Bases concurso de disfraces infantil do entroido 2012

Ficha de esta disposición

Título:
Bases concurso de disfraces infantil do entroido 2012
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
PONTEDEUME
BASES QUE REXERÁN O CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL PROGRAMADOS CON MOTIVO DO ENTROIDO 2012 NO CONCELLO DE PONTEDEUME

1. O Concurso infantil terá lugar na Praza Real do Concello de Pontedeume as 19:00 h. do luns día 20 de febreiro.

2. Para poder participar e optar aos premios é imprescindíbel cubrir (en todos os seus apartados) a solicitude de incripción e presentala no Departamento de Cultura, sito na Avda. do Peirao - Baixo s/n, (Edif. do xulgado), antes do día 20 de febreiro de 2012,en horario de 9:00 ata 13:30, tamén poderase inscribir no lugar do concurso desde as 17:30 ata as 18:30 h.

3. Poderán participar todos/as aqueles nenos/as ata os dezaseis anos cumpridos.

4. Os participantes terán que subir o palco para que o xurado poida puntuar o disfraz.

5. Os disfraces puntuaranse por: beleza, orixinalidade, traballo, creatividade, etc.

6. No apartado de premios, serán cinco categorías: do 0 ata 4 anos; de 5 ata 8 anos, de 9 ata 12 anos, de 13 ata 16 anos e un grupo familiar. Haberá catro premios por grupo. Os premios serán:

1º Premio: por valor de 70

2º Premio: por valor de 50

3º Premio: por valor de 35

4º Premio: por valor de 20

7. Para recoller o premio, os gañadores terán que vir acompañados dun adulto.

8. O inscribirse implica o coñecer e aceptar as bases do Concurso.

9. A orde de participación será por rigurosa orde de inscripción.

10. Os premios poderán quedar desertos si o xurado o estima oportuno.

11. Calqueira dúbida que poida xurdir no desenvolvemento do concurso o xurado terá potestade para poder resolvela.

12. O incumplimento de algunha distas bases implica a descalificación e baixa do Concurso.

Pontedeume, a 3 de febreiro de 2012

O ALCALDE

Asdo.: Gabriel Torrente Piñeiro

2012/1498