Aprobación inicial modificación Ordenanzas Fiscais

Ficha de esta disposición

Título:
Aprobación inicial modificación Ordenanzas Fiscais
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-LUGO 33
Fecha Publicación:
09/02/2012
Órgano Emisor:
MONDONEDO
O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de xaneiro do 2012, acordou, aprobar inicialmente Ordenanza Fiscal nº 35, reguladora da Taxa polos servizos da Biblioteca Municipal, Ordenanza Fiscal nº 36, reguladora da Taxa pola prestación de servizos nas instalación deportivas municipais, Ordenanza Fiscal nº37, reguladora da taxa polo servizo de celebración de vodas civís, modificación da Ordenanza fiscal nº 3, reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras, modificación da Ordenanza nº 5, Reguladora da taxa por expedición de documentos públicos, modificación da Ordenanza Fiscal nº 13, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, entullo, viaias, puntais, asnillas, estadas e outras instalación análogas e modificación da Ordenanza Fiscal nº 14, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análagos con finalidade lucrativa.

De conformidad eco disposto nos artigos 17.1. e2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, e 49 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, dito acordo expónse ao público durante o prazo de trinta días, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Finalizado o período de exposición pública, sen que se presentaran reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional, sen necesidade de novo acordo plenario.

Mondoñedo, a 27 de xaneiro do 2012.- O Alcalde, M. Orlando González Cruz R. 0426




Cerrar