Bases participación entroido 2012

Ficha de esta disposición

Título:
Bases participación entroido 2012
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
PONTEDEUME
BASES QUE REXERÁN A PARTICIPACIÓN NO ENTROIDO 2012 EN PONTEDEUME (Martes de Carnaval)

1. Para poder participar e optar aos premios é imprescindíbel cubrir (en todos os seus apartados) a solicitude de incripción e presentala no Rexistro do Concello, ou no Departamento de Cultura, sito na Avda. do Peirao- Baixo s/n, /Edif. do xulgado), antes do día 20 de febreiro de 2012.

2. Entenderase por comparsa un grupo de máscaras cun número de 8 ou máis persoas, maiores de 16 anos (cumpridos). No caso de comparsas infantis, a agrupación estará formadapor un número maior de 8 persoas menores de 16 anos. O incumplimento desta cláusula conleva o non poder optar ós premios do concurso.

3. As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no vestiario coma na súa actuación.

4. Cada comparsa deberá cantar ou recitar ante o público, no palco, que se instalará para tal fin, na Praza Real do Concello de Pontedeume, un mínimo de tres cancións ou letra das cancións.

5. Cada comparsa entregará a Organización un folleto no que estarán impresas as letras das cancións ou coplas que van a cantar ou recitar, as cales serán inéditas en canto a letra. Así mesmo entregarán entre o público ditas letras de forma gratuita.

6. As comparsas para poder optar ós premios deberán participar en todos aqueles actos que a Organización teña programados, e sexa necesaría a súa participación, para este Entroido 2012.

7. Os premios de participación no Entroido 2012 (martes de Canaval), serán de idéntica contía para todas as comparsas que participen, e que reúnan as condicións e requisitos esixidos nestas Bases.

8. Todas as actuacións terán lugar na Praza Real do Concello de Pontedeume. Excepto aquelas puntuais que a organización teña programadas facer noutro lugar.

9. Destinaranse 4.650 para repartir entre as distintas coparsas que participen no concurso de Comparsas do Entroido 2012. Esta cantidade repartirase en idéntica contía para todas ascomparsas participantes que reúnan as condicións e requisitos esixidos nestas Bases.

10. A orde de participación das comparsas, nos diferentes actos, establecerase mediante sorteo, ou acordo entre a organización e todas as comparsas participantes.

11. Calqueira dúbida que poida xurdir na interpretación destas Bases, os membros da Xunta de Goberno teñen a potestade para resolvela.

Pontedeume, a 3 de febreiro de 2012

O ALCALDE

Asdo.: Gabriel Torrente Piñeiro

2012/1501