Publicación exposición pública das taxas polos servizos de subministración de auga

Ficha de esta disposición

Título:
Publicación exposición pública das taxas polos servizos de subministración de auga
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
TOURO
Exposición pública do Padrón das taxas polos servizos de subministración de auga e conservación de contadores e saneamento e depuración de augas residuais

Configurado pola empresa concesionaria do servizo de subministración domiciliaria de auga potable e saneamento e depuración de augas residuais, o Padrón das taxas polos servizos de subministración de auga e conservación de contadores, saneamento e depuración de augas residuais, correspondente ao 4º trimestre de 2011, o citado Padrón estará a disposición do publico durante 15 días dende a publicación do presente anuncio no BOP na Oficina de ESPINA & DELFÍN, S.L. sita na rúa Eduardo Blanco Amor, nº 3 baixo Fonte Díaz, 15822 Touro, teléfono 981517283, en horario de 9:00 a 13:30 horas, os martes e os venres, para que os interesados poidan examinalo, e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas.

Contra estes actos poderá formularse perante o Sr. Alcalde, o recurso de reposición previo ao contencioso - administrativo do artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, nos termos previstos en dito precepto legal.

Neste senso, a publicación no Boletín Oficial da Provincia deste anuncio, produce efectos de notificación expresa ao abeiro do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

O pago poderá efectuarse nas oficinas da empresa ESPINA Y DELFÍN, abertas ao público de 9,00 a 13,30 horas, os martes e os venres, en período voluntario ate ó vindeiro 15 de abril.

Transcorrido o período voluntario de pago establecido, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento coa recarga de prema, os xuros de mora e as custas que se produzan.

Touro, 20 de xaneiro de 2012

O Alcalde,

Asdo./Ignacio Codesido Barreiro.

2012/796