Aprobación inicial do presuposto do exercicio 2012
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
TOURO
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o
presuposto xeral para o exercicio económico de 2012, o cadro
de persoal, relación de postos de traballo e bases de
execución do presuposto para dito exercicio, en cumprimento
do disposto no artigo 169.1 do texto refundido da Lei reguladora
das facendas locais, R.D. 2/2004, do 5 de marzo, e
disposicións concordantes, exponse ó público
na Secretaría deste Concello polo prazo de 15 días
-que empezará a contar desde o seguinte ó da
inserción do presente edicto no Boletín Oficial da
Provincia- para que durante o mesmo poidan formularse as
reclamacións que se consideren pertinentes, as que
deberán ser dirixidas ó alcalde-presidente desta
Corporación.