Presuposto de execución material: 80.844,08
Honorarios de redacción de proxecto: 3.678,01
Total: 84.522,09 A deducir de man de obra subvencionada: 14.229,08
Coste a soportar por execución directa: 70.293,01
Aportación do Concello (10,3040%): 7.243.01, 00
Importe a repartir entre os beneficiarios (89,6960%): 63.050,00
Módulo de reparto, aplicase o volume do inmoble computándose o número de nichos: 970
Base impoñible: 63.050,00
Coa seguinte relación de suxeitos pasivos e a determinación das cotas individuais a satisfacer resultantes de aplica-la cantidade a repartir entre os beneficiarios:
Ver Anexo
O custe total do presuposto das obras ten carácter de mera previsión. Rematadas as obras, si o custo real fose maior ou menor que o previsto tomarase aquél a efectos do cálculo das cotas definitivas.
Dando cumprimento ao artigo 34.4 do Real Decreto Lvo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o artigo 14 da Ordenanza fiscal xeral reguladora de Contribicións especiais en concordancia cos artigos 59.4 e 5 e 117 da Lei 3071992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; exponse ao público para que os interesados poidan formular recurso de reposición, ante o Pleno da Corporación, no prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Durante o prazo de exposición pública deste expediente, os afectados pola realización desta obra poderán constituirse en asociación administrativa de contribuentes, segundo establece o artigo 36. do Real Decreto Lvo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o artigo 16 da Ordenanza fiscal xeral reguladora de Contribucións especiais. De presentarse recursos de reposición, os mesmos serán resoltos no prazo máximo dun mes, ao abeiro do artigo do artigo 117.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; considerándose definitivamente adoptado este acordo de non presentarse recursos.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva.
Meaño, 27 de decembro de 2011.O alcalde, Jorge Domínguez Rosal.
