· Procedemento: Abreviado 0463/2011-M.
· Demandante: Mutua Madrileña Automovilistica, S.A. (en representación de José Manuel Bellón Suarez)
· Administración demandada: Concello de Carballo.
· Acto recorrido: Desestimación por silencio de reclamación de responsabilidad patrimonial formulada con rexistro de entrada nº 9912 de 16/07/2011 por daños no vehículo OPEL Astra con matricula 5815-DHX o 09/06/2010, valorados en 5.949,00, como consecuencia dunha inundación no garaxe do nº 70 da avda. Ponte da Pedra, Carballo.
· Resolución: Decreto de 16/01/2012 do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de A Coruña, dictada no procedemento abreviado 0463/2011-M, que:
· admite a trámite o recurso
· tenpor personada á parte recorrente
· reclama o expediente administrativo á administración demandada para que sexa remitido no prazo improrrogable de 15 días.
· ordena o emprazamento dos posibles interesados.
· Cita ás partes para a celebración de vista o 06/06/2012 ás 10:20 horas.
En cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a publicación deste anuncio servirá de emprazamento a todas aquelas persoas físicas e xurídicas a favor das que se derivasen dereitos da resolución impugnada e a quen tiveran interese directo no mantemento desta, para que comparezan e se persoen en autos ante a referida Sala no prazo de nove días seguintes á publicación deste anuncio.
Carballo, 3 de febreiro de 2012
O alcalde
Evencio Ferrero Rodríguez
2012/1462
