Aprobación das tarifas do programa "Mañanceiro" de protección, vixilancia e almorzo aos escolares dos CEIP do Concello de Cambre

Ficha de esta disposición

Título:
Aprobación das tarifas do programa "Mañanceiro" de protección, vixilancia e almorzo aos escolares dos CEIP do Concello de Cambre
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
CAMBRE
O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria do día dezanove de xaneiro de dous mil doce, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación das tarifas do programa "Mañanceiro" de protección, vixilancia e almorzo aos escolares dos CEIP do Concello de Cambre que se transcribe literalmente a continuación:

Primeiro.-Aprobar as seguintes tarifas e reducións do programa "Mañanceiro" de protección, vixilancia e almorzo aos escolares dos CEIP do Concello de Cambre:

Mes completo

Centros de 1,5 horas

Centros de 2 horas

Centros de 2,5 horas

Con almorzo

45,50 euros

53,25 euros

58,00 euros

Sen almorzo

30,75 euros

42,00 euros

45,25 euros

Días soltos

Centros de 1,5 horas

Centros de 2 horas

Centros de 2,5 horas

Con almorzo

2,00 euros

2,25 euros

2,40 euros

Sen almorzo

1,25 euros

1,60 euros

2,00 euros

O Concello de Cambre aboará, sobre o importe da tarifa, como regla xeral, o 20% do custo do alumno e o 80% restante aboarase directamente ao adxudicatario polos usuarios mediante o pago da correspondente tarifa.

Así mesmo, o Concello de Cambre custeará o 100% do importe da tarifa de tres alumnos por centro, tras un informe de valoración remitido polos Servizos Sociais do Concello de Cambre. Este número de prazas poderían ser trasladadas a outro centro, para o caso de que non se prestase o servizo nalgún deles.

Tamén custeará sobre as tarifas por alumno un 30% para outro número de alumnos que con base na seguinte baremación sumen 4 puntos ou máis:

a) Con base nos ingresos económicos, segundo a renda "per cápita" mensual e en relación ao número de fillos que soliciten o programa:

Renda "per cápita" mensual ()

1 fillo

2 fillos

3 ou máis fillos

276,30

3 puntos

4 puntos

5 puntos

276,30-367,88

2 puntos

3 puntos

4 puntos

367,88-613,12

1 punto

2 puntos

3 puntos

613,12-858,37

0 puntos

0 puntos

1 punto

b) Por ser familia monoparental: 3 puntos.

No caso de familia numerosa, aplicarase un 50% de desconto sobre a tarifa correspondente a cada un dos participantes, para o que a persoa que o solicite deberá achegar fotocopia do título de familia numerosa.

Prevalecerá a redución de maior contía naqueles casos nos que ao solicitante se lle poida aplicar varios descontos.

Segundo.-Publicar as tarifas e reducións aprobadas para xeral coñecemento.

Cambre, 30 de xaneiro de 2012.

O alcalde

Manuel Rivas Caridad

2012/1448