Bases da cabalgata de entroido 2012

Ficha de esta disposición

Título:
Bases da cabalgata de entroido 2012
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
AS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ
Bases da cabalgata de entroido 2012

O alcalde ditou a resolución nº 198/2012, do 1 de febreiro que é do teor literal seguinte:

"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

ANTECEDENTES DE FEITO

- O martes 21 de febreiro, celébrase a tradicional cabalgata de entroido. Para regular a participación nesta cabalgata se elaboran unhas bases reguladoras, que se detallan a continuación:

Bases para a participación na cabalgata do entroido. 21 de febreiro de 2012

Participantes: poderán participar todas as persoas que así o desexen e teñan a ben cumprir a normativa que aquí se expón.

Inscrición: no departamento de cultura (1º planta Casa Dopeso) todos os días laborais dende o luns 13 de febreiro de 10.00 a 13.30 h ata o martes de entroido ás 13 horas. Deberán realizar a solicitude de inscrición no que se nomeará un representante para actuar no seu nome ou en nome do grupo e perante as reclamacións de terceiros. Na inscrición cubriranse os seguintes datos: nome, apelidos e DNI do representante, teléfono e enderezo de contacto, nome e descrición do disfrace e número de participantes.

Categorías e premios:

ADULTOS

Grupos

Parellas

Individuais

1º Premio

500

200

100

2º Premio

200

100

50

3º Premio

150

75

30

INFANTIL

Grupos

Parellas

Individuais

Meniños (Ata 8 anos)

5 premios

150

75

50

Un conto

Normativa:

1ª.- Todos os participantes que desexen optar aos premios anteriormente descritos deberán inscribirse segundo se especifica no apartado de inscricións.

2ª.- Cada participante poderá inscribirse na categoría que desexe, tendo en conta a normativa que para cada unha delas se especifica nestas bases.

3ª.- O xurado non avaliará aos participantes que non amosen o dorsal que se lles entrega ao facer a inscrición.

4ª.- Todos os participantes deberán facer o percorrido completo que se especifica nestas bases.

5ª.- Aqueles participantes que se anoten en categorías que esixan a participación de máis dunha persoa, deberán facer o percorrido en conxunto, xa que o xurado só avaliará como participantes aos que acompañen ao portador do dorsal co número co que foron inscritos.

6ª.- Aos premiados nas categorías infantís entregáraselles un vale canxeable por libros, material e xogos educativos e didácticos.

7ª.- A elección de categoría corresponde á persoa que aparece como responsable da inscrición atendendo ao seguinte:

Na categoría infantil pódense inscribir rapaces ata 16 anos.

Na categoría meniños poderanse inscribir os rapaces ata 8 anos. Esta categoría non entra no concurso, e todos os participantes desta categoría recibirán un conto ao remate da Cabalgata no patio do colexio Sta. María

8ª.- O Xurado estará formado por representantes de asociacións do Concello de As Pontes, e un representante do Concello de As Pontes, con voz pero sen voto. As decisións do Xurado serán inapelables. Algún dos premios poderá quedar deserto por decisión do Xurado.

9ª.- A participación na Cabalgata implica a aceptación destas bases.

Saída: Rúa Monte Caxado ás 17:00 horas do martes 21 de febreiro de 2012,

Percorrido: Avda. de Ortigueira, Avda. de Castelao, Praza do Hospital, Avda. de Galicia, Alexandre Bóveda cruzando a Avda. da Coruña ata a Rúa Alexandre Bóveda, e Patio do Colexio Sta. María.

Entrega de premios: A decisión do xurado darase a coñecer ao remate da cabalgata no patio do Colexio Sta. María. Todos os participantes deberán esperar o anuncio dos premiados xa que a ausencia dos mesmos dará lugar a que o premio se lle outorgue ao seguinte clasificado.

- Existe proposta de gasto nº 14/2012 por importe de 2780,00 euros.

- Existe informe de fiscalización da intervención municipal favorable con data 27/01/2012.

Partida orzamentaria: 2012.0.338.22608

FUNDAMENTOS LEGAIS

Considerando as facultades conferidas pola lei 7/1985 de 2 de Abril, Reguladora das bases de réxime local, R.D.L.781/86 de 18 de abril, pola que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local R.D. 2568/86 do 28 de Novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, Funcionamento e Réxime xurídico das Entidades Locais e demais disposicións aplicables.

Por iso, RESOLVO:

1º- Aprobar as bases reguladoras da cabalgata de entroido 2012, que se celebrará o martes 21 de febreiro.

2º- Ordenar a inserción das citadas bases no Boletín Oficial da Provincia.

As Pontes de García Rodríguez.

O alcalde.- Valentín González Formoso.- O oficial maior.- Felipe Vázquez García"

O que se fai público no Boletín Oficial da Provincia (BOP) en cumprimento do disposto na citada resolución.

As Pontes de García Rodríguez, 3 de febreiro de 2012

O alcalde

Valentín González Formoso

2012/1430