Licenza actividade café-bar

Ficha de esta disposición

Título:
Licenza actividade café-bar
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
BOIRO
Tendo solicitado nesta Alcaldía por D. Mohammed Kowsar Miah, en nome propio, licenza municipal para instalación de 2.7.2. CAFÉ-BAR a situar na rúa Pablo Iglesias, 9-baixo, (esquina rúa Borobó) parroquia de Boiro deste termo municipal cumprindo co disposto no RD 2816/1982, do 27 de agosto polo que se aproba o Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, sométese o expediente a información pública por un período de dez días hábiles, a fin de que durante o mesmo - que empezará a contar dende o día seguinte ó da inserción do presente edicto no BOP - poida examinarse o expediente, na Secretaría deste Concello, polas persoas que de algún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Boiro, 1 de febreiro de 2012

O alcalde,

Juan José Dieste Ortigueira

2012/1291