Anuncio: licenza de actividade para centro social

Ficha de esta disposición

Título:
Anuncio: licenza de actividade para centro social
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
MALPICA DE BERGANTINOS
Anuncio: licenza de actividade para centro social

Anuncio: Licenza de actividade para centro social

Logo de solicitarse nesta Alcaldía, licenza municipal para a instalación, apertura e funcionamento de centro social coas actividades de sala polivalente e multiusos, cafetería e oficina adminitrativa, que se localizará no lugar da Raxeira, pertencente a parroquia de Leiloio do concello de Malpica de Bergantiños.

Para cumprir o que dispón o artigo 36 do Real Decreto 2816/1982, de 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral de policía e espectáculos públicos e actividades recreativas, sométese a información pública polo periodo de dez (10) días hábiles, coa finalidade de que durante este prazo- que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP- poderán examinar-lo expediente na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observación que consideren oportunas.

A apertura do trámite de información pública notificarase persoalmente aos colindantes e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da localización proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Malpica, 01 de febreiro de 2012

O Presidente - Alcalde

Asdo. D. Eduardo J. Parga Veiga

2012/1388