Anuncio de notificación Pontevedra del 26 de junio de 2012 - 4333577

Mis Leyes

Ficha de esta disposición

Título :
Anuncio de notificación Pontevedra del 26 de junio de 2012 - 4333577
Nº de Disposición :
Boletín Oficial :
BOP-PONTEVEDRA 122
Fecha Publicación :
26/06/2012
Órgano Emisor :
PONTEVEDRA
ACTO QUE SE NOTIFICA: RESOLUCIÓNS SANCIONADORAS.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, publícase notificación de resolución sancionadora ditada nos expedientes que a continuación se relacionan, por denuncias formuladas en materia de tráfico polos axentes da autoridade, ás persoas ou entidades que se indican, ao non ser posible realizar a notificación, logo de intentala no derradeiro enderezo coñecido do infractor, feito do que se ten constancia no expediente.

ROIBAS FRAGA TOMAS

LUGAR E FORMA DE PAGAMENTO.

A sanción poderá facerse efectiva na sua totalidade dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación por un dos seguintes medios:

1.Persoalmente na oficina de recadación de multas sita na rua Ferreiros, 13 baixo, de Pontevedra, que permanece aberta ao público de luns a venres de 9 a 14 horas.

2.ou por xiro postal, remitido á citada oficina, con indicación do número de expediente, nome e matrícula.

3.mediante ingreso na conta 2080.5406.86.3110101654, aberta na entidade de depósito novacaixagalicia, facendo constar o nº de expediente, nome do infractor e matrícula do vehículo.

Transcurrido o prazo establecido para o pagamento no periodo voluntario, o seu cobro se fará pola vía de constrinximento co recargo correspondiente, costas e xuros de mora na oficina de recadación executiva, sita na rúa Ferreiros 13, baixo, de Pontevedra, de conformidade co establecido nos artigos 161.4 da Lei 58/2003, xeral tributaria, 21.2 do r.D. 320/1994, de 25 de febreiro e 138.3 da Lei 30/1992. MEDIOS DE IMPUGNACIÓN (ARTIGO 82 LSV)

A resolución sancionadora poñe fin a vía administrativa e a sanción poderase executar dende o día seguinte a aquel en que se notifique ao interesado producindo plenos efectos.

Contra as resolucións sancionadoras, poderase interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da sua notificación, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses perante o Xulgado Contencioso-administrativo de Pontevedra, oo perante Xulgado da mesma orde xurisdicional correspondente a circunscripción na que teña o seu enderezo a sancionado.

O recurso interporase perante o órgano que ditou a resolución sancionadora, que será o competente para resolvelo e deberá ser presentado no rexistro Xeral do Concello de Pontevedra, sito na rúa michelena 30, 36071 Pontevedra, ou noutro rexistro dos que se estabrecen no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de rXAAPP e PAC. A interposición do recurso de reposición non suspenderá a execución do acto impugnado nin da sanción. no caso de que o recurrente solicite a suspensión da execución, ésta entenderase denegada transcorrido o prazo dun mes dendela solicitude sen que se resolvese (artigo 82.3 LsV). non se terán en conta na resolución do recurso feitos, documentos e alegacións do recurrente que poideran haber sido aportados no procedimento.

O recurso de reposición entenderase desestimado se non recaese resolución expresa no prazo dun mes, quedando expedita a vía contencioso administrativa.

Nembargantes, poderase interpor calquera outro recurso que o interesado estime procedente consonte a Dereito.

PERDA DE PUNTOS NOS PERMISOS E LICENZAS DE CONDUCIÓN

Cando un condutor sexa sancionado en firme en vía administrativa pola comisión dalgunha das infraccións graves ou moi graves relacionadas na LsV, os puntos que corresponda descontar do crédito que teña no seu permiso ou licenza de condución quedarán descontados de forma automática e simultánea no momento no que se proceda á anotación da citada sanción no rexistro de condutores e infractores, quedando constancia en devandito rexistro do crédito total de puntos dos que dispor o titular da autorización.

Para consultar o seu saldo de puntos pode facelo en www. dgt.es

Relación de suxeitos a que se refire este Edicto:

"ART = Artigo; RGC = Regulamento Xeral de Circulación; LSV = Lei de Seguridade Viaria; PTOS = Puntos"

Ver Anexo

Pontevedra, a 12 de xuño de 2012.o instrutor, ilexible.