Este Concello en sesión plenaria ordinaria celebrada o día 26 de xaneiro de 2012, adoptou o acordo de aprobar provisionalmente a "Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo público da piscina municipal".
O que se fai público durante o prazo de trinta días, contados dende o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP, ó fin de que polos interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións que estimen oportunas de conformidade co disposto no artigo 17.1 dao RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e co artigo 49.b) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.
Cabana de Bergantiños, 31 de xaneiro de 2012.
O alcalde
Asdo. José Muiño Domínguez
2012/1315
