Citación para notificar por comparecencia ós contribuíntes do Concello de Celanova

Mis Leyes

Ficha de esta disposición

Título :
Citación para notificar por comparecencia ós contribuíntes do Concello de Celanova
Nº de Disposición :
0
Boletín Oficial :
BOP-OURENSE 226
Fecha Publicación :
05/10/2011
Órgano Emisor :
CELANOVA
Non sendo posible realiza-la notificación persoal ós interesados ou ó seu representante, e unha vez intentada por dúas veces en cumprimento do que dispón o artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, cítase ós contribuíntes relacionados, co obxecto de seren notificados por comparecencia das actuacións que os afectan en relación ós conceptos que se indican.

Oórgano responsable da tramitación dos procedementos referenciados é o Servizo de Recadación do Concello de Celanova.

Os interesados ou os seus representantes deberán comparecer na oficina do Servizo de Recadación deste concello, situada na rúa Noriega Varela, n.º6 de Ourense, no prazo de 15 días naturais contados dende o día seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.

Advírteselles ós interesados de que no caso de non comparecer no prazo sinalado, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais dende o día seguinte ó do vencemento do dito prazo.

Contra os actos que motivan os procedementos referenciados, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano municipal correspondente no prazo dun mes contado dende o día seguinte a aquel no que teña efectividade a notificación dos ditos actos, de acordo co establecido no artigo 14.2.a) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Non obstante, poderá interpoñerse calquera outro recurso que se considere procedente.

Celanova, 2 de setembro de 2011. O alcalde. Asdo.: Antonio Mouriño Villar.