En cumprimento do establecido no art. 212.3 do Real decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, a conta xeral e o devandito informe da comisión especial de contas quedan expos¬tos ao público por prazo de 15 días dende a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, durante os cales e oito máis os/as interesados/as poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións. En canto a comisión especial os examine e practique cantas comprobacións estime necesarias, emitirá novo informe. acompañada dos informes da comisión especial e das reclamacións e reparos formulados, a conta xeral someterase ao Pleno da corporación, para que, no seu caso, sexa aprobada e rendida ao consello de contas de Galicia e ao Tribunal de cuentas.
Salceda de caselas, 3 de febreiro de 2012.O alcalde, Marcos david Besada Pérez.
