Bases que rexerán as comparsas que participen nos actos programados con motivo do Entroido 2012

Ficha de esta disposición

Título:
Bases que rexerán as comparsas que participen nos actos programados con motivo do Entroido 2012
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
AS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ
Bases que rexerán as comparsas que participen nos actos programados con motivo do entroido 2012

O alcalde ditou a resolución nº 197/2012, do 1 de febreiro, que é do teor literal seguinte:

"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

ANTECEDENTES DE FEITO

Entre os actos enmarcados para celebrar o Entroido e Feira do Grelo deste ano 2012, está organizado o IX Festival de Comparsas Vila das Pontes. Co fin de regular a participación neste festival de comparsas se elaboraron unhas bases reguladoras, que se detallan a continuación:

Bases que rexerán as comparsas que participen nos actos programados con motivo do entroido 2012

Co fin de estimular a participación dos veciños das Pontes nas festas do Entroido e coa idea de recuperar para as mesmas as comparsas co seu carácter tradicional e popular, o Concello das Pontes informa das bases de participación para Comparsas.

Inscricións:

1º.- É condición imprescindible formalizar a inscrición da comparsa (ata un número máximo de 7 comparsas) no Depto. de Cultura (Casa Dopeso, Rúa Rosalía de Castro, nº 28, 1º) dende o mércores 8 ata o mércores 15 de febreiro en horario de 10:00 a 13.30 h (de luns a sábado)

No caso de que o número de comparsas inscritas, sexa superior a 7, terán prioridade as comparsas de As Pontes (entenderase de As Pontes aquela comparsa na que o metade dos seus membros sexan residentes no noso concello) e de seguir así por orde de solicitude.

2º.- No momento de formalizar a inscrición farase constar o nome da comparsa, número de membros que a compoñen, así como o nome e NIF de polo menos tres compoñentes maiores de 18 anos. Nesta inscrición nomearase un representante para actuar en nome do grupo e perante as reclamacións de terceiros. Ademais, deberán entregar unha copia das letras das cancións que van interpretar.

Requisitos das comparsas:

3º.- Entenderase por comparsa a agrupación de máscaras nun número superior ás 10 persoas. Estas deberán gardar unha unidade temática tanto no vestiario como na interpretación das cancións.

4º.- As comparsas entregarán como mínimo TRES cancións; que terán que ser en galego e deberán interpretarse con acompañamento musical.

5º.- As comparsas inscritas comprométense a participar nos seguintes actos:

IX Festival de Comparsas das Pontes: o domingo 19 de marzo ás 18.00 h, no Auditorio Municipal Cine Alovi. (A organización decidirá o número de cancións a interpretar)

Cabalgata de Entroido: o martes 21 de febreiro, con saída ás 17h, dende a rúa Monte Caxado.

As comparsas que opten á participación deberán repartir as letras das cancións entre o público nos dous actos.

6º - Orde de actuación: o venres 17 de febreiro ás 12h no Dpto. de Cultura reunirase unha comisión organizadora coa presenza de representantes das comparsas inscritas e membros da Concellería de Cultura na que se decidirá por sorteo a orde de actuación e colocación na cabalgata, número de cancións a interpretar e calquera outra cuestión que se considere conveniente para a mellora dos actos.

Dos premios:

7º.- Destínanse 2.500 para as comparsas que participen nos actos programados con motivo do Entroido (ata un máximo de sete comparsas, e en todo caso un importe máximo de 700 ). Esta cantidade repartirase entre todas as comparsas participantes (que reúnan as condicións e requisitos esixidos nestas bases) en contías idénticas.

8º.- Agasallos para as mencións especiais a:

Comparsa con mellores letras.

Comparsa con mellor vestiario.

Comparsa que realice a mellor interpretación.

DISPOSICIÓNS FINAIS:

9º.- A inscrición no Festival e Cabalgata, supón a aceptación plena das bases fixadas para o mesmo. O incumprimento dalgunha das cláusulas anteriores supón non poder optar á contía por participación ás que se refiren estas bases.

10º.- Se coa finalidade de mellorar a organización e desenvolvemento dos actos programados se considerase conveniente introducir modificacións ao aquí fixado poderá facerse pola comisión organizadora, se ben se notificará antes do comezo do festival ou da cabalgata.

- Existe proposta de gasto nº 15/2012 por importe de 2500,00 euros.

- Existe informe de fiscalización da intervención municipal favorable con data 27/01/2012. Partida orzamentaria: 2012.0.338.22608

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Considerando as facultades conferidas pola lei 7/1985 de 2 de Abril, Reguladora das bases de réxime local,R.D.L.781/86 de 18 de abril, pola que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local R.D. 2568/86 do 28 de Novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, Funcionamento e Réxime xurídico das Entidades Locais e demais disposicións aplicables.

FUNDAMENTOS LEGAIS

Considerando as facultades conferidas pola lei 7/1985 de 2 de Abril, Reguladora das bases de réxime local,R.D.L.781/86 de 18 de abril, pola que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local R.D. 2568/86 do 28 de Novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, Funcionamento e Réxime xurídico das Entidades Locais e demais disposicións aplicables.

Por iso, RESOLVO:

1º- Aprobar as bases que rexerán as comparsas que participen nos actos programados con motivo do entroido 2012

2º- Ordenar a inserción das citadas bases no Boletín Oficial da Provincia.

As Pontes de García Rodríguez.

O alcalde.- Valentín González Formoso.- O oficial maior.- Felipe Vázquez García"

O que se fai público no Boletín Oficial da Provincia (BOP) en cumprimento do disposto na citada resolución.

As Pontes de García Rodríguez, 3 de febreiro de 2012

O alcalde

Valentín González Formoso

2012/1427