Non presentándose ningunha reclamación contra a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa para a prestación do pavillón polideportivo e outras instalacións análogas, aprobada no Pleno Extraordinario que tivo lugar o día 14 de decembro de 2011, queda definitivamente aprobada polo que procede a súa publicación íntegra:
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA PARA A PRESTACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS.
ARTIGO 1 CONCEPTO
De conformidade co previsto no artigo 56 da Lei 2/2004, de 5 de marzo,reguladora das facendas locais, o Concello de Boqueixón establece a taxa pola utilización do pavillón municipal.
ARTIGO 2 FEITO IMPOÑIBLE
Constitúeo a utilización do pavillón polideportivo de propiedade e xestión municipal.
ARTIGO 3 OBRIGACIÓN DE CONTRIBUIR
Orixínase pola utilización do pavillón polideportivo municipal do Concello de Boqueixón.
ARTIGO 4 SUXEITO PASIVO
Están obrigados o pagamento:
a) As persoas naturais ou xurídicas que soliciten a utilización das instalacións.
b)As entidades, organismos, asociacións, federacións, clubs, etc, en nome das que solicite no concello autorización para a utilización das instalacións.
ARTIGO 5 BASE DE GRAVAME E TARIFAS:
A) Instalacións deportivas
Instalacións do ximnasio municipal:
* Sala de actividades monitorizadas, 12 euros/mes; comprende unha hora de actividade á semana. Seis euros máis pola segunda actividade. As actividades que requiran dun monitor alleo ao concello, terán uns prezos especiais dependendo do tipo de actividade e do número de alumnos.
* Sala de musculación 12 euros/mes.
* Non empadroados:24 /mes.
* Pista de pádel 5 euros/hora.
Campo de fútbol:
* 30 euros sen luz, medio campo.
* 40 euros con luz, medio campo.(2 focos), 60 torre completa.
* 60 euros sen luz, todo o campo.
* 70 euros con luz todo o campo.(2 focos), 90 torre completa.
Os horarios de luz son: sen luz ata as 17:00 horas.Con luz desde as 17:00 horas ata as 23:00 horas.
3)Pavillónpolideportivo:
a) Empadroados no concello de Boqueixón:7 euros hora polo consumo de enerxía eléctrica.
b) Non empadroados no concello de Boqueixón:10 euros hora pola utilización do pavillón, máis 7 euros hora, polo consumo de enerxía eléctrica.
4) Aluger das instalacións para actividades alleas ao concello, 200 euros/día
Os prezos aplicables ás persoas non empadroadas no municipio serán o dobre do regulado nos apartados anteriores, salvo a utilización do pavillón polideportivo que será o importe establecido no segundo parágrafo do apartado 3 deste artigo.
B) Espectáculos deportivos especiais e culturais alleos ó concello:
a) Con entrada libre: 18.51 /hora
b) Sen entrada libre: 30,86 /hora
ARTIGO 6 EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Non estarán suxeitas a esta taxa as utilizacións das instalacións que correspondan:
6.1) Horas destinadas á educación fisica escolar ou actividades escolares dos centros de ensaios coa supervisión dun profesor, en horario lectivo.
6.2)Actividades de clubs deportivos entidades coas que se conveñan algún tipo de actividades (escolas deportivas, actividades do deporte de base, etc)
6.3)Actividades de colectivos especiais.
6.4) Actividades deportivas doutros departamentos municipais.
6.5)As actividades non deportivas autorizadas expresamente polo concello.
Os interesados na obtención de exencións ou bonificacións sobre o importe das tarifas deberán solicita-lo ó concello facendo constar as circunstancias que xustifiquen a súa solicitude.
ARTIGO 7 DISPOSICIÓN ADICIONAL, PRIMEIRA.
- A taxa orixinarase no momento en que se inicie a prestación do servizo.
- O concello poderá esixir un depósito previo ós organizadores dalgún acto feito nas súas instalacións.
ARTIGO 8 DISPOSICIÓN ADICIONAL, SEGUNDA.
Os usuarios deberán abonar as tarifas nas oficinas municipais o na conta bancaria disposta polo concello, cando obteñan a correspondente autorización de uso.
ARTIGO 9 DISPOSICIÓN ADICIONAL, TERCEIRA.
As débedas por este concepto poderanse esixir pola vía de prema.
ARTIGO 10 DISPOSICIÓN ADICIONAL, CUARTA.
A non celebración do espectáculo só dará dereito á devolución da taxa pagada cando sexa o propio concello o responsable, non tendo dereito o solicitante a reclamar por danos e perdas, sempre que a anulación do permiso se notifique con 24 horas de antelación.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA:
Queda derrogada a Ordenanza fiscal reguladora da taxa para prestación do pavillón polideportivo e outras instalacións análogas, anteriormente aprobada.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte da súa íntegra publicación no BOP, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Boqueixón, 6 de febreiro de 2012.
O alcalde
Adolfo Gacio Vázquez
2012/1444
