Asunto: 1. Aprobación do borrador da acta da sesión ordinaria do 19.06.2009.
Resultado: Aprobado.
Asunto: 2. Proposta de acordo conxunta dos tres grupos municipais sobre o expediente de regulación de emprego da empresa TREVES- GALICIA, S. L.
Resultado: Aprobado.
Asunto: 3. RÉXIME INTERIOR. Modificación acordo plenario do 20.07.2009, de creación, composición e denominación das Comisións do Pleno, respecto das competencias en materia de educación.
Resultado: Aprobado.
Asunto: 4. SERVIZOS. Solicitude de participación do Concello de Pontevedra na Axencia Eurorrexional de desenvolvemento do Eixo Atlántico (AEDEA).
Resultado: Aprobado.
Asunto: 5. ECONOMÍA E FACENDA. Aprobación provisional da Ordenanza Fiscal xeral de Xestión, Recadación e Inspección do Concello de Pontevedra.
Resultado: Aprobado.
Asunto: 6. ECONOMÍA E FACENDA. Recoñecemento extraxudicial de créditos de diversas facturas.
Resultado: Aprobado.
Asunto: 7. SERVIZOS SOCIAIS. Aprobación do Plan Municipal de Condutas Aditivas.
Resultado: Aprobado.
Asunto: 8. EDUCACIÓN E CULTURA. Cambio representante da Corporación no Consello Social da Universidade de Vigo.
Resultado: Aprobado.
Asunto: 9. Proposta de acordo sobre o Hospital Único da Área Sanitaria Norte de Pontevedra.
Resultado: Aprobado.
Asunto: 10. Toma coñecemento renuncia ao seu cargo de Concelleiro de D. José Benito Suárez Costa, e proposta de nomeamento de substituto.
Resultado: Tomou coñecemento e aprobou a proposta.
Asunto: C1. Denominación da Avenida Xoán Carlos I.
Resultado: Aprobada.
Asunto: C2. Moción do grupo municipal do Partido Popular sobre a sede do terceiro xulgado do mercantil en Pontevedra.
Resultado: Aprobada.
Asunto: C3. Moción conxunta dos grupos municipais do BNG e do PS de G- PSOE instando da Deputación Provincial a inclusión do Concello de Pontevedra no Plan de Investimentos 2009- 2001.
Resultado: Aprobada.
Asunto: 11. Coñecemento de resolucións e decretos ditados no mes anterior e das resolucións dos órganos directivos do mes de maio.
Resultado: Tomoucoñecemento. Poderá obterse maior información, de así desexarse, con consulta da acta, logo da súa petición.
Pontevedra, 24.07.2009. O Secretario Xeral do Pleno, José Luis Mato Rodríguez.
2009008553
