Expediente de investigación da titularidade dun terreo sito en Codesos

Ficha de esta disposición

Título:
Expediente de investigación da titularidade dun terreo sito en Codesos
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
CEE
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Cee, 31 de xaneiro de 2012

RESULTANDO que con data do 24.05.10 dona María Banesa Arias Currais solicita licenza de obra para a construción dun peche de parcela en Codesos, Pereiriña, neste Concello de Cee, para o cal achega a seguinte documentación:

- Presuposto realizado por Construcciones Paz lema SL.

- Cartografía de catastro.

-Escritura de subsanación de escrituras de compravenda e pacto de mellora anteriores.

RESULTANDO que con data data do 14.06.10 o arquitecto técnico municipal emite informe no que sinala o seguinte:

"No plano nº 6 de concentración parcelaria de San Xulián de Pereiriña aparece un acceso ás fincas nº 485 polo seu linde norte e a nº 484 polo linde oeste, polo que é necesario que se presenten as escrituras de ditas fincas, de cando se realizou a concentración parcelaria para poder saber si o citado acceso ás fincas é terreo público ou privado.

Hai que requirir a documentación que se indica a continuación (en orixinal ou copia compulsada por organismo oficial) a:

-Dona María Banesa Arias Currais que presente escritura da finca que presente pechar, de data de cando se fixo a concentración parcelaria (a presentada é do 4 de agosto de 2009)

-Don Antonio Currais Carreira a escritura da finca nº 484 de concentración parcelaria de San Xulián de Pereiriña.

-Don Manuel Canosa Picallo a escritura da finca nº 485 de concentración parcelaria de San Xulián de Pereiriña e da finca con referencia catastral 5513015MH8651S0000XA (onde ten a vivenda)"

RESULTANDO que realizados os anteriores requirimentos, D. Manuel Canosa Picallo presentou copia cotexada do título de propiedade no que se inclúe a folla 482 de características das fincas de reemplazo da concentración parcelaria, na que se describe a parcela 485, sinalando que linda polo norte con zona excluída e camiño.

Pola súa parte, dona María Banesa Arias Currais achega a seguinte documentación:

-Fotocopia dun plano de Codesos, datado entre os an 1960 e 1970, obtido no Arquivo do Reino de Galicia.

-Plano anterior á concentración parcelaria e outro posterior.

CONSIDERANDO, que no informe xurídico do avogado Don Carlos Abal Lourido, vinculado ao Concello de Cee por un contrato de servizos de asesoramento xurídico en materia de urbanismo, de data 20.04.11, recóllese o seguinte:

"Á vista do estado que presenta o expediente, infórmase:

Coa lectura e análise dos diferentes escritos, documentación unida ao presente procedemento, non queda clara a propiedade, nin pública nin privada, do camiño ao que o mesmo se refire, polo que o procedente será a incoación do correspondente Expediente de Investigación Patrimonial.

Este procedemento aparece regulado, para os bens da Administración Xeral do Estado, nos art. 45 e ss. daLei 33/2003, de 3 de Novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, na Sección II, "Da Investigación de Bens e Dereitos", e no que atinxe aos bens das Entidades Locais, nos art. 44 e ss do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

Segundo o citado art. 44 do Real Decreto 1372/1986, corresponde ás Entidades locais, entroutras, á potestade de investigación sobre os seus bens, engadindo o art. 45, que as Corporacións Locais teñen a facultade de investigar a situación dos bens e dereitos que se presuman da sua propiedade, sempre que ésta non conste, a fin de determinar a titularidade dos mesmos, como é o caso que nos ocupa.

O procedemento que debe seguirse, pola súa parte, aparece regulado nos art. 46 e ss do citado Real Decreto 1372/1986, co seguinte tenor literal:

"Artículo 46. El ejercicio de la acción investigadora podrá acordarse: () 1. De oficio, por la propia Corporación, a iniciativa, en su caso, de cualquier otra Administración que, en virtud de los deberes de información mutua y colaboración, ponga en su conocimiento los hechos, actos o circunstancias que sirvan de base al ejercicio de dicha acción. 2. Por denuncia de los particulares.

Artículo 47. Para que se admita la denuncia presentada por el particular es preciso que el mismo anticipe el importe de los gastos en la cuantía que se estime necesaria, que no será menor de 10.000 pesetas ni excederá de 100.000. La Corporación queda obligada a justificar detalladamente los gastos efectuados y a devolver, en su caso, el sobrante.

Artículo 48. Recibida la denuncia o comunicación, y antes de acordar la apertura del expediente, se procederá a un estudio previo sobre la procedencia del ejercicio de la acción investigadora.

Artículo 49. 1. El acuerdo de iniciación del expediente de investigación se publicará en el Boletín Oficial de la provincia y en el del municipio, si existiera, con expresión de las características que permiten identificar el bien o derecho investigado. Un ejemplar de dichos boletines se expondrá en el tablón de anuncios de la Corporación en que radiquen los bienes, durante quince días. 2. Del acuerdo de iniciación del expediente se dará traslado a la Administración estatal y autonómica, para que éstas, en su caso, puedan hacer valer sus derechos y alegar lo procedente.

Artículo 50. En el plazo de un mes, contado desde el día siguiente al que deba darse por terminada la publicación de los anuncios en el tablón de la Corporación, podrán las personas afectadas por el expediente de investigación alegar por escrito cuanto estimen conveniente a su derecho ante la Corporación, acompañando todos los documentos en que funden sus alegaciones. Sin perjuicio de lo previsto en el apartado anterior, en el caso de que existan afectados por el expediente de investigación que resulten conocidos e identificables, habrán de ser notificados personalmente.

Artículo 51. Transcurrido el término señalado en el artículo anterior se abrirá un período de prueba, en el cual serán admisibles los siguientes elementos:

1. Los documentos públicos judiciales, notariales o administrativos otorgados con arreglo a Derecho.

2. El reconocimiento y dictamen pericial.

3. La declaración de testigos.

Al libramiento de los testimonios y certificaciones que deban expedir los notarios y archiveros deberá preceder el mandato judicial y la citación de los interesados o del Ministerio Fiscal, si fueran necesarios.

Artículo 52. Efectuadas las pruebas pertinentes, y valoradas por los servicios de la Corporación, se pondrá de manifiesto el expediente por término de diez días (10) a las personas a quienes afecte la investigación y hubieren comparecido en él, para que dentro de dicho plazo aleguen lo que crean conveniente a su derecho.

Artículo 53. La resolución del expediente de investigación corresponde al órgano competente de la Corporación, previo informe del Secretario. Si la resolución es favorable, se procederá a la tasación de la finca o derecho, su inclusión en el inventario, y adopción de las medidas tendentes a la efectividad de los derechos de la Corporación.

Artículo 54. 1. A las personas que promuevan el ejercicio de la acción investigadora, se les abonará, como premio e indemnización de todos los gastos, el 10% del valor líquido que la Corporación obtenga de la enajenación de los bienes investigados. 2. Si por cualquier causa la finca investigada no fuese vendida, el premio previsto en el artículo anterior será sustituido por el importe del 10% del valor de tasación de la finca que conste en el expediente.

Artículo 55. 1. El conocimiento de las cuestiones de naturaleza civil que se susciten con ocasión de la investigación practicada corresponderá a la jurisdicción ordinaria. 2. Los afectados por la resolución del expediente de investigación podrán impugnarla en vía contencioso-administrativa. 3. Los denunciantes, además, podrán recurrir en vía contencioso-administrativa los acuerdos que la Corporación adopte sobre garantías, premios e indemnizaciones."

Tendo en vista, polo tanto, que da documentación obrante no expediente non queda clara a propiedade, nin pública nin privada, do citado terreo e no seu caso a extensión do mesmo, procederá a Incoación do correspondente Expediente de Investigación Patrimonial, debendo iniciarse un período de exposición pública ao abeiro do art. 49.1 do Real Decreto 1372/1986, segundo o cal "El acuerdo de iniciación del expediente de investigación se publicará en el Boletín Oficial de la provincia, con expresión de las características que permiten identificar el bien o derecho investigado", á exposición do anuncio no Taboleiro de Anuncios do Concello de Cee, "durante quince días" (15), e notificación personalizada de canto aparezcan como interesados no expediente, para que no prazo de UN MES (1) dende o dia seguinte ao que deba terse por finalizado o citado prazo de 15 días, os interesados aleguen o que teñan por conveniente (art. 50).

Neste recurso enténdese conveniente notificar a tódolos veciños da zona para que poidan alegar o que estimen conveniente e aportar as probas que consideren oportunas sobre o carácter público ou privado do terreo.

Asemade, segundo se recolle no apartado 2º do citado art. 49, "Del acuerdo de iniciación del expediente se dará traslado a la Administración estatal y autonómica, para que éstas, en su caso, puedan hacer valer sus derechos y alegar lo procedente".

A COMPETENCIA para a incoación do presente Expediente de Investigación corresponde ao SR. ALCALDE da Corporación

Polo tanto, á vista do estado do expediente, da normativa citada, e demais de legal e pertinente aplicación,

PROPONSE:

1º.- INCOAR o correspondente EXPEDIENTE DE INVESTIGACIÓN da titularidade do terreo sito en Codesos, San Xulián de Pereiriña, lindante coa parcela 485 da concentración parcelaria de San Xulián de Pereiriña, neste Concello de Cee.

2º.- PUBLICAR o Acordo de Incoación do Expediente no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no Taboleiro de Anuncios do Concello por un período de QUINCE DÍAS (15), e no que se recolla que o prazo de alegacións será de UN MES (1), contado dende o día seguinte ao que deba darse por finalizada a citada publicación de anuncios no Taboleiro de Anuncios do Concello.

3º.- NOTIFICAR PERSOALMENTE a tódolos veciños colindantes co suposto camiño para que no citado prazo de UN MES (1) contado dende o día seguinte ao que deba darse por finalizada a citada publicación de anuncios no Taboleiro de Anuncios do Concello, poidan alegar o que estimen conveniente e aportar as probas que consideren oportunas sobre o carácter público ou privado do camiño

4º.- DAR TRASLADO do acordo que de iniciación do presente expediente á Administración estatal e autonómica, aos efectos do disposto no art. 49.2º do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

5º.- ABRIR O PERÍODO DE PROBA, unha vez que remate o período de alegacións, para que se presenten os elementos probatorios que se estimen oportunos, notificándose aos afectados para que poidan presentar as probas que estimen convenientes.

6º.- NOTIFICAR a Resolución que se dite aos interesados, tendo en conta que contra á incoación do expediente, por ser un acto de trámite, non cabe en principio recurso ordinario ningún, sen prexuízo da posibilidade de interpor ós recursos que estimen oportunos.".

CONSIDERANDO, que da lectura e análise dos diferentes escritos, documentación unida ao presente procedemento, non queda clara a propiedade, nin pública nin privada, do terreo ao que o mesmo se refire, polo que o procedente será a incoación do correspondente Expediente de Investigación Patrimonial.

CONSIDERANDO o procedemento correspondente, regulado para os bens da Administración Xeral do Estado, nos art. 45 e ss. da Lei 33/2003, de 3 de Novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, na Sección II, "Da Investigación de Bens e Dereitos", e no que atinxe aos bens das Entidades Locais, nos art. 44 e ss do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

CONSIDERANDO que a competencia para a incoación do correspondente Expediente de Investigación corresponde a esta Alcaldía.

VISTA a normativa citada e demais de legal e pertinente aplicación,

RESOLVO:

1º.- INCOAR o correspondente EXPEDIENTE DE INVESTIGACIÓN da titularidade do terreo sito en Codesos, San Xián da Pereiriña, lindante coa parcela 485 da concentración parcelaria de San Xián da Pereiriña, neste Concello de Cee.

2º.- PUBLICAR o acordo de incoación do expediente no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no Taboleiro de Anuncios do Concello por un período de QUINCE DÍAS (15), e no que se recolla que o prazo de alegacións será de UN MES (1), contado dende o día seguinte ao que deba darse por finalizada a citada publicación de anuncios no Taboleiro de Anuncios do Concello.

3º.- NOTIFICAR PERSOALMENTE a tódolos veciños colindantes co suposto camiño para que no citado prazo de UN MES (1) contado dende o día seguinte ao que deba darse por finalizada a citada publicación de anuncios no Taboleiro de Anuncios do Concello, poidan alegar o que estimen conveniente e aportar as probas que consideren oportunas sobre o carácter público ou privado do camiño.

4º.- DAR TRASLADO do acordo que de iniciación do presente expediente á Administración estatal e autonómica, aos efectos do disposto no art. 49.2º do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

5º.- ABRIR O PERÍODO DE PROBA, unha vez que remate o período de alegacións, para que se presenten os elementos probatorios que se estimen oportunos, notificándose aos afectados para que poidan presentar as probas que estimen convenientes.

6º.- NOTIFICAR a presente Resolución aos interesados, tendo en conta que contra á incoación do expediente, por ser un acto de trámite, non cabe en principio recurso ordinario ningún, sen prexuízo da posibilidade de interpor os recursos que estimen oportunos.

Mándao e asínao o alcalde, constando a sinatura secretarial no presente acto para os únicos efectos de fe pública e recoñecemento de sinatura.

O alcalde A secretaria

Aso.: Ramón Vigo Sambade Asdo.: Rocío Hermida Cancela

2012/1411