Anuncio padrón auga, lixo, sumidoiro e punto limpo (4º trimestre 2011)

Ficha de esta disposición

Título:
Anuncio padrón auga, lixo, sumidoiro e punto limpo (4º trimestre 2011)
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
MUXIA
O Alcalde, mediante resolución de data 6 de febreiro de 2012, aprobou o Padrón de auga, lixo, sumidoiro e punto limpo correspondente ao 4º trimestre de 2011.

O dito padrón queda exposto ó público nas oficinas municipais durante o prazo de 1 mes a partir da publicación deste anuncio no BOP con carácter de notificación colectiva, de acordo co artigo 102.3 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.

Durante o prazo de 1 mes contado dende o día seguinte ó remate de exposición pública, poderá presentarse recurso de reposición segundo o previsto nos artigos 108 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Contra a desestimación do recurso de reposición poderase presentar recurso contencioso-adminsitrativo no prazo de dous meses dende a notificación da resolución expresa, ou de seis meses dende que se produza a desestimación presunta. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime conveniente.

O prazo de ingreso en período voluntario queda fixado en tres meses contados a partir da finalización do período de exposición pública.

Transcurrido este prazo iniciarase o período executivo e a débeda resultante esixirase polo procedemento de constrinximento, co recargo e xuros de demora que procedan, de acordo co previsto no artigo 28 da Lei Xeral Tributaria

Muxía, 6 de febreiro de 2012

O alcalde

Félix Porto Serantes

2012/1450