A N U N C I O
CLAVE: DH W.15.28988
D. Evaristo Rey Collazo con CIF 32359378B, e con enderezo en Lugar de Vilariño, nº 85, Cances. 15100 Carballo.
Solicita AUTORIZACIÓN para recheo, na zona de policía do río i/n, no lugar de Vilariño, na parroquia de Cances, no T.M. de Carballo.
As obras solicitadas consisten na recheo de parcela para un mellor aproveitamento da mesma.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de VINTE (20) DÍAS, a partir do seguinte á data da publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan danados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas deste servizo, situado na Rúa Wenceslao Fernández Florez 1-2º A. 15005 Coruña, onde se atopa exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
A Coruña, 31 de xaneiro do 2012.
O xefe de servizo da Zona Galicia Norte
Asdo.: Luís García Alonso.
2012/1235
