Aprobación inicial do padrón fiscal da taxa da auga dos meses de xullo e agosto de 2011
ANUNCIO
A xunta de goberno local deste concello, con data 26 de xaneiro de 2012, aprobou inicialmente o Padrón fiscal da taxa da auga correspondentes aos meses de novembro e decembro de 2011, o cal se expón ao público para a súa notificación colectiva, de acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, durante o prazo de 15 días, a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente edicto no BOP e no taboleiro de edictos do concello. Durante este prazo o devandito Padrón estará a disposición dos interesados no concello. Contra o acto de aprobación do Padrón e da liquidacións incorporadas a este, os contribuíntes, e en xeral, os interesados, poderán interpor os seguintes recursos:
1.- Reposición, perante a Alcaldía deste concello, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da finalización da exposición pública no Padrón, que se entenderá rexeitado se ao transcorrer un mes dende a súa presentación non se resolve de maneira expresa.
2.- Contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses se a resolución do recurso de reposición é expresa, e no prazo de seis meses dende a súa interposición se non o fose. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se estime conveniente.
3.- Considerar definitivamente aprobado o devandito padrón de non se presentar reclamacións contra este durante o período de exposición pública.
Vilasantar, 27 de xaneiro de 2012
O alcalde
Fernando Pérez Fernández
2012/1250
