XXII Concurso de Pintura Bello Piñeiro - Piñeiro Pose

Ficha de esta disposición

Título:
XXII Concurso de Pintura Bello Piñeiro - Piñeiro Pose
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
MUGARDOS
O Concello de Mugardos, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local que tivo lugar o dous de febrero do ano dous mil doce, aprobou as bases que rexerán a XXII edición do Concurso de pintura Bello Piñeiro - Piñeiro Pose, que se transcriben de seguido, para os efectos de xeral coñecemento.

XXII CONCURSO DE PINTURA "BELLO PIÑEIRO " 2012

O Concello de Mugardos convoca a XXII edición do CONCURSO DE PINTURA "BELLO PIÑEIRO" conforme ás seguintes bases:

PRIMEIRA:

Poderan participar todas aquelas persoas que o desexen que teñan como mínimo 18 anos de idade e sexan naturais ou residentes en Galicia. Admitese un máximo dunha obra, única e orixinal, por concursante que se axustará ás seguintes normas:

Tema: Paisaxe galega

Técnica: Libre

Tamaño máximo: 150 x 150 cm.

SEGUNDA:

Os obras poderán estar enmarcadas, como mínimo deberán estar protexidas cun listón e acondicionadas para a súa exposición.

TERCEIRA:

As obras entregaranse no departamento de Cultura no Concello de Mugardos, avda. deGalicia, núm. 45-baixo, 15620 Mugardos (A Coruña). O prazo de admisión de obras será do 11 ao 26 de xuño, ambos inclusive, no seguinte horario:

- De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

- Sábados de 9.00 a 13.00 horas

CUARTA:

As obras presentadas non deberán vir asinadas (no caso de ser premiadas deberán asinarse o día da entrega de premios); acompañaranse dun sobre pechado na parte de atrás no que figuren os seguintes datos: fotocopia do documento de identidade ou do libro de familia, o nome completo do autor/a, o enderezo, o número de teléfono, data de execución e título do cadro.

QUINTA:

No caso de que o número de obras sobrepase a capacidade da sala de exposicións, o xurado decidirá, no seu caso, a selección das obras presentadas, de tal maneira que se garantice a calidade da exposición. As obras seleccionadas pasarán á fase de concurso e serán expostas. Desta selección farase cargo un xurado cualificado, e recibirán un diploma acreditativo.

SEXTA:

O xurado cuios nomes serán dados a coñecer unha vez finalice a recepción de obras, dará un fallo inapelable a finais do mes de xuño; dito xurado estará composto por:;persoas vinculadas ao mundo da cultura, o/a gañador/a da anterior edición do concurso, presidido polo sr. Alcalde e actuando como secretaria/o persoal administrativo adscrito á area de Cultura deste Concello.

SÉTIMA:

A inauguración da exposición e a entrega de premios será o primeiro domingo do mes de xullo (01.07.2012); a exposición permanecerá aberta ao público na Casa da Cultura durante todo o mes de xullo e podera visitarse en horario de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas.

OITAVA:

Habera un unico premio de 1.800 e dous accesit, que recibiran premio non metálico.

Habera unha mención, que non contará con dotación económica, ao mellor autor/a local.

Ao premio se lle aplicara a retención fiscal que corresponda según a lexislacion vixente nese momento.

NOVENA:

Os premios poderán declararse desertos. Os/as concursantes adquiren o compromiso de acudir ao acto de entrega de premios no caso de resultar premiada a súa obra.

DÉCIMA:

O cadro premiado quedará no poder do Concello de Mugardos e pasará a formar parte do patrimonio cultural deste, podendo reproducilo e difundilo con enteira liberdade.

DÉCIMO PRIMEIRA:

O Concello porá todo o seu coidado no tratamento das obras presentadas. Non obstante, non responderá de perdas, danos ou extravíos debidos a roubos, roturas, desperfectos ou causa de forza maior, ou calquera outro acto ou causa alleos á súa vontade.

DÉCIMO SEGUNDAA:

A retirada das obras faráse persoalmente polo autor/a ou por persoa autorizada, durante un mes a partir da finalización da exposición; pasado o devandito prazo, enténdese que renuncia a calquera dereito sobre eles

DÉCIMO TERCEIRA:

Os/as concursantes, polo feito de concursar, aceptan integramente as presentes bases.

Mugardos, xaneiro 2012

XXII CONCURSO DE PINTURA "PIÑEIRO POSE " 2012

O Concello de Mugardos convoca a XXII edición do CONCURSO DE PINTURA "PIÑEIRO POSE" conforme ás seguintes bases:

PRIMEIRA:

Poderan participar todas aquelas persoas que o desexen que teñan un máximo de 17 anos de idade e sexan naturais ou residentes en Galicia. Admitese un máximo dunha obra, única e orixinal, por concursante que se axustará ás seguintes normas:

Tema: Paisaxe galega

Técnica: Libre

Tamaño máximo: 150 x 150 cm.

SEGUNDA:

Os obras poderán estar enmarcadas, como mínimo deberán estar protexidas cun listón e acondicionadas para a súa exposición.

TERCEIRA:

As obras entregaranse no departamento de Cultura no Concello de Mugardos, avda. deGalicia, núm. 45-baixo, 15620 Mugardos (A Coruña). O prazo de admisión de obras será do 11 ao 26 de xuño, ambos inclusive, no seguinte horario:

- De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

- Sábados de 9.00 a 13.00 horas

CUARTA:

As obras presentadas non deberán vir asinadas (no caso de ser premiadas deberán asinarse o día da entrega de premios); acompañaranse dun sobre pechado na parte de atrás no que figuren os seguintes datos: fotocopia do documento de identidade ou do libro de familia, o nome completo do autor/a, o enderezo, o número de teléfono, data de execución e título do cadro.

QUINTA:

No caso de que o número de obras sobrepase a capacidade da sala de exposicións, o xurado decidirá, no seu caso, a selección das obras presentadas, de tal maneira que se garantice a calidade da exposición. As obras seleccionadas pasarán á fase de concurso e serán expostas. Desta selección farase cargo un xurado cualificado, e recibirán un diploma acreditativo.

SEXTA:

O xurado cuios nomes serán dados a coñecer unha vez finalice a recepción de obras, dará un fallo inapelable a finais do mes de xuño; dito xurado estará composto por:;persoas vinculadas ao mundo da cultura, o/a gañador/a da anterior edición do concurso Bello Piñeiro, presidido polo sr. Alcalde e actuando como secretaria/o persoal administrativo adscrito á area de Cultura deste Concello.

SÉTIMA:

A inauguración da exposición e a entrega de premios será o primeiro domingo do mes de xullo (01.07.2012); a exposición permanecerá aberta ao público na Casa da Cultura durante todo o mes de xullo e podera visitarse en horario de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas.

OITAVA:

Estabelécense dúas categorias cos seus respectivos premios:

- de 0 a 12 anos:

- 1º premio: Material de pintura por importe de 250

- 2º premio: Material de pintura por importe de 150

- Premio mellor autor/a local: Premio non metálico que consistira en material de pintura.

- de 13 a 17 anos, ambos inclusive:

- 1º premio: Material de pintura por importe de 300

- 2º premio: Material de pintura por importe de 200

- Premio mellor autor/a local: Premio non metálico que consistira en material de pintura.

O xurado asignará, ademáis, dous accésits e distintos premios, con motivo de estimular a participación e calidade dos máis novos; estos premios serán non metálicos e consistirán en material de pintura.

Aos premios se lle aplicara a retención fiscal que corresponda según a lexislacion vixente nese momento.

NOVENA:

Os premios poderán declararse desertos. Os/as concursantes adquiren o compromiso de acudir ao acto de entrega de premios no caso de resultar premiada a súa obra.

DÉCIMA:

O cadro premiado quedará no poder do Concello de Mugardos e pasará a formar parte do patrimonio cultural deste, podendo reproducilo e difundilo con enteira liberdade.

DÉCIMO PRIMEIRA:

O Concello porá todo o seu coidado no tratamento das obras presentadas. Non obstante, non responderá de perdas, danos ou extravíos debidos a roubos, roturas, desperfectos ou causa de forza maior, ou calquera outro acto ou causa alleos á súa vontade.

DÉCIMO SEGUNDA:

A retirada das obras faráse persoalmente polo autor/a ou por persoa autorizada, durante un mes a partir da finalización da exposición; pasado o devandito prazo, enténdese que renuncia a calquera dereito sobre eles

DÉCIMO TERCEIRA:

Os/as concursantes, polo feito de concursar, aceptan integramente as presentes bases.

Mugardos, xaneiro 2012

Mugardos, 3 de febrero de 2012

O alcalde

Xosé Fernández Barcia

2012/1495