Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días mediante publicación no Boletín oficial da provincia de Pontevedra e nun dos xornais de maior difusión da provincia, con notificación simultánea e individualizada do contido íntegro deste acordo ós propietarios e titulares de dereitos de contido patrimonial no ámbito, para que poidan formular as alegacións que estimen oportunas e, de ser o caso, soliciten a súa incorporación ó proceso.
O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contado dende o derradeiro anuncio.
A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.
O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.
Vigo, a 2 de febreiro de 2009.O Alcalde, Abel Caballero Álvarez. 2010001501
