Creación de rexistro auxiliar

Ficha de esta disposición

Título:
Creación de rexistro auxiliar
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
CAMBRE
Para xeral coñecemento, faise pública a Resolución ditada por esta Alcaldía o día 2 de febreiro de 2012, cuxa parte dispositiva se transcribe a continuación:

Primeiro: Suprimir, de forma temporal, o rexistro auxiliar de entrada situado no edificio denominado Casa das Palmeiras, rúa Tapia n.º1, O Temple, Cambre, e crear un rexistro auxiliar de entrada de documentos situado nos baixos onde actualmente se atopa Servizos Sociais, na rúa Río Barcés n.º 8, A Barcala, Cambre.

Segundo: Crear un rexistro auxiliar para a saída da documentación procedente dos servizos situados na Barcala (Servizos Sociais, Cultura, Educación, Deportes, Voluntariado).

Terceiro: Os rexistros auxiliares entrarán en funcionamento a partir do 6 de febreiro de 2012, co seguinte horario:

- de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres

Cuarto: Manter, con carácter provisional, o rexistro auxiliar de entrada da documentación dirixida á área de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade creado por Resolución de Alcaldía n.º1502 de 1 de agosto de 2008.

Quinto: Notifíquese aos departamentos afectados, e á funcionaria de ata o de agora rexistro auxiliar da Casa das Palmeiras.

Publíquese, para xeral coñecemento, no Boletín Oficial da Provincia, taboleiro de anuncios da casa do concello, así como na páxina web e nun dos xornais de maior divulgación da provincia.

Cambre, 3 de febreiro de 2012

O alcalde

Manuel Rivas Caridad

2012/1434