R E S O L U C I Ó N:
"Rematado o prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo convocado por acordo da xunta de goberno local de data 12 de novembro de 2009 para a provisión dunha praza de persoal funcionario, administrativo de administración Xeral, polo sistema de promoción interna, e de conformidade co previsto nas Bases III e IV da convocatoria e artigo 20 do Real decreto 364/95, de 20 de marzo,
R E S O L V O:
1°.aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos ó referido proceso selectivo ao non haber ningún/a excluído/a á lista de admitidos:
ASPIRANTES ADMITIDOS
Nome e apelidos Exención da proba de galego
María del Rosario González Sánchez Non
2°.designar ós membros que integrarán o Tribunal cualificador e determina-las datas en que terán lugar a súa constitución e celebración do primeiro exercicio:
Presidente:
Titular: don Gonzalo Porto Becerra, Secretario-Interventor do concello de a Lama. Suplente: dona Trinidad Rodríguez Suárez, Secretaria-Interventora do concello de Pontecesures.
Secretario:
Titular: don Miguel Ángel Gómez Álvarez, Secretario-Interventor do concello de Pazos de Borbén. Suplente: dona María Jesús Rodríguez freire, Secretaria-Interventora do concello de covelo
Vogais:
Titular: dona amelia Gamero Vidal, directora da Área de Vivenda do consorcio casco Vello de Vigo. Suplente: don alejandro de Medeiros castuera funcionario Grupo a2 da Xunta de Galicia.
Titular: dona Elvira crespo casal funcionaria administrativa do concello de Ponte caldelas. Suplente: don José antonio Lorenzo Pérez, administrativo do concello de Pazos de Borbén.
Titular: dona Luisa Rodríguez Lois, administrativa do concello de cotobade. Suplente: dona Magdalena Elvira Ogando Portabales, administrativa do concello de a Lama.
A constitución do Tribunal terá lugar o día 8 de marzo de 2012, ás 10:30 horas, no Salón de actos da casa consistorial de fornelos de Montes. O primeiro exercicio terá lugar o día 8 de marzo de 2012, ás 11:00 horas, na casa consistorial.
3°.de acordo co disposto nas bases da convocatoria os membros do Tribunal deberán de absterse de intervir comunicándolle ó Sr. Presidente cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 do Réxime Xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. así mesmo, os aspirantes poderán recusar ós membros do Tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92. 4º.Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica dos mesmos."
O que lle comunico para o seu coñecemento e demais efectos.
contra esta Resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 de 13 de xaneiro) ou ben recurso contenciosoadministrativo perante o Xulgado do contencioso administrativo de Vigo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición contencioso-administrativa.
Todo isto sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente.
Fornelos de Montes, 26 de xaneiro de 2012.O alcalde, Emiliano Lage Rodríguez.
