Bases específicas para a selección de 3 xefes de equipo gruñir e corrección de error da convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no concello de Redondela

Ficha de esta disposición

Título:
Bases específicas para a selección de 3 xefes de equipo gruñir e corrección de error da convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no concello de Redondela
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-PONTEVEDRA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
REDONDELA
Pola Xunta de Goberno Local, con data de 27 de decembro do 2011, adoptouse acordo de:

Primeiro: aprobar as rectificacións propostas polo servizo de persoal en relación ás Bases Xerais que regulan a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no concello de Redondela publicadas no BOP, nº 175, do 10.09.2008 coas rectificacións publicadas no BOP, nº 47, do 10.03.2009:

Base 5ª 1) Onde dicía "fotocopia" debe dicir "fotocopia compulsada".

Base 5ª 3) Engádese un parágrafo final que di: " No caso de presentala fóra do concello, o/a aspirante deberá dirixir por fax ao nº: 986403894, unha copia da instancia con anterioridade ao remate do prazo para os efectos de que poida ser incluído/a na relación de admitidos/as."

Base 6ª a conta correcta é 2080 5209 41 3110001331.

Base 9ª Suprímese o último parágrafo en virtude do establecido na Lei 2/2008, de 23 de xuño e, concretamente, a rectificación do apartado 1º publicada no BOP, nº 47 de 10.03.2009.

Base 11ª 2. Onde dicía "a orde de actuación dos/s opositores/as para realizaren aqueles exercicios que non poidan facerse de forma simultanea será pola letra "V" de acordo co sorteo celebrado pola Xunta de Galicia publicado no dOG do 5 de febreiro de 2008" debe dicir "a orde de actuación dos/as opositores/as para realizaren aqueles exercicios que non poidan facerse de forma simultánea empezará por aqueles/as cuxo primeiro apelido empeze pola letra que resulte do sorteo ao que se refire o Regulamento de selección de persoal da administración da comunidade autónoma de Galicia do ano en que se celebre o 1º exercicio da fase de oposición do proceso selectivo e subsistindo a vixencia das citadas bases en relación aos procedementos selectivos aos que se refire o presente acordo.

(asbases xerais serán integramente publicadas na páxina web do concello de Redondela: www.redondela.es)

Segundo: aprobar as bases específicas para a selección de tres xefes de equipo do Grumir.

BASES ESPECÍFICAS PARA A SELECCIÓN DE 3 XEFES DE EQUIPO GRUMIR

No non previsto na presente convocatoria rexen as Bases Xerais publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 175, do 10.09.2008, coas rectificacións que se publicaron no BOP nº 47, do 10.03.2009 e as aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 27.12.2011 publicadas xunto co anuncio da presente convocatoria.

Primeira.Número de prazas e características

Convócanse TRES prazas de XEfES EQUIPO GRUMIR, publicadas na oferta pública do 2008, equiparadas ao grupo c2 da función pública e as complementarias asignadas aos postos de traballo aos que se adscriben as prazas, coas funcións inherentes á praza.

Segunda.Sistema de selección

Establécese o sistema de oposición libre.

Terceira.Requisitos dos/as aspirantes

Ademais das condicións xerais sinaladas na base cuarta das bases xerais, os/asaspirantes deberán:

a) Posuír, polo menos, o título de EdUcacIÓN SEcUNdaRIa ou GRadUadO EScOLaR ou equivalente.

b) Estar en posesión do carné de conducir clase c, en plena vixencia e sen ningún tipo de limitación.

c) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

d) Presentación dun certificado médico no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifiquen na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

As/os aspirantes teñen que estar en posesión de todos os requisitos no intre en que remate o prazo de presentación de instancias.

Cuarta.Sistema de selección

Establécese o sistema de oposición libre, consistente na realización dos seguintes exercicios:

Primeiro Exercicio: PROBaS dE aPTITUdE fíSIca, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Antes de comezar as probas físicas efectuarase o control da estatura dos/as aspirantes, quedando eliminados/as os/as que non acaden a estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres.

Probas físicas:

As probas de aptitude física terán a cualificación de apto ou non apto, debendo superar a totalidade das seguintes probas:

1) caRREIRa dE 200 METROS LISOS: Sitos no punto de partida, á voz de "listos - xa", ou disparo, percorrer a distancia de 200 mts. sensaírse da rúa correspondente. Tempo máximo: 28 segundos.

2) caRREIRa dE 1.000 METROS LISOS: Percorrer a distancia de 1.000 metros pola rúa libre. Tempo máximo 3 minutos e 15 segundos.

3) GaBEaR POR UNha cORda: Sentado/a no chan con pernas abertas, o/a aspirante colle con ambas as mans a corda, atopándose a man superior por debaixo da marca de saída. apartires de aquí, gabear sen axuda das pernas ata a liña de meta situada a 5 mts. de altura do chan.

4) dOMINadaS: Situado o/a aspirante debaixo da barra, saltar e agarrala pola súa parte anterior, coas palmas das mans cara á fronte. facer flexións de brazos con pernas estendidas en toda a execución, de maneira que o queixo supere o bordo superior da barra. No descenso, a extensión dos brazos será total. Realizaranse un total de 12 repeticións.

5) PRESS dE BaNca: O/a aspirante terá que deitarse boca arriba sobre un banco ximnástico, onde terá que facer unha flexión-extensión completa de brazos coa barra, á que previamente se lle terá colocado o peso de 50 quilos. aforma de executar a flexión-extensión será dende a altura dos ombreiros na posición boca arriba ata a extensión total dos brazos realizando 20 repeticións nun tempo máximo de 25 segundos.

6) NaTacIÓN: 50 metros nun tempo máximo de 40 segundos. Para as mulleres rexerán os mesmos criterios sinalados nos parágrafos anteriores, coa salvidade de que os tempos se lle incrementarán nun 20%.

Todos/as os/as aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos/as de roupa deportiva.

Segundo Exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá na realización de 2 probas:

1º) consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test, dos contidos específicos dos temas 1 ao 8, con 4 respostas alternativas cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo dunha hora para a súa realización. a proba cualificarase de 0 a 10 puntos e será preciso acadar un mínimo de 5 puntos para superala, polo que de non facelo, non se terá a posibilidade de realizar a seguinte proba.

2º) consistirá en desenvolver, durante un período máximo de 2 horas, 2 temas do contido elixidos ao chou e que estará relacionada cos contidos específicos dos temas 9 a 23 do programa anexo. Neste exercicio valoraranse os coñecementos do/a aspirante e a súa claridade expositiva. O exercicio lerase polo/a aspirante diante do Tribunal e a lectura será pública. a proba cualificarase de 0 a 20 puntos e será preciso acadar un mínimo de 15 puntos para superala.

Terceiro Exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio:

consistirá en realizar, durante un período máximo a establecer polo tribunal, unha proba práctica que formulará o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, e que estará relacionada cos contidos específicos (Temas 7 a 23) do programa anexo e coas funcións propias a desenvolver puidendo consistir na execución dun ou varios supostos.

De acordo coas características da proba ou actuacións a desenvolver o Tribunal decidirá a forma da súa realización (simultaneamente ou non por parte dos/as aspirantes) e as súas características.

No anuncio de convocatoria deste exercicio, o tribunal determinará tamén os medios materiais dos que deberá ou poderá ir provisto o persoal aspirante para a súa realización.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e será preciso acadar un mínimo de 5 puntos para superalo.

Cuarto Exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio, sobre coñecemento do galego para aspirantes non exentos/as.

Consistirá en traducir do castelán para o galego, sen axuda de dicionario, un texto elixido polo tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio, nun tempo máximo de trinta minutos.

A tradución será lida polo/a aspirante diante do tribunal. Neste exercicio valorarase a corrección da tradución e a pronuncia da lingua galega.

A cualificación deste exercicio será de apto ou non apto.

Exercicio final: (Exclusivamente para os tres primeiros aspirantes con maior puntuación)

RECOÑECEMENTO MEDICO:

O recoñecemento médico será efectuado por facultativos especialistas e o seu fin é garantir que os/as aspirantes estean en condicións idóneas para o exercicio das funcións propias do posto de traballo.

Asimesmo, o tribunal reservase a posibilidade, se o estima oportuno, de realizar probas de control antidopping.

Para os efectos da exclusión do/a aspirante, terase en conta o seguinte:

calquera enfermidade, padecemento ou alteración de carácter físico, psíquico ou sensorial que, a xuízo dos facultativos médicos, impida, limite ou dificulte o exercicio das funcións a desenvolver e, particularmente, o vertixe e a claustrofobia ao obxecto de detectar a enfermedade que a presencia da altura produce (no que a padece) un trastorno nervioso que lle impide realizar as habituais labores de asistencia e rescate a persoas en altura, por unha banda, e a enfermedade que os espacios pechados e oscuros produce (no que a padece) un estado nervioso que lle impida realizar as suas tarefas de salvamento e extinción, por outra.

As exclusións garantiranse coas probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

O exercicio valorarase como apto ou non apto. caso de resultar non apto algún/s aspirante/s, realizará o exercicio o/s seguinte/s aspirante/s por orde de puntuación.

ANEXO. TEMARIO DA CONVOCATORIA

1. a organización política do Estado español. a constitución de 1978. Significado, estrutura e contido. Reforma da constitución. O Tribunal constitucional.

2. a regulación dos dereitos e deberes fundamentais da persoa na constitución. O defensor do Pobo. acoroa: funcións constitucionais.

3. as cortes Xerais. composición, atribucións e funcionamento. O Poder Xudicial. asúa organización e distribución de competencias.

4. a organización territorial do Estado. as comunidades autónomas. Os Estatutos de autonomía: o seu contido e valor normativo.

5. O acto administrativo, concepto e clases. Elementos. Eficacia dos actos. Notificación e publicación. Nulidade e anulabilidade.

6. a administración Local. Réxime constitucional e entidades que comprende. O municipio. Organización e competencias do municipio. Órganos de goberno municipais.

7. O empregado público local e a súa organización. clases de empregados públicos. dereitose deberes dos empregados públicos locais. Réxime económico. as situacións administrativas dos empregados públicos: supostos e efectos. O réxime disciplinario.

8. as facendas locais: recursos das facendas locais. Impostos, taxas e contribucións especiais. Imposición e ordenación.

9. O concello de Redondela: configuración territorial. Parroquias. Estrutura socio-económica. apoboación.

10. a Protección civil: fundamentos, orixes e concepto. a organización da protección civil en España.

11. a Lei 2/1985 sobre Protección civil: directrices xerais e articulado. aNorma Básica de Protección civil.

12. O sistema autonómico galego de protección civil: estrutura organizativa e funcións.

13. Lei de emerxencias de Galicia: directrices xerais e contido. aaxencia galega de emerxencias. a coordinación das administracións públicas ante emerxencias.

14. a prevención: concepto, os riscos, análises e mapa de riscos, a prevención fronte aos riscos. Prevención fronte incendios forestais, inundacións, sísmico, accidentes graves, etc.

15. Plans de autoprotección, contido dun plan, outros aspectos relevantes do plan de autoprotección.

16. a planificación nas urxencias, plans, procedementos e protocolos de actuación, implantación dos plans. Plan Territorial e plans sectoriais preemerxencias e urxencias, órganos de decisión, operatividade do plan territorial, medidas de protección á poboación, procedementos operativos.

17. Plans específicos de protección civil de Galicia.

18. Riscos naturais: Introdución, conceptos previos. Tipos de perigo. Inundacións. causasque producen as crecidas e inundacións. Riscos sísmicos. Riscos volcánicos.

19. Riscos Metereolóxicos. fenómenosa considerar. Riscos químicos. Riscos nucleares. Riscos asociados ao transporte de mercadorías perigosas.

20. Riscos por contaminación: contaminación atmosférica. contaminación de augas. Riscos por incendios urbanos, industriais e forestais: normativa e medidas a adoptar.

21. Risco por interrupción de servizos básicos: auga, gas, electricidade e comunicacións: actuación e servizos alternativos. Regras de actuación en grandes concentracións humanas. Grandes eventos e aglomeracións .

22. Riscos asociados ao transporte de persoas e bens. Transporte escolar e de menores. actuaciónsen accidentes de tráfico. Seguridade en instalacións deportivas e praias.

23. Material básico a utilizar nun servizo municipal de intervención rápida. Vehículos. Primeros auxilios.

Redondela, a 29 de decembro do 2011.O alcalde, Javier Bas corugeira.