XV Concurso de carteis da festa do polbo

Ficha de esta disposición

Título:
XV Concurso de carteis da festa do polbo
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
MUGARDOS
O Concello de Mugardos, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local que tivo lugar o dous de febrero do ano dous mil doce, aprobou as bases que rexerán a XV edición do Concurso de carteis da Festa do Polbo, que se transcriben de seguido, para os efectos de xeral coñecemento.

XV CONCURSO DE CARTEIS

LEMA: XXII FESTA DO POLBO

BASES:

1.- Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 16 anos, que o desexen.

2.- Cada participante poderá presentar un único orixinal, de tamaño DIN A3, sen límite de cores ou técnicas. No caso de que o cartel premiado resulte estar feito por ordenador, tendo que ser un deseño orixinal, terá que ser entregado o soporte informático correspondente.

O tema do cartel será: XXII FESTA DO POLBO.

Os carteis deberán presentar o debuxo e o seguinte texto:

XXII Festa do Polbo

Concello de Mugardos

Sábado, 14 de xullo de 2012

3.- Prazo de presentación será todo o mes de abril de 2012. Presentaranse no rexistro de entrada do Concello de Mugardos ou enviaranse mediante correo certificado, segundo o estabelece a Lei de Réxime Xurídico do Procedemento Administrativo Común no Art. 38.4., ao seguinte enderezo indicando:

Concello de Mugardos - Concellaría de Cultura

Concurso de carteis Festa do Polbo

Avda. de Galicia, núm. 45. 15620 Mugardos (A Coruña)

4.- Os traballos irán asinados con pseudónimo, acompañándose dun sobre pechado que estará pegado por detrás do cartel, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla cos datos completos do autor/a: nome e apelidos, idade, enderezo completo e teléfono.

5.- O xurado estará formado polas/os membros da Comisión de Cultura do Concello de Mugardos. Previamente expoñeranse os carteis ao público e someteranse a votación popular por espacio dunha semana. O xurado ditaminara tendo en conta as bases, a votación popular e decidirá por maioría de votos e de forma inapelábel. Ditaminará na segunda semana logo do peche de recepción de orixinais.

6.- O premio consistirá en 500 euros que se entregarán en metálico (á citada cantidade aplicaráselle a retención correspondente ao IRPF). O premio poderase declarar deserto, en caso de que o xurado así o estimase, en decisión inapelábel. O local e a data nos que se fará entrega deste fixarase no momento oportuno.

7.- Os non seleccionados deberán retirarse polos participantes.

8.- O cartel premiado quedará no poder do Concello de Mugardos e pasará a formar parte do patrimonio cultural deste, así como os cinco seleccionados, podendo reproducilos e difundilos con enteira liberdade.

9.- A participación implica a total aceptación destas bases.

Mugardos, xaneiro 2012

Mugardos, 3 de febrero de 2012

O alcalde

Xosé Fernández Barica

2012/1491