A continuación publócase a parte dispositiva do dito acordo:
1.º- Prorrogar, ata o 31 de decembro de 2012, os actuais convenios de cooperación para a xestión delegada por parte da Deputación dos servizos de limpeza viaria, nos municipios de Viana do Bolo (convenio publicado no BOP n.º 11 do 15 de xaneiro de 2010), e Carballeda de Valdeorras (convenio publicado no BOP n.º 260, do 12 de novembro de 2010).
2.º- Unha vez recibidos os acordos de aprobación da prórroga dos concellos afectados, este acordo será obxecto de publicación no BOP, para xeral coñecemento.
Publícase isto, advertindo que contra os acordos de aprobación da prórroga dos convenios, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante os plenos das entidades locais interesadas, no prazo dun mes, ou, alternativamente recurso contenciosoadministrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, sen que se poidan simultanear ámbolos dous recursos. Os prazos indicados computaranse a partir da publicación deste anuncio.
Non obstante o anterior, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente
Ourense, 3 de febreiro de 2012. O presidente en funcións. Asdo.: Rosendo Luis Fernández Fernández.
