da indicada no apartado 1 anterior, incrementada en dous metros cadrados, respectándose o resto das condicións expresadas en dito apartado.

4. Dormitorio principal: Terá unha superficie mínima de dez metros cadrados, podéndose inscribir na súa planta un circulo de 2,50 m de diámetro.

5. Dormitorio sinxelo: A súa superficie non será menor de seis metros cadrados, podéndose inscribir na súa planta un circulo de 2,00 m de diámetro.

6. Cuarto de aseo: Terá unha superficie non menor de dous metros cadrados, sendo a separación mínima entre paramentos enfrontados dun metro. En todas as vivendas instalarase como mínimo un aseo composto de lavabo, ducha ou bañeira e un inodoro. O acceso ao cuarto de aseo, non poderá realizarse desde a cociña nin ningún dormitorio. Se o acceso se realizase desde a estancia, disporá dun vestíbulo con dobre porta. En caso de existir máis dun cuarto de aseo, un deles terá acceso independente, podendo accederse ao resto desde os dormitorios.

7. Corredores: Terán unha anchura mínima de oitenta e cinco centímetros.

8. Vestíbulo: Terá unha superficie non inferior a 1,50 m2, podéndose inscribir na súa planta un circulo de 1,10 m de diámetro.

Art. 5.2.8. Vivenda exterior.

Todos os dormitorios, así como a cociña, terán primeiras luces ao espacio aberto exterior ou a patios interiores. A estancia terá vistas e recibirá iluminación do espacio aberto exterior ou de patio de mazá, sexan de uso público ou privado, sempre que o diámetro do circulo inscribible en planta sexa igual ou superior a 0,7 veces a altura total do edificio de que se trate.

Todas as vivendas disporán dun mínimo de dúas pezas habitables con fachada a espacio exterior ou a patio de mazá.

Art. 5.2.9. Aparcamentos obrigatorios.

Segundo o apartado correspondente.

Art. 5.2.10. Programa das vivendas de edificación colectiva

Nos programas de edificación residencial colectiva, e en base a garantir unha adecuada mestura dos programas a desenvolver nas vivendas, non se admitirá unha porcentaxe superior ao 25% en vivendas e estudios dun dormitorio.

CAPÍTULO 3. USO GLOBAL INDUSTRIAL.

Art. 5.3.1. Definición.

É o que ten por finalidade, levar a cabo operacións de elaboración, transformación, reparación, almacenaxe e distribución de productos.

Art. 5.3.2. Actividades.

Distínguense as seguintes:

1. Industria compatible coa vivenda: é aquela incluída ou non no regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que polas súas especiais características e por aplicación de medidas correctoras normais, é compatible co uso residencial.

2. Industria non compatible coa vivenda: o resto das non incluídas no apartado anterior.

Art. 5.3.3. Pormenorización.

Tendo en conta o anterior distínguense as seguintes categorías:

A) Almacenaxe e oficios de tradición artesanal en xeral en planta baixa e soto vinculado

B) Almacenaxe e oficios de tradición artesanal en edificio exclusivo, illado ou contiguo, non incompatible con vivenda.

C) Industria illada ou contigua non incompatible co uso de vivenda.

D) Estacións de servicio

E) Zona industrial urbana.

F) Zona industrial illada existente

G) Outros usos. Independentemente da ordenanza de aplicación, as súas características virán reguladas polo tipo de industria e a normativa sectorial de aplicación e a súa ubicación estará suxeita ás autorizacións dos organismos competentes.

De estas sete categorías, as catro primeiras son as consideradas como compatibles coa vivenda, debendo cumprir estas ademais as seguintes limitacións en función dos máximos metros totais dedicados á actividade e da potencia total necesaria:

 

Tipo de industria

Situación

Artesá

Indust. nonincompatible

Estación de Servicio

Almacén

Edificio viv. planta piso

5 CV e 50 m2

Non autorizada

Non autorizada

Non autorizada

Edificio viv. planta baixa o anexo a viv.

10 CV e 200 m2

15 CV e 200 m2

Non autorizada

10 CV e 200 m2

Edificio industrial exclusivo e exento

50 CV e 300 m2

50 CV e 300 m2

50 CV e 300 m2

50 CV e 300 m2

Art. 5.3.4. Condicións da industria en xeral.

1. Illamento das construccións.

En zonas de uso característico distinto do industrial, calquera local ou edificio destinado a este uso, disporá do illamento convinte en todas as superficies de contacto con outros locais ou edificios colindantes.

2. Dimensións dos locais.

As referencias ás superficies de producción ou almacenaxe, entenderanse como a suma da superficie útil de todos os locais destinados á actividade, ficando excluídas as superficies destinadas a oficinas, exposición de productos, venda e aparcamento dos vehículos que non estean destinados ao transporte dos productos.

3. Servicios de aseo.

Terán aseos independentes para os dous sexos, que contarán cun retrete, un lavabo e unha ducha por cada vinte traballadores ou fracción superior a dez e por cada 1.000 m2 de superficie de producción ou almacenaxe, ou fracción superior a 500 m2.

4. Circulación interior.

a) As escaleiras terán unha anchura non menor dun metro para locais con capacidade ata 50 traballadores, e de 1,10 m para 50 ou mais postos de traballo.

b) Ningún paso horizontal ou en rampla terá un ancho menor dun metro.

5. Dotación de aparcamento.

Disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m2 de superficie, ubicadas na propia parcela. Naqueles casos nos que, fehacentemente, se demostre a imposibilidade de consecución das mencionadas prazas na propia parcela pola súa configuración, topografía, xeotécnia, etc., poderase xustificar este estándar garantindo a súa adquisición en soares ubicados a unha distancia non superior a 200 m. Estas prazas vincularanse rexistralmente á industria a desenvolver.

6. A actividade enclavada dentro dun edificio con uso característico residencial, cumprirá coa normativa contraincendios dos edificios CPI-96.

7. Todo local que se sitúe nun edificio con uso característico residencial, e que pola actividade a desenvolver necesite contar cun conducto de saída de fumes e gases, este será independente dos comúns do edificio e deberá cumprir coa NTE-ISH, e demais normativa que lle sexa de aplicación.

Art. 5.3.5. Condicións dos talleres domésticos.

Deberán respectarse coa súa ubicación as condicións mínimas da vivenda á que estean anexos. Poderán situarse na propia vivenda, na planta baixa ou semisoto das vivendas unifamiliares, sempre que se cumpran as condicións de adecuación do local á normativa de habitabilidade, contra incendios e demais que lle sexa de aplicación, ou en anexos ás vivendas, segundo as condicións que se impoñan nas ordenanzas específicas de cada clase de solo.

CAPÍTULO 4. USO GLOBAL DE SERVICIO TERCIARIO.

Art. 5.4.1. Definición

É o que ten por finalidade a prestación de servicios ao público polas empresas ou organismos.

Art. 5.4.2. Pormenorización

Distínguense as seguintes categorías:

- Hospedaxe.

- Comercio.

- Oficinas.

- Salas de reunións.

- Residencia comunitaria.

Art. 5.4.3. Hospedaxe

É o servicio terciario, destinado a proporcionar aloxamento temporal ás persoas.

Distínguense as seguintes clases:

1. Hoteis e moteis, pensións, pousadas, con restaurante.

2. Hoteis e moteis, pensións, pousadas, sen restaurante.

3. Colexios maiores, residencias de estudiantes.

Condicións do hospedaxe:

1. Cumprirá a regulamentación da Industria Hoteleira, segundo a normativa aplicable á mesma

2. Aparcamento: Disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m2 de superficie ou cuarto, ubicadas na propia parcela. Naqueles casos nos que, fehacentemente, se demostre a imposibilidade de consecución das mencionadas prazas na propia parcela pola súa configuración, topografía, xeotécnia, etc., se poderá xustificar este estándar garantindo a súa adquisición en soares ubicados a unha distancia non superior a 200 m. Estas prazas vincularanse rexistralmente á actividade a desenvolver.

Clasificación en graos:

Grao 1º: Aloxamentos de hospedaxe, con ou sen restaurante, de tipo rural.

Grao 2º: Aloxamentos de hospedaxe, con ou sen restaurante, en edificios de nova planta ou existentes non tradicionais, cun limite máximo de 10 cuartos.

Grao 3º: Aloxamentos de hospedaxe de calquera tipo sen limite de cuartos.

Art. 5.4.4. Comercio

É o servicio terciario, destinado a subministrar mercancías ao público mediante vendas ó por menor.

Distínguense as seguintes clases:

a. Local comercial: Cando a actividade se desenvolve nun establecemento independente, coa seguinte limitación: Superficie menor de 2.500 m2.

b. Establecemento comercial: cando a actividade se desenvolve en planta baixa de edificación existente cunha superficie inferior a 2.500 m2.

c. Agrupación comercial: Cando a actividade se desenvolve por distintas casas comerciais en locais independentes, con acceso e instalacións comúns, tais como galerías comerciais, centros e complexos comerciais, coas mesmas limitacións da categoría a. anterior, aplicable a cada local independente.

d. Grandes superficies comerciais: Cando a actividade se desenvolve baixo unha soa casas comercial, con dimensións superiores a 2.500 m2.

Segundo o carácter dos bens con que comercian, distínguense dous graos:

Grao 1º: comercio alimentario. Cando ó tráfico destas mercancías adícase, alomenos, o 35% da súa superficie de venda ou supere os 1000 m2 se se integra nun establecemento da clase d., distinguíndose os tipos seguintes:

1.- Establecemento de venda tradicional.

2.- Establecemento con sistema de venda en autoservicio:

2.1.- Autoservicio cuia superficie de venda é inferior a 125 m2.

2.2.- Superservicio: Cuia superficie de venda é superior a 125 m2.

2.3.- Supermercado: cuia superficie de venda é maior a 400 m2 e inferior a 750 m2.

2.4.- Maximercado: cuia superficie de venda é superior a 750 m2 e inferior a 2.500 m2.

2.5.- Hipermercado: cuxa superficie de venda é superior a 2500 m2.

3.- Economatos e cooperativas de consumo, principalmente dedicados á alimentación.

Grao 2º: Comercio non alimentario: cando a súa actividade exclusiva ou principal é o tráfico de mercancías non alimentarias.

Distínguense os seguintes tipos:

1.- Establecementos por seccións e grandes almacéns.

2.- Economatos e cooperativas de consumo con predominio de artigos non alimentarios.

3.- Establecementos especializados, calquera que sexa o seu sistema de venda.

Condicións do comercio.

1. Dimensións.

En ningún caso a superficie de venda será menor de seis metros cadrados, nin poderá servir de paso a ningunha vivenda.

2. Escaleiras.

Disporase unha escaleira de ancho non inferior a un metro e trinta centímetros por cada 500 m2 de superficie de venda en planta, ou fracción maior de 250 m2. Non obstante, será de aplicación a Norma CPI-96 ou a que a substitúa.

3. Aseos.

Disporán dun aseo formado por retrete e lavabo ata 100 m2 ou fracción, incrementándose nun retrete e un lavabo por cada 200 m2 adicionais ou fracción superior a 100 m2, separándose neste caso por sexos. O seu acceso realizarase por medio dun vestíbulo.

4. Aparcamentos.

A partir de 400 m2 de superficie de venda de uso comercial disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m2 de superficie, ubicadas na propia parcela. Naqueles casos nos que, fehacentemente, se demostre a imposibilidade de consecución das mencionadas prazas na propia parcela pola súa configuración, topografía, xeotécnia, etc., poderase xustificar este estándar garantindo a súa adquisición en soares ubicados a unha distancia non superior a 200 m. Estas prazas vincularanse rexistralmente á actividade a desenvolver.

5. Altura libre de pisos.

Será de tres metros como mínimo en todas as plantas.

6. Pasaxes comerciais.

As agrupacións comerciais poderán establecerse en planta baixa formando unha pasaxe, que terá acceso para o público por ambos extremos, cunha anchura non inferior a catro metros.

7. Hipermercados e grandes superficies comerciais

Serán de aplicación a normativa ao respecto do Dirección Xeral de Comercio

Art. 5.4.5. Oficinas

É o uso terciario cuia función é a de emprestar servicios administrativos, técnicos, financeiros, de información ou outros, ben ás empresas ou aos particulares.

Segundo o prestatario dos servicios, distínguense tres graos:

Grao 1º. Servicios da Administración.

Grao 2º. Oficinas privadas.

Grao 3º. Despachos profesionais domésticos e outros servicios profesionais.

Condicións das oficinas.

1. Escaleiras.

Disporase unha escaleira de ancho non inferior a un metro e dez centímetros por cada 250 m2 de superficie de planta, ou fracción maior de 250 m2.

2. Aseos.

Disporán dun aseo formado por retrete e lavabo ata 100 m2 ou fracción, incrementándose nun retrete e un lavabo por cada 200 m2 adicionais ou fracción superior a 100 m2, separándose neste caso por sexos. O seu acceso realizarase por medio dun vestíbulo.

3. Aparcamentos.

A partir de 300 m2 de superficie disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m2 de superficie, ubicadas na propia parcela. Naqueles casos nos que, fehacentemente, se demostre a imposibilidade de consecución das mencionadas prazas na propia parcela pola súa configuración, topografía, xeotécnia, etc., poderase xustificar este estándar garantindo a súa adquisición en soares ubicados a unha distancia non superior a 200 m. Estas prazas vincularanse rexistralmente á actividade a desenvolver.

4. Altura libre de pisos.

En edificios de uso exclusivo será de tres metros como mínimo en todas as plantas. En edificios con outros usos, as que sinalen as normas de aplicación na zona en que se atopen.

Art. 5.4.6. Salas de reunión:

É o uso terciario cuia actividade está ligada á vida de relación, como bares, cafeterías, restaurantes, acompañadas en ocasións de espectáculos, tais como salas de baile, discotecas, etc., casinos, salas de xogos recreativos, bingos e outros locais en que se practiquen xogos de azar.

Comprende as actividades que se relacionan:

1. Establecementos de bebidas e cafés con espectáculos.

2. Espectáculos (excepto cine e deportes).

3. Outros que cumpran fins análogos.

Condicións das salas de reunión.

Cumprirán as condicións do uso comercial e as establecidas no Regulamento Xeral de Policía de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas.

Aparcamentos:

A partir de 400 m2 de superficie disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m2 de superficie ou dúas prazas de aforo, ubicadas na propia parcela. Naqueles casos nos que, fehacentemente, se demostre a imposibilidade de consecución das mencionadas prazas na propia parcela pola súa configuración, topografía, xeotécnia, etc., poderase xustificar este estándar garantindo a súa adquisición en soares ubicados a unha distancia non superior a 100 m. Estas prazas vincularanse rexistralmente á actividade a desenvolver.

Art. 5.4.7. Residencia comunitaria:

Cando a residencia está destinada ao aloxamento estable de persoas que non configuran núcleo que puidese ser considerado como familia, tais como Centros de Benestar Social con internamento, residencias de anciáns, comunidades relixiosas, internados, e similares.

Condicións da Residencia comunitaria.

Regularase polas seguintes condicións.

1. As condicións de aplicación aos edificios ou locais destinados a residencia comunitaria son as mesmas que para as vivendas familiares cando a súa superficie total non rebase os 500 m2.

2. Se a superficie total supera os quiñentos metros cadrados, serán de aplicación as correspondentes ao uso de Hospedaxe.

3. Os Centros de Benestar Social con internamento, rexeranse pola normativa da Consellería de Saúde e Benestar Social da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. A partir de 300 m2 de superficie disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m2 de superficie, ubicadas na propia parcela. Naqueles casos nos que, fehacentemente, se demostre a imposibilidade de consecución das mencionadas prazas na propia parcela pola súa configuración, topografía, xeotécnia, etc., poderse xustificar este estándar garantindo a súa adquisición en soares ubicados a unha distancia non superior a 200 m. Estas prazas vincularanse rexistralmente á actividade a desenvolver.

CAPÍTULO 5. USO GLOBAL DE GARAXE-APARCAMENTO

Art. 5.5.1. Definición.

Denominase "garaxe-aparcamento" a todo lugar destinado á estancia de vehículos de calquera clase. Considéranse incluídos, dentro desta definición, os lugares anexos de paso, espera ou estancia de vehículos, así como os depósitos para venda de vehículos e locais ó servicio do automóbil.

Art. 5.5.2. Clasificación.

Distínguense o seguintes graos:

Grao 1º. Garaxe-aparcamento anexo a vivenda unifamiliar para utilización exclusiva dos usuarios da vivenda.

Grao 2º. Garaxe-aparcamento en planta baixa, semistos e sotos.

Grao 3º. Garaxe-aparcamento en parcela interior, patios de mazá e espacios libres privados.

Grao 4º. Garaxe-aparcamento en edificio exclusivo.

Grao 5º. Garaxe-aparcamento en mazá completa.

Art. 5.5.3. Condicións.

1. A instalación e uso de aparcamentos e locais para o servicio do automóbil deberán axustarse ás prescricións das presentes Ordenanzas e demais disposicións vixentes.

2. O Concello poderá denegar a súa instalación naquelas fincas que estean situadas en vías que, polo seu tránsito ou características urbanísticas singulares así o aconsellen, salvo que se adopten as medidas correctoras oportunas mediante as condicións que cada caso requira. O feito de denegar a instalación de garaxe-aparcamento se fose obrigatoria, non relevará aos propietarios de suplir estas instalacións en lugar e forma adecuados nun radio de 200 metros.

3. Os garaxes-aparcamentos, os seus establecementos anexos e os locais do servicio do automóbil disporán en todos os seus accesos dun espacio de tres metros de ancho e cinco metros de fondo, como mínimo, con piso horizontal, no que non poderá desenvolverse ningunha actividade. O pavimento de dito espacio deberá axustarse á rasante da aceira, sen alterar para nada o seu trazado. En consecuencia, nas rúas inclinadas formarase unha superficie reglada, tomando como liñas directrices a rasante na aliñación oficial e a horizontal ao fondo dos cinco metros a nivel co punto medio da primeira e, como xeratrices, rectas que se apoian en ambas e son perpendiculares á segunda. A porta do garaxe non adiantará en ningún punto da aliñación oficial e terá unha altura mínima de dous metros. Nas rúas con pendente, dita altura medirase no punto mais desfavorable.

4. O uso de garaxe-aparcamento cumprirá en todo caso co establecido na Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras Arquitectónicas e o regulamento que a desenrola.

Art. 5.5.4. Accesos.

1. Prohíbese o acceso directo rodado polas vías rápidas da rede arterial, excepto os de categorías 1.ª, 2.ª e 3.ª, cando a parcela non poida ter acceso por outra vía.

2. Os garaxes-aparcamentos de menos de 600 metros cadrados poden utilizar como acceso o portal do inmoble cando sexa para uso exclusivo dos ocupantes do edificio.

4. Os garaxes-aparcamentos de 600 a 2.000 metros cadrados poderán dispor dun só acceso para vehículos, pero contarán con outro peonil distanciado daquel, dotado de vestíbulo. estanco, con dobres portas, resistentes ao lume e con resortes de retención para posibles ataques ao lume e salvamento de persoas. O ancho mínimo deste acceso será dun metro.

5. Nos garaxes-aparcamentos de 2.000 a 6.000 metros cadrados, a entrada e saída deberán ser independentes ou diferenciadas, cun ancho mínimo para cada dirección de tres metros, e deberán ter, ademais, unha saída de ataque e salvamento. Nos superiores a 6.000 metros cadrados deberán existir accesos a dúas rúas, con entrada e saída independentes ou diferenciada en cada unha delas. Estes últimos disporán dun acceso para peóns.

6. As ramplas non superarán a pendente do 20 por 100, e as ramplas en curva, do 15 por 100, medida pola liña media. A súa anchura mínima será de tres metros, co sobreancho necesario nas curvas, e o seu radio de curvatura, medida tamén no eixo, será superior a seis metros.

7. Poderá permitirse o emprego de aparellos montacoches. Cando o acceso sexa por este sistema, instalarase un por cada 20 prazas ou fracción. O espacio de espera horizontal terá un fondo mínimo de 6 metros e o seu ancho non será inferior a 5 metros.

8. Autorizase a mancomunidade de garaxes-aparcamentos.

9. Os accesos situaranse a ser posible de tal forma que non se destrúa o arborado existente. En consecuencia, procurarase emprazar os vaos preservando os alcorques correspondentes.

Art. 5.5.5. Prazas de aparcamento.

Entendese por praza de aparcamento un espacio mínimo de 2,20 por 4,50 metros. Sen embargo, o número de coches no interior dos garaxes-aparcamentos non poderá exceder do correspondente a 20 metros cadrados por vehículo. Sinalaranse no pavimento os emprazamentos e corredores de acceso dos vehículos, sinalización que figurará nos planos dos proxectos que se presenten ao solicitar a concesión das licencias de construcción, instalación, funcionamento e apertura.

En garaxes-aparcamentos admítese unha altura mínima de 2 metros en calquera punto.

Art. 5.5.6. Aseos.

1. Os garaxes-aparcamentos de 600 a 2.000 metros cadrados disporán dun retrete con lavabo.

2. Os de 2.000 a 6.000 metros cadrados disporán de dous retretes con lavabo.

3. Os de mais de 6.000 metros cadrados disporán dun retrete con lavabo máis por cada 2.000 metros cadrados de exceso ou fracción.

4. Cando exista mais dun servicio hixiénico instalarase con enteira independencia para señoras e cabaleiros.

Art. 5.5.7. Escaleiras.

As escaleiras terán un ancho mínimo de 1 metro para garaxes-aparcamentos de ata 6.000 metros cadrados e superior a 1,30 metros nos de maior superficie.

Art. 5.5.8. Construcción.

1. Todos os elementos que constitúan a estructura da edificación destinada a garaxe ou aparcamento, haberán de ser resistentes ao lume tipo de tres horas de duración ou estar debidamente protexidos con material illante, tendo en conta a acción derivada da temperatura que poida alcanzar dita estructura a través da súa protección, debendo especificarse nos proxectos correspondentes á natureza, espesores e características dos materiais protectores.

2. O recinto do garaxe-aparcamento deberá estar illado do resto da edificación ou fincas colindantes por muros e forxados, resistentes ao lume e con illamento acústico de acordo coa Ordenanza sobre ruídos, sen ocos directos de comunicación con patios ou locais destinados a outros usos.

3. Poderá comunicarse o garaxe-aparcamento coa esacleira, ascensor, cuartos de caldeiras, salas de máquinas, cuartos trasteiros ou outros servicios autorizados do inmoble cando estes teñan outro acceso e dispoñan dun vestíbulo adecuado de illamento, con portas blindadas de peche automático, resistentes á temperatura e estancas ao fume. Exceptúanse os situados debaixo de salas de espectáculos, os cales estarán totalmente illados, non permitindo ningunha comunicación interior co resto do inmoble, e calquera oco de este deberá estar a unha distancia alomenos de catro metros doutro do edificio ou dos lindeiras coas fincas colindantes.

4. Nos espacios libres que se destinan a aparcamentos de superficie non se autorizarán máis obras ou instalacións que as de pavimentación e procurarase que este uso sexa compatible co arborado.

5. Só se permitirá nos garaxes-aparcamentos a estancia de vehículos e o lavado e engraxe con exclusión de calquera outra actividade.

6. Nos espacios libres da edificación aberta e da illada, o garaxe-aparcamento, que deberá cumprir coas condicións sinaladas anteriormente, terá o nivel superior da capa de terra axardinada á mesma rasante que a do terreo circundante.

7. Non poderá ocuparse o subsolo da zona correspondente aos retranqueos obrigatorios da aliñación ás vías públicas.

Art. 5.5.9. Ventilación.

1. A ventilación natural ou forzada estará proxectada con suficiente amplitude para impedir a acumulación de vapores ou gases nocivos, en proporción superior ás cifras que sinala o Regulamento de Actividades Molestas, sendo obrigatorio, cando exista ventilación forzada, dispor dun aparello detector de CO2 por cada 500 metros cadrados, situándoo nos puntos mais desfavorablemente ventilados, que accionen ditas instalacións. Farase con patios ou chemineas para a súa ventilación exclusiva, construídos con elementos resistentes ao lume, que adiantarán nun metro a altura máxima permitida polas Ordenanzas Municipais, afastados 1,5 metros de calquera oco ou abertura das construccións colindantes, e se desembocan en lugar de uso ou acceso ao público terán unha altura mínima desde a superficie pisable de 2,50 metros, debendo estar protexida horizontalmente nun radio de 2,50 metros, de maneira que no punto mais afectado non se superen os niveis de inmisión.

2. Entendese por ventilación natural aquela en que existe un metro cadrado de sección nos ocos ou conductos de aireación por cada 200 metros cadrados de superficie do local, e por ventilación forzada, a aquel conxunto de elementos que garantan un barrido completo dos locais cunha capacidade mínima de seis renovacións/hora e cuias bocas de aspiración estean dispostas de forma que existan cando menos dúas bocas en proxección vertical sobre o solo por cada un dos cadros de 15 metros de lado en que idealmente poda ser dividido o local. O mando dos extractores situarase en local de fácil acceso.

3. Os garaxes-aparcamentos subterráneos, ubicados en patios de mazá, ventilaranse necesariamente por chemineas que cumpran as condicións antes sinaladas.

4. En edificios exclusivos para este uso permitiranse ocos de ventilación en fachada á rúa, separados, como mínimo, 4 metros das fincas colindantes, non autorizándose nas fachadas a patios de mazá.

Art. 5.5.10. Calefacción.

A calefacción dos locais e demais medios nos que se realice a combustión de substancias disporase de forma que en ningún momento haxa perigo de que as mesturas carburantes se inflamen, debendo estar totalmente illados e ventilados.

Art. 5.5.11. Iluminación.

1. A iluminación artificial realizarase só mediante lámpadas eléctricas, e as instalacións de enerxía e alumeado responderán ás disposicións vixentes sobre a materia. O Concello poderá esixir a instalación de alumeado supletorio de emerxencia nos garaxes de mais de 2.000 metros cadrados, cun nivel mínimo de cinco lux. Nos garaxes de mais de 6.000 metros cadrados, ademais existirá unha sinalización luminosa no solo.

2. Cando haxa de se utilizar outro tipo de iluminación, se requirirá unha autorización especial do Concello.

Art. 5.5.12. Instalacións contra incendios.

1. Instalaranse aparellos de extinción de incendios de cinco quilogramos de neve carbónica ou preferentemente po seco, en todo tipo de garaxes, ou garaxe-aparcamento, de forma que correspondan catro, como mínimo, por cada 500 metros cadrados ou fracción. Están exentos desta obriga os de dimensións inferiores a 50 metros cadrados. Nos garaxes de mais de 6.000 metros cadrados contarase cun carro extintor de po seco de 50 quilogramos de capacidade e outro mais por cada 3.000 metros cadrados de exceso.Nos garaxes superiores a 500 metros cadrados instalarase unha rede interior de auga para incendios, conectada no seu caso aos hidrantes. Esta rede manterá en todo momento a presión de 3,5 atmosferas e estará dotada das correspondentes equipas de presurización cando a rede xeral non garanta tal presión. A esta rede engancharase un posto de auga por cada 500 metros cadrados de planta, con mangaxe suficiente para alcanzar toda a superficie.

2. Se esta superficie de 500 metros cadrados estivese desenvolvida en varias plantas, esixiranse alomenos dous extintores en cada un deles. Os extintores manuais situaranse sobre os soportes e muros, en lugares de fácil acceso e provistos de dispositivos de suxeición seguros e de rápido manexo, debendo figurar unha chapa de instruccións para o seu uso e sinalización con amaño ás disposicións das Normas UNE. Igual sinalización empregarase para os carros extintores.

3. Instalarase en cada 500 metros cadrados de garaxe ou fracción un recipiente de material resistinte ao lume, con tapa abisagrada das mesmas características, para gardar trapos e algodóns que puidesen estar impregnados de graxa ou gasolina.

4. Igualmente instalaranse por cada 500 metros cadrados ou fracción, recipientes abertos que conteñan productos capaces de absorber calquera derrame fortuíto de gasolina ou graxas (tais como area, terra de infusoiros, etc.) Estes productos poderán estar en sacos para o seu fácil transporte e o depósito disporá dunha pala para o seu manexo.

5. Os garaxes-aparcamentos de mais de 2.000 metros cadrados disporán, nas proximidades de cada acceso pola vía pública, dun hidrante do modelo regulamentario utilizado polo Servicio contra incendios.

6. Nos garaxes-aparcamentos de mais de 6.000 metros cadrados esixirase a instalación dunha rede automática de "dispositivos", para localizar e evitar a propagación de calquera incendio.

7. Os garajes-aparcamentos de tres ou mais plantas contarán cun sistema especial de detectores de incendios, con cadro centralizado nas proximidades dos accesos principais na súa parte mais próxima á vía pública.

8. En garaxes-aparcamentos de mais de 2.000 metros cadrados instalarase un sistema eficaz de evacuación de fumes.

9. Todo garaxe, independentemente da súa superficie e catalogación, disporá como mínimo dun extintor.

10. En todo caso rexerá o disposto pola NBE-CPI-96

Art. 5.5.13. Desaugues.

Disporán, para a súa acometida á rede de saneamento ou á xeral, dun sistema eficaz de depuración de graxas.

Art. 5.5.14. Establecementos anexos aos garaxes-aparcamentos.

Os establecementos desta natureza cumprirán, ademais, as prescricións contidas nos artigos seguintes, segundo os casos.

Art. 5.5.15. Instalación de engraxe e lavado.

Permitiranse estas instalacións como anexas a garaxes-aparcamentos coas condicións que sinalan as Normas Xerais e as Ordenanzas de cada Zona.

Art. 5.5.16. Carga de baterías.

Permítense instalacións para a carga de baterías sempre que o local onde se efectúen estas operacións estea illado do resto do garaxe e con ventilación suficiente.

Art. 5.5.17. Estacións de proba de motores.

Non se autorizan estas instalacións mais que en garaxes establecidos nas zonas rexidas por Ordenanzas industriais.

Art. 5.5.18. Subministradores de gasolina.

Prohíbese a instalación de aparellos subministradores no interior dos garaxes-aparcamentos, excepto nos edificios exclusivos para este uso e nas zonas industriais.

Art. 5.5.19. Prescricións de explotación.

1. Queda prohibido fumar e facer lume en todo local de garaxe-aparcamento, nas estacións de servicio ou nos seus establecementos anexos, dentro da zona definida legalmente como perigosa. Visiblemente fixaranse, con carácter permanente, letreiros nos diferentes locais coa lenda "Non fumar", "Perigo de incendio".

2. Prohíbese o almacenamento de carburantes e combustibles líquidos fora dos depósitos dos vehículos. No caso de instalacións de depósitos de combustíbeis para calefacción, situados en plantas de uso xenérico de garaxe-aparcamento, as mesmas situaranse en recinto independente delimitado con paredes separadoras resistentes ao lume, con acceso independente mediante vestíbulo de independencia, e cumprindo todas as especificacións que ao respecto establece a Norma básica da edificación sobre protección contra incendios nos edificios.

3. Non obstante o preceptuado no parágrafo anterior, poderá admitirse a garda de vehículos cun bidón de reposto de 15 litros de capacidade máxima.

4. As aceiras, os pasos xerais e os aparcamentos deberán sempre conservarse libres, sinalizándose debidamente para a súa fácil comprobación.

5. Prohíbense as reparacións ruidosas, molestas, nocivas e perigosas, tais como o traballo de chapistas, pintura e proba de motores, salvo nas zonas industriais e de almacéns.

6. Fica prohibido todo almacenamento, mesmo dentro dos vehículos, de material de calquera clase, combustible ou non, e realizar dentro destes locais operacións que non respondan estrictamente ás necesarias de acceso e estancia dos vehículos, así como lavado e engraxe.

7. Prohíbese o peche de prazas dentro dun garaxe-aparcamento

Art. 5.5.20. Depósitos de vehículos usados.

1. O almacenamento de vehículos usados, tanto para a súa venda como para o seu desgüace, poderá ser permitido nos emprazamentos que autorice o Concello.

2. Cumprirán as condicións de seguridade que sinalan as disposicións vixentes e deberán estar cercados en todo o seu perímetro por muros de fábrica de suficiente altura, ou por sebes vexetais que impidan o paso e a vista dos vehículos desde o exterior.

Art. 5.5.21. Condicións para a apertura e posta en servicio.

Independentemente da licencia de construcción, que poderá estar englobada dentro da licencia da edificación na que se integren, a apertura e posta en servicio de todas as categorías, excepto a 1ª (garaxe-aparcamento anexo a vivenda unifamiliar) será tramitada conxuntamente coa solicitude de vao municipal, acompañándose proxecto técnico redactado por técnico competente, que reflicte a distribución e instalacións das que se compón, xunto co cálculo xustificativo do seu dimensionado de acordo con estas ordenanzas e de toda a Normativa legal que sexa de aplicación en cada caso. Faise constar, a obrigatoriedade de dar exacto cumprimento ao Anexo 6 da Norma Básica da Edificación de condicións de Protección Contra Incendios nos Edificios, tanto nos proxectos de edificación como nos de apertura.

Art. 5.5.22. Instalacións existentes.

O Concello poderá instar aos propietarios, sexan persoas físicas, xurídicas ou comunidades de propietarios, para que soliciten licencia de apertura e o vao municipal correspondente, así como a adaptación das instalacións á normativa vixente, sempre que isto sexa posible, e en todos os casos, no referente a seguridade.

CAPÍTULO 6. USO GLOBAL AGROPECUARIO

Art. 5.6.1. Definición:

É o directamente relacionado coas explotacións dedicadas á agricultura e a gandería

Art. 5.6.2. Clasificación:

Considéranse os seguintes graos:

Grao 1º.a.- Estabulacións vinculadas a explotacións agropecuarias de carácter familiar, con base territorial.

Grao 1º.b.- Estabulacións vinculadas a explotacións agropecuarias de carácter familiar, sen base territorial.

Grao 1º.c.- Pequenas estabulacións de gando destinadas exclusivamente a autoconsumo.

Grao 2º.a.- Estabulacións vinculadas a explotacións agropecuarias de carácter non familiar, con base territorial.

Grao 2º.b.- Estabulacións vinculadas a explotacións agropecuarias de carácter non familiar, sen base territorial.

Grao 3º.- Locais para almacenaxe de productos agrícolas: silos, celeiros, almacén de maquinaria, etc. ata 200 m2.

Grao 4º.- Locais para almacenaxe de máis de 200 m2.

Grao 5º.- Viveiros e invernadoiros

Art. 5.6.3. Condicións do uso agropecuario.

Nos casos en que, en función da economía tradicional da zona se permita a compatibilidade de uso agropecuario co de vivenda, deberanse cumprir en orde á salubridade, as seguintes normas básicas:

a) Non se permitirá que os locais de uso gandeiro teñan comunicación directa coa vivenda e os seus accesos serán por tanto independentes e separados un mínimo de 3 m.

b) Os ocos de ventilación do local de uso gandeiro non poderán abrirse a vías públicas a unha distancia menor de 15 m do eixo da vía.

Para as estabulacións de explotacións enclavadas nas categorías 1.b. e 2.b. esixirase unha distancia mínima superior a 500 metros aos asentamentos de poboación delimitados e de 250 á vivenda existente mais próxima, salvo que a lexislación sectorial fixe distancias maiores, e para as estabulacións das explotacións enclavadas nas categorías 1.a. e 2.a. a distancia será de 100 m ó limite exterior dos núcleos delimitados e 50 m ás vivendas existentes non incluídas nas delimitacións dos núcleos rurais.

Art. 5.6.4. Aplicación de abonos.

Considérase verquido toda acción de verter incontroladamente materia residual sólida, pastosa, líquida ou gaseosa resultante de calquera actividade (industrial, comercial, constructiva, gandeira, etc.)

Non se considerará verquido a aplicación de esterco, purín e calquera outro tipo de abono orgánico tradicional que se realice baixo as condicións legalmente establecidas pola Directiva "Nitratos" e polo "Código Galego de Boas Prácticas Agrarias".

CAPÍTULO 7. USO GLOBAL DOTACIONAL.

Art. 5.7.1. Definición:

É o que ten por finalidade a provisión de equipamento que faga posible a educación, enriquecemento cultural, saúde, etc., das persoas, e a proporcionar os servicios administrativos ou infraestructurais necesarios na cidade.

Art. 5.7.2. Pormenorización.

Distínguense as seguintes categorías:

- Equipamento.

- Servicios urbanos.

- Servicios infraestructurais.

- Servicios para o transporte e as comunicacións.

Art. 5.7.3. Aplicación.

As condicións que se sinalan para as dotacións serán de aplicación nas parcelas que o planeamento destina para iso, e que a tales efectos se sinalan na documentación gráfica ou escrita.

Art. 5.7.4. Compatibilidade de usos.

Nas parcelas cualificadas para usos dotacionais, ademais do uso predominante, poderase dispor calquera outro que coadxuve aos fins dotacionais previstos, con limitación no uso residencial, que soamente poderá dispor dunha vivenda destinada a quen custodie a instalación ou residencia comunitaria.

Art. 5.7.5. Equipamento.

Distínguense os seguintes clases, en función das prestacións sociais a satisfacer:

1. Docente. Calquera nivel reglado de ensino, mesmo as garderías; ensinos non regladas (centros de idiomas, academias, etc.) e a investigación.

2. Sociocultural. Bibliotecas, museos, salas de exposición, salas de actos múltiples, cines, teatros, etc.

3. Sanitário-asistencial. Asistencia en réxime ambulatorio ou con hospitalización. Non se inclúen os despachos profesionais. Asistencia non sanitaria mediante servicios sociais. Residencias de anciáns ou similares, albergues, etc. Tanatorios.

4. Deporte. Instalacións para a práctica do deporte e o desenvolvemento da cultura física.

5. Relixioso. Celebración de cultos.

Art. 5.7.6. Condicións do equipamento educativo.

Cumprirá as disposicións correspondentes á actividade.

As condicións de ocupación e altura fíxanse a continuación:

- Ocupación en planta: 70% en solo urbano, 60% en núcleo rural e 20% en solo rústico.

- Número máximo de plantas: tres en solo urbano, dúas en núcleo. En solo rústico a altura máxima e o número de plantas será a que se especifica no artigo 11.2.10. da presente normativa.

Art. 5.7.7. Condicións do equipamento deportivo.

As condicións de ocupación e altura fíxanse a continuación:

- Ocupación en planta: 70% en solo urbano, 50% en núcleo rural e 20% en solo rústico.

- Número máximo de plantas: dúas en solo urbano, dúas en núcleo rural e dúas en solo rústico

- Altura máxima: 10 m en solo urbano, 7 m en solo de núcleo rural En solo rústico a altura máxima e o número de plantas será a que se especifica no artigo 11.2.10. da presente normativa.

Nestes casos permítese a colocación de peches de malla metálica cunha altura máxima determinada pola actividade deportiva a realizar, independentemente da clasificación do solo no que se atope o equipamento.

Art. 5.7.8. Condicións do equipamento relixioso.

As condicións de ocupación e altura fíxanse a continuación:

- Ocupación en planta: 50% en solo urbano, 50% en núcleo rural e 20% en solo rústico.

- Número máximo de plantas: dúas en solo urbano, dúas en núcleo rural e dúas en solo rústico.

- Altura máxima: 10 m en solo urbano, 7 m en núcleo rural. En solo rústico a altura máxima e o número de plantas será a que se especifica no artigo 11.2.10. da presente normativa. Esta altura poderá ser sobrepasada xustificadamente con elementos puntuais propios da condición relixiosa do equipamento.

Art. 5.7.9. Condicións doutros equipamentos.

Para todos aqueles usos de equipamento, definidos no artigo 5.7.5, ubicados en parcelas destinadas polo Plan Xeral a tales usos, aos que non se lles fixan condicións específicas de edificabilidade, entenderase que, independentemente da ordenanza de aplicación, as máximas admisibles son as seguintes:

1. Edificabilidade: 1,50 m2/m2 en solo urbano, 0,60 m2/m2 en solo de núcleo rural e 0,3 m2/m2 en solo rústico.

2. Ocupación en planta: 60% en solo urbano, 50% en núcleo rural e 20% en solo rústico.

- 3. Número máximo de plantas: segundo a ordenanza onde sexa de aplicación, ou segundo a lóxica do uso a implantar. En solo de núcleo rural non excederán as dúas plantas nin os 7 m de altura máxima. En solo rústico a altura máxima e o número de plantas será a que se especifica no artigo 11.2.10. da presente normativa.

Para aqueles usos de equipamento non ubicados en parcelas destinadas a tales usos polo Plan Xeral, e sempre e cando a ordenanza permita a súa localización, rexerán as condicións que fixe a ordenanza correspondente.

Art. 5.7.10. Servicios urbanísticos

Distínguense as seguintes clases, en función das prestacións sociais a satisfacer:

1. Comercial. Prazas e centros de comercio básico

2. Administrativo. Servicios da administración.

3. Outros servicios urbanos.

4. Cemiterios.

Art. 5.7.11. Condicións dos prazas e centros de comercio básico

Serán os que provean á poboación de productos alimentarios e outros de carácter básico.

Os prazas cumprirán, ademais das condicións que polo seu carácter lle sexan de aplicación, as correspondentes ao uso de comercio, contidas nestas normas.

Art. 5.7.12. Condicións dos servicios da Administración

Son os servicios para desenvolvemento da xestión dos asuntos das distintas administracións públicas e atención aos cidadáns.

Cando a súa actividade sexa asimilable ao uso de oficinas, serán de aplicación as condicións que para estas conteñen estas normas.

Art. 5.7.13. Condicións doutros servicios urbanísticos

Tais como bombeiros, policía e similares, servicios de limpeza e similares, estacións de servicio, de autobuses, de trens e similares, protección civil, estacións de depuración ou tratamento de auga e similares.

Atenderase ás especificacións derivadas do uso

Art. 5.7.14. Condicións dos servicios urbanísticos.

Para todos aqueles usos de Servicios urbanos, definidos no artigo 5.7.10, excluídos os cemiterios, ubicados en parcelas destinadas polo Plan Xeral a tales usos, aos que non se lles fixan condicións específicas de edificabilidade, entenderase que, independentemente da ordenanza de aplicación, as máximas admisíbeis son as seguintes:

1. Edificabilidade: 1,0 m2/m2 en solo urbano, 0,60 m2/m2 en solo de núcleo rural e 0,2 m2/m2 en solo rústico.

2. Ocupación en planta: 40% en solo urbano, 30% en núcleo rural e 20% en solo rústico.

- 3. Número máximo de plantas: segundo a ordenanza onde sexa de aplicación, ou segundo a lóxica do uso a implantar. En solo de núcleo rural non excederán as dúas plantas nin os 7 m de altura máxima. En solo rústico a altura máxima e o número de plantas será a que se especifica no artigo 11.2.10. da presente normativa.

Para aqueles usos de servicios urbanos non ubicados en parcelas destinadas a tales usos polo Plan Xeral, e sempre e cando a ordenanza permita a súa localización, rexerán as condicións que fixe a ordenanza correspondente.

Art. 5.7.15. Condicións dos Cemiterios.

Cumprirán las condiciones específicas del uso.

Art. 5.7.16. Servicios infraestructurais

Tais como subministro de auga e enerxía, saneamento, telefonía, e similares.

Execución dos servicios infraestructurais.

1. O Concello establecerá para cada clase de infraestructura, as disposicións específicas que regulen as súas condicións.

2. Calquera proxecto que se redacte para o desenvolvemento dos servicios infraestructurais, deberá ser elaborado en coordinación coas institucións xestoras ou compañas subministradoras dos servicios.

3. Para a execución dos servicios infraestructurais, poderase expropiar o dominio, ou establecer sobre os terreos afectados algunha servidume das previstas no dereito privado ou administrativo. A estes efectos as determinacións do P.X.O.M. referidas a instalacións de infraestructura, levan implícitas a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e instalacións correspondentes.

4. O concello poderá establecer as limitacións que considere oportunas, mediante a ordenanza correspondente. Tratarase en todo momento de reducir o impacto ambiental ou a diminución das condicións de salubridade do medio.

Art. 5.7.17. Condicións específicas das infraestructuras para o fornecemento de enerxía eléctrica.

1. Estas condicións regulan o transporte de enerxía eléctrica, que comprende os tendidos de liñas e as súas estructuras de soporte, e aquelas nas que se leva a cabo o troco de tensión da enerxía transportada.

2. En calquera clase de solo, toda instalación de nova planta, salvo de carácter provisional, tanto de transporte de alta tensión como de transformación, deberá implantarse nos lugares adecuados, previa tramitación no concello da correspondente solicitude.

3. No solo urbanizable, non se poderá facer instalación ningunha de alta tensión aérea fora das existentes. No desenvolvemento dos solos urbanizable será obrigado o soterramento das liñas eléctricas existentes.

4. Os proxectos de urbanización que traten das obras para o fornecemento de enerxía eléctrica contemplarán as modificacións da rede necesaria para que as condicións da área sexan as correspondentes ao solo urbano. A execución das obras acompañarase no tempo coas do resto da urbanización.

5. No solo urbano e de núcleo rural, salvo xustificación en contrario sobre a súa improcedencia, todas as instalacións de fornecemento de enerxía serán soterradas. A execución das obras necesarias poderá ser esixida polo Concello cando estean executadas as que definen aliñacións e rasantes ou se fixeran. Excepcionalmente nas áreas de uso industrial, poderán autorizarse, despois de xustificación pormenorizada, tendidos aéreos, debendo, en todo caso, discorrer estes polos trazados que se sinalen polo Concello.

6. Cando sexa necesario dispor centros de transformación no centro de gravidade das cargas, disporanse baixo cuberto nun edificio debidamente protexido e illado, salvo que se dispuxesen en terreos destinados a tal fin ou cumpriran as instruccións de seguridade que se sinalaren.

7. Os centros de transformación que deban situarse en edificios de vivendas deberán cumprir o especificado na Ordenanza Municipal sobre contaminación acústica, non se podendo colocar en lugares lindantes coas vivendas. Excepcionalmente poderase autorizar a colocación de centros de transformación exteriores e en construcción independente, sempre que así o estime o Concello polas especiais condicións de ubicación ou imposibilidade manifesta da súa situación noutro lugar. A limitación de lindeiro coas vivendas dos centros de transformación, refírese á súa calidade de apegado, pudendo situarse na planta baixa da edificación, sempre que se garanta un illamento acústico mínimo do forxado lindante coa vivenda de 65 dBA, non producción de vibracións e recubimento de material que amortigüe sensiblemente a transmisión de ondas electromagnéticas de maneira que resulte inocuo.

CAPÍTULO 8. USO GLOBAL DE ESPACIOS LIBRES E ZONAS VERDES.

Art. 5.8.1. Definición.

Comprende os terreos destinados á salubridade, repouso e esparexemento da poboación, ou a algún dos usos que se detallan nas categorías que se distinguen a continuación:

A. Zonas verdes (ZV).

1. Parque urbano, destinado ao lecer, repouso e a mellorar a salubridade e calidade ambiental.

a) Manterán a primacía da zona forestada sobre a urbanizada.

b) Poderá disporse edificación para usos complementarios da zona verde. Fixase unha ocupación máxima do 5% da súa superficie e altura dunha planta e 3,5 metros a cornixa.

2. Parque deportivo, destinado ao exercicio do deporte ao ar libre.

a) As instalacións deportivas disporanse preferentemente ao ar libre. Sen embrago poderán disporse en edificación pechada coa limitación do 5% de ocupación da superficie do parque deportivo e unha edificabilidade de 0,07 m²/m² de superficie.

b) Alomenos o 20% da superficie do parque deportivo, deberá ficar libre de instalacións, debendo axardinarse cos criterios sinalados para os parques e xardíns.

B. Espacios libres (EL):

1. Xardín, formados polos espacios libres axardinados urbanizados.

a) Deseñaranse dando prioridade aos elementos ornamentais e ás áreas adecuadas para a estancia das persoas.

b) Disporán de xogos infantís, de preadolescentes, con planos de area e auga ornamental.

c) Non se disporá espacio para deporte.

d) Non se autoriza ningunha edificación.

2. Área axardinada, con acondicionamento vexetal para a defensa ambiental, o repouso dos peóns e o acompañamento do viario.

a) Deseñaranse tendo en conta a función urbana que deben cumprir.

Art. 5.8.2. Acceso aos edificios desde os parques e xardíns.

Poderase acceder aos edificios desde os espacios libres e zonas verdes, se para iso contan cunha franxa pavimentada inmediata cunha anchura mínima de tres metros que facilite o acceso das persoas e de vehículos de servicio, e o portal mais afastado non se atope a mais de corenta metros da calzada.

TÍTULO VI. CONDICIÓNS XERAIS DA EDIFICACIÓN

CAPÍTULO 1. DETERMINACIÓNS XERAIS

Art. 6.1.1. Definición

As determinacións xerais son as condicións a que se ha de suxeitar a edificación polas súas propias características e pola súa relación co entorno.

Art. 6.1.2. Clases de condicións

1. A edificación cumprirá as condicións que se detallan nos capítulos seguintes, referentes aos seguintes aspectos:

a) Condicións da parcela edificable

b) Condicións de posición e ocupación dos edificios na parcela

c) Condicións de volume

d) Condicións xerais de calidade

e) Condicións de seguridade nos edificios

f) Condicións hixiénicas dos edificios

g) Condicións de dotación de servicios nos edificios

h) Condicións estéticas

i) Condicións de accesibilidade

j) Condicións dos peches

2. As condicións xerais da edificación e das súas relacións co entorno serán de aplicación na forma que se regula no presente título, salvo indicación en contra nas condicións dos usos, na regulación particular da ordenanza de aplicación, ou nas ordenanzas particulares dos planeamentos de desenvolvemento, que poderán establecer condicións particulares que non desvirtúen as establecidas nestas Normas.

3. A edificación deberá satisfacer, ademais as condicións contidas no Título V, segundo o uso a que se destine o edificio ou os locais, salvo indicación en contra da ordenanza de aplicación ou na ordenanza particular do planeamento incorporado ou de desenvolvemento, se ben estes últimos poderán establecer condicións particulares que non desvirtúen as establecidas nestas Normas.

CAPÍTULO 2. CONDICIÓNS DA PARCELA EDIFICABLE

Son as condicións que debe cumprir unha parcela para ser considerada como edificable, entendendo como parcela a superficie real de terreo deslindada como unidade independente e identificada polos seus lindeiros e a súa superficie, incluída dentro da delimitación da ordenanza correspondente

Son de aplicación nas obras de nova edificación excepto nas de reconstrucción e regúlanse no réxime correspondente ao uso a que se destina, na ordenanza de aplicación.

Art. 6.2.1. Parcela edificable e parcela mínima

Parcela edificable é a superficie comprendida entre lindeiros e/ou aliñacións se as houbese, sobre a cal se pode edificar.

Parcela mínima é a superficie mínima de parcela edificable, establecida pola correspondente Ordenanza.

Como regra xeral prohíbese efectuar segregacións como consecuencia das cales resulten parcelas de superficie inferior á mínima fixada en cada Zona.

Art. 6.2.2. Lindeiros

Son as liñas perimetrais que delimitan parcelas e sepáranas unhas de outras.

En relación á súa posición os lindeiras clasifícanse en:

- Lindeiro frontal: o que delimita a parcela coa vía pública de acceso.

- Lindeiro posterior: o que separa a parcela pola súa parte oposta ao frontal.

- Lindeiros laterais: os restantes lindeiros distintos do frontal e posterior.

Art. 6.2.3. Aliñacións

1. Actuais

Son os lindeiros das fincas cos viais existentes.

2. Oficiais

Son as liñas que se fixan como tais nos documentos do Plan Xeral ou nos do planeamento subordinado que o desenvolva.

Poden ser aliñacións exteriores e aliñacións interiores.

a) Exteriores. Son as que fixan o limite da parcela edificable cos espacios libres públicos, como vías, rúas, prazas, etc.

b) Interiores ou fondo edificable. Son os que fixan os limites das parcelas edificables co espacio libre interior.

En caso de incongruencia entre a couta representada na planimetría, a aliñación e a realidade física, os servicios técnicos municipais efectuarán as aclaracións oportunas sen necesidade de modificación do planeamento.

Art. 6.2.4. Mazá

É o conxunto de parcelas que sen solución de continuidade quedan comprendidas entre vías e/ou espacios libres públicos determinados no Plan.

Art. 6.2.5. Soar

1. Terán a condición de soar as superficies de solo urbano legalmente divididas e aptas para a edificación que, en todo caso, conten con acceso por vía pública pavimentada e servicios urbanos de fornecemento de auga potable, evacuación de augas residuais á rede de saneamento, subministro de enerxía eléctrica, alumeado público, en condicións de caudal e potencia adecuadas para os usos permitidos.

Se existise planeamento, ademais do anterior deberán estar urbanizadas de acordo coas aliñacións, rasantes e normas técnicas establecidas por este.

2. Os terreos incluídos no solo urbanizable só poderán alcanzar a condición de soar despois de executadas, conforme ao planeamento urbanístico, as obras de urbanización esixibles para a conexión cos sistemas xerais existentes e, no seu caso, para a ampliación ou reforzo dos mesmos.

3. Terán condición de soar inedificado todas aquelas parcelas que cumprindo as condicións anteriores se atopen libres de edificación ou ben a edificación existente presente unha diferencia de número de plantas maior de unha respecto ao planeamento previsto para a zona.

CAPÍTULO 3. CONDICIÓNS DE POSICIÓN E OCUPACIÓN DOS EDIFICIOS NA PARCELA.

Son as que determinan o emprazamento e ocupación das construccións dentro da parcela edificable e defínense nas ordenanzas ou no planeamento de desenvolvemento. Estas condicións son de aplicación en todas as obras.

Art. 6.3.1. Liña de edificación

É a que delimita a superficie ocupada pola edificación.

Art. 6.3.2. Superficie ocupada

É a comprendida dentro dos limites da proxección vertical sobre o plano horizontal das liñas externas de toda a construcción, mesmo a subterránea e os voos pechados, excluídos porches abertos, bordos, marquesiñas e emparrados. As construccións totalmente subterráneas destinadas a aparcamentos consideraranse, a efectos destas Normas, excluídas da superficie ocupada, salvo disposición concreta da ordenanza. Non obstante garantirase sempre unha axeitada integración no terreo segundo o disposto no artigo 104 da Lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004.

Art. 6.3.3. Ocupación máxima de parcela

Fixase pola relación entre superficie ocupable e a superficie total da parcela, entendendo por superficie ocupable a parte de superficie da parcela susceptible de ser ocupada pola edificación, cuia contía se establece por unha porcentaxe ou coeficiente de ocupación.

Art. 6.3.4. Espacio libre privado

É a parte de parcela excluída a superficie ocupada.

Art. 6.3.5. Rasantes e cotas de referencia

1. Rasantes actuais

Son os perfís lonxitudinais das vías existentes.

2. Rasantes oficiais

Son os perfís lonxitudinais das vías, prazas ou rúas, definidos polo eixo dos mesmos nos planos específicos deste Plan Xeral, instrumentos de desenvolvemento do mesmo ou nos que no seu momento expida o Concello.

3. Cota natural do terreo

É a altitude relativa de cada punto do terreo antes de ser urbanizado.

4. Cota de orixe e referencia

É a que define o planeamento como referencia para a medición da altura do edificio, considerándose a cota de nivelación do terreo circundante en edificación illada ou a rasante oficial en edificación entre medianeiras, tomada no punto medio de cada tramo de fachada, medido entre quebros (quebro tomado tanto en planta como en altura de cornixa ou bordo).

Art. 6.3.6. Recuamentos e separacións aos lindeiros

1. Recuamento

É a anchura da franxa de terreo comprendida entre a liña de edificación e a aliñación oficial

Pode darse como valor fixo, obrigado, ou como valor mínimo. Medirase na forma determinada para a separación a lindeiras no apartado seguinte

2. Separación a lindeiros.

É a distancia entre cada punto da fachada do edificio e o lindeiro de referencia mais próximo, medida perpendicularmente respecto a un plano vertical apoiado en dito lindeiro.

Salvo indicación en contrario da ordenanza o espacio de separación a lindeiras poderá ocuparse polas plantas situadas totalmente baixo rasante.

Prohíbense recuamentos respecto á aliñación oficial en mazá pechada.

Art. 6.3.7. Separación entre edificios

É a dimensión que separa as fachadas exteriores de dous ou mais edificios, ben estean situados na mesma parcela, ben sobre parcelas diferentes, xa sexan estas colindantes ou estean separadas por viais ou espacios libres de uso público.

Entendese que un edificio cumpre unha distancia mínima de separación a outro, cando a separación entre calquera par de puntos situados nunha e outra liñas de edificación é igual ou superior a dita distancia. No cómputo desta distancia non se terán en conta nin bordos nin marquesiñas nin balcóns ou voos abertos.

Cando os edificios teñan corpos de edificación de distintas alturas, a anterior condición deberá cumprirse para cada un deles.

Art. 6.3.8. Fondo edificable

Denominase así á distancia máxima, medida na perpendicular a aliñación exterior, a que debe situarse a aliñación interior. Esta distancia será sempre máxima, non obrigatoria. Salvo indicacións particulares da ordenanza o fondo máximo edificable manterase en todas as plantas sobre rasante.

Art. 6.3.9. Edificación illada

É a situación en parcela independente con obriga de recuamentos polos catro lindeiros.

Art. 6.3.10. Edificación pareada

É a agrupación formada por dous edificios independentes, apegados por un lindeiro lateral común, con obriga de establecer recuamentos aos tres lindeiras restantes.

Art. 6.3.11. Edificación agrupada

É a situada en parcelas independentes con edificación apegada formando fila con outras edificacións.

Art. 6.3.12. Edificación cerrada.

É a que ocupa todo o fronte da aliñación á rúa ou rúas á que ten fachada.

Art. 6.3.13. Edificación aberta.

É a construcción en bloque illado, separado de outras edificacións por espacios libres axardinados vinculados a elas.

CAPÍTULO 4. CONDICIÓNS DE VOLUME.

Son aquelas que limitan a dimensión e a forma das edificacións. Concrétanse na ordenanza de aplicación, nas normas do uso correspondente ou no planeamento de desenvolvemento e son de aplicación a todo tipo de obras de nova edificación e de reestructuración e a aquelas que supoñan unha alteración dos parámetros regulados neste capítulo.

Art. 6.4.1. Altura da edificación

É a distancia vertical medida desde a cota de referencia ata o arranque do faldrón de cuberta en cubertas inclinadas ou ao remate superior do peto en cubertas planas.

Se no desenvolvemento da envolvente do edificio, en función das variacións da cota de referencia, se producisen variacións da altura máxima maiores que 1,0 m procederase ao escalonamento desta ata que cumpra dita condición. Exclúese desta condición o ancho da formación de portalóns de garaxe en vivendas unifamiliares.

A partir desta altura máxima de cornixa poderase construír a formación dos faldróns de cuberta e os elementos indispensables para as instalacións do edificio (casetóns de ascensor, depósitos, paneis de enerxía soar, etc.) segundo o indicado nos correspondentes apartados da presente normativa.

Art. 6.4.2. Altura total e número de plantas

É a distancia vertical medida desde a cota de referencia, ata a cumieira máis alta do edificio.

As edificacións a realizar axustaranse ao número de plantas indicado nos planos de ordenación ou nas correspondentes ordenanzas, o cal en todo caso será vinculante, non admitindo construccións co número de plantas diferente ao indicado, caso de que este apareza reflectido nos planos correspondentes. Exceptúase deste precepto a vivenda unifamiliar illada en solo urbano, as edificacións en solo rústico e núcleo rural así como os usos dotacionais, para os cales o número de plantas será un valor máximo.

Art. 6.4.3. Altura de pisos

É a distancia medida en vertical entre as caras inferiores de dous forxados consecutivos.

Art. 6.4.4. Altura libre de pisos

É a distancia medida en vertical desde o pavimento ao teito da planta correspondente

Art. 6.4.5. Planta

É toda superficie horizontal practicable e cuberta, acondicionada para desenvolver unha actividade.

Art. 6.4.6. Sotos

Son aquelas plantas nas cales a cara inferior do forxado de teito se atopa situada totalmente por embaixo da cota de referencia. Prohíbense as pezas habitables, admitíndose os usos de garaxe, almacén ao servicio da actividade da planta baixa e/ou trasteiros e instalacións vinculadas ao uso principal da edificación. Salvo o disposto para garaxes, a súa altura libre non será inferior a 2.25 m nin a altura de piso inferior a 2.50 m.

Admítense os usos necesarios previa xustificación e con prohibición de usos vivideiros.

Art. 6.4.7. Semisotos

Son aquelas plantas nas cales a cara inferior do forxado de teito se atopa situada toda ela como máximo un metro por encima da cota de referencia. Prohíbense as pezas habitables, admitíndose os usos de garaxe, almacén ao servicio da actividade da planta baixa e/ou trasteiros e instalacións vinculadas ao uso principal da edificación. Salvo o disposto para garaxes, a súa altura libre non será inferior a 2,25 m nin a altura de piso inferior a 2,50 m.

Os semisotos cuia cara inferior do forxado de teito se atopen a unha distancia igual ou maior de 1,00 m da cota de referencia, considéranse a todos os efectos plantas sobre rasante. Prohíbense as pezas vivideiras nas plantas de semisoto, salvo que se trate de pezas pertencentes a vivenda unifamiliar e cumpran as restantes condicións de hixiene.

Art. 6.4.8. Planta baixa

É a planta situada mais cerca da cota de referencia que non ten a consideración de soto ou semisoto.

Art. 6.4.9. Entreplantas

Admítense en solo urbano coas seguintes limitacións:

As entreplantas poderanse habilitar nos locais comerciais do solo urbano, debendo estar separadas da fachada do local catro metros, non podendo ter acceso independente ao do local, estando vinculados ao local de planta baixa, desenvolvéndose a mesma actividade en ambos. Neste caso non computa na cuantificación do número de plantas.

Art. 6.4.10. Planta de piso

É a planta situada por encima do forxado de teito da planta baixa. A súa altura fixase, ben en función do uso ou das condicións particulares da zona.

Art. 6.4.11. Superficie edificada por planta.

É a comprendida entre os limites exteriores de cada unha das plantas da edificación, sen contar marquesiñas, porches ou voos totalmente abertos.

Art. 6.4.12. Superficie edificada total.

É a soma das superficies edificadas de cada unha das plantas que compoñen o conxunto edificado.

Art. 6.4.13. Coeficiente de edificabilidade

É a relación entre a superficie total edificada e a superficie da parcela, expresada en m2/m2. Computaranse todas as superficies edificables de carácter lucrativo, calquera que sexa o uso ao que se destinen, incluídas as construídas no subsolo e os aproveitamentos baixo cuberta, coa única excepción das superficies construídas no subsolo con destino a trasteiros de superficie inferior a 10 metros cadrados vinculados ás vivendas do edificio, a aparcamentos ou a instalacións de servicio como as de calefacción, electricidade, gas ou análogas

Art. 6.4.14. Patios interiores

Se regulan, en función do número de plantas destinadas ao uso residencial, nas Condicións hixiénicas dos edificios.

Art. 6.4.15. Paramentos o descuberto

As medianeiras vistas existentes ou que puidesen aparecer trataranse como fachada a fin de protexer a construcción en canto ás perdidas de calor e desde o punto de vista estético.

Art. 6.4.16. Voos de balcóns e corpos voados pechados

En edificación adosada admítese en fachada un saínte de 0,10 metros por cada metro de ancho de rúa, cun máximo dun metro e separación a testeiro de 1 m. Na fachada a patio de mazá, se admite un saínte máximo de 0,50 m e separación mínima a testeiro de 3 metros.

En edificación aberta se admite en fachada a vía pública un saínte de 0,10 metros por cada metro de ancho de rúa, cun máximo dun metro. No resto das fachadas, admítese un saínte máximo de 0,50m.

Para ambas tipoloxías, en todas as súas fachadas, prohíbense os corpos voados, abertos ou pechados, en altura sobre rasante inferior a 3,60 m., limitándose, en cada fachada, ao 40% da súa superficie.

Art. 6.4.17. Construcción mínima

En solo urbano, excepto naquelas zonas nas que se permita a vivenda unifamiliar illada e o equipamento, a construcción mínima en canto a número de plantas se refire, cadrará co especificado no plano correspondente, non admitíndose en ningún caso un número de plantas nin menor nin maior.

Art. 6.4.18. Voos de bordos

O saínte máximo dos bordos, será de 0,50 m., medidos desde cada un dos planos voos de cada fachada. Terase, ademais, en conta o especificado respecto ás cornixas no PXOM.

Art. 6.4.19. Galpóns e construccións auxiliares

Os galpóns serán construccións dunha soa planta, realizados de maneira sinxela e non se destinarán a espacios habitados, cunha superficie máxima de 30 m2. Poderán situarse sobre lindeira común, excepto en solo rústico, sempre e cando a altura do galpón no lindeiro non adiante a altura máxima permitida para peches macizos. En caso de que de mutuo acordo os lindantes así o estipulen por escrito, a altura sobre o lindeira poderá elevarse ata 3 metros. En caso de non situarse en lindeiro común deberán recuarse o indicado con carácter xeral nas ordenanzas correspondentes.

A altura máxima do galpón será de 3,50 m medidos ata o cumieira da construcción. Non se permitirá o uso visto de materiais creados para ser revestidos, como por exemplo bloque estándar, ladrillo oco, fibrocemento estándar, etc.

O recuamento a viais será o mesmo que o indicado para a construcción principal no tipo de solo que lle corresponda.

CAPÍTULO 5. CONDICIÓNS DE CALIDADE DOS EDIFICIOS

Art. 6.5.1. Illamento térmico e acústico.

Con obxecto de asegurar o confort dos usuarios das novas construccións, estas deberán reunir as condicións de illamento térmico e acústico fixadas polas Normas Básicas da Edificación vixentes. (NBE CT-79 Real Decreto 2.479/79 de 6 de xullo e NBE CA-88,Lei 7/1997 sobre contaminación acústica na Comunidade Autónoma de Galicia e a Ordenanza Municipal sobre contaminación acústica).

CAPÍTULO 6. CONDICIÓNS DE SEGURIDADE NOS EDIFICIOS

Art. 6.6.1.Protección contra incendios.

As novas construccións deberán cumprir as disposicións contidas na Norma Básica da Edificación NBE-CPI/96: Condicións de Protección Contra Incendios nos Edificios (Real Decreto 2.177/96 de 04 de outubro, BOE nº261, de 29 de outubro de 1996) e R.D. 786/2001 de 6 de xullo polo que se aproba o Regulamento de Seguridade contra incendios nos establecementos industriais, debendo adecuarse á regulamentación citada, as construccións existentes, na medida que o permita a súa tipoloxía e funcionamento.

CAPÍTULO 7. CONDICIÓNS HIXIÉNICAS DOS EDIFICIOS

Art. 6.7.1. Local.

É o conxunto de pezas contiguas no espacio dedicadas ao desenvolvemento e exercicio dunha mesma actividade.

Art. 6.7.2. Local exterior.

Considerarase que un local é exterior se todas as súas pezas habitables cumpren algunha das seguintes condicións:

1. Dar sobre unha vía pública, rúa ou praza.

2. Recaer sobre un espacio libre de edificación de carácter público.

3. Dar a un espacio libre de edificación de carácter privado que cumpra as condicións específicas da ordenanza que lle sexa de aplicación.

4. Dar a un patio que cumpra as normas correspondentes en canto as súas dimensións.

Art. 6.7.3. Peza habitable.

É toda aquela na que se desenvolven actividades de estancia, repouso ou traballo que requiran a permanencia prolongada de persoas.

Art. 6.7.4. Ventilación e iluminación de pezas habitables.

Toda peza habitable terá ventilación e iluminación directa ao exterior mediante un oco que dispoña dunha superficie maior ou igual a 1/10 da superficie útil da súa planta.

A superficie real de ventilación poderá reducirse ata 1/3 da de iluminación.

Cando a peza real ventilada teña unha profundidade maior de 7,50 m, a superficie de ventilación e iluminación deberá de se incrementar en 1/6 e a real de ventilación poderá reducirse como máximo ao 50% da súa superficie útil.

Art. 6.7.5. Patio.

É o espacio non edificado delimitado por fachadas interiores dos edificios.

Distínguense:

1. Patio de parcela: É o que se atopa situado no interior da edificación ou no seu perímetro se se trata dun patio aberto.

2. Patio de mazá: É o que ten definida a súa posición polo planeamento, estando formado polas fachadas das aliñacións interiores na edificación pechada.

Art. 6.7.6. Dimensións dos patios.

É a medida da separación entre paramentos opostos. Conservarán as súas dimensións mínimas en toda a súa altura, por encima da baixa. A anchura mínima dos patios non poderá ocuparse con corpos saíntes, excepto nos patios de mazá, nos que se toleran os balcóns.

Art. 6.7.7. Medición da altura dos patios.

En toda edificación a altura do patio medirase desde o nivel de andar do local de couta mais baixa que teña ocos de luz e ventilación ao mesmo, ata a coroación dos muros, incluído o antepeito de fábrica, se o houbese.

Art. 6.7.8. Dimensión dos patios de parcela pechados.

Estes patios rexeranse polo especificado no Decreto 311/1992 de supresión da cédula de habitabilidade.

Art. 6.7.9. Dimensión dos patios de parcela abertos.

Os patios de parcela abertos a fachada, rexeranse polo especificado no Decreto 311/1992 de supresión da cédula de habitabilidade.

Art. 6.7.10. Patios mancomunados.

Admítese a mancomunidade de patios establecendo mediante escritura pública, un dereito real de servidume sobre os soares e inscribíndoa no Rexistro da Propiedade, coa condición de non cancelación, sen autorización do Concello.

Art. 6.7.11. Construccións nos patios.

Prohíbese calquera construcción nos patios de parcela.

Só se admiten nos patios de mazá as construccións de accesibilidade e seguridade que se deriven do uso de garaxe en plantas inferiores.

Nas zonas libres remanentes da zona de edificación aberta poderase autorizar a construcción de elementos comunais, como pistas polideportivas, piscinas, etc., sempre que o uso do solo nesas zonas o permita, e así mesma a súa adscrición como zona axardinada privada a vivendas en planta baixa.

Art. 6.7.12. Chemineas de ventilación.

Permitiranse as chemineas de ventilación para baños, locais de calefacción, lixos e garaxes, homologadas polo Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo.

Art. 6.7.13. Portais.

Serán de aplicación as normativas sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas así como as correspondentes á habitabilidade.

Art. 6.7.14. Escaleiras

As escaleiras disporán de luz e ventilación directas segundo o establecido no decreto 311/1992 de supresión da cédula de habitabilidade.

Art. 6.7.15. Cubertas dos edificios

As cubertas serán continuas sen quebros nos seus faldróns, non permitíndose a formación de bufardas nin mansardas.

CAPÍTULO 8. CONDICIÓNS DE DOTACIÓN DE SERVICIOS NOS EDIFICIOS

Todos os edificios disporán dos seguintes servicios:

Art. 6.8.1. Auga potable.

Todo edificio disporá no seu interior de servicio de auga potable que fornecerá a todos os lugares de aseo e preparación de alimentos e cantos outros sexan necesarios para cada actividade.

A dotación máxima de auga potable das vivendas cumprirá o reseñado nos artigos 2.6, 2.7, e 2.8 do Plano Hidrolóxico Galicia Costa.

En todo edificio deberá preverse a instalación de auga quente nos aparellos sanitarios destinados ao aseo de persoas e á limpeza doméstica.

Art. 6.8.2. Enerxía eléctrica.

Todo edificio contará con instalación interior de enerxía eléctrica conectada ao sistema de fornecemento xeral.

En todos os edificios nos que houbera instalacións diferenciadas para cada consumidor, disporase un local coas características técnicas adecuadas para albergar os contadores individualizados e os fusibles de seguridade.

Art. 6.8.3. Combustibles líquidos.

Cando a fonte de enerxía utilizada sexan derivados do petróleo as instalacións de almacenamento destes, deberán axustarse ao establecido pola regulamentación específica.

A dotación de depósitos de combustibles ficará definida en cada caso segundo o estableza a regulamentación correspondente.

Os cuartos de caldeiras cumprirán a normativa técnica aplicable en función do tipo de instalación da que se trate.

O almacenamento de G.L.P. na zona de edificación aberta realizarase enterrada, ficando prohibida a instalación de tanques aéreos, coa excepción de que por motivos da posibilidade de chegada da rede de gas se poida autorizar de maneira provisional, en precario, e por un tempo non superior a un ano.

Art. 6.8.4. Telecomunicacións.

Estarase ao disposto polo R. Decreto-Lei 1/1998 de 27 de febreiro, BOE nº 51 de 28 de febreiro de 1998, sobre infraestructuras comúns nos edificios para o acceso aos servicios de telecomunicación, e o RD.279/1999 de 22 de febreiro, BOE nº 58 de 09 de marzo de 1999, polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestructuras comúns de telecomunicación no interior dos edificios e da actividade de instalación de equipas e sistemas de telecomunicacións.

A colocación de torretas e bases de telefonía no territorio municipal deberá de ser regulado por unha Ordenanza específica, que limite o número destas instalacións, procurando que se unifiquen as instalacións, para o uso conxunto por parte da Compañías subministradoras destes servicios, quedando en suspenso a concesión de autorizacións ata tanto non se aprobe a mencionada Ordenanza.

Art. 6.8.5. Servicios postais.

Todo edificio disporá de caixa de correo para a correspondencia en lugar accesible para o servicio de Correos, a razón de un por cada vivenda ou local.

Art. 6.8.6. Evacuación de augas pluviais.

Todo edificio disporá de recollida de augas pluviais, de modo que por baixantes sexan conducidas ás gabias e á rede de sumidoiros público, cando existise e ás súas propias fosas ou pozos cando non. A ubicación de fosas cumprirá o indicado nos artigos 2.6, 2.7 e 2.8 do Plano Hidrolóxico Galicia Costa.

Art. 6.8.7. Evacuación de augas residuais.

Todos os edificios disporán de evacuación de augas residuais, de modo que mediante as baixantes e a rede interior formada por arquetas e colectores, acometa mediante pozo ou arqueta á rede de sumidoiros urbano, no caso de que existise, ou ás fosas sépticas no caso de que non. A ubicación de fosas cumprirá o indicado nos artigos 2.6, 2.7 e 2.8 do Plano Hidrolóxico Galicia Costa

Art. 6.8.8. Evacuación de residuos sólidos.

Todos os edificios de vivenda colectiva e os destinados a usos urbanos non residenciais, contarán con un local para baldes de lixo, cuia ventilación se efectuará mediante cheminea independente homologada polo M.O.P.U.

Art. 6.8.9. Aparatos elevadores.

Todo edificio cuia última planta se atope a mais de dez metros sobre a rasante do portal disporá de ascensor, na proporción de un por cada 20 vivendas. As súas dimensións e ubicación serán as indicadas na lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, Lei 8/1997 de 20 de agosto, e demais normativa en vigor que lles afecte.

Art. 6.8.10. Aparcamentos obrigatorios.

Todos os edificios ou locais a construír no solo urbano, disporán do espacio necesario para o aparcamento dos vehículos dos seus usuarios.

Cuantifícanse nunha praza por cada vivenda; o uso distinto do residencial requirirá unha praza por cada 100 m2. construídos, salvo especificación distinta fixada nas condicións particulares do uso.

Naqueles casos nos que, fehacentemente, se demostre a imposibilidade de consecución das mencionadas prazas na propia parcela pola súa configuración, topografía, xeotécnia, etc., poderase xustificar este estándar garantindo a súa adquisición en soares ubicados a unha distancia non superior a 200 m. Estas prazas vincularanse rexistralmente á actividade a desenvolver.

Estarase ao disposto no apartado correspondente deste PXOM, para garaxes.

CAPÍTULO 9. CONDICIÓNS ESTÉTICAS

Art. 6.9.1. Xeneralidades

A defensa do carácter e condicións estéticas das novas construccións, así como a conservación do patrimonio inmobiliario existente e defensa do medio natural corresponde ao Concello. Conseguintemente, este poderá denegar ou condicionar as licencias de obras, instalacións ou actividades que resulten inconvenientes ou antiestéticas. Serán sempre de aplicación as Normas de Aplicación Directa da lexislación do solo, e as particulares sinaladas, no seu caso, para cada clase de solo.

Non obstante, con carácter xeral, impóñense as seguintes condicións de obrigado cumprimento, excepto se se indican condicións específicas na zona de que se trate, asumindo a Norma as edificacións construídas ou en execución:

Art. 6.9.2. Cubertas

A pendente será uniforme en todo o seu desenvolvemento non sendo en ningún caso superior a 40º nin a altura de cumieira superior a 4,0 m medidos desde a cumieira ata a cara superior do último forxado, salvo maiores limitacións na ordenanza correspondente

A cubrición será de tella cerámica. Prohíbese a lousa, a chapa metálica e materiais similares, excepto en vivendas unifamiliares e usos dotacionais e industriais. En calquera caso estará prohibido o uso como vistos de materiais pensados para ser revestidos.

Prohíbense as mansardas ou bufardas.

Art. 6.9.3. Bordos

O espesor máximo dos bordos que se admite, é o correspondente ao canto do forxado así como os elementos necesarios para evacuar as augas e, en ningún caso superior a 40cm, salvo que o mesmo remate en cornixa, en cuio caso poderá presentar unha dimensión máxima de 60cm. Para o caso de remates en cornixa, a dimensión máxima medida en horizontal desde o plano de fachada ata a arrincada do mesmo, será de 25cm, e o seu desenvolvemento ficará inscrito dentro dun ángulo de 45º.

No caso de edificacións illadas de edificación residencial colectiva, o bordo manterase na totalidade da lonxitude das fachadas que recaian sobre algunha aliñación oficial. Cando pola disposición de volumes, se formen cubertas a dúas augas, permítese a construcción de hastiais e a apertura de ocos de iluminación e ventilación nos mesmos, debendo tratarse en continuidade coa fachada sobre a que se sitúen.

Art. 6.9.4. Materiais e cores autorizados:

Os materiais e cores harmonizarán co ambiente e as edificacións do entorno, principalmente en edificación en mazá pechada, ficando prohibida, en calquera caso e para calquera uso, a utilización como vistos de materiais creados para ser revestidos.

Art. 6.9.5. Protección dos ambientes urbanos.

1. O Concello poderá denegar ou condicionar calquera actuación que resulte antiestética, inconveniente ou lesiva para a imaxe da cidade.

2. Toda actuación que afecte ao ambiente urbano deberá someterse ás condicións estéticas que, para cada zona en que se localice, se determinan no PXOM.

3. Os Plans Parciais, Plans Especiais ou Estudios de Detalle, demostrarán a consecución de unidades coherentes no aspecto formal, mediante os correspondentes estudios do impacto.

4. Nas obras de restauración, conservación ou mantemento deberán respectarse todas as características do edificio.

5. Nas obras de acondicionamento deberá manterse sempre o aspecto exterior do edificio.

6. As fachadas laterais e posteriores trataranse con condicións de composición e materiais similares aos da fachada principal, salvo na altura en que sexa susceptible de ser tapada por nova construcción medianeira, en cuio caso se admite como mínimo recebar e pintar.

7. Nas obras nos edificios que afecten á planta baixa, estas deberán harmonizar co resto da fachada.

8. Nos casos de reforma de vivendas unifamiliares en fieira ou pareadas, construídas ao amparo dunha licencia única, e co obxecto de manter a composición do conxunto, seguiranse as seguintes especificacións:

- Sobre obras exteriores: Deberán respectarse todos os elementos e acabados exteriores de fachadas e cubertas, previstos no proxecto aprobado e executado, para cada grupo ou conxunto de vivendas apegadas.

Caso de introducir algunha modificación no aspecto exterior, deberá estenderse a todo o conxunto, prohibíndose a introducción de modificacións illadamente nunha ou varias vivendas, debendo ser tramitadas as autorizacións e executadas as obras baixo proxecto e dirección de técnico competente.

- Sobre obras interiores: Autorizaranse modificacións da distribución interior, a instancias dos seus propietarios, sempre que non se supere a edificabilidade máxima permitida e se cumpran as demais normativas en vigor. Se as obras afectasen á cuberta ou estructura da vivenda, deberá obterse autorización de todos os propietarios do mesmo bloque ou conxunto de vivendas, e o proxecto deberá ser realizado e as obras dirixidas por técnicos competentes.

- Sobre pechamentos de parcelas: Non poderán ser alteradas nin en forma nin en acabados os pechamentos proxectados e realizados coas vivendas. Agora ben, poderán serlles apegados cañizos ou sebes vexetais que non superen a altura dos mesmos.

- Sobre a construcción de pórticos: Sempre que se cumpran as condicións de edificabilidade e demais Ordenanzas do PXOM, poderán autorizarse a construcción de pórticos en planta baixa integrados na edificación, previa autorización, no caso de vivendas apegadas, de todos os propietarios do grupo ou conxunto no que se integre a vivenda. Estes pórticos non poderán afectar á estructura do edificio, e deberán utilizar os mesmos materiais da fachadas correspondente, non podendo afectar en ningún caso á planta alta das edificacións.

Art. 6.9.6. Invariantes da arquitectura tradicional.

Son os elementos de composición de fachadas, cubertas, materiais, texturas e cores que caracterizan coa súa repetición o aspecto individual dos edificios antigos e os núcleos rurais tradicionais. En obras de intervención sobre edificacións de arquitectura rural estes invariantes deberán de manterse.

Art. 6.9.7. Edificios a conservar.

Atópanse enumerados no catálogo.

Art. 6.9.8. Portadas e escaparates.

Tanto na decoración de locais comerciais de planta baixa como nos portais, só se permitirá saír da aliñación oficial unha dimensión máxima de 15 cm.

Art. 6.9.9. Marquesiñas e toldos.

En calquera punto a súa altura mínima sobre a beirarrúa será de 2,25 m.

O seu saínte non será superior aos voos, respectando en todo caso o arborado e as instalacións existentes.

Art. 6.9.10. Mostras e banderíns.

Entendese por mostra, o anuncio paralelo ao plano da fachada, denominándose banderín o anuncio perpendicular ao plano desta.

En calquera punto, a súa altura mínima sobre a beirarrúa será de 2,25 m., con un saínte non superior a 0,60 m.

Fican prohibidos os anuncios executados en materiais que non reúnan as mínimas condicións de dignidade ou estética. Cumprirán as condicións estéticas da zona.

Art. 6.9.11. Axardinamento de patios.

Os patios de mazá deberá axardinarse alomenos nun 50% da súa superficie.

CAPÍTULO 10 CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE

Art. 6.10.1. Supresión de barreiras arquitectónicas e urbanísticas

En todas as edificacións de nova planta ou na rehabilitación das existentes, aplicarase a Lexislación e Normativa vixente, así como as ordenanzas ou disposicións municipais, referidas á supresión de barreiras arquitectónicas.

Art. 6.10.2. Condicións de acceso ao edificio

1. As edificacións deberán contar con acceso desde vía rodada pública, aínda que sexa a través de viario ou espacios libres privados. A distancia a percorrer entre a vía pública e o acceso ao edificio non superará 40 m, debendo ficar garantido o acceso de vehículos de emerxencia e servicios ata o portal ou ingreso ao edificio.

2. As edificacións deberán dispor dun itinerario practicable que una a edificación coa vía pública, con outras edificacións ou servicios anexos de uso comunitario e cos edificios veciños.

Art. 6.10.3. Espacios libres de parcela de acceso público

Para que un patio de mazá ou un espacio libre de parcela público ou privado cualificado como tal no planeamento poida servir para dar acceso a vivendas ou locais, deberá reunir as seguintes condicións:

1. Anchura mínima de 5 metros e altura libre mínima de 3 metros en todo o seu percorrido, destinado a uso peonil e a paso restrinxido de vehículos de residentes, emerxencia e servicios.

2. Esta dimensión mínima non poderá ser minorada por instalacións ou elementos estructurais, salvo no caso de accesos de anchura superior a 7,50 m., en que poderá ocuparse por piares ou outros elementos para formar dúas partes de alomenos 3,50 m. de ancho.

3. Se está ocupado baixo rasante, o forxado de solo deberá soportar o peso de vehículos.

4. Dispor dun itinerario practicable que una a edificación coa vía pública, con outras edificacións ou servicios anexos de uso comunitario e cos edificios veciños.

Art. 6.10.4. Portais e accesos

Deberán cumprir as disposicións fixadas na normativa de habitabilidade e na de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Art. 6.10.5. Escaleiras

Deberán cumprir as disposicións fixadas na normativa de habitabilidade e na de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, así como a NBE-CPI-96.

Art. 6.10.6. Ramplas

Deberán cumprir as disposicións fixadas na normativa de habitabilidade e na de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Art. 6.10.7. Ascensores

Deberán cumprir as disposicións fixadas na normativa de habitabilidade e na de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, así como a NBE-CPI-96 e normativa técnica ao respecto.

Art. 6.10.8. Espacios de circulación interior

1 A forma e dimensións dos espacios comúns de circulación permitirán o transporte dunha persoa en padiola desde calquera local ou vivenda ata a vía pública. Estarán dotados dunha anchura mínima de 1,20 metros, permitíndose estreitamentos puntuais de 0,90 metros.

2. Se as portas de ascensores, vivendas ou locais abren cara un elemento común de circulación, as dimensións establecidas no apartado anterior modificaranse no que proceda para garantir o cumprimento da Normativa de Incendios máis esixinte aplicable.

Art. 6.10.9. Sinalización

Os edificios de uso público contarán coa sinalización correspondente a saídas e escaleiras de uso normal e de emerxencia, posición de accesos e servicios, posición de aparellos de extinción de incendios, localización de medios de circulación para minusválidos, sinalamento do chanceado de escaleiras, e canta outra sinalización sexa precisa para facilitar a orientación das persoas e a evacuación do edificio en caso de sinistro.

Art. 6.10.10. Prevención de incendios

1. As construccións deberán cumprir as condicións establecidas na Norma Básica da Edificación sobre Condicións de Protección contra Incendios nos Edificios.

2. Os edificios destinados a usos non residenciais deberán contar con saídas de emerxencia.

3. Os locais situados en edificios de uso residencial non poderán comunicar coas plantas de vivenda ou espacios comúns do edificio, salvo a través dun vestíbulo provisto con porta de saída resistinte ao lume durante 90 minutos.

4. Cando unha instalación non poida alcanzar unhas condicións correctas de seguridade para si mesmo ou para o seu entorno, e supoña riscos non emendables para persoas e bens, poderá ser declarada fora de ordenación, forzándose á erradicación do uso e o peche da instalación.

5. No caso de obras de acondicionamento ou de maior nivel, as construccións existentes deberán adecuarse á regulamentación de protección contra incendios, na medida máxima que permita a súa tipoloxía e funcionamento.

Art. 6.10.11. Prevención de caídas

1 Os ocos en fachadas exteriores ou interiores, resaltos no pavimento, perímetro exterior de terrazas, tendais e balcóns, cuia altura sobre o solo supere os 0,50 m estarán protexidos para previr as caídas. Como elemento de protección empregaranse antepeitos ou varandas, cuias alturas respectivamente serán iguais ou superiores a 0,95 e 1,00 m.

2. As escaleiras, relanzos e bordes de forxado que recaian sobre baleiros interiores, protexeranse mediante varandas ou antepeitos de altura non inferior a 0,95 m.

3. O deseño de antepeitos e varandas impedirá que resulten inútiles ao fin de protección a que se destinan.

CAPÍTULO 11. CONDICIÓNS DOS PECHES

Art. 6.11.1. Características de posición.

Estradas provinciais:

Segundo lei 4/1994, de 14 de setembro, BOE. nº303 de 20 de decembro de 1994, Lei de Estradas de Galicia, e R.D.1.812/94, de 2 de setembro de 1994, BOE nº 228 de 23 de setembro de 1994.

- Non se autorizarán peches nas zonas de dominio público nin nas de servidume.

- Por circunstancias especiais de aproveitamento agrícola ou gandeiro, poderán ser autorizados peches rústicos nas zonas de servidume pero non nas de dominio público.

Resto de estradas:

Os pechamentos que se realicen nas proximidades das vías municipais asfaltadas, pistas de concentración, tanto de labradío como de montes, situaranse paralelos ao eixo das vías ás que dan fronte e á distancia seguinte:

- Vías municipais en xeral fora dos núcleos: 1 m. a partir da aresta exterior do vial, non menor de 2,5 m do borde do pavimento asfáltico e non menor de 4 m ao eixo

- Vías en núcleos delimitados: 4 m ó eixo e nunca menor das aliñacións marcadas nos planos de ordenación dos núcleos rurais, salvo que existan peches tradicionais consolidados a ambos lados da parcela.

Con carácter xeral prohíbese o derrubamento de maneira inxustificada de peches tradicionais en solo de núcleo rural, prevalecendo a posición destes con respecto a calquera aliñación fixada no planeamento.

Art. 6.11.2. Ríos e regatos.

Segundo o especificado na Lei de Augas fixase un recuamento mínimo de 5 m ao leito o cal ficará totalmente libre de calquera construcción, a modo de servidume de paso.

Art. 6.11.3. Chafráns.

En interseccións de camiños efectuarase un chafrán, resultante de non efectuar pechamento entre os tres e cinco primeiros metros dos seus lados, en función da configuración do encontro dos camiños. Con carácter xeral, a aliñación oficial dos soares en esquina, na zona urbana, terá un chafrán de lonxitude de catro (4) metros, formado por unha liña perpendicular á bisectriz do ángulo formado polas súas aliñacións.

Art. 6.11.4. Tipo de peche admitido en todos os casos.

1.- En solo urbano e de núcleo rural:

Altura máxima:

Dous metros cincuenta centímetros sobre o perfil lonxitudinal da calzada.

Tipo:

Admitirase unha porción maciza, preferiblemente de pedra, prohibíndose a fábrica de ladrillo oco ou bloques estándar de formigón sen revestir. A súa altura máxima será dun metro e vinte centímetros sobre o perfil lonxitudinal da calzada, admitíndose sobre ela un pechamento diáfano ou vexetal ata completar a altura máxima permitida.

Nas zonas clasificadas como Núcleo Rural Tradicional estas alturas se reducirán a 2,00 e 1,00 m respectivamente.

2.- En solo rústico:

O reseñado na lexislación do solo.

TÍTULO VII. PROCEDEMENTO

CAPÍTULO 1. CONDICIÓNS DE AUTORIZACIÓN

Art. 7.1.1. Licencias.

Estarán suxeitas a previa licencia municipal as parcelacións e reparcelacións urbanas, agrupación e segregación de fincas, os movementos de terras, as obras de nova planta e de reforma, a modificación de estructura ou aspecto exterior dos edificios, a primeira utilización dos edificios, a demolición de construccións, a colocación de carteis de propaganda visibles desde a vía pública, a reparación exterior ou interior das construccións e as demais que se especifican no Regulamento de Disciplina Urbanística.

As referidas licencias poderán en todo caso suxeitarse á información urbanística previamente concedida polo Concello conforme aos Plans de ordenación e aos proxectos de urbanización previamente aprobados, así como aos usos autorizados e ás demais condicións establecidas na Lei do Solo e os seus Regulamentos e nas Normas e Ordenanzas en vigor.

Haberá de se ter en conta especialmente que:

1. As licencias son actos regrados, outorgándose sempre, aínda que non se fixese referencia a elas, deixando a salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiros.

2. As licencias non poden ser invocadas para excluír ou diminuír a responsabilidade na que houberan incorrido os beneficiarios no exercicio das súas actividades.

3. Toda denegación de licencia deberá ser motivada.

4. Ningunha licencia poderá considerarse outorgada por silencio administrativo, se a documentación tivese deficiencias que non fosen corrixidas. No referente a este aspecto estarase na normativa sectorial correspondente.

5. En ningún caso entenderanse conferidas facultades en contra das prescricións da Lei do Solo, Plans, Programas, Proxectos, Normas ou Ordenanzas sobre uso do solo e edificación, podendo o Concello, caso de ser exercitadas, suspender as actividades ou demoler o realizado, sen indemnización algunha.

6. Cando os actos relacionados neste articulo se proxecten por algún Órgano do Estado, o seu titular solicitará, así mesmo, a oportuna licencia, seguíndose en casos de urxencia o procedemento especial previsto no artigo 169 da Lei do Solo.

Art. 7.1.2. Procedemento para a solicitude de licencias de obras de nova planta.

As solicitudes de licencias de obras de nova planta, ampliación ou reforma, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, subscrita polos interesados, acompañado, no seu caso da información urbanística, e de dous exemplares de proxecto técnico, tramitándose posteriormente o seu outorgamento de acordo co disposto no Regulamento de Servicios das Corporacións Locais.

Os proxectos deberán estar asinados por técnico competente e ser visados polo Colexio Oficial ao que dito facultativo pertenza. O seu contido ha de detallar as obras coa precisión necesaria para que poidan ser executadas baixo a dirección de técnico distinto do autor do proxecto.

O proxecto técnico comporase dos seguintes documentos:

1. Memoria descritiva da obra e indicativa dos datos principais do edificio e da parcela.

2. Folla de características urbanísticas e técnicas.

3. Planos, que serán como mínimo os de emprazamento e información urbanística; de plantas e fachadas coas seccións necesarias para a súa completa intelixencia e coa corrección de debuxo, exactitude e presentación indispensable nesta clase de traballos. Estes planos deberán ser realizados a escala 1/50 ou 1/100, segundo a maior ou menor capacidade do edificio, debendo anotarse neles e detallarse en forma gráfica, e tamén, se fose posible, todo canto sexa necesario ou simplemente convinte para o seu fácil exame e comprobación, en relación co cumprimento destas Normas, e, en especial, con referencia ás fachadas e todas as partes de obra visibles desde a vía pública.

Nos planos de modificación de construccións existentes ou reformas das mesmas, sinalaranse con tramas, cores ou grafismos perfectamente diferenciados, as obras novas, as que desaparezan e as que subsisten, acompañándose dunha Memoria que conterá as aclaracións indispensables para a adecuada comprensión do proxecto.

Antes do inicio das obras deberase aportar ao expediente o nome do técnico ou técnicos directores das obras, proxecto de execución e estudio de seguridade e saúde se procede, todo iso co oportuno visado do colexio oficial profesional correspondente.

Polo que respecta a obras maiores terase en conta que para a súa concesión o proxecto deberá conter, ademais do indicado en parágrafos anteriores, o cumprimento de toda a normativa legal que sexa de aplicación, en especial, a Lei sobre Supresión de Barreiras Arquitectónicas, o Proxecto de Telecomunicacións así como a lei 7/1997 sobre Contaminación Acústica de Galicia.

Art. 7.1.3. Procedemento para as solicitudes de licencias de obras menores.

As obras menores que afecten ás fachadas dos edificios, elementos estructurais, transformación de ocos exteriores e teitumes, alteración de paramentos verticais ou horizontais etc., precisarán de proxecto técnico subscrito por técnico competente.

As obras menores consistentes en modificación de acabados interiores, instalación de fontanería, tabiquería non resistinte, pintura mesmo de fachadas, retellado, canalizacións, etc., é dicir, todas aquelas que non afecten a elementos fundamentais do edificio e que poidan ser realizadas por especialistas da construcción dentro das normas de seguridade e hixiene no traballo, non precisarán aportar proxecto técnico, e si unha memoria valorada das obras a realizar.

Se seguirán as indicacións marcadas polo Regulamento de Disciplina Urbanística Decreto 28/1999 de 21 de xaneiro, DOGA nº23 de 17 de febreiro de 1999

Art. 7.1.4. Procedemento para as solicitudes de licencias de parcelación ou reparcelación.

As solicitudes de licencia para parcelar ou reparcelar terreos presentaranse tamén no Rexistro Xeral do Concello, acompañadas do correspondente proxecto, o cal deberá conter os seguintes documentos:

1. Memoria na que se describa o terreo que se trate de dividir alegando as razóns urbanísticas e de toda orde que xustifiquen esta operación, tendo en conta o exposto na lexislación vixente, no Plan Xeral de Ordenación Municipal, nos Plans parciais aprobados para o seu desenvolvemento e nas presentes Normas Urbanísticas. Tamén deben incluírse os documentos de titularidade ou escrituras, as condicións de edificabilidade dos terreos, con descrición das parcelas resultantes, con expresión das súas dimensións, lindeiros e demais circunstancias para a súa inscrición no Rexistro da Propiedade.

2. Planos a escala 1/500 que reflictan os datos contidos na memoria, tanto respecto ao terreo matriz como ás parcelas resultantes, e en especial a súa configuración, lonxitude de todos os seus lados e situación respecto á vía pública e particulares, asinados por técnico competente. Cando a parcelación ou reparcelación proposta afecte a varios propietarios farase constar a conformidade de todos eles, ou o porcentaxe maioritario que representen. En todo caso acompañarase a relación de nomes e enderezos de todos os propietarios afectados e titulares de dereitos reais.

Art. 7.1.5. Procedemento para as solicitudes de licencias de derribo.

As solicitudes de licencias de obras de derribo, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, subscrita polos interesados, acompañado no seu caso da información urbanística, de dous exemplares de proxecto técnico, tramitándose posteriormente o seu outorgamento de acordo co disposto no artigo 9 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais.

Os proxectos deberán estar asinados por técnico competente e ser visados polo Colexio Oficial ao que dito facultativo pertenza. O seu contido ha de detallar as obras coa precisión necesaria para que poidan ser executadas baixo a dirección de técnico distinto do autor do proxecto.

O proxecto técnico comporase dos seguintes documentos:

1. Memoria descritiva do edificio a demoler, con indicación do procedemento a seguir nas obras de demolición.

2. Planos, que serán como mínimo os de emprazamento; de plantas e fachadas coas seccións necesarias para a súa completa intelixencia e coa corrección de debuxo, exactitude e presentación indispensable nesta clase de traballos. Estes planos deberán ser realizados a escala 1/50 ou 1/100, segundo a maior ou menor capacidade do edificio, debendo anotarse neles e detallarse en forma gráfica, e tamén, se fose posible, todo canto sexa necesario ou simplemente convinte para o seu fácil exame e comprobación.

Antes do inicio das obras deberase aportar ao expediente o nome do técnico ou técnicos directores das obras, proxecto de execución e estudio de seguridade e saúde se procede, todo iso co oportuno visado do colexio oficial profesional correspondente.

3. Cando se vaia comezar un derribo ou vaciamento importante o propietario deberá comunicalo aos colindantes por se debe adoptarse algunha precaución especial.

En caso de urxencia por perigo inmediato, a dirección facultativa deberá dispor os apeos convintes no acto, aínda cando consistan en tornapuntas exteriores, dando conta inmediata ao Concello e solicitando a licencia que proceda. O técnico municipal poderá esixir que se realicen os apeos que estime necesarios.

Art. 7.1.6. Valado de obras.

En toda obra de nova planta ou derribo, e nas de reforma ou conservación que afecten ás fachadas do edificio, será esixible un valo de protección de alomenos dous metros de altura, constituída por materiais que ofrezan seguridade, conservación e bo aspecto e situada á distancia que en cada caso sinale o Concello. En todo caso quedará remetida do bordiño para permitir o paso dos peóns.

En caso de que por imposibilidade manifesta non se poida deixar libre a zona de aceira necesaria para a circulación peonil, habilitarase unha nova con materiais resistentes, co andar elevado do pavimento existente, con rampla de acceso e desembarco, varandas de protección, viseira pola súa parte superior e sinalización luminosa e visual, en ambos extremos, que garanta a seguridade dos peóns.

A instalación será sempre provisional durante o tempo que duren as obras, debéndose suprimir e deixar a aceira libre e en condicións en caso de paralización destas nun período superior a tres meses.

Art. 7.1.7. Beirarrúas.

O promotor dun edificio de nova construcción ou o dun edificio que se reconstrúa, en solo urbano, virá obrigado a construír, aínda que non existira anteriormente, a beirarrúa en todo o fronte do edificio, coa extensión que fixe o Servicio municipal de obras, de acordo coas aliñacións que rexan na rúa da súa situación e sempre con amaño á rasante que se sinale, con todos os servicios necesarios para a posta en uso da edificación.

Nas beirarrúas que se constrúan empregaranse materiais que aseguren a necesaria impermeabilidade e en harmonía cos xa existentes ou cos modelos que se determinen por parte do Concello.

As aceiras que se constrúan de novo e as que se modifiquen por motivo de execución das obras de edificación, deberán de cumprir coas especificacións impostas pola lei 8/1997,de 20 de agosto, DOGA 166 de 29 de agosto de 1997 sobre accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

Art. 7.1.8. Empates á rede de auga.

Quen constrúa edificios destinados a vivendas ou locais de negocios ou agreguen vivendas en edificios existentes, emprazados en zonas nas que existan conduccións de auga potable destinadas ao publico fornecemento da cidade, a menor distancia de cen metros do enclave daqueles, estarán obrigados a construír pola súa conta os ramais correspondentes para o servicio, dotando de auga potable a todas e cada unha das vivendas ou locais separados. A sección e demais características dos ramais, así como o modo de execución das obras será o que determine o Servicio municipal correspondente.

Os ramais deberán construírse a base de materiais impermeables e manterase en bo estado de conservación, que impida en todo momento tanto as infiltracións como as perdidas de caudal.

A instalación dos ramais no subsolo da vía publica acomodarase en canto ao seu asentamento, trazado, profundidade, natureza e dimensións dos conductos, ás regras que a Administración municipal teña establecidas para o área ou no seu defecto aos que para cada caso se dispoñan.

A instalación de auga deberá de estar supervisada pola concesionaria deste Servicio, que marcará, xunto co Concello, as necesidades, seccións e materiais que se instalarán.

Art. 7.1.9. Empates ás redes de sumidoiros.

En relación coa obrigatoriedade de conexión ás redes de sumidoiros das augas negras e pluviais dos edificios, mesmo almacéns, depósitos e fábricas, será sempre preceptivo completa-la con todos os elementos a ela inherentes.

As dimensións mínimas dos albañais de evacuación serán os que o Concello teña previstas para o área e serán de material impermeable, asentadas sobre terreo firme e construídas á profundidade convinte para a perfecta conexión coa rede de sumidoiros.

Se os promotores aos que se fai referencia, non levasen a cabo pola súa iniciativa as construccións de que se trata, e logo de requiridos a estes efectos pola Administración municipal, deixasen transcorrer tres meses sen efectualo, (prazo este, que poderá ser ampliado pola Alcaldía a instancias dos interesados cando concorreran motivos fundados para a concesión de dita prorroga), poderá o Concello acordar que as obras se executen por conta e cargo dos obrigados con suxeición ao disposto pola Lei de Procedemento Administrativo para a execución subsidiaria.

A instalación de sumidoiros deberá de estar supervisada pola concesionaria deste Servicio, que marcará, xunto co Concello, as necesidades, seccións e materiais que se instalarán.

O cruce dos servicios de infraestructuras polos viais requirirá o forrmigonado dos mesmos.

Art. 7.1.10. Derrubes.

O derrube de edificios ou construccións de calquera clase requirirá para a súa autorización, a presentación do oportuno proxecto subscrito por técnico competente no que se porá de manifesto que o edificio ou construcción non se atopa incluído no Catálogo que se inclúe neste Plan Xeral nin en outros catálogos sectoriais, a súa falla de interese histórico-artístico ou ambiental, e a inexistencia de inquilinos ou acordo establecido con eles.

Aínda cando o edificio ou construcción que se pretenda demoler non figure incluído no Catálogo, o Concello poderá solicitar información da Delegación correspondente Ministerio de Cultura ou Organismo autónomo competente, se estimase de interese a súa conservación, podendo adoptar á vista do mesmo, discrecionalmente, a resolución que proceda.

Art. 7.1.11. Condicións.

En todas as licencias, fixaranse as condicións ás que taxativamente se han suxeitar, tendo as mesmas o carácter de condicións de obrigatorio cumprimento. Concedida a licencia entregarase ao titular dela, se o solicitase, un exemplar do proxecto, selado polo Negociado de Urbanismo ou a Sección de Obras.

Art. 7.1.12. Caducidade.

As licencias comprendidas no presente capitulo, caducarán nos seguintes supostos:

1. Por desestimento expreso do solicitante.

2. Por non ter dado comezo as obras no prazo de seis meses contados desde a data de notificación da concesión da licencia, ou se unha vez iniciadas as obras se interrompen durante un prazo de seis meses, salvo que a demora ou paralización proveña de forza maior ou outra causa xusta que se puxese en coñecemento do Concello antes de transcorrer os citados prazos e autorizadas por este.

3. Por non acabarse as obras no prazo previsto salvo as prórrogas outorgadas por motivos xustificados.

A tal efecto a duración máxima das licencias de obras será de dous anos. As prórrogas só poden ser igual á metade do tempo de validez sinalado para a licencia de que se trate, é dicir, dun ano como máximo, e devengarán a metade dos dereitos de concesión. En ningún caso poderán concederse segundas ou ulteriores prórrogas.

4. Por non axustarse as obras ao proxecto aprobado ou ás condicións impostas pola licencia.

Art. 7.1.13. Execución das obras.

Cando o facultativo director dunha obra deixe de actuar na mesma debe poñelo en coñecemento do Concello no termo de tres días, mediante oficio debidamente visado polo Colexio Oficial. O propietario, á súa vez, está obrigado a nomear seguidamente, novo facultativo director da obra, comunicándoo por escrito ao Concello mediante a oportuna folla de encargo, tamén visada. De non cumprirse este trámite, a Alcaldía-Presidéncia ordenará a inmediata suspensión da obra.

Se durante o transcurso dunha obra fora necesario introducir no proxecto algunha variación, solicitarase para iso o correspondente permiso como se se tratase dunha licencia oficial. No caso de que a modificación, de se ter solicitado ao presentar o proxecto, non dese motivo a maior liquidación que a efectuada, non devengará dereitos; en caso contrario devengaraos pola diferencia resultante.

Cando non fose solicitada licencia para efectuar a variación á que se refire o parágrafo anterior, ou cando a petición se formulase despois de efectuada a obra, considerarase esta como obra nova e liquidarase de acordo co previsto na tarifa correspondente.

En toda construcción debe terse a disposición dos funcionarios do Concello exemplares dos planos selados e aprobados e da licencia expedida.

Se o funcionario do Concello observase que na execución da obra se infrinxen as Normas ou Ordenanzas, non se cumpren as condicións da licencia ou o propietario prescindiu das formalidades prescritas nelas, o porá inmediatamente en coñecemento da Alcaldía-Presidéncia, para que, se procede, ordene a suspensión da obra e adopte, de momento, as medidas precautorias que estime procedentes.

As obras darán comezo dentro do prazo máximo de seis meses non necesitando ningunha actuación especial para calquera traballo que teña por obxecto realizar o proxecto acompañado ao solicitar a licencia de construcción. Estas obras deberán estar finalizadas nun prazo máximo de dous anos, ao cabo dos cales se entenderá caducada a licencia.

Tan pronto como fique cuberto un edificio, o interesado virá obrigado a poñelo por escrito en coñecemento do Concello, a efectos de comprobar o cumprimento da súa altura máxima, volume e demais condicións urbanísticas contidas na licencia outorgada.

Dentro do prazo de quince días desde o remate da obra o propietario porao en coñecemento do Concello, acompañado por certificado final de obra estendido polo ou polos facultativos directores do mesmo, que acredite a súa realización de acordo co proxecto aprobado.

Comunicado o remate da obra efectuarase a correspondente visita de inspección, e se se comprobase que a edificación se axustou ao proxecto aprobado en canto ao cumprimento da normativa urbanística e demais normativas aplicables, librarase un documento acreditativo do cumprimento das condicións á que a licencia estivese subordinada. En caso contrario estarase ao disposto respecto a modificacións non autorizadas do proxecto ou a inobservancia dos prazos concedidos.

Entenderase que a obra está acabada cando se retirasen os materiais sobrantes, estadas, barreiras e elementos auxiliares, e se atopen corrixidos os desperfectos ocasionados na vía pública ou nos servicios municipais.

A Autoridade Municipal non concederá o alta nos servicios municipais, nin autorizará a apertura de establecementos mentres non se acredite que as obras se executaron con suxeición ás condicións da licencia de construcción, e obtido a pertinente licencia de primeira ocupación, se se tratase de edificios destinados a vivendas.

Non se permitirá que as obras iniciadas fiquen sen acabar. Cando isto último ocorra, a Autoridade municipal poderá requirir ao propietario para que aquelas se conclúan e obrigarlle a executar aquela parte das mesmas que se considere mais indispensable e se non o fixera, o Concello pode optar entre acordar levalas a cabo por conta do propietario ou acordar incluír a obra no Rexistro Municipal de soares, aos efectos establecidos na Lei do Solo.

Art. 7.1.14. Licencia de primeira ocupación.

Unha vez finalizada a obra solicitarase a licencia de primeira ocupación.

A solicitude da mencionada licencia deberá ir acompañada da seguinte documentación:

- Certificado final de obra con documentación de estado final, visado polo Colexio Oficial correspondente.

- Certificado de telecomunicacións. (se procede)

- Certificado de insonorización de acordo coa Lei 7/1997 (se procede)

- Escritos división Horizontal e declaración de Obra Nova. (se procede)

Art. 7.1.15. Medidas de policía.

É obriga dos donos conservar, limpar, revocar ou estucar as fachadas dos edificios da súa propiedade, así como as medianeiras ao descubrido, as entradas e escaleiras, e en xeral, todos os espacios visibles desde a vía pública. Os paramentos e medianeiras que de acordo co Plan fiquen fora de ordenación deberán ornamentarse cos mesmos materiais das fachadas.

Cando as obras a que se refire o parágrafo anterior non fosen realizadas polos interesados, poderá efectualas o Concello, a costa dos propietarios se se contiveran no limite do deber de conservación e decoro que lles corresponde, e con cargo a fondos municipais cando o rebasen para obter melloras de interese xeral.

Os propietarios deben manter limpas e en bo estado de conservación as chemineas, os depósitos, os patios e os conductos de gas, desaugues e demais instalacións do inmoble.

Art. 7.1.16. Ruína.

Cando algunha construcción ou parte dela ameazase ruína, o Concello de oficio ou a instancia de parte interesada iniciará o oportuno procedemento, que se suxeitará ao disposto no artigo 183 da Lei do Solo e disposicións complementarias contidas no Regulamento de Disciplina Urbanística.

Art. 7.1.17. Responsabilidade e sancións.

Cando os actos de edificación ou uso do solo se executen sen licencia ou sen se axustar ás condicións lexitimas das que fora outorgada, ou con infracción das disposicións de xeral aplicación, a Alcaldía ordenará a suspensión das obras e procederá segundo os supostos, de acordo cos artigos 184 a 186 da Lei do Solo e 49 a 56 do Regulamento de Disciplina Urbanística.

Se se efectuaran parcelacións sen licencia ou sen se axustar á outorgada, a Autoridade Municipal prohibirá todo intento de urbanizar ou edificar os terreos e disporá a destrucción realizado.

A infracción destas Normas e a desobediencia á Autoridade Municipal poderá ser castigada, ademais de coa sanción de suspensión ou demolición das obras, con multa que imporá a Alcaldía na contía autorizada pola lexislación vixente.

O contravimento das medidas de seguridade na construcción, esixidas de acordo coas presentes Ordenanzas e a lexislación especial, será considerado como infracción urbanística e sancionándose de conformidade co disposto na Lei do Solo e demais disposicións vixentes.

O peticionario da licencia, ou no seu caso o propietario, o empresario das obras e o técnico director das mesmas, serán solidariamente responsables das infraccións que se cometan por executalas sen licencia ou inobservancia das cláusulas lexítimas da mesma.

TÍTULO VIII. CONDICIÓNS PARTICULARES DA EDIFICACIÓN EN SOLO URBANO. ORDENANZAS.

CAPÍTULO 1. CONSIDERACIÓNS XERAIS

Art. 8.1.1. Definición.

Son as condicións particulares, que xunto coas xerais da edificación e dos usos, regulan as condicións a que deben aterse as obras de edificación en función da súa localización.

Art. 8.1.2. División en zonas.

En base aos obxectivos das Normas, o solo urbano dividiuse en tres zonas, as cales se diferencian polo uso característico e a tipoloxía de edificación, fixándose nos artigos seguintes o seu aproveitamento urbanístico.

Estas zonas son as seguintes:

ZONA 1ª: Residencial unifamiliar illada ou pareada

ZONA 2ª: Residencial unifamiliar adosada

CAPÍTULO 2. ZONA 1ª: RESIDENCIAL UNIFAMILIAR ILLADA.

Art. 8.2.1. Ordenanza de residencial unifamiliar illada

1.- Ámbito e características

Comprende as áreas do territorio sinaladas baixo o epígrafe de Residencial Unifamiliar Illada nos planos CU-1 e CU-2 de ordenación do solo urbano.

Responde á tipoloxía de edificación illada ou pareada.

O seu uso característico é o residencial, clase "A".

2.- Aliñacións e rasantes:

As existentes, no caso de non ser fixadas nos planos correspondentes.

3.- Condicións de volume.

- Fronte mínimo de parcela: 12 m. ou o existente en caso de atoparse as colindantes edificadas.

- Parcela mínima: 300 m2, ou a existente en caso de atoparse as colindantes edificadas. No caso de vivendas protexidas a superficie reducirase a 200 m2 por vivenda.

- Ocupación do solo: 60% de parcela neta.

- Edificabilidade: 0,60 m2/m2. de parcela neta.

- Altura da edificación: 6,50 m.

- Número de plantas: Dúas (B+I).

- Pendente de cuberta: 40º, sendo continua e sen quebros en todo o seu desenvolvemento, segundo condicións particulares da presente normativa.

- Recuamento máximo en relación a aliñación: 3,00 m. No caso de que as edificacións colindantes estean construídas en liña de fachada, se continuará a aliñación definida por elas.

- Separación a lindeiros: 3,00 m.

4.- Usos compatibles.

- Industrial: Categorías A, B, C e D. En categorías B e C as edificacións serán de volume, tamaño, características e acabados similares ás edificacións residenciais existentes, cunha limitación de 250 m2 construídos.

- Servicio Terciario:

- Categoría Hospedaxe: Grao 1º e 2º. Ambos en edificio exclusivo ou compatible co residencial.

- Categoría Comercio: Grao 1º tipos 1 e 2.1, Grao 2º tipo 3, en situación de planta baixa, illado ou contiguo.

- Categoría Oficinas: Grao 3º, en situación de planta baixa ou primeira.

- Categoría Salas de reunión, en situación de planta baixa, edificio illado ou contiguo.

- Categoría Residencia comunitaria, en edificio exento

- Garaxe-aparcamento: categorías 1ª, 2ª e 3ª

- Dotacional:

- Equipamento: clases 1, 2, 3, 4 e 5, en edificio de uso exclusivo.

- Servicios urbanos: clases 1, 2, e 3 en edifico de uso exclusivo.

5. Outras condicións:

- Admitirase a tipoloxía pareada con condicións de edificación simultánea ou apegada a medianeiras existentes. O apegue será obrigatorio para edificacións a ubicar en parcelas lindantes con medianeiras existentes.

- Ademais admítese o aproveitamento baixo cuberta, adecuándose ás condicións fixadas na presente normativa, computando, a efectos de edificabilidade todos os espacios de altura maior ou igual a 1,5 m.

- A efectos da regulación dos aproveitamentos baixo cuberta permítese a construcción de xanelas inclinadas nos faldóns de cuberta segundo as condicións fixadas na presente normativa.

- Poderase construír unha planta de soto ou semisoto.

- Admítese a construcción dunha edificación secundaria, mesmo sobre lindeiros, coas seguintes condicións:

- Ocupación do solo 15% da edificada como construcción principal e nunca maior das consideracións recollidas no artigo referente a galpóns e construccións auxiliares da presente normativa.

- Altura de bordo: 2,80 m.

- Altura total: 3,50 m.

- Usos permitidos, adscritos e complementarios ao uso principal: almacén de apeiros, barbacoa, adega, garaxe ou outros que cumpran fins similares.

- Acabado para estas construccións: Non se permite a utilización como vistos de materiais deseñados para ser revestidos.

- Estas construccións auxiliares computarán no global das condicións de volume fixadas para a parcela pola ordenanza.

- Peches:

- Posición: a aliñación fixada nos correspondentes planos

- Altura máxima: Dous metros cincuenta centímetros sobre o perfil lonxitudinal da calzada.

- Tipo: Admitirase unha porción maciza, preferiblemente de pedra, prohibíndose a fábrica de bloques de formigón sen revestir. A súa altura máxima será de 1,20 m sobre o terreo, admitíndose sobre ela un pechamento diáfano ou vexetal ata completar a altura máxima permitida.

CAPÍTULO 3. ZONA 2ª. RESIDENCIAL UNIFAMILIAR APEGADA

Art. 8.3.1. Ordenanza de residencial unifamiliar apegada.

1.- Ámbito e características

Comprende e é de aplicación a presente ordenanza naquelas zonas da capital municipal onde existen edificacións apegadas de vivenda unifamiliar e os soares vacantes situados entre estas, sinalados a tal efecto nos planos CU-01 e CU-02 de ordenación do solo urbano.

2.- Tipoloxía

Responde á tipoloxía de edificación illada ou apegada.

O seu uso característico é o residencial, clase A, admitíndose a clase "B" (colectiva) exclusivamente no caso de tratarse de vivendas unifamiliares adosadas con portal para cada unha delas sobre unha única parcela en condominio.

En caso de existir edificacións, que non sexan alpendres ou galpóns, apegadas a lindeiras será obrigatorio construír sobre ese linde da parcela.

En caso de existir edificacións illadas nos lindes da parcela será obrigatoria a edificación illada.

En caso de se atopar vacantes as parcelas colindantes poderase optar pola edificación apegada sempre e cando exista acordo de medianeira e edificación simultánea.

3.- Aliñacións e rasantes:

- As fixadas nos planos correspondentes.

- Fondo máximo: 16 m medidos perpendicularmente á aliñación oficial.

- Recuamento a lindeiros: 3 m.

- Recuamento sobre aliñación: 3 m como máximo e para edificacións illadas.

4.- Condiciones de parcelación

- Parcela mínima (neta): 300 m2 para edificación illada e 150 para edificación apegada ou a existente sempre que se demostre a imposibilidade de ampliar a parcela por se atopar as colindantes consolidadas pola edificación. Para vivendas unifamiliares en parcela única (condominio) esixirase unha superficie mínima de 150 m2 por vivenda. No caso de vivendas protexidas en parcela única a superficie reducirase a 120 m2 por vivenda

- Fronte mínimo: 6 metros para edificacións apegadas e 12 para edificacións illadas. Quedan eximidos do cumprimento do fronte mínimo de edificacións illadas aquelas parcelas que se atopen edificadas nas súas dúas colindantes con edificación illada.

5.- Condicións de volume.

- Edificabilidade: 1,00 m2/m2 sobre parcela neta.

- Altura da edificación: 6,50 m.

- Número de plantas: Dúas (B+I).

- Pendente de cuberta: 40º, sendo continua, sen quebros en todo o seu desenvolvemento.

6.- Usos compatibles.

- Industrial: Categoría A.

- Servicio terciario:

- Categoría Hospedaxe: Grao 1º e 2º. Ambos en edificio exclusivo ou compatibles co residencial.

- Categoría Comercio: Grao 1º tipos 1 e 2.1, Grao 2º tipo 3, todos eles en situación de planta baixa, illado ou contiguo.

- Categoría Oficinas: Grao 3º, en situación de planta baixa ou primeira.

- Categoría Salas de reunión, en situación de planta baixa, edificio illado ou contiguo.

- Categoría Residencia comunitaria en edificio exento.

- Garaxe-aparcamento: categorías 1ª, 2ª e 3ª

- Dotacional:

- Equipamento: clases 1, 2, 3, 4 e 5, en situación de planta baixa ou en edificio de uso exclusivo.

- Servicios urbanos: clases 1, 2 e 3 en edificio de uso exclusivo.

7. Outras condicións.

- Admítese o aproveitamento baixo cuberta, adecuándose ás condicións fixadas na presente normativa, computando, a efectos de edificabilidade todos os espacios de altura maior ou igual a 1,50 m.

- A efectos da regulación dos aproveitamentos baixo cuberta permítese a construcción de xanelas inclinadas nos faldóns de cuberta segundo as condicións fixadas na presente normativa.

Poderase construír unha planta de soto ou semisoto.

- Admítese a construcción dunha edificación secundaria, mesmo sobre lindeiras, coas seguintes condicións:

- Ocupación do solo 15% da edificada como construcción principal.

- Altura de bordo: 2,80 m.

- Altura total: 3,50 m.

- Usos permitidos, adscritos e complementarios ao uso principal: almacén de apeiros, barbacoa, adega, garaxe ou outros que cumpran fins similares.

- Acabado para estas construccións: Non se permite a utilización como vistos de materiais deseñados para ser revestidos.

- Estas construccións auxiliares computarán no global das condicións de volume fixadas para a parcela pola ordenanza.

- Peches:

- Posición: a aliñación fixada nos correspondentes planos ou no lindeiro correspondente.

- Altura máxima: Dous metros sobre o perfil lonxitudinal da calzada.

- Tipo: Admitirase unha porción maciza, preferiblemente de pedra, prohibíndose a fábrica de bloques de formigón sen revestir. A súa altura máxima será de 1,20 m sobre o terreo, admitíndose sobre ela un pechamento diáfano ou vexetal ata completar a altura máxima permitida.

TÍTULO IX. CONDICIÓNS PARTICULARES DA EDIFICACIÓN EN SOLO DE NÚCLEO RURAL. ORDENANZAS.

CAPÍTULO 1. PRELIMINARES

Art. 9.1.1. Definición e ámbito

Correspóndense coas delimitacións efectuadas nos planos C-01 a C-19 de "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais" e nos Planos de ordenación dos núcleos rurais.

Art. 9.1.2. Regulación urbanística de Núcleo Rural

1. Ten por obxecto definir o que a Lei do Solo denomina Núcleos Rurais e asegurar neles as condicións de habitabilidade e servicios.

2. O conxunto das condicións urbanísticas aplicables é o resultante de:

a) A delimitación do seu ámbito, con indicación de condicións e limitacións para o uso dos terreos e das construccións, así como das características estéticas das edificacións

b) As demais determinacións destas Normas, e en xeral, do Plan, que en función das características do solo de núcleo rural fosen aplicables.

CAPÍTULO 2. ORDENANZA DO SOLO DE NÚCLEO RURAL.

Art. 9.2.1. Ámbito de aplicación:

Será de aplicación nos núcleos rurais do termo, que se delimitan nos planos correspondentes deste Plan, tanto nos ámbitos do núcleo rural tradicional como do núcleo rural disperso (áreas de expansión)

Art. 9.2.2. Clasificación en grados

En función do grao de consolidación do núcleo rural distínguense dous graos, que se reflicten nos planos de clasificación coas seguintes denominacións.

Grao 1: Solo de Núcleo Rural Tradicional

Grao 2: Solo de Núcleo Rural Disperso (área de expansión)

Art. 9.2.3. Usos permitidos.

a) Obras de conservación e restauración das edificacións existentes, sempre e cando non supoñan variación das características esenciais da edificación, nin alteración do lugar, volume e tipoloxía tradicional. En todo caso, axustaranse ao disposto nos seguintes artigos da presente normativa.

b) Obras de rehabilitación e ampliación en planta ou altura das edificacións existentes que non impliquen variación da súa tipoloxía, sempre que se cumpran as condicións establecidas nos seguintes artigos da presente normativa. As vivendas de tipo tradicional poderanse reformar e ampliar o necesario para dar cumprimento á normativa de habitabilidade correspondente, sexa cal fora a súa situación en relación aos lindeiras, aos camiños rurais ou á normativa de volume de aplicación. Neste caso será primordial que as obras conserven o carácter tradicional da vivenda e os materiais a empregar harmonicen cos existentes.

c) Novas edificacións de acordo coas regras establecidas nos seguintes artigos da presente normativa.

d) Obras de conservación, restauración, rehabilitación e reconstrucción das edificacións tradicionais ou de especial valor arquitectónico existentes no núcleo rural, sempre que non supoñan variación das características esenciais do edificio nin alteración do lugar, do seu volume nin da tipoloxía orixinaria, sen necesidade de cumprir todas as condicións esixidas pola normativa.

O uso característico das edificacións nos núcleos rurais será o residencial. Así mesmo, poderanse permitir usos comerciais, productivos, turísticos e tradicionais ligados á vida rural, así como pequenos talleres, sempre que non se altere a estructura morfolóxica do asentamento e o novo uso contribúa a revitalizar a vida rural e mellorar o nivel de vida dos seus moradores e que, en todo caso, resulten compatibles co uso residencial.

Usos complementarios, segundo o título V da presente normativa serán:

- Industrial categorías A, B e C. En categorías B e C as edificacións serán de volume, tamaño, características e acabados similares ás edificacións residenciais existentes, cunha limitación máxima de 200 m2 construídos.

- Servicio Terciario:

- Categoría Hospedaxe: grao 1º en edificio exclusivo ou compatible co residencial e grao 2º

- Categoría Comercio: en planta baixa de edificio residencial, grao 1º, 1, 2.1 e 2.2, e grao 2º, 3.

- Categoría Oficinas graos 1º e 3º. As edificacións serán de volume, tamaño, características e acabados similares ás edificacións residenciais existentes, cunha limitación máxima de 250 m2 construídos.

- Categoría Salas de reunión grao 1º, en situación de planta baixa de edificación residencial.

- Categoría Residencia comunitaria. As edificacións serán de volume, tamaño, características e acabados similares ás edificacións residenciais existentes, cunha limitación máxima de 250 m2 construídos.

- Garaxe-aparcamento: graos 1º, 2º e 3º.

- Agropecuario en nova construcción: grao 1.a cunha superficie máxima construída de 200 m2, grao 1º.c, graoº 3 cunha superficie máxima construída de 200 m2 e grao 5º cunha superficie máxima construída de 200 m2 para instalacións fixas e sen límite para desmontables.

As construccións e instalacións destinadas a actividades agropecuarias existentes no momento da entrada en vigor da Lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004, que non estean amparadas na preceptiva licencia urbanística poderán manter a súa actividade. Para os efectos de acreditar a existencia da explotación agropecuaria e das edificacións directamente vinculadas a ela no momento da entrada en vigor da Lei 9/2002, será suficiente o recoñecemento administrativo do conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, acreditado segundo a Circular 1/2003, do 31 de xullo (DOG número 150, do 5 de agosto). Nestas construccións permitiranse, logo da licencia urbanística municipal, as obras de conservación e de reforma necesarias para o desenvolvemento da actividade agropecuaria, adoptando as medidas correctoras oportunas para garantir as condicións sanitarias e ambientais. Logo da autorización autonómica, poderán acometerse obras de ampliación, incluso en volume independente, das instalacións existentes en solo rústico ou en solo de núcleo rural. Esta ampliación deberá cumprir as condicións de edificación establecidas pola lexislación do solo e mais polo presente plan xeral, agás no que atinxe a parcela mínima edificable, a ocupación máxima e as distancias mínimas a vivendas e a asentamentos de poboación.

Este mesmo réxime seralles de aplicación ás construccións amparadas na preceptiva licencia e destinadas a explotacións agropecuarias que existían antes da entrada en vigor da Lei 9/2002.

- Dotacional:

- Categoría Equipamento: clases 1, 2, 3, 4 e 5. Como uso complementario ao residencial ou en edificación de uso exclusivo. Neste caso as edificacións serán de volume, tamaño, características e acabados similares ás edificacións residenciais existentes, cunha limitación máxima de 250 m2 construídos.

- Categoría Servicios urbanos: clases 1, 2, 3 e 4. As edificacións serán de volume, tamaño, características e acabados similares ás edificacións residenciais existentes, cunha limitación máxima de 250 m2 construídos.

Art. 9.2.4. Usos prohibidos.

1. Fica prohibido o derrube ou demolición das construccións existentes, salvo nos seguintes supostos:

a) Aquelas construccións sen interese arquitectónico algún nos que, polo seu reducido tamaño ou imposibilidade de acceso, non sexa posible a súa recuperación, restauración ou reconstrucción para calquera uso dos autorizados nesta normativa.

b) As edificacións de escaso valor histórico ou etnográfico das que, estando en ruína material de acordo coa lexislación urbanística, con evidente perigo para as persoas ou cosas, non sexa viable a súa recuperación total ou parcial.

c) Todos os engadidos que desvirtúen a tipoloxía, forma e volume de calquera edificación primitiva, ou que polos materiais en eles empregados supoñan un efecto distorsionador para a harmonía e estética do conxunto edificatorio. Igualmente todos os alpendres, almacéns e edificacións auxiliares que estean nas mesmas condicións.

Nos supostos previstos no número anterior, solicitarase licencia de demolición acompañando ao proxecto técnico un estudio xustificado e motivado do cumprimento e veracidade das circunstancias que concorren de acordo co especificado anteriormente.

2. As edificacións, xa sexan de vivenda, auxiliares ou de outro uso, cuia tipoloxía non responda ás do asentamento no que se ubiquen.

3. Vivendas apegadas, proxectadas en serie, de características similares e colocadas en continuidade en máis de tres unidades.

4. Naves industriais de calquera tipo.

5. Aqueles movementos de terras que supoñan unha agresión ao medio natural ou que varíen a morfoloxía da paisaxe do lugar.

6. A apertura de pistas, rúas ou camiños que non estean contemplados no planeamento, así como a ampliación dos existentes e o derrube, de maneira inxustificada, de muros tradicionais dos rueiros ou corredoiras.

7. As novas instalacións destinadas á producción agropecuaria agás as pequenas construccións destinadas a usos gandeiros para autoconsumo.

8. Os tendidos aéreos das liñas eléctricas definidas na lexislación sectorial como de alta tensión.

9. Aqueles usos que, xa sexa polo tamaño das construccións, pola natureza dos procesos de producción, polas actividades a desenvolver ou por outras condicións, aínda cumprindo cos requirimentos da lexislación medioambiental, non sexan propios do asentamento rural.

10. Prohíbese expresamente a nova plantación de especies arbóreas que constitúan masa forestal.

Art. 9.2.5. Condicións Xerais.

Cumprirán coas condicións xerais da edificación reseñadas no título correspondente así como na lexislación do solo correspondente.

Art. 9.2.6. Condicións da edificación

1. As novas edificacións que se pretendan emprazar nos núcleos rurais identificaranse coas características propias do lugar e estarán encamiñadas a consolidar a trama rural existente. Todas elas cumprirán as seguintes condicións:

a) A parcela mínima edificable non será inferior a 300 metros cadrados na delimitación do núcleo tradicional (grao 1) salvo casos excepcionais debidamente xustificados de parcelas inferiores ubicadas entre outras xa edificadas que imposibiliten alcanzar a parcela mínima.

No núcleo rural disperso (área de expansión) (grao 2), a parcela mínima edificable non será inferior a 600 metros cadrados.

Condicións de segregación: Para novas segregacións en núcleo tradicional e para a redacción dos Plans Especiais de Protección e Mellora do Medio Rural, fronte mínimo de 12 m cos lindieros o máis rectos e ortogonais posible.

A franxa de parcela afectada pola fixación de aliñacións será de cesión gratuíta ó concello salvo a existencia de peches tradicionais de pedra, non computando polo tanto ós efectos do cumprimento das condicións de parcela.

b) Edificabilidade:

Grao 1: 0,60 m 2/m2, sobre parcela neta, para o conxunto dos usos

Grao 2: 0,40 m2/m2, sobre parcela neta, para o conxunto dos usos

Non computarán os semisotos que sobresaian un metro como máximo sobre a rasante do terreo, sempre e cando se destinen a garaxe, instalacións da vivenda ou trasteiros de menos de 10 m2.

Os garaxes, trasteiros, alpendres e outras dependencias anexas á vivenda non computarán edificabilidade, pero si o farán para calcular a ocupación. Para iso deberán cumprir os requirimentos de galpóns e construccións auxiliares indicados no título VI da presente normativa.

c) Ocupación máxima:

Grao 1: 50%.

Grao 2: 30%

Fican exentos do cumprimento dos parámetros anteriores aqueles casos, dentro da delimitación do Solo de Núcleo Rural Tradicional, nos que se demostre a imposibilidade física diso por tratarse de parcelas entre medianeiras existentes sen posibilidade de ampliación ou por se tratar de soares froito dun derrube previo, sempre e cando na propia parcela sexa posible erguer construccións aptas para o uso permitido a que se destine.

d) As características estéticas e constructivas e os materiais, cores e acabados serán acordes coa paisaxe rural e coas construccións tradicionais do asentamento.

En tal sentido esixiranse os seguintes condicionantes:

- Volumetría: estará constituída por un volume principal de planta preferentemente rectangular ó que se poderán adosar outros en planta baixa que en todo caso se integrarán na prolongación da cuberta do piso superior. En plantas altas permítese a construcción de balcóns de tipo corredor e galerías.

- Paramentos verticais: Utilizarase como acabado preferente o revestimento continuo de morteiro para tódalas fachadas en cores brancas ou claras. Permítese como segunda solución o emprego da pedra, debendo ser, de acordo co entorno, de cachotería de pizarra. Nos casos excepcionais e xustificados pódese usar outro tipo de solución constructiva en pedra, madeira en revestimentos ou outro tipo de materiais que cumpran a mesma función (metal, formigón, tramas metálicas prefabricadas, etc.) En todo caso recházanse os acabados brillantes ou reflectantes.

- Forma e dimensión dos ocos: Os ocos serán rectangulares de dimensión preferente vertical ou cadrados. Esta condición non será esixible para grandes cristaleiras en galerías tanto en planta baixa como en planta alta.

- Carpinterías: O material empregado nas carpinterías será preferentemente a madeira. Tamén se poderá usar o aluminio con acabado lacado en cores distintas do branco. Prohíbese, salvo autorización previa do concello o uso de aluminios en acabados metálicos (anodizados, pulidos, etc.)

- Corpos anexos: as mesmas condición rexerán para os corpos anexos, contiguos ou separados da vivenda.

e) O volume máximo da edificación será similar ao das edificacións tradicionais existentes no núcleo rural. No caso de que resulte imprescindible superalo por esixencias do uso ou actividade, deberase descompoñer en dous ou máis volumes conectados entre si, co fin de adaptar as volumetrías ás tipoloxías tradicionais propias do medio rural. En todo caso, deberanse adoptar as medidas correctoras necesarias para garantir o mínimo impacto visual sobre a paisaxe e a mínima alteración do relevo natural dos terreos. Neste sentido fíxase unha superficie máxima de referencia de 200 m2 por planta.

f) A altura da edificación non excederá de planta baixa e piso, nin dun máximo de 7 metros medidos na forma establecida na presente normativa.

g) A cuberta terá unha pendente igual ou inferior á media das existentes no asentamento, nunca superior a 40º, e estará formada por planos continuos sen quebras nas súas vertentes. Permítese o aproveitamento baixo cuberta, como prolongación da vivenda inferior, recibindo a súa iluminación e ventilación polos testeiros e por xanelas inclinadas situadas no plano das vertentes das cubertas. De acordo coa tipoloxía da zona os materiais a utilizar no remate da cubrición será tella cerámica formato árabe. De modo excepcional e xustificado suficientemente poderá utilizarse outros materiais previa autorización do concello. Quedan prohibidas as mansardas ou bufardas. A altura máxima de cumieira será de 3,50 m sobre a altura máxima permitida.

h) Para as novas construccións a tipoloxía edificatoria será illada, excepto casos de edificación conxunta, onde poderán apegarse ata un máximo de tres. Nas parcelas lindantes con edificacións existentes de carácter non tradicional construídas sobre o lindeiro común será obrigatorio o adose. A separación a lindeiros, caso de producirse non será nunca inferior a 3 metros. Para as novas construccións serán obrigatorios, salvo en aliñacións estables ou consolidadas, os recuamentos mínimos en relación ás vías de acceso fixados nos planos de ordenación dos núcleos rurais, que en todo caso deberán separarse un mínimo de 4 metros do eixo da vía ou 1,5 m do borde do pavimento.

i) Para autorizar as edificacións esixirase ter resoltos, con carácter previo e a costa do promotor, alomenos os servicios de acceso rodado, fornecemento de auga, evacuación e tratamento das augas residuais e subministro de enerxía eléctrica ou, noutro caso, garantir a execución simultánea coa edificación.

k) A instalación de invernadoiros con destino exclusivo ao uso agrario que se instalen con materiais lixeiros e facilmente desmontables non estará suxeita ás condicións de edificación establecidas neste artigo.

Art. 9.2.7. Planeamento en Núcleo Rural.

No medio rural poderanse redactar Plans Especiais de Protección, Rehabilitación e Mellora do Medio Rural coa regulación e finalidades fixadas na presente normativa e na lexislación do solo vixente.

TÍTULO X. REGULACIÓN Do SOLO URBANIZABLE

CAPÍTULO 1. PRELIMINARES

Art. 10.1.1. Delimitación e ámbito

As delimitacións do Solo Urbanizable grafítanse nos planos C-01 a C-19 de "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais" así como no plano CZ de sectores e áreas de solo urbanizable delimitado e non delimitado.

Art. 10.1.2. Aproveitamento medio e patrimonializable

O Plan Xeral establece o aproveitamento tipo de cada sector de solo urbanizable en metros cadrados edificables de uso característico por metro cadrado de solo, incluídos no seu caso, os sistemas xerais adscritos ao mesmo.

O Plan Xeral establece os coeficientes de homoxeneización relativa, correspondentes aos distintos sectores de solo urbanizable, establecidos en función do uso característico, ao que se lle asigna o valor da unidade, e os restantes usos cualificados aos que corresponden valores superiores ou inferiores, así como en función das distintas condicións de contorno de cada un dos sectores, (topografía, emprazamento, urbanización, etc.)

O aproveitamento patrimonializable que corresponde a cada finca nesta clase de solo é o resultado de aplicar á súa superficie a porcentaxe legal do aproveitamento tipo de cada área de reparto.

Art. 10.1.3. Criterios de ordenación para o solo urbanizable

Os Plans Parciais deseñarán a súa ordenación con amaño ás determinacións contidas nas determinacións particulares para o seu desenvolvemento, e seguindo os criterios que a continuación se enumeran:

- En caso de existir masas arborada importantes procuraranse respectar na medida posible, integrándoas no sistema de zonas verdes e espacios libres.

- Integrar no sistema de espacios libres os elementos naturais da paisaxe.

- O sistema viario garantirá a continuidade de viarios co viario exterior e a integración visual dos bordes entre o solo urbanizable e rústico

- Buscar a agrupación dos equipamentos de carácter local, de modo que se creen focos de atracción no tecido urbano. O emprazamento das dotacións garantirá unha boa accesibilidade e a súa integración na estructura do Plan.

- En áreas de vivenda unifamiliar tenderase a concentrar os espacios libres buscando conseguir unha mellor utilización e mantemento dos mesmos.

- En áreas residenciais as actividades distintas da vivenda concentraranse preferentemente en torno ao viario principal e aos distribuidores locais que conecten co viario de maior rango e favorecerase a integración se os houbese de usos non residenciais compatibles coa vivenda.

- Procurarase manter a sección de rúas cunha distancia entre aliñacións igual ou maior á mais alta das edificacións que as conformen.

CAPÍTULO 2. CONDICIÓNS DE DESENVOLVEMENTO DO SOLO URBANIZABLE DELIMITADO

Art. 10.2.1. Regulación dos sectores de solo urbanizable delimitados

A continuación exprésanse as características, limitacións e condicións para o desenvolvemento de cada un dos sectores delimitados polo Plan Xeral.

· S-01.

Clasificación de solo: urbanizable

Área de reparto: AR-01

Uso principal: residencial unifamiliar.

Densidade máxima 30 viv/Ha

Usos compatibles:

- Residencial colectivo cunha superficie máxima do 20% do total, destinado exclusivamente a uso de vivendas protexidas, con tipoloxía de vivenda unifamiliar ou bloques de baixo e planta adosados en parcela común.

- Terciario 5% do total da superficie edificable.

Polo menos o 20% da edificabilidade total de uso residencial será destinada a vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública

Usos prohibidos: industrial.

Tipoloxía edificatoria: edificacións illadas ou adosadas en baixo e unha planta.

Superficie total sector: 43.865 m2

Edificabilidade total: 0,40 m2/m2

Edificabilidade total en m2: 17.546

Coeficientes de homoxeneización:

- Residencial unifamiliar: 1

- Residencial colectivo protección pública: 0,70

- Terciario: 1,20

Aproveitamento total de uso característico: 16.669 m2

Sistemas xerais incluídos e adscritos:

- ZVX-2a (AR-01): 6.772 m2

Aproveitamento tipo: 0,329 m2/m2

Prazos de execución:

- Primeiro e segundo quinquenio

Condiciones para o desenvolvemento:

- Sistema xeral viario: O sector comunícase co sistema xeral viario a través do solo urbano sendo neste caso especialmente importante a continuidade das rúas xa iniciadas nas parcelas dotacionais situadas entre Souto e Mourelos.

- Infraestruturas de servicios: dadas as características da actuación e a sobrecarga que suporía sobre o sistema de saneamento do núcleo de Souto-Ponte Queimadas, vertendo na actualidade a unha fosa, se estima necesaria a execución dunha depuradora con capacidade para 2000 habitantes no lugar actualmente ocupado pola fosa así como a conexión do sector con esta. A traída de auga atópase suficientemente dimensionada así como o fornecemento de enerxía eléctrica motivo polo cal non se prevén reforzos con cargo o desenvolvemento deste solo urbanizable.

- Deberase prever o soterramento da liña eléctrica que atravesa o sector

Cesións para dotacións: as fixadas na lexislación do solo vixente.

Condicións de calidade do planeamento de desenvolvemento: as fixadas na presente normativa na lexislación do solo vixente.

· S-02.

Clasificación de solo: urbanizable.

Área de reparto: AR-02

Uso principal: industrial

Usos compatibles: terciario. 20% do total.

Usos prohibidos: residencial, salvo o vinculado á vixilancia das distintas industrias.

Tipoloxía edificatoria: naves industriais illadas ou encostadas.

Altura máxima das edificacións: 9 m

Superficie total sector: 61.035 m2

Edificabilidade: 0,60 m2/m2

Edificabilidade total en m2: 36.621 m2

Ocupación total sobre sup. bruta: 50%

Coeficientes de homoxeneización:

Industrial: 1

Terciario: 1,2

Aproveitamento total de uso característico: 38.085 m2

Sistemas xerais incluídos e adscritos:

- ZVX-2b (AR-02): 12.190 m2

Aproveitamento tipo: 0,520 m2/m2

Prazos de execución:

- Primeiro quinquenio

Cesións:

- As fixadas na lexislación vixente.

Capacidade dos sistemas xerais:

- A fosa séptica existente nas Carballeiras considérase absolutamente insuficiente para as necesidades do parque empresarial debendo preverse unha depuradora de nova creación cunha capacidade total para 2.000 habitantes. Polo que respecta ó abastecemento de auga considérase suficiente a capacidade dos depósitos existentes.

- A estrada CP-4604 considérase suficientemente dimensionada para un parque empresarial de pequeno tamaño como o que se plantexa.

Condicións para o desenvolvemento:

- Sistema xeral viario: Concentraranse os accesos nun único entronque coa CP-4604.

- Infraestructuras de servicios: como condicións para o desenvolvemento a nivel de infraestructuras imponse a construcción dunha depuradora. Para o abastecemento eléctrico estarase ó indicado pola compañía subministradora.

Condicións de calidade do planeamento de desenvolvemento: as fixadas na presente normativa e na lexislación do solo vixente.

· S-03.

Clasificación de solo: urbanizable

Área de reparto: AR-03

Uso principal: residencial unifamiliar.

Densidade máxima 10 viv/Ha

Usos compatibles:

Os definidos na normativa do Plan Xeral.

Tendo en conta que se trata dun solo clasificado como urbanizable ó amparo da disposición transitoria décimo terceira da Lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004, non se contempla a reserva de vivendas protexidas.

Usos prohibidos: industrial.

Tipoloxía edificatoria: edificacións illadas ou paredas en baixo e unha planta.

Superficie total sector: 63.113 m2

Edificabilidade total: 0,10 m2/m2

Edificabilidade total en m2: 6.311 m2

Coeficientes de homoxeneización:

- Residencial unifamiliar: 1

Aproveitamento total de uso característico: 6.311 m2

Sistemas xerais incluídos e adscritos:

- Non se fixan

Aproveitamento tipo: 0,10 m2/m2

Prazos de execución:

- Primeiro e segundo quinquenio

Condiciones para o desenvolvemento:

- Coa presente delimitación do sector preténdese dar unha ordenación axeitada ó conxunto de edificacións xurdidas na zona de Moede e As Carballeiras, xa que a día de hoxe presentan un grao de consolidación elevado.

- A finalidade da ordenación será a de dotar de condicións adecuadas de urbanización esta zona.

- De acordo con indicado na Disposición Transitoria décimo terceira da Lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004, e atendendo á xustificación expresada no apartado correspondente da memoria non se considera necesario prever reservas de solo para dotacións públicas e para a construcción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública. Así mesmo o aproveitamento urbanístico dos propietarios será o correspondente ó 100% do aproveitamento tipo.

Cautelas arqueolóxicas:

O sector atópase afectado polos xacementos arqueolóxicos GA-15083064 e GA-15083065, de Carballeira de Requeán e Requeán.

O Plan Parcial que desenvolva este solo deberá ser informado, con carácter preceptivo e vinculante pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Dado que a finalidade da delimitación deste solo é a regularización das edificacións existentes, a resolución vinculante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural poderá condicionar en todo caso materialización da nova edificabilidade prevista á aparición de restos arqueolóxicos.

O desenvolvemento someterase ademais a unha intervención arqueolóxica por arqueólogo autorizado polo organismo autonómico competente, previa a calquera actuación que se realice nese ámbito, condicionando esta a posibilidade de materialización ou non da nova edificabilidade, dado que este é un solo urbanizable para regularizar as edificacións xa existentes.

Condicións de calidade do planeamento de desenvolvemento: as fixadas na presente normativa na lexislación do solo vixente.

Art. 10.2.2. Desenvolvemento do solo urbanizable delimitado.

Cada sector de solo urbanizable delimitado desenvolverase mediante un Plan Parcial, salvo os que contan con ordenación pormenorizada no Plan Xeral, que abranguerá a totalidade do ámbito do sector constituíndo cada sector unha área de reparto

O Plan Parcial cumprirá as obrigas de contido e outras que lles sinale a Lei do Solo e Regulamentos que a desenvolvan, e as determinacións establecidas polo Plan Xeral.

A normativa do Plan Parcial aterase ao establecido nestas Normas, podendo detallar completar e desenvolver as definicións e condicións xerais recollidas nas mesmas.

Para o desenvolvemento daqueles solos urbanizables destinados a vivenda unifamiliar cumpriranse as seguintes condicións:

Parcela mínima en edificación apegada: 150 m2

Parcela mínima en edificación apegada en VPA: 120 m2

Número máximo de unidades en edificación apegada: 6 vivendas.

Parcela mínima en edificación pareada: 200 m2

Parcela mínima en edificación illada: 300 m2

TÍTULO XI. REGULACIÓN DO SOLO RÚSTICO

CAPITULO 1. PRELIMINARES

Art. 11.1.1. Definición e ámbito

Son aqueles terreos do termo municipal que, polas súas condicións naturais, ou en razón do modelo territorial adoptado, son así clasificados ao obxecto de que permanezan á marxe do proceso de urbanización. Pertencen ao solo rústico os solos adscritos a esa clase de solo nos planos C-01 a C-19 de "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais".

Art. 11.1.2. Regulación urbanística do solo rústico

1. O solo rústico, en tanto se manteñan as condicións que determinaron a súa clasificación, carece de aproveitamento urbanístico e deberá utilizarse da forma que mellor corresponda á súa natureza e á preservación e conservación dos recursos naturais.

2. No solo rústico non se poderán realizar nin autorizar parcelamentos, divisións ou segregacións, excepto aqueles que deriven da execución, conservación ou servicio de infraestructuras públicas, da execución de equipamentos públicos, da realización de actividades extractivas ou enerxéticas, da execución do planeamento urbanístico ou que teñan por obxecto a mellora das explotacións agropecuarias existentes. En todo caso, respectarase a superficie mínima e indivisible que determine a lexislación agraria. Con todo, poderá autorizarse a división de parcelas vacantes de edificación por razón de partición de herdanzas, sempre que se faga constar o compromiso expreso de non edificar os lotes resultantes e que a superficie de cada lote teña unha extensión mínima de 15.000 metros cadrados. Esta condición de inedificabilidade dos terreos débese facer constar expresamente no rexistro da propiedade e en todos os actos de transmisión da propiedade. Tamén poderá autorizarse, coa exclusiva finalidade de regularizar a configuración de parcelas lindantes, a segregación e simultánea agregación en unidade de acto. En ningún caso esta regularización poderá implicar o aumento ou a diminución de máis do 5% da superficie das parcelas orixinarias.

3. Os actos de segregación ou de división da propiedade que se puidesen permitir por aplicación do disposto nos números anteriores estarán suxeitos en todo caso a licencia municipal. Para a tramitación e obtención dela, deberá solicitarse coa documentación escrita e gráfica necesaria para a identificación precisa do acto que se instou.

Art. 11.1.3. Construcción e instalacións permitidas en calquera clase de solo rústico

1. Permitirase en calquera categoría de solo rústico, logo da autorización autonómica segundo o procedemento establecido na lexislación do solo vixente, a reconstrucción e rehabilitación das edificacións tradicionais ou de singular valor arquitectónico, que poderán ser destinadas a vivenda e usos residenciais, a actividades turísticas e artesanais ou a equipamentos de interese público. A reconstrucción ou rehabilitación deberá respectar o volume edificable preexistente e a composición volumétrica orixinal.

Así mesmo, logo da autorización autonómica, poderá permitirse por razóns xustificadas a súa ampliación, incluso en volume independente, sen superar o 10% do volume orixinario da edificación tradicional.

Excepcionalmente, a ampliación poderá alcanzar o 50% do volume da edificación orixinaria cumprindo as condicións establecidas na lexislación do solo vixente e na presente normativa referente ás condicións das edificacións en solo rústico.

2. As construccións e instalacións destinadas a actividades agropecuarias existentes no momento da entrada en vigor da Lei 9/2002 que non estean amparadas na preceptiva licencia urbanística poderán manter a súa actividade. Para os efectos de acreditar a existencia da explotación agropecuaria e das edificacións directamente vinculadas a ela no momento da entrada en vigor da Lei 9/2002, será suficiente o recoñecemento administrativo do conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, acreditado segundo a Circular 1/2003, do 31 de xullo (DOG número 150, do 5 de agosto).

As solicitudes presentadas resolveranse no prazo de seis meses, contados a partir da aprobación desta lei. Transcorrido este prazo sen dictar resolución expresa, poderá entenderse desestimada a petición.

Nestas construccións permitiranse, logo da licencia urbanística municipal, as obras de conservación e de reforma necesarias para o desenvolvemento da actividade agropecuaria, adoptando as medidas correctoras oportunas para garantir as condicións sanitarias e ambientais.

Logo da autorización autonómica, segundo o procedemento regulado no artigo 41, poderán acometerse obras de ampliación, incluso en volume independente, das instalacións existentes en solo rústico. Esta ampliación deberá cumprir as condicións de edificación establecidas por esta lei e mais polo planeamento urbanístico vixente, agás no que atinxe a parcela mínima edificable, a ocupación máxima e as distancias mínimas a vivendas e a asentamentos de poboación.

Este mesmo réxime seralles de aplicación ás construccións amparadas na preceptiva licencia e destinadas a explotacións agropecuarias que existían antes da entrada en vigor da Lei 9/2002.

3. As edificacións destinadas a serradoiros existentes con anterioridade á entrada en vigor da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, poderán ser obxecto de legalización en calquera categoría de solo rústico, obtendo a autorización autonómica previa segundo o procedemento establecido polo artigo 41 e sempre que cumpran as condicións de edificación establecidas polos artigos 42 e 44 desta lei, agás as relativas á superficie mínima de parcela, altura e ocupación máximas e recuados mínimos respecto dos lindeiros.

CAPITULO 2. REGULACIÓN DO SOLO RÚSTICO

Art. 11.2.1. Delimitación e ámbito do solo rústico de protección

Correspondese con aqueles solos rústicos que, polas súas especiais condicións naturais, as súas características ambientais, paisaxísticas, ecolóxicas ou etnográficas, deben ser protexidos en aras a unha conservación do medio ambiente e os recursos naturais. O Plan Xeral establece seis zonas de Solo Rústico de Especial Protección identificadas nos planos C-01 a C-19 de "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais"

- Solo Rústico de Especial Protección Agropecuaria.

- Solo Rústico de Especial Protección Forestal

- Solo Rústico de Especial Protección de Augas

- Solo Rústico de Protección de Espacios Naturais

- Solo Rústico de Protección Paisaxística

- Solo Rústico de Protección do Patrimonio (arquitectónico e arqueolóxico)

- Solo Rústico de Protección de Infraestructuras

Os solos correspondentes á categoría de solo rústico especialmente protexido só poderán ser destinados a usos que non incidan negativamente na conservación e mellora das características medio ambientais e etnolóxicas destes solos.

Nas áreas identificadas nos planos de clasificación como zonas de superposición de proteccións serán de aplicación as disposicións que confiran maior grao de protección ambiental aos predios.

Art. 11.2.2. Solo Rústico de Especial Protección Agropecuaria

1.- Ámbito de aplicación.

Defínense como tais aqueles terreos, delimitados nos planos correspondentes deste Plan Xeral, que deben ser obxecto dunha especial protección pola súa capacidade productiva, actual ou potencial, no sector agropecuario e, polo tanto, teñan que preservarse para estes usos.

2. Usos permitidos por licencia municipal:

- Actividades de lecer tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.

- Actividades científicas, escolares e divulgativas.

b) Actividades e usos constructivos:

- Instalacións necesarias para os servicios técnicos de telecomunicacións, a infraestructura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren. En todo caso, as edificacións necesarias para o funcionamento das infraestructuras e servicios técnicos en solo rústico que superen os 50 metros cadrados edificados precisarán autorización autonómica previa á licencia urbanística municipal, segundo o procedemento establecido na lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004.

- Pechamento ou valado de predios nas condicións establecidas na lexislación do solo e na presente normativa.

- Excepcionalmente, poderá outorgarse licencia, sen necesidade de autorización autonómica previa, para a execución de pequenas construccións e instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras, cinexéticas e forestais ou ao servicio e ao funcionamento das infraestructuras e obras públicas, sempre que quede xustificada a proporcionalidade da construcción ou instalación coa natureza, extensión e destino actual do predio no que se localice e non se superen os 25 metros cadrados de superficie total edificada nin a altura máxima dunha planta nin 3,50 metros. En todo caso, a tipoloxía da edificación e os materiais de construcción serán os determinados na lexislación do solo vixente e na presente normativa.

- Igualmente, poderá permitirse, sen suxeición ao disposto na lexislación do solo vixente e na presente normativa referente ás condicións das edificacións en solo rústico, a instalación de invernadoiros con destino exclusivo ao uso agrario que se instalen con materiais lixeiros e facilmente desmontables.

3. Usos autorizables pola Comunidade Autónoma:

a) Actividades non constructivas:

- Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movemento de terra, tales como dragaxes, defensa de ríos e rectificación de leitos, abancalamentos, desmontes, recheos e outras análogas.

- Depósito de materiais, almacenamento de maquinaria e estacionamento de vehículos ao aire libre.

b) Actividades e usos constructivos:

- Construccións e instalacións agrícolas, tales como as destinadas ó apoio das explotacións hortícolas, almacéns agrícolas, viveiros e invernadoiros.

- Construccións e instalacións destinadas ó apoio da gandería extensiva e intensiva, granxas, currais domésticos e instalacións apícolas.

- Instalacións vinculadas funcionalmente ás estradas e previstas na ordenación sectorial destas, así como, en todo caso, as de subministración de carburante.

- Construccións e rehabilitacións destinadas ó turismo rural e que sexan potenciadoras do medio onde se localizan.

- Construccións destinadas a usos residenciais vinculados á explotación agrícola ou gandeira.

- Actividades de carácter deportivo, cultural e recreativo que se desenvolvan ao aire libre, coas obras e instalacións mínimas e imprescindibles para o uso de que se trate.

- Construccións destinadas a actividades complementarias de primeira transformación, almacenamento e envasado de productos do sector primario, sempre que garden relación directa coa natureza, extensión e destino da finca ou explotación do recurso natural.

- Construccións e instalacións destinadas a establecementos de acuicultura.

- Os que se poidan establecer a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio, sempre que non impliquen a transformación urbanística do solo nin lesionen os valores obxecto de protección.

4. Usos prohibidos:

Todos os demais, especialmente os residenciais e industriais.

Prohíbese expresamente a nova plantación de especies arbóreas que constitúan masa forestal

Art. 11.2.3. Solo Rústico de Especial Protección Forestal

1.- Ámbito de aplicación.

Defínese como tal aqueles terreos, delimitados nos planos correspondentes deste Plan, que deben ser obxecto dunha especial protección pola súa capacidade productiva, actual ou potencial, no sector forestal e, polo tanto, teñan que preservarse para estes usos.

2. Usos permitidos por licencia municipal:

a) Actividades non constructivas:

- Actividades de lecer tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.

- Actividades científicas, escolares e divulgativas.

b) Actividades e usos constructivos:

- Instalacións necesarias para os servicios técnicos de telecomunicacións, a infraestructura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren. En todo caso, as edificacións necesarias para o funcionamento das infraestructuras e servicios técnicos en solo rústico que superen os 50 metros cadrados edificados precisarán autorización autonómica previa á licencia urbanística municipal, segundo o procedemento establecido na lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004.

- Pechamento ou valado de predios nas condicións establecidas na lexislación do solo e na presente normativa.

- Excepcionalmente, poderá outorgarse licencia, sen necesidade de autorización autonómica previa, para a execución de pequenas construccións e instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras, cinexéticas e forestais ou ao servicio e ao funcionamento das infraestructuras e obras públicas, sempre que quede xustificada a proporcionalidade da construcción ou instalación coa natureza, extensión e destino actual do predio no que se localice e non se superen os 25 metros cadrados de superficie total edificada nin a altura máxima dunha planta nin 3,50 metros. En todo caso, a tipoloxía da edificación e os materiais de construcción serán os determinados na lexislación do solo vixente e na presente normativa.

- Igualmente, poderá permitirse, sen suxeición ao disposto na lexislación do solo vixente e na presente normativa referente ás condicións das edificacións en solo rústico, a instalación de invernadoiros con destino exclusivo ao uso agrario que se instalen con materiais lixeiros e facilmente desmontables.

3. Usos autorizables pola Comunidade Autónoma:

a) Actividades non constructivas:

- Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movemento de terra, tales como dragaxes, defensa de ríos e rectificación de leitos, abancalamentos, desmontes, recheos e outras análogas.

- Depósito de materiais, almacenamento de maquinaria e estacionamento de vehículos ao aire libre.

- Actividades extractivas, incluída a explotación mineira, as canteiras e a extracción de áridos ou terras.

b) Actividades e usos constructivos:

- Construccións e instalacións agrícolas, tales como as destinadas ó apoio das explotacións hortícolas, almacéns agrícolas, viveiros e invernadoiros.

- Construccións e instalacións destinadas ó apoio da gandería extensiva e intensiva, granxas, currais domésticos e instalacións apícolas.

- Construccións e instalacións forestais destinadas á extracción da madeira ou á xestión forestal e as de apoio á explotación forestal, así como as de defensa forestal.

- Instalacións vinculadas funcionalmente ás estradas e previstas na ordenación sectorial destas, así como, en todo caso, as de subministración de carburante.

- Construccións e rehabilitacións destinadas ó turismo rural e que sexan potenciadoras do medio onde se localizan.

- Construccións e instalacións para equipamentos e dotacións que deban localizarse necesariamente no medio rural, como son: os cemiterios, as escolas agrarias, os centros de investigación e educación ambiental e os campamentos de turismo.

- Ademais, mediante a aprobación dun plan especial de dotacións regulado pola lexislación do solo vixente, poderán permitirse equipamentos sanitarios, asistenciais e educativos, públicos ou privados, que en ningún caso poderán situarse a unha distancia superior a 1.000 metros do solo urbano.

- Construccións destinadas a usos residenciais vinculados á explotación agrícola ou gandeira.

- Actividades de carácter deportivo, cultural e recreativo que se desenvolvan ao aire libre, coas obras e instalacións mínimas e imprescindibles para o uso de que se trate.

- Construccións destinadas a actividades complementarias de primeira transformación, almacenamento e envasado de productos do sector primario, sempre que garden relación directa con la natureza, extensión e destino da finca ou explotación do recurso natural.

- Construccións e instalacións destinadas a establecementos de acuicultura.

- Os que se poidan establecer a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio, sempre que non impliquen a transformación urbanística do solo nin lesionen os valores obxecto de protección.

- A novas plantacións de especies que constitúan masa arbórea gardarán as seguintes distancias:

 

Distancias

Eucaliptos

Piñeiros

Frondosas

Á delimitación do núcleo rural e a edificacións existentes fora do núcleo rural.

50 m

25 m

25 m

Entre fincas colindantes de distinto propietario

Lexislación vixente

Lexislación vixente

Lexislación vixente

A pistas municipais

5 m dende o linde do firme

5 m dende o linde do firme

5 m dende o linde do firme

A parcelas clasificadas como solo rústico de protección agropecuaria

50 m

25 m

25 m

Como norma xeral prohíbese que ningunha árbore supere en altitude a distancia existente entre a súa base e as edificacións máis próximas á mesma.

4. Usos prohibidos:

Todos os demais, especialmente os residenciais e industriais.

Art. 11.2.4. Solo Rústico de Especial Protección de Augas

1.- Ámbito de aplicación.

- Defínense como tais as marxes dos leitos, delimitados nos planos correspondentes deste Plan e que deben ser obxecto dunha especial protección.

- En función disposto no artigo 6 da Lei de Augas de 1985 e os artigos 6,7,8 e 9 de R.D.P.H. de 1986 establecese unha zona de servidume especial de 5 m. de anchura e unha zona de policía de 100 m de anchura en ambas marxes dos leitos.

- En todo caso, na franxa de 100 metros definidos como policía de cauces será necesario dar cumprimento ás prescricións establecidas na lexislación vixente de augas, RDL 1/2001, Texto Refundido da Lei de Augas e o Regulamento do D.P.H. (RD 849/1986, de 11 de abril, modificado polo RD 606/2003, de 23 de maio).

2. Usos permitidos por licencia municipal. (autorizables en todo caso polo organismo autónomo Augas de Galicia)

a) Actividades non constructivas:

- Actividades de lecer tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.

- Actividades científicas, escolares e divulgativas.

b) Actividades e usos constructivos:

- Instalacións necesarias para os servicios técnicos de telecomunicacións, a infraestructura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren. En todo caso, as edificacións necesarias para o funcionamento das infraestructuras e servicios técnicos en solo rústico que superen os 50 metros cadrados edificados precisarán autorización autonómica previa á licencia urbanística municipal, segundo o procedemento establecido na lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004.

- Pechamento ou valado de predios nas condicións establecidas na lexislación do solo e na presente normativa.

3. Usos autorizables pola Comunidade Autónoma. (autorizables en todo caso polo organismo autónomo Augas de Galicia)

a) Actividades non constructivas:

- Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movemento de terra, tales como dragaxes, defensa de ríos e rectificación de leitos, abancalamentos, desmontes, recheos e outras análogas.

b) Actividades e usos constructivos:

- Construccións e rehabilitacións destinadas ó turismo rural e que sexan potenciadoras do medio onde se localizan.

- Construccións e instalacións destinadas a establecementos de acuicultura.

- Construccións e instalacións necesarias para actividades de talasoterapia, augas termais, sistemas de depuración de augas, estaleiros e instalacións mínimas necesarias para a práctica dos deportes náuticos

- As actividades vinculadas directamente coa conservación, utilización e desfrute do medio natural, e os que se poidan establecer a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio, sempre que non impliquen a transformación da súa natureza rústica e quede garantida a integridade dos valores obxecto de protección.

- A novas plantacións de especies que constitúan masa arbórea gardarán as seguintes distancias:

 

Distancias

Eucaliptos

Piñeiros

Frondosas

Á delimitación do núcleo rural e a edificacións existentes fora do núcleo rural.

50 m

25 m

25 m

Entre fincas colindantes de distinto propietario

Lexislación vixente

Lexislación vixente

Lexislación vixente

A pistas municipais

5 m dende o linde do firme

5 m dende o linde do firme

5 m dende o linde do firme

A parcelas clasificadas como solo rústico de protección agropecuaria

50 m

25 m

25 m

Como norma xeral prohíbese que ningunha árbore supere en altitude a distancia existente entre a súa base e as edificacións máis próximas á mesma.

4. Usos prohibidos:

Todos os demais, especialmente os residenciais e industriais.

Art. 11.2.5. Especificacións relativas ao uso do dominio publico hidráulico

1. Dominio Público Hidráulico

Constitúen o dominio público hidráulico do Estado, con excepcións establecidas na Lei:

a) As augas continentais, tanto as superficiais como as subterráneas renovables con independencia do tempo de renovación.

b) Os leitos de correntes naturais, continuas ou descontinuas

c) Os leitos dos lagos e lagoas e os dos encoros superficiais en leitos públicos.

d) Os acuíferos subterráneos, aos efectos dos actos de disposición ou de afección dos recursos hidráulicos (art. 2 da A).

Entendese por leito natural dunha corrente continua ou descontinua, o terreo cuberto polas máximas enchentes ordinarias. Rexeranse pola Lei de Augas 29/1985 de 2 de agosto e o Regulamento do Dominio Público Hidráulico R.O. 849/1986 de 11 de abril, modificado polo RD 606/2003 de 23 de maio.

Todo uso privativo das augas non incluída no artigo 52. da Lei de Augas require concesión administrativa.

2. Dominio Privado

a) Son de dominio privado os leitos polos que ocasionalmente discorran augas pluviais en tanto atravesan, desde a súa orixe fincas de dominio particular.

b) O dominio privado destes leitos non autorizan para facer neles labores nin construír obras que poidan facer variar o curso natural das augas en prexuízo do interese público ou de terceiros, a cal destrucción pola forza das avenidas poida ocasionar danos a persoas ou cosas.

3. Zonas de protección

Enténdese por ribeiras as franxas laterais dos leitos públicos sitas por encima dos niveis de augas baixas, e por marxes os terreos que lindan cos leitos.

As marxes están suxeitas, en toda a súa extensión lonxitudinal:

a) A unha zona de servidume a 5 m de anchura para uso público que se regulará.

b) A unha zona de policía de 100 m de anchura na que se condicionará o uso do solo e as actividades que se desenvolvan.

Nas zonas próximas a desembocadura do mar, no entorno inmediato dos encoros ou cando as condicións topográficas ou hidrográficas dos leitos e marxes o fagan necesario para a seguridade de persoas e bens, poderá modificarse a anchura de ambas zonas na zona que se determine.

Poderán realizarse no caso de urxencias traballos de protección de carácter provisional, nas marxes dos leitos. Serán responsables dos eventuais danos que puidesen derivarse das citadas obras os propietarios que as construísen.

A zona de servidume para uso público definida no artigo anterior terá as finalidades seguintes:

a) Paso para servicio do persoal de vixilancia do leito.

b) Paso para o exercicio de actividades de pesca fluvial.

c) Paso para o salvamento de persoas ou bens.

d) Varado e amarre de embarcacións de forma ocasional e no caso de necesidade.

Os propietarios destas zonas de servidume poderán libremente sementar e plantar especies non arbóreas, sempre que non impidan o paso sinalado no apartado anterior, pero non poderán edificar sobre elas sen obter a autorización pertinente, que se outorgarán en casos moi xustificados. As autorizacións para plantacións de especies arbóreas requirirán autorización do Organismo de Conca.

As situacións xurídicas derivadas das modificacións naturais dos leitos rexeranse polo disposto na lexislación civil. En canto ás modificacións que se orixinen polas obras legalmente autorizadas estarase ao establecido na concesión ou autorización correspondente.

4. Obras en Zona de Policía

Na zona de policía de 100 m de anchura medidos horizontalmente a partir do leito e co fin de protexer o dominio público hidráulico, e o réxime de correntes fican sometidos ao disposto no Regulamento do D.P.H. as seguintes actividades e usos do solo:

a) As alteracións substanciais do relevo natural do terreo.

b) As extraccións de áridos.

c) As construccións de todo tipo, teñan carácter definitivo ou provisional.

d) Calquera outro uso ou actividades que supoñan un obstáculo para a corrente en réxime de avenidas ou que poida ser causa de degradación ou deterioro do dominio público hidráulico.

A modificación dos limites da zona de policía cando concorra algunha das causas sinaladas no artigo 6 da Lei de Augas, só poderá ser promovida pola Administración do Estado, Autonómica ou Local.

A competencia para acordar a modificación corresponderá ao Organismo de Conca, debendo instruír ao efecto o oportuno expediente no que deberá practicarse o trámite de información pública e o de audiencia dos Concellos e Comunidades Autónomas, no territorio no que se atopan os terreos gravados e os propietarios afectados. A resolución deberá ser publicada, polo menos, no "Boletín Oficial" das provincias afectadas.

A execución de calquera obra ou traballo na zona de policía de leitos precisará autorización administrativa previa do Organismo de Conca, sen prexuízo dos supostos especiais regulamentados no regulamento do D.P.H. Dita autorización será independente de calquera outra que teña que ser outorgada polos distintos órganos da administración pública:

a) Para realizar calquera tipo de construcción en zona de policía de leitos, esixirase a autorización previa ao organismo de conca, a menos que o correspondente Plan de ordenación urbana, outras figuras de ordenación urbanística ou Plans de obras da administración, fosen informados polo organismo de conca e recollesen as oportunas previsións presentadas para os efectos.

b) A petición referida unirase plano de planta que inclúa a construcción de marxes dos leitos, cun perfil transversal polo punto de emprazamento da construcción mais próxima ao leito, na que quedarán reflectidas as posibles zonas exentas de edificios.

c) A tramitación será sinalada nos artigos 52 ao 54 do Regulamento do D.P.H.

d) Os organismos de conca notificarán ao concello competente as peticións de autorización de construcción de zona de policía de leito, así como as resolucións que nela recaian para os efectos do posible outorgamento da correspondente licencia de obras.

5. Verquidos

Son obxectivos da protección do dominio público hidráulico contra o seu deterioro:

a) Conseguir e manter un adecuado nivel de calidade das augas.

b) Impedir a acumulación de compostos tóxicos ou perigosos no subsolo, capaces de contaminar as augas subterráneas.

c) Evitar calquera outra actuación que poida ser causa da súa degradación.

Queda prohibido con carácter xeral e sen prexuízo disposto no artigo 92 da Lei de Augas:

a) Efectuar verquidos directos ou indirectos que contaminen as augas.

b) Acumular residuos sólidos escombros ou substancias, calquera que sexa a súa natureza ou lugar no que se depositen, que constitúan ou podan constituír un perigo de contaminación das augas ou de degradación do seu entorno.

c) Efectuar accións sobre o medio físico ou biolóxico afecto á auga que constitúan ou podan constituír unha degradación do mesmo.

d) O exercicio de actividades dentro dos perímetros de protección fixados nos Plans Hidrolóxicos, cando puidese constituír un perigo de contaminación ou degradación do dominio público hidráulico (

Art. 89 da L.A.).

Toda actividade susceptible de provocar a contaminación ou degradación do dominio público hidráulico e, en particular, o verquido de augas continentais require autorización administrativa.

Para os efectos considéranse verquidos os que se realicen directa ou indirectamente nos leitos, calquera que sexa a natureza destes, así como os que se leven a cabo no subsolo ou sobre o terreo, balsas ou escavacións, mediante evacuación, inxección ou depósito.

Art. 11.2.6. Solo Rústico de Especial Protección de Espacios Naturais

1.- Ámbito de aplicación.

Defínese como tal aqueles terreos, delimitados nos planos correspondentes deste Plan, que deben ser obxecto dunha especial protección por estar sometidos a algún réxime de protección por aplicación da Lei 9/2001, de conservación da natureza, ou da lexislación reguladora dos espacios naturais, a flora e a fauna. Igualmente teñen dita consideración os terreos que os instrumentos de ordenación do territorio, as normas provinciais de planeamento ou o planeamento urbanístico estimen necesario protexer polos seus valores naturais, ambientais, científicos ou recreativos.

Nesta zona ademais de dar cumprimento á normativa vixente de protección do Medio-Ambiente e á presente do Plan Xeral, deberanse ter en conta as prescricións establecidas no Plano Hidrolóxico Galicia-Costa, no capítulo II, sección 2, artigos 2.74 ó 2.83.

2. Usos permitidos por licencia municipal:

a) Actividades non constructivas:

- Actividades de lecer tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.

- Actividades científicas, escolares e divulgativas.

b) Actividades e usos constructivos:

- Pechamento ou valado de predios nas condicións establecidas na lexislación do solo e na presente normativa.

3. Usos autorizables pola Comunidade Autónoma:

a) Actividades non constructivas:

- Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movemento de terra, tales como dragaxes, defensa de ríos e rectificación de leitos, abancalamentos, desmontes, recheos e outras análogas.

b) Actividades e usos constructivos:

- Construccións e rehabilitacións destinadas ó turismo rural e que sexan potenciadoras do medio onde se localizan.

- Instalacións necesarias para os servicios técnicos de telecomunicacións, a infraestructura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren. En todo caso, as edificacións necesarias para o funcionamento das infraestructuras e servicios técnicos en solo rústico que superen os 50 metros cadrados edificados precisarán autorización autonómica previa á licenza urbanística municipal, segundo o procedemento establecido na lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004.

- Construccións e instalacións destinadas a establecementos de acuicultura sempre e cando conten con autorización da consellería competente en materia de conservación de espazos naturais.

- As actividades vinculadas directamente coa conservación, utilización e desfrute do medio natural, e os que se poidan establecer a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio, sempre que non impliquen a transformación da súa natureza rústica e quede garantida a integridade dos valores obxecto de protección.

- A novas plantacións de especies que constitúan masa arbórea gardarán as seguintes distancias:

 

Distancias

Eucaliptos

Piñeiros

Frondosas

Á delimitación do núcleo rural e a edificacións existentes fora do núcleo rural.

50 m

25 m

25 m

Entre fincas colindantes de distinto propietario

Lexislación vixente

Lexislación vixente

Lexislación vixente

A pistas municipais

5 m dende o linde do firme

5 m dende o linde do firme

5 m dende o linde do firme

A parcelas clasificadas como solo rústico de protección agropecuaria

50 m

25 m

25 m

Como norma xeral prohíbese que ningunha árbore supere en altitude a distancia existente entre a súa base e as edificacións máis próximas á mesma.

Tendo en conta que o concello de Toques conta cunha superficie protexida superior ó 40 % do termo municipal, poderán autorizarse con carácter excepcional, os seguintes usos:

- Construccións e instalacións agrícolas, tais como os destinadas ao apoio das explotacións hortícolas, almacéns agrícolas, viveiros e invernadoiros.

- Construccións e instalacións destinadas ao apoio da gandería extensiva e intensiva, granxas, currais domésticos e instalacións apícolas.

- Construccións e instalacións forestais destinadas á extracción da madeira ou a xestión forestal e as de apoio á explotación forestal, así como as de defensa forestal.

- Instalacións vinculadas funcionalmente ás estradas e previstas na ordenación sectorial de estas, así como, en todo caso, as de subministro de carburante.

4. Usos prohibidos:

Todos os demais, especialmente os residenciais e industriais.

Art. 11.2.7. Solo Rústico de Especial Protección Paisaxística

1. É o reflectido nos planos C-01 a C-19 "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais".

O réxime do solo rústico de protección paisaxística, sen prexuízo do establecido na súa lexislación reguladora específica, ten por obxecto preservar os espacios de interese paisaxístico, ficando suxeitos ao seguinte réxime:

2. Usos permitidos por licencia municipal:

a) Actividades non constructivas:

- Actividades de lecer tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.

- Actividades científicas, escolares e divulgativas.

b) Actividades e usos constructivos:

- Instalacións necesarias para os servicios técnicos de telecomunicacións, a infraestructura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren. En todo caso, as edificacións necesarias para o funcionamento das infraestructuras e servicios técnicos en solo rústico que superen os 50 metros cadrados edificados precisarán autorización autonómica previa á licencia urbanística municipal, segundo o procedemento establecido na lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004.

- Pechamento ou valado de predios nas condicións establecidas na lexislación do solo e na presente normativa.

3. Usos autorizables pola Comunidade Autónoma:

a) Actividades non constructivas:

- Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movemento de terra, tales como dragaxes, defensa de ríos e rectificación de leitos, abancalamentos, desmontes, recheos e outras análogas.

b) Actividades e usos constructivos:

- Construccións e rehabilitacións destinadas ó turismo rural e que sexan potenciadoras do medio onde se localizan.

- As actividades vinculadas directamente coa conservación, utilización e disfrute do medio natural, e os que se poidan establecer a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio, sempre que non impliquen a transformación da súa natureza rústica e quede garantida a integridade dos valores obxecto de protección.

- A novas plantacións de especies que constitúan masa arbórea gardarán as seguintes distancias:

 

Distancias

Eucaliptos

Piñeiros

Frondosas

Á delimitación do núcleo rural e a edificacións existentes fora do núcleo rural.

50 m

25 m

25 m

Entre fincas colindantes de distinto propietario

Lexislación vixente

Lexislación vixente

Lexislación vixente

A pistas municipais

5 m dende o linde do firme

5 m dende o linde do firme

5 m dende o linde do firme

A parcelas clasificadas como solo rústico de protección agropecuaria

50 m

25 m

25 m

Como norma xeral prohíbese que ningunha árbore supere en altitude a distancia existente entre a súa base e as edificacións máis próximas á mesma.

4. Usos prohibidos:

Todos os demais, especialmente os residenciais e industriais.

Art. 11.2.8. Solo Rústico de Especial Protección de Patrimonio (arqueolóxico e arquitectónico)

Estes solos quedan sometidos á lexislación especifica de protección que lles resulta de aplicación, e a súa regulación fica especificada no Título IV de Protección do Medio Ambiente e do Patrimonio

Art. 11.2.9. Solo Rústico de Especial Protección de Infraestructuras

1.- Ámbito de aplicación.

Defínese como tal aqueles terreos, delimitados nos planos correspondentes deste Plan, que deben ser obxecto dunha especial protección para a localización de infraestructuras e as súas zonas de afección non susceptibles de transformación.

2. Usos permitidos por licencia municipal:

a) Actividades non constructivas:

- Actividades de lecer tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.

- Actividades científicas, escolares e divulgativas.

b) Actividades e usos constructivos:

- Instalacións necesarias para os servicios técnicos de telecomunicacións, a infraestructura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren. En todo caso, as edificacións necesarias para o funcionamento das infraestructuras e servicios técnicos en solo rústico que superen os 50 metros cadrados edificados precisarán autorización autonómica previa á licencia urbanística municipal, segundo o procedemento establecido na lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004.

- Pechamento ou valado de predios nas condicións establecidas na lexislación do solo e na presente normativa.

- Instalacións necesarias para a execución e funcionamento da correspondente infraestructura.

- Excepcionalmente, poderá outorgarse licencia, sen necesidade de autorización autonómica previa, para a execución de pequenas construccións e instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras, cinexéticas e forestais ou ao servicio e ao funcionamento das infraestructuras e obras públicas, sempre que quede xustificada a proporcionalidade da construcción ou instalación coa natureza, extensión e destino actual do predio no que se localice e non se superen os 25 metros cadrados de superficie total edificada nin a altura máxima dunha planta nin 3,50 metros. En todo caso, a tipoloxía da edificación e os materiais de construcción serán os determinados na lexislación do solo vixente e na presente normativa.

- Igualmente, poderá permitirse, sen suxeición ao disposto na lexislación do solo vixente e na presente normativa referente ás condicións das edificacións en solo rústico, a instalación de invernadoiros con destino exclusivo ao uso agrario que se instalen con materiais lixeiros e facilmente desmontables.

3. Usos autorizables pola Comunidade Autónoma:

a) Actividades non constructivas:

- Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movemento de terra, tales como dragaxes, defensa de ríos e rectificación de leitos, abancalamentos, desmontes, recheos e outras análogas.

b) Actividades e usos constructivos:

- Instalacións vinculadas funcionalmente ás estradas e previstas na ordenación sectorial destas, así como, en todo caso, as de subministración de carburante.

- Os que se poidan establecer a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio.

4. Usos prohibidos:

Todos os demais, especialmente os residenciais e industriais.

En concordancia co aproveitamento agropecuario ou forestal prohíbese todo tipo de peches excepto os peches rústicos para delimitación de fincas e control de gando.

Art. 11.2.10. Condicións xerais das edificacións en Solo Rústico de Protección

1. Para outorgar licencia ou autorizar calquera clase de edificacións ou instalacións no solo rústico deberá xustificarse o cumprimento das seguintes condicións:

a) Garantir o acceso rodado público adecuado á implantación, o fornecemento de auga, a evacuación e tratamento de augas residuais, o subministro de enerxía eléctrica, a recollida, tratamento, eliminación e depuración de toda clase de residuos e, no seu caso, a previsión de aparcamentos suficientes, así como corrixir as repercusións que produza a implantación na capacidade e funcionalidade das redes de servicios e infraestructuras existentes. Estas solucións haberán de ser asumidas como custe a cargo exclusivo da promotor da actividade, formulando o correspondente compromiso en tal sentido e aportando as garantías esixidas ao efecto pola administración na forma que se determine e que poderán consistir na esixencia de prestar aval do exacto cumprimento de ditos compromisos por importe do 10% do custe estimado para a implantación ou reforzo dos servicios.

b) Prever as medidas correctoras necesarias para minimizar a incidencia da actividade solicitada sobre o territorio, así como todas aquelas medidas, condicións ou limitacións tendentes a conseguir a menor ocupación territorial e a mellor protección da paisaxe, os recursos productivos e o medio natural, así como a preservación do patrimonio cultural e a singularidade e tipoloxía arquitectónica da zona.

c) Cumprir as seguintes condicións de edificación:

-A superficie máxima ocupada pola edificación en planta non excederá do 20% da superficie do predio.

Non obstante, as edificacións destinadas a explotacións gandeiras e os establecementos de acuicultura poderán ocupar ata o 40% da superficie da parcela. Excepcionalmente, os instrumentos establecidos pola Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, poderán permitir unha ocupación superior para estas actividades, sempre que se manteña o estado natural, cando menos, nun tercio da superficie da parcela.

-O volume máximo da edificación será similar ao das edificacións tradicionais existentes no solo rústico do contorno. No caso de que resulte imprescindible superalo por esixencias do uso ou da actividade autorizable, procurarase descompoñer en dous ou máis volumes conectados entre si co fin de adaptar as volumetrías ás tipoloxías propias do medio rural. En todo caso, deberanse adoptar as medidas correctoras necesarias para garantir o mínimo impacto visual sobre a paisaxe e a mínima alteración do relevo natural dos terreos.

-As características tipolóxicas da edificación deberán ser congruentes coas tipoloxías rurais tradicionais do contorno, en particular, as condicións de volumetría, tratamento de fachadas, morfoloxía e tamaño dos ocos, e solucións de cuberta, que, en todo caso, estarán formadas por planos continuos sen crebas nas súas vertentes. Agás en casos debidamente xustificados pola calidade arquitectónica do proxecto ou a viabilidade económica, os materiais que se vaian utilizar na terminación da cubrición serán tella cerámica.

-Nos solos rústicos de protección ordinaria, agropecuaria, forestal ou de infraestructuras, a altura máxima das edificacións non poderá superar as dúas plantas nin os 7 metros medidos no centro de todas as fachadas, desde a rasante natural do terreo ao arrinque inferior da vertente de cuberta. Excepcionalmente, poderá superar os 7 metros de altura cando as características específicas da actividade, debidamente xustificadas, fixeran imprescindible superalos nalgún dos seus puntos. Nos demais solos rústicos protexidos, as edificacións non poderán superar unha planta de altura nin 3,50 metros medidos de igual forma.

-As características estéticas e constructivas e os materiais, cores e acabados serán acordes coa paisaxe rural e coas construccións tradicionais do contorno.

En tal sentido, para o acabado das edificacións empregarase a pedra ou outros materiais tradicionais e propios da zona. En casos xustificados pola calidade arquitectónica da edificación, poderán empregarse outros materiais acordes cos valores naturais, coa paisaxe rural e coas edificacións tradicionais do contorno.

-Os cerramentos e valados serán preferentemente vexetais, sen que os realizados con material opaco de fábrica superen a altura de 1 metro, agás en parcelas edificadas, onde poderán acadar 1,50 metros. En todo caso, débense realizar con materiais tradicionais do medio rural no que se localicen, non permitíndose o emprego de bloques de formigón ou outros materiais de fábrica, agás que sexan debidamente revestidos e pintados na forma que regulamentariamente se determine

d) Cumprir as seguintes condicións de posición e implantación:

- A superficie mínima da parcela sobre a que se emprazará a edificación será a establecida nos seguintes puntos, sen que a tal efecto sexa admisible a adscrición de outras parcelas.

- Os edificios ubicaranse dentro da parcela, adaptándose no posible ao terreo e ao lugar mais apropiado para conqueguir a maior reducción do impacto visual e a menor alteración da topografía do terreo.

- Os recuamentos das construccións os lindes da parcela haberán de garantir a condición de illamento e, en ningún caso, poderán ser inferiores a 5 metros.

- As condicións de abancalamento obrigatorio e de acabado dos bancais resultantes deberán definirse e xustificarse no proxecto, de modo que quede garantido o mínimo impacto visual sobre a paisaxe e a mínima alteración da topografía natural dos terreos.

- Manterase o estado natural dos terreos ou, no seu caso, o uso agrario dos mesmos ou con plantación de arborado ou especies vexetais en, alomenos, a metade da superficie da parcela.

e) Farase constar no rexistro da propiedade a vinculación da total superficie real da finca á construcción e uso autorizados, expresando a indivisibilidade e as concretas limitacións ao uso e edificabilidade impostas pola autorización autonómica.

f) En todo caso, o prazo para o inicio das obras será de seis meses a contar desde o outorgamento da licencia municipal correspondente, debendo concluírse as obras no prazo máximo de tres anos, a contar desde o outorgamento da licencia.

g) Transcorridos ditos prazos, entenderase caducada a licencia municipal e a autorización autonómica, previo expediente tramitado con audiencia do interesado.

2. As obras de derrube e demolición que se pretendan realizar en solo rústico seralles de aplicación o disposto na lexislación do solo.

Art. 11.2.11. Condicións adicionais que deben cumprir as edificacións destinadas a usos residenciais vinculados ás explotacións agrícolas ou gandeiras.

As edificacións destinadas a uso residencial complementario da explotación agrícola ou gandeira, ademais das condicións xerais especificadas nos artigos correspondentes da presente normativa, cumprirán as seguintes:

a) A edificación deberá estar ligada á explotación agrícola ou gandeira do solicitante. A tal efecto, deberá acreditarse fehaciente e imprescindiblemente que o solicitante é titular dunha explotación das sinaladas.

c) Que a edificación teña a condición de illada, prohibíndose a construcción de varias edificacións residenciais sobre unha mesma parcela e as edificacións destinadas a usos residenciais colectivos ou non vinculados á explotación.

d) En todo caso, a superficie mínima esixible para poder edificar nunca será inferior a 4.000 metros cadrados e a superficie ocupada pola edificación non superará o 5% da superficie neta da parcela.

e) A edificación residencial non poderá emprazarse a unha distancia inferior a 100 metros de calquera outra edificación emprazada en solo rústico, salvo as da propia explotación agrícola ou gandeira.

Art. 11.2.12. Condicións adicionais para outras actividades constructivas non residenciais.

1. As construccións en solo rústico distintas dos sinaladas no artigo anterior, ademais das condicións xerais especificadas anteriormente, cumprirán as seguintes:

a) A superficie da parcela na que se ubique a edificación non será inferior a 5.000 metros cadrados.

b) Haberá de se xustificar a idoneidade do emprazamento electo e a imposibilidade ou inconveniencia de ubicalas en solo urbano ou urbanizable con cualificación idónea.

2. Excepcionalmente, poderá outorgarse licencia, sen necesidade de autorización autonómica previa, para a execución de pequenas construccións e instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras, cinexéticas e forestais ou ao servicio e ao funcionamento das infraestructuras e obras públicas, sempre que quede xustificada a proporcionalidade da construcción ou instalación coa natureza, extensión e destino actual do predio no que se localice e non se superen os 25 metros cadrados de superficie total edificada nin a altura máxima dunha planta nin 3,50 metros. En todo caso, a tipoloxía da edificación e os materiais de construcción serán os determinados na presente normativa.

Igualmente, poderá permitirse, sen suxeición ao disposto nos puntos anteriores, a instalación de invernadoiros con destino exclusivo ao uso agrario que se instalen con materiais lixeiros e facilmente desmontables.

Este réxime excepcional só será de aplicación no ámbito do solo rústico de protección ordinaria e de especial protección agropecuaria, forestal ou de infraestructuras.

3. As obras de simple conservación e as obras menores non precisarán autorización autonómica con anterioridade á obtención da preceptiva licencia urbanística municipal cando se realicen en edificacións que foron construídas ao abeiro das preceptivas licencia urbanística e autorización autonómica.

3. As novas explotacións gandeiras sen base territorial non poderán emprazarse a unha distancia inferior a 1.000 metros dos asentamentos de poboación (limite dos núcleos delimitados) e 250 metros da vivenda mais próxima. Cando se trate de novas explotacións con base territorial a distancia mínima aos asentamentos de poboación (limite dos núcleos delimitados) será de 100 metros, e á vivenda mais próxima non incluída na delimitación do núcleo será de 50 m. En todo caso, deberán respectarse as distancias mínimas establecidas pola lexislación sectorial de aplicación.

Art. 11.2.13. Condicións adicionais para as edificacións afectadas polos fitos paisaxísticos e polas concas visuais paisaxísticas

1. As zonas afectadas polos fitos e itinerarios paisaxísticos aparecen identificadas nos planos P-01 e P-02 "Análise paisaxística, fitos e concas visuais" do estudio de sostibilidade ambiental e impacto territorial e paisaxístico que acompaña ó presente PXOM.

2. As edificacións que se autoricen nestas zonas deberán emprazarse de forma que as mesmas non interfiran no campo visual do itinerario paisaxístico ou desfiguren a perspectiva dos mesmos.

3. A Altura máxima das edificacións, independentemente do solo rústico de que se trate será de planta baixa, nunca superior a 3,50 m medidos en cada unhas das fachadas ata o arranque da cuberta.

4. A implantación e localización na parcela deberá estar especialmente xustificada de maneira que se acredite que esa é a única solución posible. A tal efecto deberá incluírse no proxecto presentado un anexo xustificativo específico deste apartado.

5. A elección dos materiais e cores, os volumes das edificacións, será especialmente coidada debendo incorporar os proxectos presentados un anexo xustificativo específico deste apartado.

O Equipo redactor

Julio C. Rojo Martínez, Enxeñeiro de Camiños