INFORMACIÓN PÚBLICA
A N U N C I O
CLAVE: DH W.15.30114
D. Manuel J. González Veiras e Dona Eida Uzal Manteiga con CIF 32425231S e 76334841P respectivamente, e con enderezo en Vilanova, nº 15. 15318 Abegondo.
Solicita AUTORIZACIÓN para peche, na zona de policía do río Coebre, no lugar de A Maquia, na parroquia de S. Estevo de Loureda, no T.M. de Cesuras.
As obras solicitadas consisten na peche de parcela mediante poste de fomigón e malla metálica.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de VINTE (20) DÍAS, a partir do seguinte á data da publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan danados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas deste servizo, situado na Rúa Wenceslao Fernández Florez 1-2º A. 15005 Coruña, onde se atopa exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
A Coruña, 31 de xaneiro do 2012.
O xefe de servizo da Zona Galicia Norte
Asdo.: Luís García Alonso.
2012/1231
