Bases do concurso de grelos

Ficha de esta disposición

Título:
Bases do concurso de grelos
Nº de Disposición:
Boletín Oficial:
BOP-CORUNA 29
Fecha Publicación:
10/02/2012
Órgano Emisor:
AS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ
BASES DO CONCURSO DE GRELOS

O alcalde ditou a resolución nº 196/2012, do 1 de febreiro, que é do teor literal seguinte:

"ANTECEDENTES DE FEITO

O domingo 19 de febreiro, celébrase a XXXII edición da Feira do Grelo. Nesta feira organízase o concurso de grelos; para regular as condicións do concurso se elaboran unhas bases, que para esta edición son as que a continuación se detallan:

Bases que rexerán o regulamento do concurso de grelos. Feira do grelo. Domingo 19 de febreiro de 2012.

1º Os grelos se presentarán en cestas e estas deberán conter como mínimo 10 madas, sendo estas condicións necesarias para poder concursar.

2º Só se admitirá un concursante por unidade familiar.

3º Os concursantes deberán ter un mínimo de 16 anos.

4º A partir das 10h, momento no que o xurado comezará a facer o reconto das cestas concursantes, non se admitirán máis cestas a concurso. Aínda que para admisión de inscricións terase en conta a adaptación á infraestrutura e xestión da feira polo que no caso de que o número de participantes sexa superior as prazas dispoñibles a selección farase por orde de inscrición.

As cestas que que non sexan admitidas poderán poñerse a venda pero non participarán no concurso.

5º O concurso rematará ás 11h, comezando a esa hora a venda ao público dos grelos non agraciados con premio.

6º O xurado estará composto por:

Dúas persoas do sector

Unha representante da Asociación local de Amas de Casa

Un representante do Concello (con voz, sen voto)

7º As decisións do xurado serán inapelables, podendo declarar desertos os premios en calquera das categorías.

8º Os donos das cestas admitidas a concurso percibirán 20 en calidade de participación no concurso, para o que deberán presentar o DNI.

9º Establécense os seguintes premios (podendo declararse deserto algún deles):

Premios á calidade do grelo: Premio especial á cesta mellor adornada:

1º premio: 300 1º premio: 300

2º premio: 250 2º premio: 200

3º premio: 200 3º premio: 100

Tres accésits de 60 cada un.

- Existe proposta de gasto nº 16/2012 por importe de 1530,00 euros.

- Existe informe de fiscalización da intervención municipal favorable con data 27/01/2012.

Partida orzamentaria: 2012.0.338.22608

FUNDAMENTOS LEGAIS

Considerando as facultades conferidas pola lei 7/1985 de 2 de Abril, Reguladora das bases de réxime local,R.D.L.781/86 de 18 de abril, pola que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local R.D. 2568/86 do 28 de Novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, Funcionamento e Réxime xurídico das Entidades Locais e demais disposicións aplicables.

Por iso, RESOLVO:

1º- Aprobar as bases da concurso de grelos da XXXII edición da Feira do Grelo, que se celebrará o 19 de febreiro de 2012.

2º- Ordear a inserción das citadas bases no boletín oficial da provincia.

As Pontes de García Rodríguez.

O alcalde.- Valentín González Formoso.- O oficial maior.- Felipe Vázquez García"

O que se fai público no Boletín Oficial da Provincia (BOP) en cumprimento do disposto na citada resolución.

As Pontes de García Rodríguez, 3 de febreiro de 2012

O alcalde

Valentín González Formoso

2012/1418