Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola recollida de lixo

Ficha de esta disposición

Título:
Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola recollida de lixo
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
CERDIDO
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA DE LIXO

En cumprimento do disposto no acordo do Pleno reunido o 22 de decembro de 2011, no que se aprobou provisionalmente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola recollida de lixo, e unha vez transcorrido o período de alegacións e reclamacións sen que se presentara ningunha, esta Alcaldía, ó abeiro do disposto no artigo 17 do R.D.L. 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, acorda a publicación íntegra do acordo do Pleno e o texto íntegro da modificación que se figura deseguido:

Artigo 6.º.-Cota tributaria.

De conformidade co previsto no artigo 62.4 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establecer:

1.-A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles e da categoría do lugar, praza, rúa ou vía pública onde están situados aqueles.

2.-A tal efecto aplicarase a seguinte taifa:

Conceptos.-Categoría única.-Epígrafe 1.º. Vivendas. Por cada vivenda: 40,00 euros (enténdese por vivenda a destinada a domicilio de carácter familiar e aloxamentos que non excedan de dez prazas). Epígrafe 2.º. Establecementos turísticos. Hoteis, hostais, casas rurais, pensións, restaurantes con locais superiores a 120 metros cadrados e demais centros análogos: 150,00 euros. Epígrafe 3.º. Establecementos comerciais, mercantís, etc., con uso diferente a vivenda con locais superiores a 120 m2 e bares sen comedor: 90,00 euros. Epígrafe 4.º. Outros establecementos comerciais, mercantís, etc., con uso diferente a vivenda inferiores a 120 m2: 70,00 euros. As cotas consignadas na tarifa corresponde a doce meses que se fraccionarán en dúas cotas semestrais.

Cerdido, 6 de febreiro de 2012.

A alcaldesa

Asdo. Ana Rodríguez Montero

2012/1440