V CERTAME DE POESÍA "CONCELLO DE MUGARDOS"
21 DE MARZO - DÍA DA POESÍA
O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca a quinta edición do Certame de Poesía "Concello de Mugardos", co galo do Día da Poesía, o 21 de marzo.
BASES
PRIMEIRA:
Establécense dúas categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
- até 18 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.
Os/as concursantespoderán presentar un máximo de tres poesías, que se axustarán ás seguintes normas:
TEMA: Libre.
LINGUA: Galego
FORMA E EXTENSIÓN: DIN A4 por unha cara (extensión máxima por poesía), mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezados polo título.
As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
SEGUNDA:
Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
TERCEIRA:
O prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro. Presentaranse no rexistro de entrada do Concello de Mugardos ou enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo: V CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS, Concellaría de Cultura, Deporte, Turismo e Mocidade do Concello de Mugardos, Avda. de Galicia, núm. 45. (15620) Mugardos (A Coruña), segundo establece a Lei de Réxime Xurídico do Procedemento Administrativo Común no Art. 38.4.
CUARTA:
Unha vez reunidos os membros do xurado para facer a oportuna valoración, resultará gañadora aquela poesía que, a criterio do xurado, sexa merecedora do primeiro premio, podendo facer ademais Mención Especial dalgunha outra se o consideran oportuno.
QUINTA:
O premio consistirá nun bono para mercar libros:
- por valor de 100 , para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos
- por valor de 50, para a categoría de menores de 18 anos.
SEXTA:
O nome do/a gañador/a farase público o mércores 21 de marzo (Día mundial da poesía), tendo lugar o acto de entrega de premios o sábado 24 do mesmo mes ás 12.00 horas.
SÉTIMA:
A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases.
Mugardos, xaneiro de 2012
Mugardos, 3 de febreiro de 2012
O alcalde
Xosé Fernández Barcia
2012/1489
