RESOLUCIÓN:
Ó amparo do establecido na Disposición Transitoria Cuarta de la Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público e disposición transitoria décimo sexta da Lei 4/88, de 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 13/2007, de 27 de xullo, dentro das medidas de redución da temporalidade e co fin de aumentar a estabilidade no emprego, por acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial na súa sesión celebrada o 30 de novembro de 2007, aprobouse un plan de consolidación de emprego temporal para o persoal do organismo autónomo local Museo Provincial, que vén desempeñando con carácter indefinido postos de traballo de persoal laboral fixo neste organismo autónomo.
Por conseguinte, de conformidade co indicado no artigo 34. g) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/ 99, do 21 de abril,
RESOLVO:
Aprobar a presente convocatoria de diversos procesos selectivos para cubrir postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral fixo do organismo autónomo local Museo Provincial, que se rexerá polas seguintes bases xerais e específicas:
I) BASES XERAIS
PRIMEIRA. CONTIDO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
Esta convocatoria ten por obxecto cubrir postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral fixo do organismo autónomo local Museo Provincial no marco do proceso de consolidación de emprego temporal aprobado polo Pleno da Corporación Provincial na súa sesión celebrada o 30 de novembro de 2007.
As especialidades de cada proceso selectivo: natureza e características dos postos, requisitos de titulación, sistema de selección, programa, cualificación dos exercicios e valoración de méritos na fase de concurso, serán obxecto de regulación nas bases específicas.
SEGUNDA. NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS POSTOS CONVOCADOS
O número de postos vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:
4 postos de traballo de técnico auxiliar gabinete didáctico encadrados no grupo C 1 posto de traballo de axudante de arquivo e biblioteca,
encadrado no grupo D
TERCEIRA. REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Con carácter xeral, para seren admitidos na realización das probas selectivas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, sen prexuízo do que establezan as respectivas bases específicas de ingreso:
a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non excederen, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Posuír ou estar en condicións de obter o título académico esixido nas bases específicas para ingresar no posto o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto a que aspira.
e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario no que estivese separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
f) Ter ingresado na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de Caixanova n º 2080 0401 68 0040106618 a cantidade fixada como dereitos de exame.
g) Cumprir os demais requisitos esixidos para o ingreso nas respectivas bases específicas.
2) Todos os requisitos sinalados no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data da súa contratación.
CUARTA. SISTEMA DE SELECCIÓN
O sistema de selección para accederen os distintos postos de traballo convocados determínase nas bases específicas de cada unha deles, fixándose con carácter xeral o concursooposición. Os méritos a valorar na fase de concurso, así como a proba en que consista a fase de oposición serán establecidos nas correspondentes bases específicas.
QUINTA. SOLICITUDES
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación do posto convocado ó que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade ou a tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios e, no seu caso, da documentación acreditativa dos méritos alegados debidamente compulsados.
Neste senso, na fase de concurso só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias así como os méritos alegados dentro deste prazo que fosen xustificados con posterioridade no prazo de emenda de defectos formais.
Os aspirantes exentos do exame de galego deberán tamén facelo constar na súa instancia e xustificalo coa documentación á que fai referencia o punto dous da base décimo segunda.
Para ser admitido nas probas selectivas correspondentes os aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que remate o prazo de presentación. No rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de solicitude incluído no anexo II desta convocatoria.
No caso de equivalencia ou homologación de titulacións deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderán cursarse no prazo sinalado a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que llas remitirán seguidamente ó organismo competente.
Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude e, no seu caso, solicitarán as posibles adaptacións de tempo e de medios para realizar os exercicios nos que a adaptación fose necesaria.
Os aspirantes quedan vinculados ós datos que consten na súa solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben a instancia de parte.
A documentación acreditativa dos méritos que aleguen posuír para a súa valoración na fase de concurso deberá presentarse, debidamente compulsada, nos termos e condicións que se sinalan na base décimo terceira.
SEXTA. DEREITOS DE EXAME
1) Será requisito necesario para participar nestas probas selectivas aboar, dentro do prazo de presentación de instancias, as seguintes cantidades en concepto de dereitos de exame determinadas en función do grupo de clasificación do posto convocado, así como os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesourería da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á Deputación de Pontevedra; de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería provincial o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo:
Postos de traballo encadrados no grupo C: 25
Postos de traballo encadrados no grupo D: 20
2) En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude, segundo o disposto na base V.
3) Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ós interesados que sexan excluídos definitivamente da lista de admitidos.
4) Estarán exentas do pagamento dos dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, condición que deberase acreditar documentalmente mediante certificado actualizado de minusvalía.
5) A taxa por dereitos de exame deberá aboarse necesariamente dentro do prazo de presentación de instancias, e a falta de pago en dito prazo determinará a exclusión definitiva do aspirante das probas selectivas.
SÉTIMA. ADMISIÓN DE ASPIRANTES
1) Finalizado o prazo dos vinte días naturais fixado para presentar as solicitudes o Museo Provincial ditará resolución, no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Museo.
2) Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios.
3) Contra a resolución do presidente, aprobatoria da lista definitiva, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 do 13 de xaneiro) ou ben un recurso contenciosoadministrativo perante o Xulgado do ContenciosoAdministrativo de Pontevedra, segundo o artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosoadministrativa.
4) O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados posuíren os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas.
OITAVA. TRIBUNAL CUALIFICADOR
1. Os membros dos tribunais cualificadores de cada unha das distintas probas selectivas convocadas serán designados polo presidente segundo o disposto no art. 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/91, do 7 de xuño, así como artigo 60 da citada Lei 7/2007, do 12 de abril, artigo 32 da Lei 13/2007, de modificación da Lei 4/88, de función pública de Galicia, e artigo 36 da Lei 7/ 2004, para a igualdade de mulleres e homes.
2. Cada un dos tribunais cualificadores estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes: presidente, secretario e tres vogais, tendo en conta á paridade entre homes e mulleres. A súa composición será predominantemente técnica e os seus membros deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso os postos convocados.
3. A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse en representación nin por conta de ninguén.
4. Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.
6. Cada tribunal poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconselle, limitándose os mencionados asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.
7. A Presidencia, antes de que teña lugar cada unha das probas e xuntamente coa lista de admitidos, publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da corporación a resolución pola que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.
8. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
9. O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente para cada un dos procesos selectivos convocados, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada tribunal, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva de cada tribunal adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.
10. A partir da sesión de constitución cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ó disposto na Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria.
11. Cada tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos que resulte necesario para que os aspirantes con discapacidade gocen de similares condicións para realizaren os exercicios ás do resto dos demais aspirantes, dispoñendo, no seu caso, as posibles adaptacións de tempo e de medios.
12. En caso de ausencia do presidente titular e do presidente suplente actuará no seu lugar o vogal designado en primeira orde.
13. Os membros do tribunal e os seus asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida.
NOVENA. COMEZO DOS EXERCICIOS
1. A data e mais a hora na que deberá constituírse cada tribunal, así como o día e a hora para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas serán determinados polo presidente mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do tribunal, que se publicará a través de anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Museo Provincial, polo menos con 15 días de antelación.
2. Os aspirantes convocaranse para cada exercicio nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non comparezan a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.
3. Na fase de concurso o tribunal deberá reunirse previamente co fin de efectuar a valoración e a cualificación dos méritos achegados polos aspirantes.
4. Na fase de oposición, os aspirantes deberán presentarse para realizaren cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, e tamén os medios materiais adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.
DÉCIMA. DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS DAS PROBAS SELECTIVAS
1. En calquera momento o tribunal poderá requirir ós opositores para que acrediten a súa identidade.
2. A orde de actuación dos opositores para realizaren aqueles exercicios que non poidan facerse de forma simultánea será determinada mediante sorteo polo tribunal en presenza dos aspirantes e inmediatamente antes de iniciarse o primeiro exercicio das probas.
3. Na realización e corrección dos exercicios escritos garantirase o anonimato, podendo utilizar o tribunal os medios que considere oportunos.
4. Se en calquera momento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria, previa audiencia do interesado, deberá propoñerlle ó presidente a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes.
5. Concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente, o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de non aptos.
6. A relación de aprobados en cada exercicio deberá publicarse no taboleiro de anuncios, polo menos con 12 horas de antelación á nova reunión do tribunal cando se trate do mesmo exercicio e con 24 horas de antelación cando se trate dun novo exercicio.
7. Os exercicios terán lugar a porta pechada sen outra asistencia cós membros do tribunal, os colaboradores designados por este e os opositores, excepto a lectura por parte dos opositores dos exercicios escritos, que serán públicos.
8. Desde o momento en que remate un exercicio ou proba ata que empece o seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 748 horas e un máximo de 45 días naturais.
9. Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo de alzada ante o presidente que os nomeou, segundo o previsto no artigo 114.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/99.
DÉCIMO PRIMEIRA. CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPOSICIÓN
1. Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición será cualificado entre 0 (cero) e 100 (cen) puntos, necesitándose para aprobar cada un dos exercicios obter unha puntuación mínima de 50 (cincuenta) puntos.
No exercicio tipo test o tribunal determinará o número mínimo de respostas acertadas que se requiren para superar a proba, en función da complexidade técnica destas e das peculiaridades propias do posto convocado.
2. O exercicio obrigatorio e non eliminatorio sobre o coñecemento do idioma galego cualificarase de cero (0) a trinta (30) puntos, quedando exentos de o realizaren os aspirantes ós postos do grupo D que acrediten posuír o diploma ou a validación do curso de iniciación en lingua galega, ós que se lles outorgará a cualificación máxima de trinta (30) puntos, así como os aspirantes ós postos do grupo C que acrediten posuír o diploma ou a validación do curso de perfeccionamento en lingua galega, ós que se lles outorgará a cualificación máxima de trinta (30) puntos.
3. A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso de selección será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do tribunal.
4. Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas ambas, a maior e a menor, calculándose a media aritmética coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal.
DÉCIMO SEGUNDA. CUALIFICACIÓN DOS MÉRITOS NA FASE DE CONCURSO
1. Na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados polos aspirantes, que deben xustificarse fidedignamente con documentos orixinais ou unha copia autenticada acreditativa daqueles.
A suma das puntuacións obtidas no concurso non poderá superar o 45% da suma de puntuacións correspondentes á fase da oposición, e os títulos necesarios para acceder a outro superior non se computarán cando estes se valoren.
2. Nesta fase valoraranse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto, segundo o seguinte:
BAREMO
a) Experiencia profesional: Por servizos prestados no Museo Provincial como funcio
nario interino, contratado laboral temporal ou indefinido, en postos de traballo de igual ou similar categoría profesional ó convocado, 2 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 20 puntos.
Por servizos prestados no Museo Provincial como funcionario interino, contratado laboral temporal ou indefinido, en postos de traballo de igual ou similar categoría profesional ó convocado, 1,20 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 20 puntos.
Por servizos prestados en calquera Administración Pública como funcionario interino, contratado laboral temporal ou indefinido, en postos de traballo de categoría profesional ó convocado, 0,20 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 5 puntos.
A experiencia profesional deberá acreditarse mediante certificación acreditativa, expedida pola Admón. pública na que prestou servizos, facendo constar o posto de traballo que desempeñou e o cómputo total de días, meses ou anos traballados.
Para tal efecto non se terán en conta as fotocopias de contratos de traballo, nin a vida laboral expedida pola tesourería xeral da Seguridade Social.
b) Cursos: Por ter asistido a xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da
Administración do Estado, comunidade autónoma e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados co posto ó que se opta (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo Nacional de Formación Continua), ata un máximo 5 (cinco puntos), computándose:
1) De 100 ou máis horas de duración 0,25 puntos/curso
2) De entre 60 e 99 horas de duración 0,20 puntos/curso
3) De entre 30 e 59 horas de duración 0,15 puntos/curso
4) De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos/curso
1) De 10 ou máis créditos 0,25 puntos/curso
2) De entre 6 e 9 créditos 0,20 puntos/curso
3) De entre 3 e 5 créditos 0,15 puntos/curso
4) De 1 ou 2 créditos 0,10 puntos/curso
c) Formación complementaria
Por gozar de bolsas de investigación no Museo de Pontevedra relacionadas co contido do posto de traballo convocado, 1 punto por ano de traballo ou investigación, ata un máximo de 5 puntos.
Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración da xornada, congreso, simposio, seminario ou curso en créditos ou número de horas.
Así mesmo, non se computarán as xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de duración inferior a un crédito ou dez horas.
3. A cualificación dos méritos na fase de concurso será anterior á fase de oposición e as puntuacións outorgadas publicaranse no taboleiro de anuncios do Museo Provincial.
4. Os aspirantes disporán de un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da cualificación da fase de concurso para formular alegacións.
5. A puntuación obtida na fase de concurso non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en conta para superar os exercicios da fase de oposición.
DÉCIMO TERCEIRA. CUALIFICACIÓN FINAL E RELACIÓN DE APROBADOS
1. Á cualificación obtida polos aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios, sumaráselle a que corresponda ós exercicios obrigatorios non eliminatorios e dos voluntarios realizados e, no seu caso, a puntuación obtida na fase de concurso, acadándose así a puntuación final.
2. Determinada a cualificación final dos aspirantes o tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación no taboleiro de anuncios da corporación.
3. O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de aspirantes ó de postos convocados en cada proceso selectivo. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.
4. Non obstante, o tribunal, ó cualificar cada un dos exercicios, non terá en conta a limitación anterior, que só se considerará ó formularlle á Presidencia a proposta coa relación de aprobados, na que só se incluirán aqueles opositores que obtivesen a maior puntuación total final, que nunca poderán superar o número de postos convocados en cada proceso selectivo.
5. No suposto de empate nas puntuacións totais finais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que o empate se resolva. De persistir o empate este resolverase por sorteo.
DÉCIMO CUARTA. RÉXIME DE INCOMPATIBILIDADES
Os aspirantes que resulten contratados quedarán sometidos ó réxime de incompatibilidades vixente e non poderán simultanear o desempeño do seu posto de traballo con calquera outros postos, prazas, cargos ou empregos públicos remunerados.
DÉCIMO QUINTA. ACHEGA DE DOCUMENTOS POR PARTE DOS OPOSITORES APROBADOS
1. A relación de aprobados, publicada no taboleiro de anuncios do Museo Provincial, conterá unha advertencia recordándolles ós opositores aprobados que deberán presentar a documentación sinalada nas bases para xustificar que cumpren os requisitos esixidos para ingresar na función pública local e accederen ó posto convocado.
2. Os aspirantes propostos achegarán, dentro do prazo de 20 días naturais, contados desde a publicación da relación de aprobados, os documentos acreditativos de capacidade e mais os requisitos esixidos na convocatoria:
a) Documento nacional de identidade mediante fotocopia compulsada por ambos lados.
b) Certificación de nacemento expedida no Rexistro Civil correspondente.
c) Fotocopia debidamente compulsada do título académico esixido para o ingreso.
d) Certificado médico, sen prexuízo dun posterior recoñecemento.
e) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
f) Documentación xustificativa daqueles outros requisitos esixidos para o ingreso nas bases específicas de cada proceso selectivo.
3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, os aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito.
4. Quen non presentase a documentación sinalada anteriormente dentro do prazo fixado, salvo causa de forza maior, non poderá ser contratado como persoal laboral fixo, nin tampouco se do exame da documentación se deducise que carece dalgún requisito.
DÉCIMO SEXTA. NOMEAMENTO E CONTRATACIÓN
1. Concluído o proceso selectivo, os aspirantes aprobados, cun número que non poderá exceder en ningún caso o de postos convocados, serán nomeados persoal laboral fixo, polo presidente, unha vez que xustifiquen documentalmente o cumprimento dos requisitos previstos nestas bases para o ingreso.
2. A proposta do tribunal cualificador terá carácter vinculante para a Presidencia, que ordenará a publicación dos nomeamentos no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da formalización do preceptivo contrato laboral fixo, unha vez que se practique a notificación persoal de nomeamento.
3. O contrato se celebrará no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da notificación do nomeamento; de non facelo, sen existir causa xustificada, que deberá ser alegada e aceptada, o proposto quedarán na situación de cesante.
DÉCIMO SÉTIMA. CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
As bases xerais e específicas desta convocatoria vinculan a Administración provincial, os tribunais cualificadores e os aspirantes que participen nos procesos selectivos convocados.
DÉCIMO OITAVA. INCIDENCIAS
Os tribunais de cada proceso selectivo quedan facultados para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.
DÉCIMO NOVENA. RÉXIME XURÍDICO
Os procesos selectivos regularanse polo disposto nas bases xerais e específicas da convocatoria e no non previsto nestas pola Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo, polo Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, e polo Real decreto 364/95, polo que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado, o Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre procedemento de selección na Administración local e a Lei 13/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público.
VIXÉSIMA. DISPOSICIÓN FINAL
As bases xerais e específicas da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99.
A Administración provincial tamén poderá, no seu caso, revisar as resolucións dos tribunais segundo o previsto na citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
II) BASES ESPECÍFICAS DE CADA PROCESO SELECTIVO I. CATRO POSTOS DE TÉCNICO AUXILIAR DE GABINETE DIDÁCTICO
PRIMEIRA. NÚMERO DE POSTOS E CARACTERÍSTICAS
Convócanse catro postos de traballo de técnico auxiliar de gabinete didáctico, equivalente ó grupo C de funcionarios, dotado coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias asignadas a este posto de traballo na relación de persoal laboral fixo adscrito ó Museo Provincial.
SEGUNDA. SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese o sistema de concursooposición libre. Na fase de concurso valoraranse os méritos específicos adecuados ás características do posto, consonte o baremo que se detalla na base décimo segunda.
TERCEIRA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Ademais das condicións xerais sinaladas na base cuarta das bases xerais os aspirantes deberán posuír o título de bacharelato superior ou equivalente.
CUARTA. EXERCICIOS DA OPOSICIÓN Primeiro Exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio: Consta de dúas fases:
a) Elaboración dunha Memoria mediante a cal se valorarán os coñecementos técnicos sobre un dos contidos que se relacionan no programa propios das funcións a desempeñar.
A memoria, que non excederá de 30 folios escritos a ordenador, con tipo de letra Times New Roman, tamaño 13 puntos, interlineado 1,20 e por unha soa cara sobre o tema elixido, presentarase por triplicado no rexistro xeral da Deputación Provincial no prazo de un mes, a contar dende o seguinte a publicación da lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos no Boletín Oficial da Provincia.
A falta de presentación da memoria por parte do aspirante en dito prazo improrrogable suporá a súa automática eliminación deste proceso selectivo.
b) Defensa oral da memoria ante o tribunal en sesión pública nun tempo máximo de corenta minutos. Tras a exposición o tribunal poderá abrir un diálogo con cada opositor durante un tempo máximo de vinte minutos, que versará sobre os contidos expostos.
A falta de presentación do aspirante á defensa oral da memoria determinará a non superación do proceso selectivo.
Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ó idioma galego dun texto en castelán, elixido polo tribunal, sen axuda do dicionario.
QUINTA. PROGRAMA DA CONVOCATORIA Primeira parte: Lexislación
1. A Constitución Española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois
2. Organización territorial do Estado: principios constitucionais. A Administración local. As comunidades autónomas. Os Estatutos de autonomía: o seu significado. Elaboración. Contido. Reforma
3. A Administración pública no ordenamento español. Concepto e acepcións. Elementos. Regulación. Tratamento constitucional. A personalidade xurídica da Administración pública: consideracións previas. Enumeración e exame de cada un
4. Sometemento da Administración pública á lei ó dereito. As fontes do dereito público. O regulamento: concepto, fundamento, clases de regulamentos. Outras fontes do dereito administrativo: o hábito, a práctica administrativa, os principios xerais do dereito, tratados internacionais e xurisprudencia
5. O acto administrativo. Concepto. Clases e elementos
6. O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo
7. A provincia. Antecedentes, concepto e caracteres. A organización provincial. Competencias
8. A función pública local. Concepto de funcionarios públicos. Dereitos económicos. Réxime disciplinario Segunda parte: Museoloxía e Didáctica
9. O concepto de museo
10. Tipoloxías de museos. Museos de titularidade estatal. Sistema Español de Museos. A Xunta Superior de Museos
11. A concepción espacial do museo. As súas áreas e características. Bases para o proxecto arquitectónico
12. O museo como responsable da conservación do Patrimonio
13. Educación e acción cultural. O público e o museo. Terceira parte: Os fondos o Museo: Arqueoloxía, Belas Artes, Historia, Etnoloxía e Antropoloxía
14. O Museo de Pontevedra: orixe e desenvolvemento
15. Os edificios do Museo de Pontevedra: un percorrido histórico
16. Arqueoloxía: fondos arqueolóxicos desde o paleolítico ata a cultura castrexa
17. A ourivería prerromana
18. Romanización: aras, estelas e miliarios
19. A escultura románica en Galicia
20. As ruínas da San Domingos en Pontevedra
21. As salas navais no Museo de Pontevedra
22. Méndez Núñez e a fragata Numancia
23. O reflexo da cidade de Pontevedra no Museo de Pontevedra
24. Os fondos etnográficos
25. A cerámica de Sargadelos. 1804-1875
26. A cerámica de Pontecesures
27. A olería popular de Galicia
28. O traballo do liño
29. O Acibeche: tradición artesanal en Galicia
30. A colección de pratería civil de Gonzalo Fernández de la Mora no Museo de Pontevedra
31. A pintura do século XVI no Museo de Pontevedra
32. O bodegón español do século XVII no Museo de Pontevedra
33. Goya no Museo de Pontevedra
34. A pintura española do século XIX no Museo de Pontevedra
35. A pintura galega do XIX. A Xeración Doente no Museo de Pontevedra
36. A pintura galega do XIX. A xeración Triunfante no Museo de Pontevedra
37. Castelao, artista
38. A escultura galega desde o neoclasicismo ata o século XX no Museo de Pontevedra
39. Os Renovadores da arte galega
40. As artes decorativas no Museo de Pontevedra
IX. UN POSTO DE TRABALLO DE AXUDANTE DE ARQUIVO E BIBLIOTECA PRIMEIRA. NÚMERO DE POSTOS E CARACTERÍSTICAS
Convócase un posto de traballo de axudante de arquivo e biblioteca, equivalente ó grupo D de funcionarios, dotado coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias asignadas a este posto de traballo na relación de persoal laboral fixo adscrito ó Museo Provincial.
SEGUNDA. SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese o sistema de concursooposición libre. Na fase de concurso valoraranse os méritos específicos adecuados ás características do posto, consonte o baremo que se detalla na base décimo segunda.
TERCEIRA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Ademais das condicións xerais sinaladas na base cuarta das bases xerais os aspirantes deberán posuír o título de graduado en educación secundaria, graduado escolar ou equivalente.
CUARTA. EXERCICIOS DA OPOSICIÓN
Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a un test de trinta preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa. O tempo de realización deste exercicio será de trinta minutos.
Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ó idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.
QUINTA. PROGRAMA DA CONVOCATORIA
1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois
2. O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo
3. A provincia. Antecedentes, concepto e caracteres. A organización provincial. Competencias
4. A función pública local. Concepto de funcionario. Clases de funcionarios. A organización da función pública local. Dereitos e deberes dos funcionarios
5. Concepto, funcións e tipos de bibliotecas
6. As bibliotecas especializadas: concepto e función
7. A selección e adquisición de fondos nas bibliotecas
8. O proceso técnico nas bibliotecas: rexistro, selado, catalogación, clasificación e ordenación de fondos
9. Os catálogos nas bibliotecas
10. Concepto, función e tipos de arquivos
11. Formación do arquivo: ingresos e transferencias
12. Organización técnica do arquivo: clasificación e ordenación
13. Instrumentos de descrición dos fondos de arquivos: guía, inventarios, catálogos e índices
14. Servizos ós usuarios: información e atención ó público
15. Automatización dos servizos bibliotecarios: formato MARC
16. Normalización da información bibliográfica: ISBN, ISSN, NIPO e D. L.
17. Medidas de conservación en arquivos e bibliotecas
18. O Museo de Pontevedra: orixe e desenvolvemento
19. A biblioteca do Museo de Pontevedra
20. O arquivo do Museo de Pontevedra
Pontevedra, 11 de marzo de 2009. O Presidente, ilexible. O Secretario de Recursos Humanos, ilexible. 2009002718
