Exposición pública padrón recollida de lixo, exercicio 2012

Ficha de esta disposición

Título:
Exposición pública padrón recollida de lixo, exercicio 2012
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
PONTEDEUME
Edicto de Exposición Pública.

Con data 25 de xaneiro de dous mil doce, a Xunta de Goberno Local deste Concello, adoptou o acordo seguinte:

"Visto o padrón da taxa de recollida de lixo correspondente ao período impositivo do exercicio 2012.

A xunta de Goberno Local por unanimidade ACORDA:

PRIMEIRO.- Aprobar o padrón da taxa de recollida de lixo correspondente ao exercicio 2012 e as liquidacións resultantes deste, cos seguintes datos:

Concepto

Nº Recibos

Contribuínte primeiro e último

Importe Total

TAXA DE RECOLLIDA DE LIXO, EXERCICIO 2012

4.016

- A Regueira.

- Zapatero Martinez Joaquin

344.426,27

SEGUNDO.- Expoñer ao público tódolos datos incorporados ao padrón que se aproba mediante edicto que se debe publicar no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Corporación. Esta exposición, polo prazo de quince días dende a correspondente publicación, servirá de notificación colectiva a tódolos contribuíntes, nos termos establecidos no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria (segundo redacción dada pola Lei 25/95, do 20 de xullo).

TERCEIRO.- Contra as liquidacións incorporadas ao padrón os interesados poderán interpor recurso de reposición ante esta alcaldía, segundo o disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da lei reguladora das facendas locais, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao remate da exposición ao público do padrón. A interposición do recurso non suspende a eficacia das liquidacións correspondentes, agás que se solicite a suspensión e se presente garantía nos termos establecidos no apartado I) do precepto anteriormente mencionado. O recurso entenderase desestimado se non se resolve expresamente no prazo dun mes, dende a súa interposición. Contra a desestimación presunta do recurso poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses dende a notificación da resolución expresa ou de seis meses dende que se produza a desestimación presunta, tal como establece o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se estime conveniente.

Pontedeume, 27 de xaneiro de 2012

O ALCALDE,

Asdo. Gabriel Torrente Piñeiro.

2012/1385