1. A creación da sede electrónica do concello de Vilarmaior, de titularidade municipal, cuxo enderezo electrónico de referencia será: sede.vilarmaior.es, configurándose como unha subsede da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña (sede.dicoruna.es) e que estará accesible para a cidadanía directamente a través do seu enderezo ou a través do enderezo desta última.
2. A delegación da xestión e administración da sede electrónica municipal e para tal fin, a adhesión ao convenio marco de colaboración aprobado pola Deputación Provincial da Coruña para a utilización compartida da súa sede electrónica.
3. Realizar todas as actuacións que resulten necesarias no ámbito das competencias municipais para dar cumprimento aos compromisos asumidos no devandito convenio e, en particular, adoptar o acordo de encomenda de xestión entre o concello e a Deputación Provincial da Coruña para tramitar as solicitudes de certificados electrónicos de empregado público, selo e sede electrónica, que resulta necesario para a aplicación do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Facultar ao Alcalde para a sinatura do convenio marco de colaboración para o uso compartido da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña polos concellos da provincia e para a xestión e administración das sedes electrónicas municipais e do acordo de encomenda de xestión entre o Concello de Vilarmaior e a Deputación Provincial da Coruña para tramitar as solicitudes de certificados electrónicos de empregado público, selo e sede electrónica.
5. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia.
Vilarmaior, 03 de febreiro de 2012.
O ALCALDE,
Carlos Vázquez Quintián
2012/1384
